sábado, 25 de abril de 2020

Augua mansa Acabo.


Tal como dixera doña Cándida, pouco tardóu Virginia en tar como en casa naquella y pouco y’importóu que se fose don Benino al pouco de chegar. Foran pasando os días y entre as cartas que cada semana ye chegaban á nena nunca había ningúa da tía, nin carta nin outra cousa, y foi el propio don Benino quen ye mandóu novas d’ella al pouco de volver pra súa parroquia, xa como cura titular, retirao de vez el veyo, dicíndoye que despós del ataque de tollura que parecera darye al enterarse que se fora, y xa casada, y del que ye dera a don Gregorio, querendo matallos a ella y a quen fose sou home, que según él, ríranse d’él y eso nun iba deixallo así, volvéuse el veyo por unde vira y Malia a lo sou como se nunca Virginia houbese tao allí, nin esistise sequera. Tamén os Vázquez y’escribían perguntándoye se taba ben allí y os dous veyos mandábanye cada pouco cartas y paquetes, peró eran as cartas de sou ermao y Rosía as que máis ye siguían prestando y as del sou home, inda que nun chegara a saber cuál dos dous ermaos era. Y contestando tanta carta xa tía algún días abondo qué fer, condo se ye xuntaban varias sin responder; con eso, algo que cosía y as visitas y paseos que daba pasábanye os días sin case enterarse, condo nun se quedaba coa tía fendo algo na casa ou na máis falando con ella.
Salira aquel día fer úas visitas nel aldea y volvía sin presa pra casa coa criada máis nova, de volta de llavar nel ríu, condo y’estrañóu ver na corrada un coche zarrao que nun era el da casa. Xa taban xunto á porta condo salía escontra súa el criao, según yes dixo todo acelerao, andando de reculas outra vez pra dentro.
―Acaba de chegar sou home anuncióu, tamén acelerada, María, que salira del salón al sentir el barullo qu’armaba el criao.
Temblaba Virginia al poñer a mao nel picaporte pr’abrir a porta y entrar unde xa taba esperándola el resto da familia, peró nun tuvo tempo a empuxalla porque, según taba garrándolo, abríuse a porta y encontróuse entre os brazos d’un home, al que case nun tuvo nin tempo de reconocer, disculpándose por darye aquella sorpresa, sin anunciarye nel última carta cóndo iba chegar. Por riba del hombro vio as caras contentas de don Esteban y súa ermá y as de sous cuñaos, Felipe y Xuan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario