miércoles, 22 de abril de 2020

Augua mansa 8.


VOLVÉU PEDRO de fer os recaos na villa muito máis axina del qu’acostumbraba y nun tardaron muito en enterarse todos porqué.
Taban Sofía y Virginia cosendo na sala condo entróu Malia chamando á criada pra que deixase aquello y fose empezar a preparar habitacióis, deixando ben claro qu’a Virginia nin se y’ocurrise erguerse d’allí, que xa taba ben de fer de criada sendo quén era y menos nese momento, qu’iba empezar a chegar xente. Acababa de salir Malia da sala condo s’abrío a porta outra vez y asomóu nel vano a cabeza de Pedro pra darye carta a Virginia; fóronse coa misma os dous criaos, deixando sola á nena coa súa carta.
Inda nun acabara de llella condo sentío pasos xunto a porta; doblóu a carta y metéula entre a roupa a tempo pra que nin don Gregorio nin don Benino ya visen. Sentáronse os dous homes, como xa tían costumbre, nos sillóis a ller a prensa sin fer muito caso d’ella, peró, con esas y todas, nun s’atrevéu a sacar outra vez a carta senon que la escondéu con máis cuidao pra que nun ye callese al erguerse y axina s’allegróu d’habello feito porque nun pasara muito tempo condo entróu outra vez Malia pr’avisar a os inquilinos de qu’inda iban chegar máis nos seguintes días y, de paso, pedirye al cura que se cambiase de cuarto, del doble que compartira col flaire a ún con sito pra úa cama na máis. Erguéuse del sillón don Benino na máis yo dixo y salíu pra cambiar as súas cousas al cuarto novo, deixando na sala al home coa súa prima y a nena; así que, na máis irse el cura, como se xa tuvesen nel acordo, volveron os máis veyos á conversación que deixaran pendiente el víspora al volver del baile. Aguantóu el chaparrón que ye cayéu Virginia sin abrir a boca pra nada, qu’abondo falaban os outros dous tamén por ella, y como nin ún nin outra quirían sintir a súa opinión, tampouco se molestaron en preguntarye, dando por suposto qu’ella nun tía nada que dicir, faltaría máis, dixera don Gregorio; tampouco duróu muito porque, conforme iban falando, foran pasando a outros temas y xa nin s’acordaban de qu’ella taba allí. Erguéuse Virginia y, condo xa iba xunto a porta, volvéuse pra súa tía y despedíose coa disculpa d’ir prepararse pra xanta, que xa iba chegando el hora.
Camín del sou cuarto, pasóu por delante da porta d’ún dos cuartos hasta ese momento vacíos y vío dentro a don Benino, colocando as súas cousas; dudóu antes de petarye na porta pra contarye as últimas novedades qu’acababan de chegarye: a boda d’Antón iba ser por Santiago, así qu’inda iban ter tempo pra conseguir el permiso da tía pra ir. Aproveitando qu’os últimos días tuvera sin salir da casa, xa adelantara muito nel encargo que ye mandara á tía y como nadie llevaba de conta el que fía, puxérase a bordarye un regalo pra Rosía coas telas finas que Malia ye comprara. Nun paróu muito tempo col cura, tendo medo a que ye dese al ama por salir da sala y la piyase allí, xa que parecía que ye molestaba que falase con tanta confianza col curín, igual osmando el opinión que d’ella tía don Benino y as intencióis que guardaba pra nun deixarye salirse coa súa respeto á nena.
Coa nova d’os qu’iban chegar, aproveitóu Malia pra darye a súa sobría un ocupación nova que, según parecía, iba durar el que durasen as paradas dos inquilinos: fer compañía ás señoras nos paseos hasta fonte; peró, pra ir xa féndose al idea y que nun parecese que lo fía por obligación, xa iba empezar ese día, antes que chegasen. Y así, por orden y mando de Malia, despós del café, servido agora na sala, salío a moza col cura y don Gregorio camín da casa de baños coa disculpa de qu’el señor médico Torre recomendara qu’úa moza como ella necesitaba moverse; aproveitóu tamén el cura pra recordarye á tía qu’as obligacióis cos que máis necesitaban nun s’acabaran coa Cuaresma y conseguío así que ye señalase dous días por semana pra ir por as mañás con él fer visitas a os que tuvesen malos nel aldea, col aprobación de don Gregorio por ser obras de xente d’alta.
Como os días xa iban sendo grandes, tía Virginia tempo abondo pra cumplir con aquellas obligacióis de pouco peso e inda pra seguir adelantando as llabores, agradecendo poder pasar máis tempo llonxe da tía, y hasta del tal don Gregorio, que cada punto era máis agoirón con ellas.
A os dous días de chegar os avisos, chegaron os primeiros inquilinos del época de baños, un matrimonio cúa fiya del tempo de Virginia, pouco máis ou menos, qu’ocuparon el cuarto máis grande qu’había na casa, y úa paisana viuda cúa criada, xa todos clientes de tempo da casa. Según tía cavilao Malia, na máis chegar déuse por feito qu’as dúas mocías iban dicir ben y ferse compañía el tempo que pasase allí el outra y os sous padres, a pesar das diferencias qu’asomaron na máis encontrarse a primeira vez, úa todo remilgos y carantoñas y Virginia tal como sempre fora; peró como a tía mandaba, nun tía outra a nena qu’aguantar al outra, hasta condo s’emperróu en ir con ella y col cura al aldea, pra volver fendo ascos y ríndose da probe xente que viran, inda que ben axina ye mandóu callar a madre amenazándola con ferye volver pra qu’aprendese a ser úa señorita como tía que ser. Pasaron así quince días y xa taba tendo medo Malia que quixesen quedarse máis tempo, porque xa outros pedían habitacióis y nun quería deciryes que non, condo anunciaron que s’iban a viuda y a familia da nena, que deu Virginia gracias a Dios, que xa nun tía que seguir aguantándola. Nun pasaran dous días que se foran y xa chegaran os ocupantes de dos tres cuartos vacíos que quedaban na casa entre os que, pr’alegría de Virginia, taban os señores Vázquez que volvían pasar outra temporadía allí, como cada ano por aquel tempo. Reparóu enseguida doña Cecilia nos cambios que fora impoñéndoye Malia á nena y nun tardóu muito en deixar cayer delante d’ella que non todos asentaban núa nena dos sous anos, demasiao formales pra ella, por mui señorita qu’a tía quixese fella; tampouco ye callóu el ama sobre el autoridá que tía pra fer con súa sobría, inda que con toda el educación.
Un día que don Gregorio nun quixo acompañar al resto dos inquilinos tomar as auguas, qu’el conto dos baños nun y’acababa d’asentar a él, home pouco amigo del augua, y eso qu’él nun los tía que tomar, por ter qu’esperar a os que si los tomaban ou quedarse fora sentao, falando y, el qu’era pior pra él, escuitando a os outros, aproveitóu a señora Vázquez pra falar nun aparte col cura, mentras esperaban por outra inquilina, que por gusto pasaba máis tempo qu’ella nos baños. Tía a búa muyer, según ye dixo al cura, úa tristeza mui grande al ver cómo doña Malia ye gobernaba a vida a súa sobría, tendo medo pol que ye guardase pra nena, téndola como la tía enzarrada na casa ou sempre entre veyos ou curas. Nun tuvo muito qu’esplicarye a don Benino a muyer, condo él taba osmando el mismo qu’ella, peró sin poder tampouco fer máis del que taba fendo, porque Malia nun deixaba que naide se metese nel sou, que naquel caso era Virginia y os planes que tía pra ella.
―¿Y pra don Gregorio? perguntóu doña Cecilia, poñéndoye voz a os medo del cura.
Nun fía falta reparar muito pra percatarse de qu’era él quen decidía muitas das cousas qu’a tía ye mandaba ou ye quitaba de fer á nena, nin de qu’iba coyendo cada vez máis deretos sobre ella, cousa que ben se vía na casa peró inda máis as veces qu’iba coas dúas á villa y, como as únicas que podían quitarye de fello eran a tía y a sobría, y ésta nun s’atrevía y aquella nun vía porqué fello, nadie ye dicía nada y el paisano cada vez iba a máis nel gobernar tamén él á nena. Muito ye dolía a don Benino enterarse del que pasaba nos bailes dos domingos, condo la llevaban, que nun eran todos, primeiro por os criaos, peró xa últimamente tamén por Virginia, condo el tal don Gregorio ye quitada de bailar cada vez con máis dos que la iban sacar y que xa desde el primer baile con él delante eran poucos; así, a nena pasaba máis tempo sentada cos veyos que bailando cos del sou tempo, inda que fosen os fiyos dos d’alta da villa. Se xa desde el principio nun y’asentara tanta confianza d’aquel veyo coa nena, cada punto iba a máis a desconfianza del cura respeto ás intencióis da tía y súas.
Empeñóuse doña Cecilia en fer por separar todo el que podese a Virginia d’aquellos qu’ella consideraba malas influencias pra nena, peró el qu’ella podía era pouco y pouco tempo. Con esas y todas, inda consiguío qu’a nena pasase máis tempo fora da casa coa disculpa de que ye fía compañía, llevándola á villa y dar paseos, condo nun iba con don Benino fer as súas visitas al aldea, por nun deixar que fose coa tía nel coche á villa; peró nun puido fer nada porque Virginia se rebelase contra as imposicióis que pouco a pouco iba fendo súas, nin tan sequera que fixese por dar a súa opinión, pra ben ou pra mal, condo se falaba d’ella, tando delante. Sublevábala vella callar y fer el que ye dicían sin nun fer sequera por dicir se quería ou se ye gustaba fello; qu’úa nena obedecese d’aquel xeito nun ye cabía na cabeza y, muito menos, coas manías qu’a tía y’impoñía, peró pouco podía fer a señora Vázquez codo nun salía da nena protestar. Víu un rayín d’esperanza condo s’enteróu dos manexos que se trían os criaos con ella pra darye as cartas que ye chegaban del pueblo sin que Malia s’enterase y condo ye dixo el cura que taba amañando un pouco as cousas pra qu’a nena podese ir á boda del ermao, parecéndoye que se Virginia, inda qu’ás escondidas, fía cousas por nun deixar que la gobernase de todo a tía, inda había esperanza de que nun se deixase llevar por unde ella y aquel outro querían llevalla.
Xa se foran fía ús días os outros inquilinos condo chegóuye a Malia aviso de que vían outros de camín y así lo anuncióu nel comedor, inda que nun dixo quén eran.
Volvían aquel mércoles Virginia y don Benino de fer as visitas al aldea condo divisaron un coche parao delante da casa y dúas figuras baxando d’él; parecéuye á nena que ye sonaban aquellos andares condo Malia abríu a procesión pra dentro da casa y nun ye fixo falta chegar pra reconocer a os dous veyíos que taban parando na casa condo ella chegara. Aproveitando qu’a tía fora atender as súas cousas al cuarto, subíu Virginia saludallos, sorprendendo a doña Cecilia col allegría que mostraba al tellos outra vez allí.
Tríanye os homes úa patulia de llibros pra que s’entretuvese y hasta figurines pra que sacase modelos pra bordar, ademáis de muitas cousas que contar pra entreter os paseos que seguro iba dar con ellos. Aquella misma tarde saliron todos os inquilinos, menos don Gregorio, dar un paseo, llevando con ellos a Virginia, como xa era costumbre, y nun esperaron a tar mui llonxe, mentras a nena iba coyendo flores pra ferye un ramo pral imaxen da Virxen qu’había na capiya del aldea, pra poñerse a tratar el tema que los tía a todos la mar de preocupaos, tamén a os qu’acababan de chegar; encargóuse doña Cecilia de poñellos al día del que se vía na casa pra, entre todos, planiar algo pra cambiar aquello y nun deixar que fosen a máis os abusos que taban féndoye coa vida entre veyos y hasta féndola parecer veya a ella. Y así foi como, entre ús y outros, nun ye deixaban parar na casa máis que pra comer y durmir, qu’hasta condo chovía amañaban algún viaxe á villa pra sacalla d’allí; y todo a pesar das protestas que de condo en ver roñaba non mui alto Malia y un pouco máis don Gregorio, que vía en tanta salida un pelligro pral nome da nena, según dicía na máis ye daban ocasión de fello. Nun sabía ben el home qu’algo de razón podía ter nos sous medos de que taban escorréndoya d’al pe sou, porque, al pouco de ferse diarios os paseos a dalgúas horas, nun faltaban mozos da villa féndose os encontradizos por os camíos, que, a pesar dos intentos de Malia y el sou primo, nun perdían as esperanzas de conquistar á nena, inda sin qu’ella yes fixese muito caso.
Chegóuyes el hora d’irse outra vez a os Vázquez y nun quedaba mui conforme con deixalla allí doña Cecilia, peró, como nun podía fer nada máis, tuvo qu’irse coa promesa dos que quedaban de cuidarye á nena hasta qu’ellos volvesen y d’escribirye sin falta se empioraban as cousas naquella casa del demonio, según la chamaba desque s’enterara das intencióis de Malia, cada vez máis claras pra todos. Xa taban preparaos y coas maletas na porta pra irse condo Malia salío pediryes qu’esperasen un bocadín porqu’iba irse tamén outro viaxeiro y nun puido el matrimonio esperar máis contento condo s’enteraron de qu’el que s’iba era don Gregorio, camín da villa pra despós ir fer as visitas d’obligación al resto da familia qu’inda tía nel aldea da que salira. Se os que s’iban recibiron un allegría al saber que tamén s’iba el home, os que quedaban pensaron qu’iban ter ocasión de cambiar un pouco máis as cousas al nun ter que bregar máis que con Malia pra llograr que Virginia tuvese un pouco máis de llibertá pra fer el que quixese.
Nun tuveron qu’esperar muito pra ver que tamén a tía pensara igual, peró pra os sous intereses y na máis irse aquellos chamóu a súa sobría pra falar con ella. Quería Malia que Virginia fose preparándose pra condo don Gregorio volvese, non máis tarde de quince días, falándoye da conveniencia de ser máis amable con él y chufándolo como partido, pr’acabar deixándoye ben claro que nun iba ser ella quen ye dixese a un señor como aquel que nun era él el miyor home pra úa mocía como ella. Condo a tía acabóu de falar y sin darye tempo a replicar nada, mandóula bordar á sala, que fía muito tempo que tía descuidadas as llabores.
Víronla entrar máis branca qu’a parede e inda yes estrañóu máis que nin los saludase; despós de mirar ús pra os outros, acabóu por deixar el breviario el cura y erguerse pr’arrimarse á moza. Conforme s’achegaba al sito unde ella acostumbraba a coser, vío que nun acababa de coyer el bastidor, sentada coas maos nel collo, hasta parecía que ye templaban según las tía enganchadas por os didos; acabóu de chegar xunto a ella, escuruxándose pra poder verye a cara, mirando pras maos sin pestañiar siquiera. Desde os sillóis, nun alcanzaban a sentir nada os dous paisanos, que chegaron a pensar que taban confesando y xa taban por erguerse y salir da sala condo sentiron al cura chamar a Dios. Volvéronse pra él y víronlo dereto mirando pra fora con cara de poucos amigos; foi na máis un momento, recuperóu axina a tranquilidá que sempre tía y volvéu sentarse con ellos, deixando como taba á nena. Pasóu un pedazo antias de que don Benino yes contase el que ye fixera enfadarse, el que Virginia ye repetira, que y’acababa de decir a tía; condo acabóu de contaryo, volvéu erguerse pra ir outra vez xunto a ella pra convencella de que nun iban ser así as cousas porqu’él iba arreglallas y ben axina.
―Pra Santiago vas tar na túa casa pra ir á boda d’Antón y Rosía, y despós nun vas volver aquí a nada. Y ben sabe Dios que vou cumplir el que che tou dicindo... Peró tú teis que callar y fer el que che manden, el que podas, ¿tamos? ―Asentío a nena sin abrir a boca. Pos, entoncias, nun t’esmolas pol que che dixo túa tía, que nun van ser as cousas como ella las pensa.
Como se a promesa del cura fose xa a solución de todo, recuperóuse Virginia al momento y en todos aquellos días naide soupo d’aquella conversación na sala y hasta Malia pensóu que todo iba miyor del qu’ella contara, conforme Virginia ye fía caso en todo conto ye dicía y obedecíala condo ye mandaba cualquer cousa: que cambiase el pano, os zancos, a saya,..., todo conto se y’ocurría que nun ye gustaba.
Peró os días qu’iban tar sin don Gregorio metido na casa pasaron mui axina y un día a media mañá aparecéu nel camín da casa un coche descuberto con un home de pajiya y traxe claro sentao dentro. Encoyéuseye el corazón a Virginia condo lo víu chegar, peró taba cerca da mao de don Benino que se pousóu con calma nel sou hombro, apandándola un pouco, y, condo tuvo que salir recibillo fora, xa se traquilizara de todo, acordándose da promesa que ye fixera el cura d’amañar as cousas, inda sin saber cómo iba poder fello don Benino, nin cómo iba ella aguantar y obedecer á tía.
Nun ben chegara á porta, encontróuse entre os brazos del home, qu’así ye mostraba el que botara de menos a súa caría, al tempo que la poñía toda colorada y non na máis pol que ye dicía, se non tamén pol que pinchaba a barba sempre de punta que ye medraba al veyo, como pelo de cocho, dixera Sofía con todo el razón; ben sabía Virginia el qu’a tía esperaba que ye respondese, conforme as istrucióis que ye dera na máis irse don Gregorio y tuvo que xuntar voz pra soltar as palabras de recebemento que máis educadas ye pareceron, pensando na máis en soltarse y desaparecer de delante d’aquel demonio. Correron axudalla naquel mal paso os veyos y hasta don Benino, y, coséndolo a perguntas por a familia, el viaxe y todo conto se yes ocurría, llevaron al home casi en aire pra sala, sin deixarye nin volverse pr’as muyeres qu’entraban detrás, mentras a nena aproveitaba pra esconderse nel sou cuarto, col intención de nun salir máis d’él hasta el hora de xantar, y eso porque nun iban deixarye pasar sin comer que, se por ella fose, ben taría allí por nun ver nin al home nin a Malia cento ún días, se podese. Como se hasta el tempo quixese poñerse na súa contra, nun esperóu a de tarde pra empezar a barruzar, condo non a chover, y así tuvo máis de sete días sin deixaryes salir da sala, como nun quixesen ir moyarse.
Con aquel tempo, os días na casa tardaban en pasar anos y na máis as entradas y salidas dos que viran tomar as auguas rompían a monotonía dos criaos na cocía y os señores na sala, xuntos nas comidas y xuntos todo el día porqu'os pedacíos que cada ún pasaba nel sou cuarto eran poucos; el tal don Gregorio, porque dicía que nel sou cuarto nun sabía qué fer, pasaba as horas sentao na sala y entonces Malia mandaba a Virginia pra con él y, pra que nun tuvese que tar atendéndolo, os dous veyos y el cura iban tamén pra sala na máis sentir á nena zarrando a porta del sou cuarto, que xa procuraba fello con ruido pra que la sentisen ben, conforme yo dixera don Benino y planiaran con don Bonifacio y don Másimo.
Os pedacíos qu’a moza podía escapar dalgún xeito buscaba a Sofía pra perguntar se chegara carta del pueblo y enterarse das últimas novedades entre os mozos dos alredores, pra esqueicer un bocadín as súas penas, y foi núa d’estas entrevistas ás escondidas condo s’enteróu que nun era ella el única que recibía cartas de tapao; tamén don Benino mandaba a Pedro ou iba él mismo os días de correo á villa llevar ou buscar cartas, inda que nun sabía a criada con quén se cartiaba con tanto secreto. Nestas taban condo aparecéu Antonia na porta que compartía coa moza:
―Como sepa el ama que tais xuntas... roñóu pol baxo, sentándose na súa cama. Llougo vei osmar algo tanto vir pedirye cousas a Sofía aquí, en vez de tar féndoye el conto al amiricano, como manda ella. Será meterme unde nun me chaman, peró mira, nenía, vei pensando qué vas fer porque nun van siguir as cousas muito tempo igual y eu nun quero mal pra naide, peró menos inda pra úa mocía como tú. ¿Nun poderías amañar de volver úa temporadía pra con tou ermao? Inda que nun sei se xa tará amañando algúa salida don Benino...
―Eso me prometeu...
―Entonces xa sei el misterio de tanto andar como lladróis con cartas pr’acó y pr’alló: cos Vázquez, os Torre... ¡Demonio de xente, tanto escribir!
Acabara a muyer de desamarrar y amarrar un pano, despós de coyer dalgúa das monedas que tía guardadas nél y erguéuse da cama pra irse.
―Anda, sale condo eu nun vaya ser que ye dé por asomar a Malia y te vexa falando con ésta, que xa cho ten ben avisao que nun lo faigas...
Antes d’empezar a subir as escaleiras, volvéuse Virginia y víu á criada dándoye os cuartos a Pedro pra que salise xa casi correndo. Condo chegóu a sentarse na sala pra bordar, inda puido ver al criao coa mula andadora chegando al camín, antes de perderse de visa detrás dos árboles del camín principal; al momento, asomaron os dous matrimonios qu’aquellos días taban parando na casa, de volta da fonte, y suspiróu a moza porque condo taban ellos na sala podía falar con daquén sin ter que tar sentindo a don Gregorio y ás súas ideas sempre búas, por ruías que fosen pra os outros; peró xa ye dixeran a súa tía qu’iban irse el sábado siguinte, así que pouco ye quedaba que disfrutar da súa compaña, y a saber quén chegaría detrás d’ellos. Tardábaye que cumplisen a promesa doña Cecilia y el home de volver axina, que casi ye parecían máis parentes sous qu’a tía, esmoléndose por ella d’aquel xeito; perguntábase a nena qué dirían se soupesen el qu’a tía quería que fixese, se é que nun yo contara xa don Benino nas cartas. Peró, se xa lo sabían, ¿qué fían que nun volveran xa?

No hay comentarios:

Publicar un comentario