sábado, 7 de marzo de 2020

"Adiós" díceseyes a os mortos...

Apílanse os adioses,
que queremos sian na más hasta llougo,
sin qu'el tempo corra igual pra ús que pra outros.
Quedamos chorando ausencias
dos que siguen con nosoutros,
nun querendo vernos chorallos,
nin pensallos llonxe,
nin nombrallos con pena;
buscando sombras
que nos falen d'ellos,
sin atrevernos a nombrallos,
porque nun van respondernos
coa voz que temos medo a esqueicer.
Y corre el tempo pra nosoutros,
aprendendo a callar recordos
por medo a gastallos
como nun parece que se gasten
as llágrimas que nun quixeran ver,
hasta que nos afemos a que nun ten
y entonces volvemos encontrallos
nas risas y na xente que,
como nosoutros, sigue pensándolos,
féndolos presentes como quiséxemos
que seguiran tando, con nosoutros,
pra un abrazo, úa charla,
úas risas ou dalgún enfado.
Y nel silencio que se fai
por nun nombrallos en alto 
cada ún sinte a voz 
que pensara ter olvidada.