martes, 28 de septiembre de 2021

As llareiras 9

 

Al abrir a porta envolvéulas el cerzo como un sudario zúmbano y frío que nun deixaba allumar a os candiles máis qu'el tarrén qu'iban pisando.

Menos mal que viche comigo, porqu'eu sola nun iban encontrar a cuadra en toda a noite —agradecéu de corazón Lerca.

Seguro qu'encontrabas xeitos de dar cos caballos; dicen qu'os vosos respóndenvos.

Responden, peró, con esta noite, a saber d'únde. Como nun salise Xilma axudarme pra saber de qué llao respondían ou Tana, que segunro que xa ten na cabeza el plano completo da casa.

¿Y pra qué lo quer?

Pra nada, peró é a costumbre. É quen vei fendo a crónica del viaxe cos mapas del camín que llevamos.

¿Y failos ella?

Pos claro. É a que sabe.

¿Nun hai homes que lo faigan?

Hailos, peró foi a ella a quen mandaron porque, se nun é a miyor, poucos pode haber que los faigan como ella.

Entre as dúas xa taban acabando de poñeryes paya y augua a os caballos y empezóu Lerva a revisaryes os cascos y mirar a ver se tían mataduras.

Y habendo homes, ¿mandáronla igual a ella? ¿Nin albeitres? ¿Ou é por algo que vayades tantas muyeres como homes?

É porque procuramos sempre que sía así. Y os mismos de cada llar.

¿Tamén nel mar?

Tamén.

Parecía qu'iba siguir perguntando, condo s'abríu a porta y asomóu nel vano Nesdar y el ermao grande de Sarima:

Hola. ¿Xa tas acabando?

Tou. Mañá hai que revisarye os cascos al caballo de Áscer, que dixo antias que parecía que quería empezar a coxiar y eu nun vexo nada con tan pouca lluz.

Trede acó os catro candiles. ¿Únde los poñemos que miyor ch'allumen?

Quitái a paya d'ei y poñéilos alredor condo lo saque.

Obedeceron al punto el viaxeiro y a nena, mentras el mozo quedaba mirando pra Lerca, que soltaba el caballo pra llevallo al sito que taban preparando. Como nun se movese de xunto a porta, díxoye el ermá:

Por lo menos, ergue el candil pr'allumarnos a todos, xa que nun fais outra cousa.

Se qués, vou chamar a os criaos que lo faigan —replicóuye.

Esto nun é trabayo que nun podamos fer nosoutros —tercióu Nesdar—: Xa tá. ¿Por únde empezas? —perguntóuye a Lerca.

Mentras ye bisbisaba al caballo, fregándoye el percozo, apuntóu prá mao dereta.

Trede os candiles —pedíu, poñéndose col sou unde tamén él puidese verye el casco.

Alzóu a pata el caballo al orden de Lerca y repasóuyo con oyos y maos sin deixar de falarye con un especie de sonsonete que parecía calmallo. Foi nel outra mao unde encontróu úa pedrequía con punta clavada nel borde da palma.

Allúmame aquí —pidíuye a Nesdar, apurríndoye el sou candil.

Sacóu da faltriqueira que llevaba úa navayía y un chisqueiro col que calentóu el filo antias de mandarye erguer outra vez al caballo. Foi sacándoye con cuidao a pedra y volvéu deixarye baxar a pata mentras revolvía outra vez na bolsa pra sacar un ampolla da que vertéu tres gotías nel furao da pedra.

Se mañá nun ye zarróu el furaco, haberá que ferye úa calza pra que nun yo encete máis.

Xa taba volvendo el caballo al sito condo al fin deu zarrao a boca el neno da casa:

¿Y é ella a que lo vei curar? —perguntóu a Nesdar.

Pos claro. É el albeitre.

¿Ella? Como muito será el axundanta túa —quixo rir.

Probe del animalín se ten que depender da mías curas —ríu con gana véndoye a cara d'asombro al mozo.

Y dirasme tamén qu'os sanadores poden ser muyeres —A risa iba féndoseye enfado.

Pos si. ¿Por qué non, se valen pra sello? —Vendo por unde iban as ideas del chaval, ben aprendidas del padre, añadíu—: Nos llares miramos el interés y a capacidá, non el que hai entre as pernas.

Se é por capacidá —repuxo burllón.

Peró non a de mexar dereto —cortóuye a broma condo xa se perdía nel cerzo coas mozas—. ¿En serio pensan así?

Pensan —foi a resposta de Sarima, que sonóu case como úa pergunta.

Pos nun m'estraña que túa tia nun quera ter homes cerca con tal ermao y sobríos, que parez mentira que ye diexen llevar sola el caseirío.

Eso é gracias al testamento del home, ou eso dice. Igual qu'el de ferme a mín heredeira.

¿Y pensan que tou padre vei acetallo? —quixo saber Lerca.

Nun ten outra. A condición que poñía trouxéstedesla vosoutros cumplida: que fixese a manda pra qu'herede todo el primer neto que haxa na familia. Por eso volvo eu pra con ella na máis prepare el equipaxe.

Y por eso tou padre nun vei deixarche casar —comentóu Nesdar., separándose d'ellas pra ir durmir.

Eso pensa él: que vei poder siguir gobernándome a vida, peró nosoutras temos outros planes pra daryes nel focico a él y a mía madre coas súas comenencias —respondéu quedo, zarrando a porta da sala detrás d'ellas.

Xa nun quedaba naide erguido y sentíase el alentrar profundo das que xa durmían, mentras Sarima invitaba a Lerca a entrar nel sou cuarto pra falar un bocadín máis:

Nel trato que mía tía mandóu firmao pra que meu padre yo volva comigo tamén firmao consinte en que me perfiye y parez que naide lo avisóu de que fendo eso perde todo goberno en mín —ríu baxín a nena.

Y ben sei que xa teis mozo con quén casar.

Algún hai, peró nun escoyín inda. Como mía madre nun quer inda noras con ella, temos tempo pra buscar un que m'encha el oyo.

Peró se tou padre quer neto qu'herede, tará xa mirando con quén casar al tou ermao grande.

Como el que nun quer é deixar que case eu, eso inda nun lo esmole.

¡Con lo fácil que é deixar que cada un viva al sou aire! —suspiróu Lerca, erguéndose da cama unde sentaran as dúas pra ir durmir.

¿Por qué nun durmes aquí comigo? Pra úa vez que temos visita y de xente nova, nun quero perder de ter con quen falar das mías cousas.

Pensóulo un bocadín a viaxeira y al fin, vendo a caría de pena que ye poñía a nena, dicidíu:

Vou buscar el equipaxe y volvo.

Había barullo abondo na sala condo despertaron as del cuarto y tuveron qu'aballarse pra baxar col resto almorzar, despós de siguir inda media noite falando.

Al hora de siguir viaxe nun arralara miga el cerzo, peró os viaxeiros taban dispostos a marchar solos:

Indo pol camín marcao nun será tan fácil perderse —dicía Malio.

Y por muito guía que llevemos vamos ter qu'ir al paso mentras nun abra el día —apuntaba Brado.

Nun vou deixar que vayades solos y vos pase algo nas mías terras. Por lo menos hasta el llinde daquén da casa vei ir con vosoutros, querades ou non —acabóu a discusión el amo.

¿Podo ir eu, pa? —ofrecéuse el fiyo máis novo, celoso de ser el único dos tres que nun tuvera ocasión de falar cos viaxeiros sin os da casa delante y con gana de saber máis cousas d'aquel valle del que vían y que ye parecía tan llonxe como estraño.

Axina apareyóu un caballo y enfilóu a salida da corrada antias qu'el padres pensase nos inconvenientes de deixarye ir, que seguro que los encontraba, ou qu'a madre podese dicir algo que ye fixese negarye el permiso, qu'ella sempre tía motivos pra quitaryes d'andar coa xente de fora porque nunca ye parecía abondo escoyida pra relacionarse cos sous fiyos. Nun s'esplicaban os nenos cómo, sendo tan escrupulosa como era, casara col sou padre por muito caseirío que tuvese, inda que sentiran qu'algo houbera nese casoiro de préstamos y deudas y por eso nin conocían a familia da madre, qu'ella tanto chufaba de búa y ben servida.

Botaron a andar al fin col fiyo novo de guía, baxo promesa de dar volta prá casa desde el llinde das terras ou se abría del cerzo. Inda pasóu media mañá antias qu'empezara a verse a algo de distancia, tempo qu'aproveitóu el mozo pra saber máis cousas del viaxe, del valle y da cría de caballos.

A ver se con sorte deixan que vaya pra con Sari y poda aprender con ella.

¿Pos nun hai quen che ensine na casa? —quixo saber Nesdar.

Haber hai, peró nun me deixan ir con ellos. Dicen que nun é llabor pra mín, como se tuvese outro miyor que fer —queixóu el neno.

Quererán outro rumbo pra ti —quixo consolallo el viaxeiro.

Quererán. Mía madre: mandarme cos sous parentes nun sei a qué y a meu padre parece que tanto ye ten el que faiga, con tal de nun sentilla rosmar porque tou cos aldianos, como se houbese outra xente coa que tar.

Pos nun sei se túa ermá quererá terte con ella —opinóu Lerca.

A mín si; al que nun quer cerca é al noso ermáo que cada punto vólvese máis al son del noso padre y hai menos con quén tratar. Y como eu soi el barredoiro, tampouco importa muito el que faiga ou deixe de fer, con tal que nun arme ningúa... —Callóu un bocadín antias d'anunciar—: Hasta aquí chegan as terras de meu padre, así que miyor será que dé volta pra casa. Un pouco máis pr'alante chegaredes a un camín máis ancho y axina á veira del río da Balseira. Bon viaxe y acordáivos del que falastis con Sari y a tía Flora.

Acordaremos, ho. Y gracias por todo.

Siguiron camín un pedazo antias de que Darna propuxese parar xanta algo y ter a charla que llevaba pendente desde el víspora. A novedá nun era muita, peró era ben que todo soubesen el qu'iban atopar y ver el miyor xeito de remediallo.

Mentras a mayoría reposaban un pouco despós da xanta, Darna metéuse nel monte que bordiaba el camín polla falda da serra. Condo xa empezaban a esmolerse porque nun volvía, aparecéu col mismo aire tranquilo col que se fora y paróuse na buqueira polla que se metera. Sin falta de chamallos, axina foron arrimándose a ella todos os viaxeiros: algo nel sou porte recordóuyes qu'ella era a llaria que los guiaba naquel viaxe.

Tamos chegando á mitá del camín en menos tempo y con máis facilidá del que cuntábamos al planiar el viaxe. Desde a Balseira sabemos qu'el camín tá xa marcao y con postas unde fer noite, peró tamén que, conforme vayamos chegando, hemos ter qu'ir con máis cuidao nel que dicimos y a quén: sabemos qu'as cousas nun van ben nel llar del Acebro cos vecíos y nun queremos que nos vexan como un amenaza. Vamos visitar a os que foron vecíos nosos por saber d'ellos y celebrar xuntos un rito d'ermandá. —Callóu a llaria esperando algún comentario que nun chegóu—. Naide ten que saber que vamos chamallos pra que volvan al valle.

Sentíuse entoncias perguntar:

¿Y van querer volver?

Pol que sabemos —respondéu Darna— tan máis que dispostos; as cousas cos osos foron a pior y xa tan preparaos pra marchar. Nosoutros vamos invitallos a volver y daryes úa disculpa pra deixar el aldea y que nun los busquen nus días.

¿Y cómo van fer el viaxe? —quixo saber Lerca, pensando xa qu'inda tendo caballos abondos, non toda a xente iba ser capaz de montar y llevar carros atrasaría muito a marcha.

A llaria miróu al Mandao que deu un paso al medio pra esplicar:

Van ter barcos esperándolos nun abrigo qu'ellos conocen.

Mui seguro tas —tercióu Tusgo.

Antias de chegar encontraremos un aviso núa das postas, peró, se chegamos nosoutros primeiro, vamos ter qu'esperar por ellos.

El plan é este —retomóu el esplicación Darna—: condo ten os barcos dispostos, chegaremos al aldea y feiremos os preparativos pra un rito que temos que celebrar con todo el llar del Acebro nel monte sagrao, sin que ningún oso poda participar. Os del llar que vayan tein que fello voluntariamente, sin que naide los obligue, peró tampouco poden quitaryes d'ir se queren. Pensamos que con cinco días chegará pra que marchen por mar. Temos a ventaxa de qu'os osos nun son xente marineira nin queren saber nada col mar nin coa costa, inda téndola al pe como la ten el aldea. Os poucos que queden en terra pra fer as veces del rito con nosoutros tendremos qu'irnos lo máis someiros que podamos pra que nun se boten detrás noso sin tempo pra tomaryes algo de delanteira, porque é seguro que nun van deixar que nos vayamos sin dolo.

¿Tanto empioraron as cousas? —quixo saber Malio.

Tanto qu'este é el único xeito qu'encontaron pra irse —respondéu a llaria.

¿Y se nosoutros nun fósemos? —perguntóu Xilma—: Al fin, foi decisión del Conseyo ir buscallos...

Iban ter qu'amañarse sin axuda. Ou sin máis axuda qu'a dos da Islla. Brado: cúntayes cómo chegástedes a saber el que pasaba nel llar.

En poucas palabras, el Mandao díxoyes cómo chegara al Islla un peteiro de xente del Acebro pedindo axuda pra os que quedaban nel llar y el que planiaran pra sacallos d'allí, fose a que fose a resposta del valle.

Se nun tedes máis perguntas, é hora de botar a andar, que llougo é noite y paréceme que nun vamos chegar á Balseira sin moyarnos —acabóu a reunión a llaria, vendo xuntarse nubes mouras nos montes d'alredor.

jueves, 5 de agosto de 2021

As llareiras 8

 

Parecía máis mouro el día del que fora a noite, cercada a casa por un cerzo baxo que parecía xelo pegao a so árboles d'alredor y fía a os caballos arrimarse ús a outros buscando algo de calor mentras esperaban na corrada a qu'os viaxeiros acabasen as despedida y botasen a andar. Xa nun era mui cedo, peró el día nun acababa d'abrir y xa nun podían mandar máis el tempo se querían chegar con día á casa del ermao da Moura. Llevaban cartas d'ella y a un mozo de guía pra que nun perdesen el camín n'aquel cerzo testo y sin facha d'arralar.

Foron andando en fila sin perder el paso del qu'iba delante pra nun estraviarse, xa que nin del ruido podían fiarse, que resonaba el máis suave como se as nubes fosen as paredes d'ua sala enorme y valleira, unde el eco nun deixase saber de qué sito vía el que sentían. El alentar dos caballos al paso y el petar dos cascos na terra y, de condo en vez, n'algúa pedra, era todo conto sintían. Conforme baxaban ás veigas del río y arralaban os árboles, foron salindo d'entre el cerzo hasta deixallo detrás como úa cortina gorda y fria que nin deixaba pasar máis qu'ua pouca de claridá y miga de calor.

A pesar da mañá moura y fría había xente llaboriando nos eiros da veiga qu'al ruido dos caballos erguía un bocadín a vista y axina volvían al llabor, despós de responder al saludo del mozo:

Estas son as terras da Moura —esplicóu, saludando a outro peteiro de llabregos—. Despós d'ese monte, empezan as terras del ermao.

A compaña del mozo fíxoye a Darna aplazar pra outro día falaryes al resto del que ye cuntara el víspora Brado, peró nun yes quitóu a ellos de siguir dándoye votas al que poderan falar fora y solos a noite pasada.

Agora que xa nun tían qu'ir en fila nin el cerzo ampliabab as voces, foron acompasando el paso pra poder falar ús con outros, perguntando a os que durmiran cerca se el Mandao ou a llaria dixeran algo del que trataran fora. Xa de noite quixeran perguntarye a Tana cómo fora a cía col ama y qué pasara pra fer a llaria el que fixera, peró nun llograran que yes cuntase nada máis qu'os planes pral día siguinte y tampouco entoncias sacaron miga en claro por muito que Malio insistise en perguntarye outra vez, sabendo que fora por algo que dixera el Mandao, como él mismo confesara.

Cansóuse Tana de tanta pregunta y adelantóuse hasta coyes a Darna, qu'iba sola detrás del guía:

¿Vas diciryes el que sabes ou deixaryes que sigan fendo cábalas del que parece que che pasa con Brado?

Vendo qu'el mozo poñía el oreya, sacudíu a cabeza a llaria y frenóu un pouco a Merba, deixando que las coyese el grupo de Malio:

Temos que fer úa reunión, peró nun creu que hoi podamos. Penso que mañá nun necesitemos guía ningún pra chegar á Balseira. Indo solos paramos unde nos pareza y falamos. —Callóu un bocadín, pensando qué dicir máis pra parar os contos y nun esmoler á xente—: Nun pasa nada grave, peró hai novas del llar del Acebro que creu que tedes que conocer.

Sacudíu a cabeza Malio, mentras el resto cruzaba miradas d'entender, supoñendo qu'eso era el que falaran a noite pasada ella y el Mandao. Volvéu afalar a Merba Darna, al tempo que xipraba de xeito que Corvo botóuse a trotar sin que Brado podese frenallo hasta que chegóu al altura d'ella, outra vez pegada al guía. Sentíronse úas risías que ye fixeron volverse:

Esto é el qu eten montar caballo ayén —ríuse tamén, inda sorprendido polla reación del caballo á chamada del ama.

Parecéume miyor chamar al caballo qu'a ti —ríu tamén Darna—: Xa ves qu'hoi llevamos compaña —siguíu, máis quedo—: Haberá que deixar pra mañá cuntaryes a situación.

Vale ben. Xa sabes qu'agora es tú a que dicides.

Miróulo a llaria, buscando segundas intencióis nel que ye respondera, peró nun encontróu máis qu'a mirada franca á que xa se taba acostumbrando de máis:

Xa mo deixache claro ayer, peró paréceme qu'é ben que saibas el que dicido como os demáis.

Sacudíu a cabeza el Mandao y deixóu ir al caballo que, como os outros, al verse en campo aberto fora coyendo aire nel sou paso hasta cuase poñerse al trote.

Xa taban cerca del monte que dixera el guía que fía de llinde entre as terras dos dous ermaos condo Darna decidíu qu'era ben parar, daryes un descanso a os caballos y comer algo. Tuvo el mozo que conocía aquello d'acordo y llevóulos hasta úa fonte que brotaba nun prao xa na fronteira col monte.

Nun foi mui llarga a parada y axina siguiron camín cruzando agora un monte de carbayos que parecían veyos como el mundo:

Lleva sin cortarse madera desde qu'os bisabolos del ama y del home del qu'enviudóu quixeran vendella y nun se puxeron d'acordo d'unde taba a llinde que separa el monte d'ún del del outro. Y ei sigue medrando hasta qu'a sobría del amo herede os dous caseiríos.

Y sin poñerse d'acordo, ¿quedóu así a cousa, sin que ningún se revolvese? —quixo saber Tusgo, osmando algún historia curiosa.

El mone tá así pol que pasóu al nun poñerse d'acordo —respondéu el mozo, acomodándose na montura pra cuntar el historia y que todos podesen escuitar—: Os veyos nun querían vender a madera d'emparzao y repartir despós el que sacarsen a medias porque ben sabían os dous qu'el monte d'ún nun era igual qu'el del outro. Un tía máis terra, peró el outro tía miyores árboles y ningún quería ceder el que pensaba qu'era a súa ganancia. Al cabo, cansóu el comprador de nun ter con quén falar y deixóulos coa madera y sin ganancias, peró nun acabóu ei el asunto. ¿Ven ese arbolón qu'hai ei seco? Dicen os veyos que secóu coa sangre ruía dos dous homes: cada pouco tempo encontrábanse vixilando el monte y sempre faltaban árboles d'un llao ou del outro hasta qu'un día pasaron dos insultos ás maos. Xa cayera a noite condo os das casas botaron contas d'ellos y chegaron buscallos aquí: deron con ellos debaxo d'ese carbayo, ún xunto al outro, mortos, y ei mismo yes deron terra. Al pouco, empezóu a secar el árbol y ei tá, como el resto del monte: naide quer mirar pra él.

Col conto del mozo chegaran al outro llao del monte y ás terras del ermao de Flora. Tamén n'esos eiros había xente llaboriando y axina viron salir correndo a un rapacín:

Xa van llevar aviso á casa de que chegan viaxeiros —comentóu, respondendo coa cabeza a os saludos dos llabregos.

¿Y nun valía máis qu'esperase a saber quén somos? —perguntóu Malio.

Pode qu'eso xa lo saiban —respondéu, afalando el caballo.

Pos nun creu que naide fose máis rápido que nosoutros pra chegar primeiro avisar, como nun salise de noite —apuntóu Lerca.

Como el mozo nun respondese, púxose al sou llao Darna:

¿Usan el río pra mandar avisos? ¿Y cómo saben que los reciben? ¿Y pra mandallos de baxo pra riba? —quixo saber.

Miróula de medio llao un bocadín, antias de bisbisar, sin volver quitar a vista del camín:

Temos un xeito usando el río, peró nun vou decirvos cómo.

Díxolo con tanto dolo que naide ye insitíu.

Empezaba a zarrar de cerzo outra vez condo chegaron á casa, unde xa taban esperándolos delante da porta el que debía ser el ermao de Flora coa familia:

Benvidos. ¿Tredes novas de mía ermá?

Baxóuse Darna y déuye as cartas. Botóuyes un oyada por riba y volvéu mirar pra ellos:

Eu soi Pacho.

Eu, Darna —presentóuse y despós foi nombrando al resto da compaña. Antias de qu'empezase a esplicar el motivo de chegar allí, interrumpíula el amo:

Xa sei del voso viaxe. Podedes pasar a noite aquí y xa mañá vos indicaremos a miyor ruta pra chegar á Balseira.

Condo saliron da cuadra unde yes mandaron prender os caballos, a casa xa nun era máis qu'úa sombra moura entre el cerzo. Deron col entrada siguindo as voces d'ús que taban falando xunto á porta, esperando por ellos pra mostraryes unde iban durmir: as muyeres na sala y os homes nun desván.

É unde durmen os obreiros que vein condo hai muito trabayo y nun chega cos del aldea.

Taban compoñéndose un pouco pra baxar ciar condo chegóu á sala a fiya del amo:

Supoñe que nel equipaxe tredes algo de máis vistir qu'os traxes del viaxe.

Tremos, si —respondéuye Igulme, qu'era a que taba máis cerca.

Pos era ben que vos vistírades un pouco curiosas que mandóu meu padre preparar mesa de gala.

¿Pra todos? —perguntóu Calban.

Pos si. ¿Por?

Nun tía que molestarse tanto que ben podíamos ciar na cocía sin tanto miramento.

Si, ho, decídello vosoutros: pra úa vez qu'hai visita —ríu a moza—: Y a mía madre máis, que dice que nun pasa naide por aquí que nun veña vender ou comprar ou buscar trabayo.

Tal como yes dixera, encontraron el comedor engalanao, a os amos vistidos de festa y a mesa con manteles y servicios que ser vía que nun eran os de todos os días. Foron acomodando a os homes a un llao y ás muyeres al outro desde os amos, sentaos nel medio cos fiyos enfrente y empezando pollos máis veyos hasta deixar a os máis novos al llao dos mozos da casa, dous chavales y a nena que fora dar el aviso á sala.

Inda taban empezando a ciar condo el amo perguntóu a Malio, que taba al sou llao por el rumbo que llevaban:

Despós da Balseira, queremos baxar á costa pra siguir pral este.

¿Y pode saberse el motivo de viaxe tan llargo y tanta xente?

Antias de responder, Malio buscóu el aprobación de Darna, que ya deu cúa seña disimulada, confiando na cabeza del despenseiro:

Vamos visitar a us parentes, por dicir así, que marcharon vivir alló y xa llevamos tempo sin saber d'ellos.

¿Parente? ¿De todos? —desconfióu.

Máis ou menos, si —respondéu Malio, sin querer dar muitas máis esplicacióis.

¿Y pode saberse desde unde vides?

Volvéu el viaxeiro consultar á llaria coa mirada, cuase pidindoye que respondese ella, peró, al ver que callaba, dixo al fin:

D'un valle al outro llao d'esta serra.

¿Del valle dos Ferreiros? —estrañóuse el home.

¿Ou del dos Llares? —perguntóu el máis veyo dos fiyos. Como el padre lo mirase con mala cara, esplicóu—: Nin os caballos nin as trazas son de ferreiros y son catorce, que son os llares que dicen que hai n'ese valle, ou había.

É verdá que cuntan qu'un dos llares foise del valle —añadíu el ermá.

D'ese mismo —quixo cortar al conto Malio.

Pos é a primeira vez que pasa xente del voso valle por acó.

Indicáronnos este camín os ferreiros.

Y, despós da Balseira, ¿sabedes por unde tedes que siguir?

Baxaremos á costa y siguiremos pral este hasta pasar dúas rías máis.

¿Por mar? —quixo saber el amo.

Non, siguiremos por terra.

Pos eu sempre sentira qu'os del valle dos Llares eran xente marineira —dixo a madre, que nun falara hasta entoncias.

Pos os caballos dos Llares tein tamén búa fama —apuntóu el máis novo dos fiyos.

Os dous tein razón. Os llares da ribeira dan bús marineiros y os de terra adentro crían caballos y véndense ben —tercióu Malio.

Y ben caros, tamén —respondéu el amo—. Hasta os cruces d'ellos doblan el precio dos outros. Y ten razón Taso qu'os vosos ben se ve que son d'esa raza. É úa pena que nun sía brao pra que postiasen algúa das mía euguas. ¿Volveredes por acó pra entoncias?

Esta vez nun esperóu Darna que Malio ye consultase pra responder:

Eso nun lo sabemos inda. Peró xa apalabramos outras visitas nel camín, así qu'os que las faigan ben poden chegarse aquí.

¿Vades volver ver a mía tía? —perguntóu a nena y como ye respondesen que si, añadíu—: Pra entoncias xa hei tar eu con ella y podo mandar recao pra que suban as euguas postiarse.

Nun corras tanto —contetóuye Lerca—: Pra dicidir eso temos primeiro que ver as euguas, nun vaya ser que nun digan ben cos nosos garañís.

¿Sabes tú mirallas? —sorprendéuse a moza.

Lerca é a nosa albeitre —esplicóu Malio, vendo qu'el amo da casa torcía el beizo cada vez qu'algúa das viaxeiras respondía, inda máis condo eran as súas muyeres as que lo fían.

Desafiando al padre, añadíu a fiya:

Eu soi el heredeira da mía tía y condo vaya vivir con ella quero aprender a manexar os caballos, máis alló del que xa sei: montar y mirar por ellos. Se volveses tú, ¿enseñarásme cousas?

Pos claro, peró iba llevarnos maís d'un día y de dous —respondéu divertida Lerca al ver a dicisión coa que fía planes sin importarye el opinión del padre, que n'aquel momento parecía querer desaparecella del mundo coa mirada.

Faltándovos tanto viaxe por fer, nun creu que sía este ano condo veñan del voso valle postiarme as euguas —tercióu el padre, cortando a charla das dúas mozas—. ¿Y tades seguros de que vais encontrallos? En tantos anos puideron pasar muitas cousas.

Agora tocóuye responder a Brado:

Eso vamos ver.

Condo acabaron de ciar erguéronse a muyer y a nena, invitando ás viaxeiras a salir con ellas del comedor pra deixar a os homes fer un pouco de sobremesa antias d'ir durmir. Mentras el amo falaba das propiedades súas y de súa ermá, que contaba que pasasen xuntas al fiyo del sou fiyos máis veyo, porque nun pensaba deixar qu'a nena casase y perder as terras de Flora, as muyeres subiron á sala pra poder tamén falar sin ter que pidir permiso, como parecía ser el uso n'aquella casa.

Vou ir ver os caballos, ¿qués vir comigo? —invitóu Lerca a Sarima.

Volóu a nena mudarse pra ir con ella, na máis víu a súa madre cabeciar dándoye permiso, y nun tardaron nada en volver baxar y pasar por delante da porta del comedor, unde resonaba a voz forte del padre:

Nun m'estraña que mía tía nun quera homes cerca que la gobernen. Xa me tardaba volver pra con ella, peró nas cartas que trouxéstedes ven a manda pra quedar alló.

jueves, 3 de junio de 2021

As llareiras 7


Fai un ano chegóu un barquín al Islla con un peteiro de acebreiros: dous veyos y úa patulia de mocíos, algús demasiao nenos pra ir nun viaxe de vida, peró cumplindo el que nun houbese ermaos. Axina soupemos qu'eran un de cada familia del Acebro y entoncias parecénnos poucos prá xente qu'eran; esplicaron al Conseyo del Islla que na máis eran esas as que guardaban as tradicióis del Valles y nun s'atreveran a invitar al viaxe a os vecíos que compartían llar cos osos.

¿Osos?— interrumpíolo Darna.

Un grupo de xente á qu'acoyeron y el motivo pol que naide volvéu al valle nas dúas últimas vidas. Contaron os que chegaron al Islla qu'el qu'empezara sento hospitalidá y favor a os que chegaran buscando un sito pra vivir, como fixeran ellos nun fía muito tempo, volvérase carga y deber qu'aquellos que se chamaban a ellos mismos osos nun iban deixaryes negar nin poñían intención de compartir. Chegaron al final del brao, condo xa taban guardadas as coyeitas y preparadas as terra pral inverno, y condo yes ofreceron axudaryes a preparar outras pra ellos acabaron fendo todo el trabayo al ver a pouca disposición que poñían. Chegara despós el inverno y axina deixaron de pedir sequera permiso pra coyer el que yes fía falta y máis del que podía corresponderyes a cambio de, según ellos, guardar el aldea de nun se sabía qué pelligros, el que foi poñer á raposa a guardar os pitos, peró tarde se apercibiron os nosos del camín que tomaran as cousas con aquellos vecíos. Vían, según dixeron, d'úas terras probes del outro llao dos montes unde a pouca comida y el mal tempo acabara con muitos dos sous, chegando ás terras del Acebro na máis un peteiro d'homes con úas poucas muyeres y úa ducia de nenos. Trían con ellos us caballos recios y algo de gao azacaniao del camín, ademáis d'un feixe de casi mordedores, cos qu'os del llar axina aprenderon a marcar as distancias, qu'os osos gustaban en azuzar en peleas sin máis sentido qu'el ver cuál aguantaba máis mordiscos sin rendirse ou morrer, qu'el fin vía a ser igual porque sempre mataban al que perdía. Y pollos casi acabaron de veryes as zunas a aquella xente condo quixeron feryes igual a os del llar. Ben sabes qu'a nosa xente nun somos pendencieiros, peró aquello xa nun quixeron consentillo y chamaron a capítulo a os que fían de xefes; d'aquella reunión sacaron en claro que se querían vivir en paz iban ter que fer por nun cedes nin medio pelo en nada que yes importase, por pouco que fose, separándose todo el que podesen d'aquella xente qu'acoyeran entre as súas paredes. Y empezaron por partir en dúas el aldea, deixándoyes as casa d'un llao a os osos pra vivir todos xuntos os del Acebro y separaos d'ellos; puxeron precio a todo conto yes dabas, descontando el que, con trabayo, acordaran que merecían polla súa proteción, y mantuvéronlos apartaos das súas costumbres y celebracióis. Mal que ben, volveron fer a vida como antias que chegaran os osos.

Callóu un bocadín el Mandao, dando us pasos al llargo da parede pra escorrer el relente que ye axelaba el corpo. Volvéu parar delante de Darna y siguíu:

El acordo foi manténdose, peró, nos últimos tempos, a situación foi féndose cada punto máis ruía de llevar pra os del Acebro. El llar perde fruxe, en xente y en ánimo, como un árbol al qu'afoga el hedra. A proteció dos osos nun yes deixa moverse al sou aire y son muitas as mozas que, de grado ou por forza, acaban nas casas dos vecíos y poucas poden siguir as costumbres del llar. Tamén a os mozos queren tentallos coa vida que llevan, querendo obligallos desde pequenos a peliar coas súas artes, esqueicendo as nosas. Todo esto vei minando a os nosos, cansao xa de resistir os abusos, y por eso dicidiron erguer outra vez as pedras del llar. Botáronse al mar porque por terra nun daban atopado xeito de salir sin que los estorbasen.

Y, entoncias, ¿a qué vamos nosoutros?

Axudaryes a volver. Mandaron aquel viaxe primeiro como señal de socorro que tíamos que fervos chegar al valle, seguros de que, condo os osos se percatasen de que faltaba xente del llar, iban controlar inda máis a os que quedaban.

¿Y qué podemos fer estos poucos qu'os del llar nun podan fer solos?

Daryes ún disculpa pra xuntarse y úa distración pra que podan irse por unde pensan: hai barcos en camín pra recoyellos, peró necesitan us días pra embarcar y ese tempo vamos daryo nosoutros, ademáis del invitación pra que volvan al valle.

¿Y a condo ibas esperar a cuntarmo?

A condo vise el momento. Todo esto sabíalo Lacui antias da primeira reunión del Conseyo y ella dicidíu que fora eu quen lo cuntara a os viaxeiros condo miyor me parecese. Agora tócache a ti ver cóndo y cómo yo cuntas al resto, se qués que lo saiban.

Dime as razóis que tuvestedes tú y Lacui pra nun contaryo al Conseyo nin a os viaxeiros antias de salir del valle, a ver se sei porqué siguir callándolo ou non.

A porta da casa deixóu escapar úa lluz y viron asomar dous corpos nel vano, trendo un candil con ellos pr'hacia a corte xunto a que taban falando. Axina distinguiron a Lerca y Nesdar que vían falando alto pra que soubesen que chegaban y nun interrumpir úa conversación qu'igual imaxinaban d'outro asunto del que tía.

Como Darna nun fixese por daryes sequera pe pra saludar, quedándose d'espaldas a ellos, esperóu Brado qu'entrasen na cuadra pra separarse da parede y botar a andar pral outra punda da corrada, a unde nun chegaba máis claridá qu'a da noite. Nun tuvo a llaria que repetir a pregunta y condo ye parecéu que xa naide máis iba sentillo, respondéu:

Pensamos que conto menos soubésedes, máis iba chocarvos a situación na que viven y menos iba darvos que disimular as intencióis últimas del viaxe. Tú misma dixiche que non todos son capaces de callar muito tempo nin el que saben nin el que pensan. Y tampouco é que perguntásedes muito qué vamos fer condo cheguemos.

Sin conocer a situación na que tán, pouco íbamos poder planiar nada. Peró, sabendo el que sabes, igual algo si podemos llevar pensado, ¿nun che parece?

Pra eso cho tou cuntando. Peró, igual qu'esperéi hasta hoi pr'avisaste, ben podemos esperar a mañá a dicidir qué y cómo yo dicimos al resto y pensamos qué fer. Xa é abondo tarde y ei van de volta tamén os que foron ver os caballos.

Tamén teis razón. Y xa abondas cábalas feirán porque salimos falar fora.

Al chegar á porta, Lerca y Nesdar pararon mirar se los vían, erguendo el candil pr'allumar alredor y esperaron por ellos pra entrar. Inda encontraron a dalgún coyendo el equipaxe pra ir durmir y a Cora y a un mozo esperando por ellos pra indicaryes únde tían sito preparao pra deitarse.

Subiron sin falar al piso alto da casa y allí indicáronyes varias portas, úas abertas y outras zarradas, según quedase ou non sito. Foron buscando cada ún acomodo, procurando nun despertar a os que xa durmían y xa iba deitarse a llaira condo ye chistóu Tana desde el xargón d'al llao del sou:

¿Contóuche cómo sabe novas del Acebro y nun lo dixo antias?

Contóu —foi a resposta queda de Darna.

Al outro llao d'ella, Lerca, inda preparándose pra deitarse, arrimóuse a ellas:

¿De qué novas falades?

Sentóuse Darna y tiróu por Lerca pra que tamén se sentase, xuntando as cabezas pra nun despertar al resto:

El Mandao conoce un pouco a situación na que tá el llar del Acebro y dicidira con Lacui esperar un momento bon pra cuntárnoslo. Nun é nada que cambie os planes que temos, peró xa mañá falaremos del asunto que agora é hora de durmir.

Tamén noutro cuarto había quen velaba esperando pollos qu'andaban por fora, procurando que quedase sito desocupao xunto a él:

¿Qué tía que tratar a llaria contigo, se pode saberse, pra sacarte fora d'ese xeito?

Antias que respondese Brado, dixo Nesdar:

Ois, Malio, igual eso é muito perguntar —bisbisóu, ríndose.

Xa digo que se pode saberse. Que algo gordo debía ser pr'afalallo como fixo Darna, con lo suavía qu'acostumbra a ser.

Parece que faléi de máis col ama da casa —respondéu Brado, deixando que pensasen el que quixesen pra nun dar esplicacióis que xa nun ye correspondían.

Pos nun sei que pudiche dicirye a esa muyer pra que se molestase tanto —insistíu por ver se ye daba algúa pista del que pasaba.

Miróu Nesdar al Mandao, esperando a ver se contestaba y qué cara ye poñía al sabicheiro.

Xa me riñiron úa vez por falar de máis, así que, se quer, ha contárvoslo ella condo ye pareza.

Por lo menos xa sabemos que nun son asuntos particulares vosos —apuntóu Nesdar, volvendo a rirse quedín.

Erguéuse na cama Malio pra mirar de frente al mozo, que siguía ríndose:

Tás esqueicendo de quén falas, neno, y eso nun dice nada bon de ti —reprendéulo.

Nun será tan grave se naide anda cuntándolo por ei —tercióu Brado—. Vamos durmir qu'axina vei haber qu'erquerse pr'aproveitar el día.

¿Enterástisvos, a lo menos, de se queda muito camín hasta a Balseira?

Dous días y xa temos únde pasar a noite de mañá. Veña, a durmir. —Soplóu a llapa del candil que tía máis cerca deixando el cuarto envolto na lluz gris da llúa xelada.

lunes, 24 de mayo de 2021

As llareiras 6


Xa calecera algo a mañá condo deixaron a pousada, despós de xuntar provisióis pra os seis días que calcularon por demás que podía llevaryes chegar á Balseira. Antias de marchar, volveron repasar con Mado a ruta unde yes señalara as pallozas qu'iban encontrar.

Condo s'ergueran, xa nun había rastro del outro mozo y el de Ferreiros nun parecía miga esmolido por él, peró os viaxeiros, sobre todo Malio, siguían sin fiarse muito del qu'aquellos dous podesen tramar; Salus nun quixera cuntarye el que pensaba d'ellos y él nun s'atrevera a perguntarye outra vez. El interés que mostraba pollos caballos sin marcar que llevaban tamén escamara un pouco a Lerca y a Nesdar y máis vendo el pouco caso que ye fixera al sou condo dixera qu'iba mirar cómo taba y case nin fora capaz de reconocello.

Al pouco de coyer rumno ás brañas altas, volvendo á terra sin árboles, foron esqueicendo el asunto dos chavales. Naquellas llombas desarboladas víase tan llonxe como alcanzaba a vista y nun había naide a muita distancia. Pasaron a mañá som ver máis qu'algúa manada de caballos qu'al ventiallos iban apartándose d'ellos, mantendo a distancia. Pararon xantar nun peteiros de salgueiros que medraban alredor d'úa fonte empozada pra que bebesen os rebaños y siguiron camín, buscando as pallozas que yes señalara Mado pra prepararse a pasar a noite.

Inda tardaron máis de media tarde en atopar el aveiro. Eran tres cabañas xunta alredor d'ún pozo, úa abondo grande pra caber todos, xente y bestas, y outras dúas un pouco máis pequenas. El que quedaba de día pasáronlo preparándose prá noite, que xa anunciaba a tardía qu'iba ser tan fría ou máis qu'a pasada: prenderon a llareira coa lleña qu'encontraron alredor das pallozas, nun querendo gastar a da barrela, y sacaron augua pra beber y pra llavarse un pouco, mentras deixaban pacer ceibes a os caballos despós de quitaryes os apareyos y cepillallos un pouco; xa condo los metesen na corte yes darían grao y algo d'herba seca da qu'había na barra. Col última claridá del día, mentras acababa de ferse a cía, sentáronse fora Tana, Darna y Brado poñer nos mapas a ruta que fixeran nel día; axina se yes xuntaron outros, comentando aquellas primeiras xeiras del viaxe.

Hasta entoncias nun foran os del Valle mui amigos de salir d'él, recibindo ben a os que pasaban ou iban comerciar, peró sin ter vocación de viaxeiros, máis qu'os qu'iban al Islla, así que case nun conocían a os vecíos da comarca y muito menos os camíos que tían que siguir pra chegar al novo llar del Acebro. Al cambiar a ruta da costa polla que llevaban agora, as poucas referencias que xuntaran dos viaxes que fixeran de volta al valle os del Acebro xa nun yes valían pra nada y tían que fiarse a cegas del que yes indicara aquel Mado, qu'hasta ese momento iba valíndoyes.

Inda faltaba pral solpor, pero xa empezaba a xelar y pr'hacia el mar víase cómo iba condensándose el humedá en nubes que subían pollos ríos pegándose a os árboles hasta tapar toda a vista. Xipráronyes a os caballos que taban pacendo alredor das pallozas pr'anoitallos dentro y ciar y deitarse tamén ellos.

El ameicer encontróu a os viaxeiros xa preparaos pra siguir camín, despós de procurar deixar el sito igual que lo encontraran, ademáis d'úas monedas metidas nun conco al pe da llareira pra compesar el herba y a lleña que gastaran. Botaron a andar coa primeira claridá del día, condo inda el sol era úa mancha turbia entre as nubes y el frío da noite conrtaba coa pouca brisa que nun chegaba a sacudir a ganza dos suqueiros.

Como os días d'antias, conforme iba andando a mañá iba calecendo un pouco el día, sin chegar a feryes sudar nin ás caballerías nin, muito menos, a os viaxeiros, que nun quitaron os gabais hasta que pararon xantar algo al pe d'un regueiro d'augua tan xelada como a noite. Pasaron de llargo al pe d'úas pallozas, confiando en chegar con día ás siguintes que yes señalara Mado, como así foi. Nun había ningúa tan grande como a del outra noite, peró había dúas pegadas que yes viron ben.

Parece que mañá vamos ter tamén sol —comentóu Ascer, mirando el solpor pintando d'encarnao as nubes de xelada qu'iban xuntándose como el víspora.

Falta fai —respondéu Beal, parándose al pe d'él col caldeiro chen d'augua que llevaba prá llareira—. Nun quero pensar en cruzar estos llombos chovendo ou nevando. Xa hasta con vento deben dar qu'andar.

Nun s'equivocaron miga y despós d'outra noite xelada ameicéu el día con sol y acompañóulos hasta chegar ás últimas pallozas que yes indicara el de Ferreiros. Despós d'aquella noite, tían xa qu'ir baxando pr'hacia a Balseira, confiando en encontrar algúa casa ou alpende unde anoitar.

Inda anduveron media mañá por aquellos altos hasta encontrar camín que fose baxando sin perder el rumbo que llevaban y chegaron xantar entre os primeiros árboles d'un monte que cubría un valle estreto. Siguiron el camín hasta que xa el sol empezaba a baxar; como nun vían casa por nayunde, metéronse monte abaxo. Dixérayes Mado que siguindo cualquer regueiro iban ir dar seguro a caseirío ou aldea, que por aquellas terras nun había valle, por pequeno que fose nel que nun houbese xente vivindo y decidiron probar sorte: se era verdá, antias ou despós darían con algún alpende unde pasar a noite.

Foron baxando buscando el fondo del valle por se vían algún molín que yes confirmase qu'había xente por cerca y xa llevaban un pedazo siguindo el cauce por carreiros abertos pollos animales del monte condo sentiron voces de muyer non mui llonxe. Un pouco máis pr'alante viron blanquiar algo entre os salgueiros que marcaban a veira del río y volveron sentir falar:

Vei doblándolas curioso qu'el que yes queda por enxugar xa lo fain en casa y tanto que aforramos pra estirallas como ye gustan —dicíaye úa paisana a outra, mentras quitaban d'úas canas el que parecían sábanas.

Pararon os caballos detrás d'un peteiro de lloureiros y siguío Darna sola, con Merba del ramal, acercándose a unde podesen vella y fendo máis ruido del que de costumbre feiría. Case chegara al pe d'ellas condo pararon mirar pra ella, acabando de recoyer a roupa y colocalla nos barcales pra llevalla pra casa.

Búas —saludóu Darna, guardando as distancias.

Búas —respondéronye, al tempo que se xuntaban un pouco, desconfiadas.

¿Hai cera algúa casa ou aldea unde pasar a noite?

Hai —respondéu a que sintiran falar antias. Miróula d'enriba abaxo y perguntóu—: ¿Anda sola?

Non. Somos máis, peró vin sola pra nun asustallas. Sentímoslas falar fai un bocadín.

¿Y a únde van por aquí? Esto nun lleva a nayundes. —Puxo as maos nos cadriles a que falaba, plantándose ben pra que nun fosen pensar que tía medo, mentras el outra encoyíase detrás d'ella, mirando pral monte asustada.

Vamos camín da Balseira dos Madeireiros, peró tá fendose noite y pensamos qu'igual neste valle había algún caseirío unde nos deixasen anoitar —esplicóu sin entrar en muitos detayes.

¿Cóntos dice que son?

Nun lo dixen inda: catorce. —Miróula sorprendida a muyer—: Peró nun necesitamos máis qu'un sito pra durmir y saberemos agradecello —aballóuse a aclarar Darna por se parecía abusar del hospitalidá pedilla pra tantos.

Pensóulo un momento a muyer, volvendo a midilla coa mirada, y anuncióu al fin:

Nosoutras vamos xa de recoyida. Poden acompañarnos y condo cheguemos ben veremos se poden quedar ou non. —Déuye un codazo al outra pra que se separase d'ella y agachóuse coyer el barcal.

Xipróu Darna pr'hacia el monte y foron asomando el resto dos viaxeiros, tamén desmontaos:

Se queren, podemos llevaryes os barcales nas monturas —ofrecéu Darna.

Deixaron as muyeres nel tarrén el barcal que taban erguendo pra poñello na cabeza á que falara y guardaron outra vez nel bolso as corras da cabeza:

¿Y acertarán a asentallos, nun vaya cayer a roupa llimpa? —perguntóu con medo el outra.

Inda con máis medo víu como a súa compañeira nun tía reparo en montar ás muyeregas detrás d'úa das muyeres qu'iban nel peteiro de viaxeiros pra nun ter qu'ir andando hasta el caseirío y a ella nun ye quedaba outra que fer igual se nun quiría fer el camín sola.

A caballo y sin cargar cos barcales axina chegaron á veiga unde úa casúa destacaba por riba d'úa ducia de bodegos y alpendes que, según viron al ir chegando xunto a ellos, eran casías, cortes y cabanóis, ademáis d'un cabazo, úa paneira y un forno. Xa enfilaban el camín que cruzaba a corrada condo saliron das cortes media ducia de paisanos con palas de dentes cortaryes el paso y nun las baxaron hasta que distinguiron á llavandeira máis falangueira desmontando pra indicaryes únde podían deixar os barcales:

Y vosoutros, vide axudar y mandái a daquén avisar al ama que hai visita —dispuxo sin esperar que naide perguntase quén era toda aquella xente que trían con ellas.

Nun tardaron muito en ver asomar nel corredor da casa grande á que debía ser el ama d'aquel caseirío: úa pasiana de bon tamaño, toda vistida de mouro, desde el pano da cabeza hasta el mandil que se vía entre os barrotes da baranda:

¿Qué se yes ofrece? —perguntóu con voz forte.

Adelantóuse Darna, escoltada polla llavandeira:

Vamos de paso y buscamos sito pra pasar a noite.

Llevade os caballos á corte —mandóu a os homes qu'inda remoloniaban polla corrada—. Y a ellos que se llaven algo y s'adecenten antias d'entrar na casa —indicóuye á muyer da casa—: Xa veremos cómo nos amañamos pra daryes cía y cama.

Sin que naide máis falase, vendo cómo repartían allí os llabores, fóronse os homes cos caballos y quedaron as muyeres coas llavandeiras que las llevaron a ún dos alpendes unde había un pozo con un bañal.

Vei buscar xabón y corras —mandóu a falangueira al outra, que foi y volvéu pol aire con dúas nenas cargadas col que ye mandaran trer.— Eu soi Marcia y esta é Cora. Llevo a casa y os asuntos das criadas y vou llavarporque me presta salir da cocía de condo en vez y así traigo a roupa al meu gusto, qu'el del ama, y aforro el llabor de ter que repasar el que fain estas y el tempo de volver al río, que seguro que ben nun iba vir.

Despós d'aquella esplicación, presentóu Darna ás suas compañeiras y agradecéu as atencióis. Axina chegaron os homes y deixáronyes el sito pra que tamén ellos quitasen a cotra del camín. Lleváronlos despós á casúa unde xa los taba esperando na sala el ama, sentada núa silla alta y con Marcia dereta al pe.

Volvéu adelantarse Darna presentarse y presentar al resto dos viaxeiros, agradecendo el hospitalidá d'aquella casa, sin dar muitas esplicacióis.

Xa tán dispoñendo a cía —anuncióu a señora—: Tú, Darna, y outros dous qu'escoyas vais ciar comigo. El resto ciará cos obreiros na sala de baxo.

Volvéuse a llaria a os compañeiros, chamando a Brado y a Tana, y saliron despós os outros con Cora, que quedara xunto a porta.

Mentras esperamos, vamos sentarnos y contáisme qué viaxe é ese que lleváis.

Aquella parecéu ser a señal pra qu'entrasen us criaos úa mesa y úas sillas que colocaron delante da silla da señora y detrás d'ellos outras criadas que dispuxeron a mesa pra ciar. Esperóu Darna a contestarye a qu'acabasen y sentrase:

Vamos visitar a us parentes, por dicir, que foron vivir llonxe y llevamos tempo sin saber d'ellos.

¿Y quédavos muito qu'andar? —quixo saber, mentras volvían entrar as criadas trendo bebidas y bandexas.

Máis del que llevamos andao. Peró, como cambiamos a ruta que trouxeran ellos, tampouco sabemos mui ben cónto. Agora queremos chegar á Balseira dos Madeireiros.

Llimpóu a boca a muyer, bebéu un papao de vino y volvéu llimparse y al fin dixo:

En dous días a bon paso chegades. —Entraron llevar as bandexas valleiras y trer outras chías—. Tedes que siguir este río y pasar outra veiga hasta chegar al río da Balseira; antias da noite, río abaxo, encontraredes el paso.

¿Sabe se hai unde fer noite pol camín? —perguntóu Tana.

Hai —respondéu el ama—: y llevaredes carta pra que vos reciban como é debido.

Como parecía que ningún iba atreverse a perguntarye porqué dicía eso, esplicóu:

Na veiga de baxo vive meu ermao y a él vou encomendarvos. D'allí vin eu casar aquí, que pouco me duróu el matrimonio y chámanme a Moura porque despós de morrer el meu home nun quitéi el lluto pra que naide esqueiza que soi el ama.

Houbo outro cambio de bandexas y naide falóu hasta qu'el ama perguntóu:

Y despós da Balseira ¿quédavos muito qu'andar?

Siguido a ruta que tremos trazada quedaránnos vinte días de viaxe.

Pos é verdá que vais llonxe. ¿Y decides que tedes parentes alló? Supoño que daquén buscando el que nun tía na casa.

Sito era el que faltaba nel noso valle y houbo úa xente qu'emigró buscar outro valle unde vivir —esplicóu Darna.

Pensóu un bocadín a Moura, como yes dixera que la chamaban, y acabóu por dicir:

¿Y tan llonxe tuveron qu'ir pra encontrar sito? Por estos llares tamén pasaba: tanto se repartían as terras entre os heredeiros que xa nun chegaban pra vivir d'ellas naide y os máis argutes iban marchando buscar unde ganar el pan, peró nunca soupen de familias enteiras que se fosen. Agora hereda el patrucio y os outros buscan casar fora ou daquén pra quen trabayar.

Foi unde poderon ferse con terras conforme as que tían nel valle.

¿Y sabes se siguen vivindo alló? —quixo saber máis.

Siguen, si —respondéu agora Brado y as dúas muyeres miraron pra él sorprendidas polla decisión coa que dicía tal cousa. Al percatarse, fíxoyes úa seña pra que nun yo discutisen—. Chegáronnos novas un pouco ruías y por eso vamos alló por ver se podemos axudar.

Xa dicía eu que pra ir na máis de visita íbades abondos.

Como se aquello fose todo el que quixese saber del viaxe, erguéuse el ama y con ella os outros:

Tedes sito pra durmir nas salas del piso alto. Eu vou retirarme, prepararvos a carta pral meu ermao y deitarme. Vosoutros podedes baxar ver a os vosos compañeiros y xa vos dirán cómo chegar ás salas condo querades deitarvos. Búas noites. Ah, por certo: chámomen Flora, qu'inda nun vos lo dixera. Hasta mañá.

Respondéronye á despedida y según salía por úa porta entraron por outra os criaos quitar a mesa. Visto que nada tían que fer allí, baxaron ver únde taban el resto dos viaxeiros.

Encontráronlos nún comedor pegao á cocía en tertulia coa xente da casa, qu'axina yes fixo sito na mesa pra que se sumaran á charla. Coyéu Darna al Mandao del brazo antias que fose sentarse:

Tú y eu vamos buscar un sito pra falar solos.

Saliron al pasillo del entrada, unde deixaran os bultos que trían y coyeron as zamarras pra salir. Outra noite máis taba xelando y parecía qu'inda fía máis frío qu'as anteriores. Pol ruido y olor deron coa cuadra unde meteran os caballos y arrimáronse á parede pra estirarse un pouco del humedá.

¿Chegaron novas? —perguntóu a llaria baxín peró con brío.

Nun ter noticias é un xeito de tellas ruías, ¿non? —quixo esquivar a sospecha Brado.

Tú sabes algo qu'inda nun cuntache —insistíu Darna.

Coyéu aire el Mandao y apoyóuse na parede pra nun ter que miralla de frente.

jueves, 29 de abril de 2021

As llareiras 5


Na claridá turbia da mañá que parecía nun acabar de ferse día, al nun chegar al valle el brillo claro del sol por detrás dos montes, foron xuntándose os viaxeiros con un peteiro d'acompañantes. Xa taban por montar condo rompéu a falar el mismo paisano qu'el día antes:

¿Qué camín vais coyer?

Baxaremos á costa siguindo el río —respondéu Tana—. Parécenos qu'esa foi a ruta que trouxeron os del Acebro.

Foi, si. Condo iban pral voso valle. Pra volver, indicámosyes nosoutros outro: subindo al monte aforráis tempo y voltas y, llevando provisióis, podedes fer máis camín cortando polla serra. Alpendes pra estiarvos de noite ides encontrar, peró igula nun encontrades muita comida nin a quén comprar.

Consultóu Tana cos compañeiros y al fin decidíu:

¿Pode vir daquén indicarnos a ruta?

Pode, nía, cómo non.

Al momento chegóu un mozo cun caballo del ramal:

Soi Mado. Acompañaréivos a primeira xeira, despós eu llevo outro rumbo, peró xa vos deixaréi nel camín pra chegar en dous ou tres días á Balseira dos Madeireiros.

Adelantóuse Darna agradecer el atención y el axuda, cuidando ben de nun ofrecer ningú pago que puidese considerarse tan, como ye aconseyara a taberneira. Quedaron comprometidos a volver, se acababa en ben el viaxe, prá festa dos varales ou mandar a daquén pra os filandóis:

Tamén era ben saber das feiras y os mercaos que se fain aquí y nel voso valle pra xuntarnos y compartir el que femos —propuxo el home, con ánimo comerciante.

Era búa cousa, si. Peró de todo esto haberá que falar á volta, se chegamos.

Verdá. Agora teder qu'andar pra que vos cunda a xeira. ¡Bon camín y miyor volta!

Montaron os viaxeiros y el guía y saliron d'entre as casas pra coyer a senda que subía al monte, por unde empezaba a asomar el sol, acompañaos pollos vecíos, despedíndolos.

Xa coyían el camín de subida condo salíu correndo d'entre a xente Nise, chamando a voces a Darna:

¡Espera!

Paróu el eugua a llaria pra que chegase xunto a ella a nena, coa caría colorada da carreira y del calor da cama y os oyos inda chíos de sono:

¿Condo volvas vas ensinarnos outros contos pra mazcararnos?

Nun quixo Darna pararse a esplicarye á nena que nun era seguro que volvese y, vendo a caría d'ansia coa qu'esperaba a resposta, agachóuse pr'hacia ella pra dicirye:

Mentras tanto, podes ir tú pensando cómo cuntar d'ese xeito os contos que seguro que sabes.

Pintóuseye a risa na cara á nena col idea y quedóu nel sito despedindo coa mao a os viaxeiros que xa subían monte arriba.

Conforme iban subindo, raliaban cada vez máis os árboles hasta chegar al alto da serra cuberto de toxo raposego y gancella. A falta d'árboles nel altura deixóuyes ver hasta el mar os valles que pasaran y os que tían por delante:

Nun vos fai falta baxar al río. Siguindo el camín pollas brañas altas podedes aforrar hasta úa semá de camín y encontraredes pallozas pra pasar as noites —esplicóu el chaval de Ferreiros—: Esta primeira durmiremos nel caseirío del Paso y xa mañá, antias de separarme de vosoutros, daréivos indicacióis pra que vayades encontrando estíos de brao pra que nun teñades que pasar ningúa noite al raso.

Sin árbol nin sombra ningúa unde descansar, fixeron corta a parada pra xantar y siguiron camín pra chegar con día al Paso, un caseirío al pe d'úa fonte en mitá d'aquellas brañas peladas. Era sito de paso y parada obligada pra os tratantes que viaxaban por aquellos altos y todo el ano tía xente chegando e índose, así que nun tuveron os viaxeiros problema de sito nin d'abastos.

Antias de chegar al pe da casa, xa saliran tres nenos recibillos pra indicaryes únde llevar os caballos pra que bebesen despós da marcha del día y ferse cargo d'ellos pra llevallos á corte y despachallos. Foron con Mado hasta el entrada da casa, unde úa porta doble daba paso a un pasillos ancho cúas escaleiras de pedra a un llao y úa sala enorme al outro.

Nel esquina del mostrador máis cerca da porta, un paisano de bon tamaño saludóu al de Ferreiros:

Ben vido, Mado. Y tamén a compaña.

Búas, Salus. ¿Hai sito?

Hai, ho, y se non, faise. ¿Cuadra, cía y cama?

A poder ser —respondéu el mozo, esperando qu'el amo abrira camín escaleiras arriba delante d'ellos.

Con abondo agayo pral sou corpo, subíu as escaleiras, sin deixar d'esplicaryes as normas y usos d'aquella pousada.

Esas tres camas del fondo tan ocupadas, el resto podedes usallas. —Callóu de golpe, volvéndose mirar al peteiro que lo siguía—: Se as muyeres tein reparos, cólganse máis separadores entre as camas. —Señalóu ús enganches nas vigas y un montón de telas apiladas núas baldas al pe del entrada—. Mandaréi a daquén vir poñer as que ye digan.

As camas acotadas tían un especie de cortina separándolas del resto y dúas del outra. Miráronse os viaxeiros antias de que Darna respondese al fin:

Cúa separación chegará: a un llao os homes y al outro nosoutras.

Cabecióu Salus, aprobando el idea, y foise escaleiras abaxo chamando a daquén que nun tardóu muito en cruzarse con él y chegar á sala das camas. Era úa muyer froxa y espigada que saludóu con gracia y botóu mao a un feixe de cortinas y a úa vara llarga cúa punta nun estremo:

¿Xa decidistes as separacióis que queredes? —perguntóu sin falarye a naide en concreto.

Na máis dous grupos: ún pra os homes y otros pra nosoutras —respondéu Darna, indicando as camas qu'iban ocupar, seguidas ás que xa taban separadas.

Menos llabor así.

Despóis de repartir pollas camas as cortinas, estendéu ua y coyéu a vara pra empezar a colgallas. Axina viron os viaxeiros el sistema que tía pra separar úas camas d'outras, colgando as telas das puntas qu'había na madera del techo pollas presiyas que tían.

¿Nun ten máis varas? —perguntóu Darna, condo xa algús botaran mao das cortinas pra ir estendéndolas y outros iban téndoye polla que taba colgando.

Hai outras dúas xunto a porta, peró nun tein porqué axudar.

Xa, peró tampouco temos outra cousa que fer —respondéu Tusgo, féndose cúa das varas, mentras Xilma coyía outra.

Nun amén xa tían todo feito y baxaron acomodarse na sala de baxo, unde encontraron a os outros tres viaxeiros: os que parecían un padre y un fiyo y un mozo sentao á mesa máis apartada das outras. Saludaron según iban entrando, peró el mozo nin alzóu a vista del prato que tía delante, como se nun los sentise, y foron acomodándose nas mesas que yes prepararan. A ús máis qu'a outros, chocóuyes qu'el chaval nun respondese, peró na máis Darna y Malio quedaron taliándolo a ver se era xordo ou taba féndose.

Nun tuveron qu'esperar muito pra vello fer un saludo disimulao y tampouco volverse mirar a quén yo fía. Deixóu Malio pasar un momento antias de buscar alredor se daquén máis apercibira el detaye pra encontrar a Darna mirándolo con cara d'entender: al pe d'ella taba el de Ferreiros y víralo contestarye al outro tamén disimulando. Ella taba en mal sito pr'avisar a naide máis, peró Malio foi pasando el aviso a os da súa mesa. Pode qu'aquello nun fose nada, peró algo raro había entre aquellos dous pra nun querer qu'ellos soubesen que'eran, a lo menos, conocidos.

Al acabar de ciar, foron erguéndose y cambiando de sito os viaxeiros. Subiron ús, os máis cansaos del víspora y del camín, á sala das camas; outros xuntáronse a falar un pouco, parecéndoyes qu'inda era cedo demás pra ir xa deitarse. Malio erguéuse del sou sito y foi acodarse al mostrador, unde el taberneiro secaba y colocaba nel sou sito os cacharros qu'úa rapacía ye apurría llavaos.

¿Tendrá por ei un dixestivo?

Tendréi. Déixeme acabar este llabor y convídolo a un que faigo eu. ¿Nun quererá naide máis?

Nun parece que teñan interés.

Sacóu el home un par de vasíos y úa boteya y chamóu a Malio a úa mesa:

Vou sentarme, que xa vei sendo hora... —Enchéu os vasos y brindóu col sou antias d'apurallo d'un papao—. ¿Qué millagro tanto viaxeiro xunto por estos altos? —perguntóu sin máis voltas.

Vamos de visita, por dicir así, y recomendáronnos vir por aquí, miyor que baxar á costa.

Miróulo de medio llao antias de perguntar outra vez:

¿Vein de Ferreiros?

Ei foi unde pasamos a noite. Y d'allí ven Mado y agora tá trazándonos a ruta que temos que siguir pra chegar á Balseira.

Garróu el outro a boteya pra volver encher os vasos, féndoye apurar el que ye quedaba, peró esta vez nun acabóu el sou d'úa vez:

Si, ese Mado conoce ben estas rutas.

Cabecióu Malio, esperando que siguise falando. Al ver qu'el taberneiro callaba, comentóu:

Eso parece. Ofrecéuse trernos hasta aquí y marcarnos despós a ruta, así que debe conocella ben.

Conoce, ho —asentíu, dándoye un papao al vaso antias de siguir—: Desde neno anda d'un llao pra outro tratando en todo conto se poda comprar ou vender. Parece que nun ye gusta demasiao a ferreiría y dáseye ben comerciar.

Pos nun parece que lleve mercancía ningúa... —dixo Malio, case pra él, peró esperando ver se ye cuntaba algo máis del sou guía.

Llevará mostras de clavazón pr'axustar cos compradores, qu'eso nun abulta muito, pra nun cargar con todo agora —supuxo el paisano.

Nun encontrata el viaxeiro ocasión de perguntarye pol outro mozo y da relación que podían ter, condo pasóu aquel al pe da mesa:

¿Cóbrame el que debo? Vou irme cedo y nun quero andar esperando por naide pra pagar.

Erguéuse el taberneiro cobrarye y foise sin despedirse siquera.

Este tamén é bon —comentóu al volver á mesa—: Inda nun sei a qué anda, peró cada tanto pasa por aquí, tá ús días hasta qu'aparece Mado ou outro tratante y veise sin cruzar úa palabra con naide.

¿Y nunca ye perguntóu? —estrañóuse Malio.

Nun da ocasión. Y, mentras pague y cumpla as mías normas, nun teño qué dicirye. —Acabóu el vaso y erguéuse—. Vou ver se cío eu tamén. ¿Déixoye a boteya?

Non, gracias. Xa toméi abondo, que mañá temos que siguir camín. Que ye aproveite y hasta mañá. —Apuróu tamén el sou vaso y erguéuse camín das escaleiras, mentras el taberneiro chamaba, pedindo a cía.

Al erguerse tamén os que taban con Mado, salíu un mozo recoyer el que quedaba na mesa y quedóuse falando con él. Foron subindo todos, mentras Malio remoloniaba, esperando pra ver qué fía el tratante, hasta que volvéu baxar Lerca, toda azamarrada:

El outro tá enriba, ou, a lo menos, ten as cortinas da cama zarradas y, se nun lo viche pasar, deber tar allí, qu'antias quedaran todas abertas. Eu vou ver como tán os caballos.

Espera, nía. —Baxaba tamén azamarrao Nesdar—: Vou contigo, qu'acabaremos máis axina. Nun debe tar a noite pr'andar muito por fora.

Pasóy a sou llao Mado, camín da cama:

¿Nun vos deitades inda? —perguntóu, estrañao de vellos allí falando y a dous tan abrigaos.

Eu si —respondéu Malio, empezando a subir as escaleiras.

Nosoutros vamos ver ás bestias.

Ah, igual tía qu'ir eu tamén. —Paróuse, dudando.

Xa che miramos nosoutros tamén a túa, se ques —ofrecéuse el outro mozo.

Nestas taban condo chegóu xunto a ellos el taberneiro:

¿Pos van salir agora? Iba trancar a porta.

Vamos revisar os caballos pra nun ter mañá ningúa sorpresa, qu'inda nos queda muito camín y nun llevamos de refresco.

Esperen que yes apurro úa lluz. Qu'a noite tá clara, peró miyor nun confiarse.

Aproveitóu el espera polla lluz Mado pra ir él tamén azamarrarse y salir con ellos.

Na máis salir na porta, a xelada qu'anunciaba a claridá da noite botouyes enriba un frío que se yes colóu entre a roupa hasta quitaryes el alento, salindo blanco das nocas medio abertas. Botaron a andar con brío camín da corte unde dúas ducias de caballos dábanse calor ús a outros. Coa lluz escasa del candil y a claridá qu'entraba pollos ventanos da corte, foron revisando Nesdar y Lerca os animales del valle, mentras Mado inda buscaba entre os outros el sou-

¿Nun encontras el tou? —perguntóu Lerca, erguendo el candil pr'allumarye—: Paréceme qu'é ese del fondo, al pe de Corvo.

Parece. —Arrimóuse a él, pasándoye a mao pol anca pra resiguirye a marca—: É, si. ¿Y vosoutros conocéislos sin marca?

Conocemos y conócennos —respondéu Nesdar, rascando entre os oyos al sou, que resoplaba suavín.

¿Y nun vos los llevan?

¿Quén? Se salen del valle, ou van vendidos ou van con nosoutros —esplicóu Lerca—. Y se van vendidos, xa s'encarga el que los compra de marcallos. Nosoutros ben los distinguimos sin marca ningúa.

Déu Mado por revisada a súa bestia y quedóuse mirando cómo os outros dous trataban a cada caballo. Os nenos que los recoyeran cepilláranlos a concencia, que brillaba el pelo hasta con tan pouca lluz como tían y taban servidos de grao y herba, así qu'ellos mirábanyes as patas y que nun tuvesen mataduras das cinchas nin del resto del apareyo.

Condo saliron da corte, inda fía máis frío y un gaxo de llúa brillaba blanco nel azul da noite xelada.