sábado, 22 de octubre de 2022

A llareira del Acebro 1

A LLAREIRA DEL ACEBRO

Despescóu a roballiza y botóula nel cesto coas outras dúas y a pescurria que fora coyendo todo el día. Mentras recoyía os tarecos botóu outra oyada al mar inda claro na tardía y sin rastro de velas verdes qu'anunciasen el axuda qu'esperaban, sabendo que nun pasara tempo abondo pra que chegase.

Condo taba chegando á casa, foiye al encontro a vecía coyer el pescao pra ir vendello:

¿Nun coyiche ningún aguya?

Picóu na máis algún chínfano y volvínlos al mar —respondéu, mentras sacaba del cesto os arizos que nun usara para macizar y un puñadín d'esquila que fora escoyendo del enguade —. Vou llevar esto ás llarias. Xa feiremos contas mañá.

Según pasaba delate das casas, asomábase algún cara xa na porta, xa núa ventá, que volvía recoyerse al verye sacudir a cabeza cun xesto qu'era al tempo saludo y aviso de que nun había novas del mar. Chegóu á casa das llarias y entróu sin chamar, como todos os del Acebro, hasta encontrar á llaria veya escazolando na cocía.

Búas —saludóu desd'a porta por se nun lo sentira entrar.

Hola, ho. ¿Qué tal a pesca hoi? —perguntóu sin volverse Antía, conocéndolo polla fala.

Nun houbo queixa. Y tampouco visita. Traigovos os arizos que me sobraron y úa pouca d'esquila.

Pos muitas gracias. Ben sei qu'a Clarén van prestarye muito. Poñereilas a cocer pra que ten pra cía.

Romperan a ferver os arizos condo sentiron chegar á llaria nova:

¡Antía! Apúrreme augua calente que vou llavarme aquí fora.

Condo a llaria chegóu col augua al bodego que tían na corrada, al pe del pozo, xa Clarén puxera á mollo el mandilón nel llavadeiro y tía sacao un caldeirao d'augua para mezclar coa que ye llevaba pra llavarse ben antias d'entrar na casa. Volvéuse para dentro Antía sin perguntarye nada; xa falaría ella condo quixase para sacar da cabeza el que la taba agoirando.

Inda pasóu fora un bon pedazo a llaria nova, restregando el mandil y tamén el sou peleyo, y condo chegóu otra vez á porta, xa coas lluces últimas del día, recibíula el aroma das llambuadas del mar al punto xa pra ciar:

Ósmase nel aire al pescador —saludóu.

El que tu osmas son as esquilas y el revolto d'arizos que che preparóu Antía —ríu Fasio, erguéndose saludalla.

Tamén, nun che vou dicir que non. Peró el aire del mar traislo tu de capote.

Traigo, si. Teño metido el salitre hasta el ánima, peró nun traigo nada máis. ¿Hai novas por terra?

Alzóu as maos Clarén:

Oinse campás, peró inda nada en firme. Inda é cedo.

Eso mismo ye digo eu: tá deixando os oyos nel mar condo inda nun pode haber nada —replicóu a veya.

Así, condo poda habello, nun van mirar qué podo andar taliando eu. Y buscar pescao, tendréi qu'ir al mar.

Riron os tres un bocadín antias qu'Antía perguntase á llaria nova:

¿Poñemos a cía ou ques falar primeiro?

Coye un vaso y senta un pouco, que nun creo que me pase nada hasta que nun bote fora el que vin hoi. —Fíxoye sito nel escano Fasio, mentras Clarén sentaba nun tayolo frente a ellos—: Podedes crerme que nunca vin tanta cotra xunta nel pico d'úa muyer. Nun debéu tocar el augua desque soubo ou pensóu que taba esperando. Xa nin falo de xabón... —Deu un papao al vaso que tía na mao—: ¡Y qué paraxismadas condo pedín augua y trapos antias de poñerme a atendella, qu'inda nun taba mui apurada! Acabéi botando fora a todas as muyeres que tía alredor: atándoye cintas, tapando nella como se ye fosen a llevar daqué, pasándoye erbas, pedras y todo conto se yes ocurría polla barriga pra que fose neno, pra que salise ben y qué sei eu pra conto máis nin qué cousas máis querían ferye. Eso si: axudar a colocalla ben y cómoda pral trabayo que tía que fer... ¡Si, nía, iban agora! —Deu outro papao—: Así que boteilas fora a todas menos a úa mocía que, pol que souben despós, é el ermá máis nova del home y con máis cabeza que todas as outras muyeres xuntas. Axudóume a mar de ben y deixéila al cargo de ter a madre y fiyo llimpos como é debido y sin tanta inxoria como querían poñeryes as outras —como vise qu'a llaria veya torcía el focico, esplicóu—: Deixéiye á nena que yes puxese a cada ún un cordelín al pescozo col saqueto de contas pedras, conchas, erbas y llazos quixesen meterye.

Miyor. Ben sabes que son mui sous con esas cousas y se ye pasa algo al neno ou a madre, iban botarche as culpas a ti por nun deixar poñeryas. Y lo de llavarse, hailos que nun son mui amigos del augua, peró nun sería pra tanto. ¿Era primeiriza? —quixo saber Fasio.

Si, peró non mui nova pral qu'avezan ser. Debéu perder algún neno antias y botaríanye a culpa a llavarse muito, xa sabedes cómo pensan... —Apuróu el que ye quedaba nel vaso—: ¿Ciámos? Agora teño fame y hoy hai cousa que me presta.

Pos, hala, baxa a mesa y ponos platos que xa ta pra comer.

Íbase Fasio y salían á corrada as dúas muyeres despediyo condo viron úa sombra moura arrimada á parede que, al vellos asomar, reculóu querendo esconderse. Despedíuse axina el pescador pra nun espantar máis á sombra y botóu a andar deixándoye campo aberto al visitante acobardao pra que s'arrimase á porta unde as llarias quedaran esperando que s'atrevese a chegar.

Vendo que xa Fasio nun se vía, peró a sombra nun se movía del sito, Antía anuncióu en alto:

Vou pra dentro que tou sentindo el relente meterseme nos osos.

Vei, nía, vei. Xa quedo eu zarrando —respondéu a llaria nova, peró sin moverse d'unde taba.

Como tampouco entoncias asomóu naide, empezóu a tirar polla cancella pr'arrimalla, que naide encontraba nunca as portas d'aquella casa pechadas.

¡Espera, nun cerres inda! —chegóuye úa voz queda, que nun soubo dicir de quén podía ser, peró ben segura de que de naide del llar, qu'ellos nun s'escondías pra visitallas por secreto que fose el motivo que los llevase vellas.

Deixóu a cancella chegada a medias y metéuse pra detrás da parede, unde naide podese vellos desde el camín nin desde as casas d'alredor. Al punto entróu a sombra y arrimóuse a ella conto puido:

Veño pedir axuda, señora llaria —bisbisóu coa cabeza baxa.

Chámome Clarén, que seguro que ben lo sabes —respondéu a moza, querendo saber quén podía ser aquella muyer tan empanicada que nun se vía se era nova ou vella.

Sei. El que nun sei é cómo teño que tratalla para que m'atenda —porfióu con algo de medo na voz.

Como me tratas sempre, que nosoutros nun usamos as comenencias vosas nel trato entre ermaos del mismo llar.

Eu nun soi del voso llar —respingóu como se la pinchasen.

Nél vos acoyimos, mal que vos pese. Y se tan mal che parece ser como eu, nun sei qué veis buscar aquí —respondéu Clarén, osmando xa quén podía ser a muyer.

Nun t'enfades. Perdón se ofendín. ¿Qués axudarme?

Suspiróu a llaria:

Nun é se quero, será se podo. ¿Qué teis?

Baxóu outra vez a cabeza a sombra y botóuse a falar tan baxín que costábaye un mundo á moza sentilla:

Nun quero ter máis fillos: teño ún y xa cumplín. Se me nace outra nena, mátame el home.

Xa tuvo segura Clarén de quén era a muyer y porqué vía con tanto cuidao pra que naide la vise.

Vei ser miyor entrar, qu'as paredes tamén poden criar oreyas.

Tampouco Antía s'estrañóu miga da visita:

Pasa y senta. Taba preparando el fervido que tomamos antias d'ir durmir, ¿qués un pouco?

Pos si. Que búa falta me fai durmir úa noite siguida.

Esto tampouco fai millagros, peró algo axuda y e bon de tomar.

Sirvíu un vaso pra cada úa y sentáronse con ellos alredor del llar. Despós de probar aquel augua, suspiróu a visitante antias de romper a falar:

Veño pra que me deis algo pra nun volver preñar. Despós de tres nenas, al fin chegóu el neno y nun quero máis. Ou, por miyor dicir, nun quero máis nenas y se preño outra vez y ven outra, el meu home escadrílame.

Fixeron por nun mirarse as llarias, sabendo el qu'as dúas pensaban d'aquella zuna dos osos de nun querer fiyas, pra ter despós qu'andar buscando muyeres en toda a contornada. Como ningúa dicía nada, perguntóu el outra:

¿Hai algo qué fer ou tomar pra nun volver quedar?

Que sirva seguro, xa lo sabes: nun xuntarte con home.

Se por min fose... —suspiróu a muyer.

Hai xeitos y axudas que poden valir se teis cuidao y es costante.

Mentras Clarén preparaba un saqueto coas erbas qu'iban recomendarye que tomase, Antía perguntóu:

¿Tou home é máis veyo que tu?

Us contos anos llévame, si, pero inda ten bríos.

Eso tamén ten amaño —respondéu a llaria nova, volvendo prá despensa.

Peró nun sei se serén quén a ferye tomar nada. Y como vexa el que ye pasa, mátame.

El que che vamos dar podes mezclaryo en cualquer comida, peró tu vas ter que cuidarte igual, qu'os efetos nin son rápidos nin d'un día pra outro. Trátase de quitarye as ganas non a capacidá, al revés qu'a ti.

A min as ganas nun fai falta querer quitarmas —volvéu suspirar a muyer.

Pos eso tamén ten amaño pra que nun desconfie. —Volvéu irse a llaria nova.

Deuye dous saquetos de distinto color y esplicáronye con calma cómo, cónto y cóndo tía que tomar ella d'ún y darye al home del outro, amáis d'algún outro conseyo pra miyor cuidarse d'outra preñez. Foise con todo ben contenta, cos mismos cuidaos pra salir que tuvera pra entrar, deixando ás llarias comentando el caso, que nun era el primeiro que yes chegaba:

Nese andar nun han chegar mui llonxe.

Chegan, nía. Xa ves: a botarnos das nosas casas ben que chegan.

Porque yes deixamos —replicóu a llaria nova.

Ou deixaryes ou armar guerra. Agora nun vale queixar pollas decisióis que tomamos condo chegaron pedindo sito pra quedar. —Agachóuse xuntar as brasas y poñeryes nel pico un estella gorda qu'aguantase el fougo toda a noite. Despós de mirar un bocadín el baile das llapas empezando a llamber a madera, erguéuse botando as maos a os cadriles y quedóuse dereta vendo subir el fumo—: Aprendemos por mal camín que se na máis ús respetan, os outros medran a costa d'ellos. Y vamos deitarnos que nada amañamos con falar del que xa pasóu.

jueves, 3 de marzo de 2022

As llareiras 10

Nun s'equivocóu miga Darna y nun vían inda a villa condo desaparcéu el sol detrás das nubes qu'axina empezaron a esvaciarse por riba dos viaxeiros. Chovía a caldeiraos condo chegaron ás cuadras da pousada máis grande da Balseira y os mozos nun daban crédito a os sous oyos al ver aparecer de debaxo dos capotes enceraos que tapaban a xinetes y monturas a catorce animales del Valle, a cual máis guapo. Inda taban coyendo os equipaxes os viaxeiros y xa había un neno atento pra acomodar a cada animal, entre os d'aquella cuadra y os que chegaran das outras d'alredor al ver pasar a toda a recua, contando con qu'algúa propina cayería por botar úa mao.

Tuveron qu'encapotarse outra vez pra salir da cuadra, al xeito que chovía qu'a caleya parecía un río y el augua que cayía fía chiscar á que corría pol tarrén. Así chegaron á pousada cos pes pingando y al momento d'entrar xa tían úa poceira debaxo dos capotes.

Poden deixar os equipaxes nese cuarto y pasar á taberna mentras yes preparan acomodo —propuxo el hospedeiro—: Hai vino calente pra escorrer el humedá y calentar os corpos antias de ciar.

Acababa de diciryes qu'había pouca xente na pousada, peró a taberna taba chía y quedaron paraos na porta buscando sito unde poder acomodarse máis ou menos xuntos.

Según abriron a porta y foron pasando, a clientela foi callando y corréndose pral fondo como es yes tuvesen medo:

Búas. Queríamos tomar algo calente pra secar a moyadura del camín. —Adelantóuse hasta a barra Malio.

Como se aquello fose el santo y seña qu'esperaban, volveron as conversacióis al volumen normal y axina un mozo yes despexóu úas mesas pra que podesen acomodarse. Tampouco pasóu muito tempo hasta qu'el primeiro s'arrimase a ellos pra perguntar:

¿Van de viaxe llargo?

Vamos —foi a responsta corta que deu Malio, fendo de portavoz del grupo.

¿Y vein de llonxe? De por aquí nun parecen —insistíu el paisano en dar conversación.

Os caballos que train son del Valle dos Llares —apuntóu un neno qu'entraba con lleña prá chiminía que caldiaba a taberna.

Aquella información despertóu un poco máis el interés pollos viaxeiros y máis d'un erguéuse pra vellos ben.

É raro ver tantos xuntos —dixo daquén, sin aclarar se taba referíndose a os caballos ou á xente que los tría.

Como naide se dese por aludido, insistíu el paisano que primeiro s'arrimara a ellos:

Pos inda hai camín desde el valle hasta aquí. ¿Veron pol monte?

Vimos —volvéu responder Malio.

Déixalos tranquilos, Ave, que ben sei que quererán descansar y tomar el vino en paz —tercióu el hospedeiro, qu'entróu nese momento—: Xa tán os cuartos preparaos. Poden subir acomodarse condo queran y baxar llougo ciar.

Muitas gracias. Axina vamos.

Al baxar encontraron a taberna xa máis valleira y puideron sentarse todos xuntos en dúas mesas pegadas. Non ben acabaron d'acomodarse arrimóuse a ellos un paisano qu'axina se presentóu como el barqueiro:

Tendréi que dar tres viaxes prar poder pasallos a todos cos caballos. Era ben empezar cedo pra nun interrumpir muito el tránsito de todos os días —propuxo sin querer sentarse con ellos.

Diga hora y ei taremos —respondéu Malio.

Rascóu a cabeza el home sin quitar a pucha que llevaba calada case hasta os oyos:

Se para de chover, condo se faiga día y se nun para... —Volvéu rascar a cabeza—: As sete iba ser búa hora.

Pos vei ser ás sete, porque parar... —tercióu el taberneiro trendo vasos y pan.

Como se el intervención d'outro dese bulda al resto pra meterse na conversación, arrimóuse a ellos el tal Ave que xa antias quisera saber d'ellos y del sou viaxe:

Y digo eu: ¿llevan postiar os caballos? Porque igual encontraban bestias de bon pelaxe sin ter que cruzar al outro llao. Y se buscan unde montar un criadeiro, tamén hai terras a bon precio. —Como naide ye respondese, probóu outro camín—: Y se queren cruzarse ustedes, tamén hai xente aquí que nun iba ben reparos en feryes el favor. —Volvéuse pra os vecíos que quedaban, buscando que ye siguisen a broma, sin llograllo—. Igual é secreto el viaxe y aquí tou meténdome unde naide me chama.

Eso, seguro, sin ter qu'haber secreto ningún —tercióu el taberneiro, empezando a poñer fontes y xarros na mesa—: Va perder a vez na ronda se nun t'arrimas al bocoi.

Parecéu rendirse el paisano y deixóulos ciar en paz, pró, nun ven acabaron, volvéu perguntar:

Entoncias, ¿nun van contarnos qué rumbo llevan?

Tá claro que pral este y, como sigas dando lata, lo máis llonxe tou que podas —ríu outro dos clientes.

¿Nun s'acordan d'outros viaxeiros como nosoutros fendo el viaxe al revés? —acabóu por responder Tusgo, pensando que se ye daban algo de qué falar deixaría de perguntar.

Quedóu callao el home y foi el taberneiro el que respondéu por él:

Fai anos, si. ¿Van devolver a visita?

Pode dicirse que si —respondéu Tusgo, mentras os demás empezaban a ergerse pra ir durmir.

Pos nun era tan difícil decillo antias sin tanto misterio —protestóu Ave—: Nin que fosemos querer acompañallos.

Miráronse os vecíos y el tarberneiro y daquén respondéu:

Conocéndote, capaz es.

El coro de risas qu'acompañóu aquel comentario deixóu que Nesdar y Lerca podesen perguntar al amo polla porta que seguro había pra pasar ás cuadras sin ter que salir fora. Forónse someiros da taberna pra evitar máis perguntas ou que daquén quixese ir con ellos, agoiraos xa de tanto interés pol viaxe, os caballos y ellos mismos, mentras Darna y Malio quedaban axustando as contas col hospedeiro pra nun ter que pararse polla mañá:

¿Un dixestivo pra descansar ben? —ofrecéu al zarrar el pago, mirando pra Malio.

Iremos miyor ver se necesitan axuda cos caballos —respondéu Malio, erguéndose pra irse.

Queda tú, se qués, un bocadín, que xa vou eu á cuadra. —Paróulo Darna, poñéndoye úa mao nel brazo pra que volvese sentar, al tempo que s'erguía ella y marchaba.

Encontróu a Lerca mirando que nun houbese ningún caballo con fiebre, despós da moyadura tando sudando del camín, con tres mozos pegaos a ella pra nun perderye volta del que yes fía, mentras Nesdar repasaba os apareyos con outros dous nenos.

¿Hai algún con calentura? —perguntóu, mentras ye pasaba a mao pol focico a Merba.

Nun parece. Nótase qu'estos nenos saben tratar os animales, que tán ben secos y cos pesebres chíos. ¿Déronvos muito llabor?

Miga —respondéu el máis vello—. Nin se moveron condo anduvemos entre ellos. Nótase que son caballos dos Llares: nobles y ben enseñaos. Y ese é soberbio —añadíu al ver que Lerca s'arrimaba a Corvo, que llevaba desque la sentira chamando quedín al ama.

¡Qué bon semental iba ser pras euguas del patrón! —comentóu outro mozo, botándoye un pouco máis d'herba seca.

Inda ye queda camín qu'andar antias de volver folgar y dedicarse na máis a postiar.

Con nun ser ruías as euguas d'aquí, ben sei que ye ven miyor cualquera das que van con él nel viaxe —tercióu outro dos mozos.

Ríuse Lerca antias de responder:

Condo tán pra ellos, ben sabedes seguro que nun miran muito prá facha del que yes poin delante.

Coloriaron os rapaces de tal xeito que se yes conocéu inda nel mourén qu'os candiles na máis clariaban un pouco.

Volveron os viaxeiros á taberna polla porta de dentro y antias d'asomarse n'ella xa poderon sentir al tal Ave insistíndoye a Malio:

Entoncias, qu'eu m'entere: ¿nun van máis qu'a devolveryes a visita a ús parentes que se foron vivir llonxe?

Ois, ho, se qués ir con ellos, dilo ca y deixa d'agoirarnos a todos. —Sentiron que ye respondía daquén que nun era Malio.

¡Non, xa! ¡Quita d'ei! Andar tirao pollos camíos, nin sendo parentes meus...

Pos morra el conto y hasta mañá —esta vez si foi Malio el que respondéu, apurando el vaso al ver entrar a os compañeiros y erguéndose pra ir pra cama condo ellos.

Ameicéu col rubién encarnao qu'anuncia vento toyo qu'acaba en augua condo para y aballáronse os viaxeiros a embarcar pra dar avío col paso pral outra veira del río col idea de chegar axina al seguinte aveiro, antias qu'empezase outra vez a esvaciarse el augua y maís sabendo el pouco que yes gustaba a os sous caballos el aire. Mentras esperaban ús por outros pra botar a andar entretúvose cada ún en entrincarye as crines y el rabo a súa montura pra qu'el vento primeiro y despós el augua los molestase el menos posible, inda que despós tuvesen el trabayo de desentrincaryos y escarpizaryos ben se los coyía el augua.

Botaron a andar por fin por camíos xa de carro entre terras de llabradío y algún monte nel qu'el vento xa empezaba a sacudir as canas altas. Nun anduveran muito condo arrecióu el aire, que naquella terra de eiros abertos empuxábalos a mayor parte del tempo de costao, estorbando del bon paso que llevaban al chegar úa racha máis forte, cuase sempre despós d'úa calma sin vento. Acina coyeron el alternancia, acomodando el avance al aire: despós da racha forte na que tían que para, pegándose ben ús a outros, botaban a andar con baso vivo hasta a seguinte racha, de tal xeito que parecía qu'os caballos tuvesen xugando al escondite inglés col vento.

Empezaba a espingolexar condo alcanzaron as primeiras casas d'úa villa que s'iba espurrindo a os llaos del camín. Xa chovía con gana condo deron coa pousada y tuveron qu'andar inda un pouco máis pra encontrar cuada unde deixar as monturas.

Nun era aquel sito máis que de paso entre d'úas postas máis importantes y por eso a chegada de tanto viaxeiro pedindo xanta y pousada coyéulos sin muito qu'ofrecer. Con esas y todas, condo volveron d'atender os caballos tíanyes preparada comida abonda pra matar a faeme que podesen ter, coa promesa d'esmerarse máis coa cía.

Eu cuase prefería algo calente, como se é un vaso de lleite —queixóu Áscer, entre estornudo y estornudo, sentándose núa veira da mesa que yes prepararan.

Igual non vía ben a todos pra quitar el humedá dos corpos —pedíu Malio—: ¿Pode ser?

Pode, ho, ou un caldo, que tamén hai. Y deixan el lleite pra tomar ús fervíos al ir prá cama.

Agradeceron todos poder tomar el caldo calente y tampouco deixaron miga del que yes puxeran de xanta, mentras fora siguía chovendo ás concadas.

Según tá chovento, temos augua pra hoi y mañá todo el día —dixo un home, sacudindo el capote na porta da pousada antias de buscar sito unde deixallo recudindo na percha del entrada, xa ocupada pollos dos viaxeiros.

Eso parece —respondéu a posadeira, sirvíndoye un vaso—. Condo aquí para el vento, chove dous días antias d'escampar —esplicóu pra os de fora.

Arrimóuse a ella Darna:

¿Poderíamos quedar aquí hasta qu'escampe? Xa ve que temos algún acatarrao que nun ye feiría ben siguir moyándose.

Claro que poden. Tampouco creu que con este tempo vayan chegar muitos máis viaxeiros que nun poda atendellos a todos. Y se chegan, tampouco vou botar ús pra meter outros. —Botóu a muyer úa risada que ye sacudíu a barriga—. Y sabendo xa que van quedar, organizo miyor as comidas.

Volvéu Darna pra cos outros, inda sentáos á mesa:

Podemos quedar sin problema y así descansamos todos que nun temos ningúa necesidá de poñernos malos nin que se poñan os caballos.

Cos días qu'adelantamos vindo pol monte, nun nos atrasa miga parar un día ou dous —tuvo d'acordo Brado.

Pos, se nun vos importa, eu vou deitarme a ver se calezo y me pasa esta mormeira —fungóu Áscer.

Con él, erguéronse Malio y Tana, col mismo determino.

Nun pedacín súbovos un aferventao pra que sudéis —anuncióu Darna, mentras el resto arrexuntábanse pra deixar sito, por se chegaba xente.

Despós d'ir buscar nel equipaxe el saqueto d'herbas, pidíuye á posadeira venia pra meterse na cocía pra preparar os fervíos:

Nena, vei atender, que nosoutras vamos escaciplar un pouco na cocía —chamóu á moza de servicio—. Quero ver se los fai como aquí, se nun y'importa, claro.

¡Qué vei importarme! El saber nun se gasta por compartillo. Igual hasta aprendo eu máis del qu'insino —ríu Darna a búa disposición da muyer.

Calentaron lleite con corteza de salgueiro y ferveron augua pra botarye ciridona por se daquén empezaba a tusir. Despós de reposar un pouco el lleite coa corteza, coláronla y volveron con mel y un bon chorro de oruxo y subiron os preparaos a os que se foran deitar. Sabendo qu'a ciridona era ruía de tomar y algún dos encamaos llambueiro abondo, subiron tamén tacías con mel pra qu'endulzasen a gorxa despós de pasalla.

¿Y úa botellía nun subistis? —perguntóu Malio condo ye deixaron el mel.

Esa, se la qués, baxas buscalla que será que nun tás tan malo —respondéuye a posadeira.

É pra sudar, nía.

Acabóu el día y chegóu el siguinte sin que parase un bocadín d'esvaciarse el augua y a pousada era un entrar y salir de xente sacundíndose y queixando de tanto chover hasta que, camín de media tarde, foi arralando hasta ferse un barruzo fino qu'a brisa qu'empezaba a soplar movía como se fose un pano de gasa.

Os viaxeiros xa revisaran todo conto podían revisar pra siguir viaxe y os tres que se foran deitar maliaos el víspora erguéronse xantar coa fame atrasada y pouca gana de siguir deitaos. Hasta as caballerías parecían xa fartas de tanto descando y revolvíanse na cuadra na máis sentir a daquén entrar.

Ameicéu al fin el tercer día con algo de vento qu'erguía as nubes sin deixaryes descargar, afalándolas monte arriba, y retomaron el viaxe os del Valle.