miércoles, 25 de septiembre de 2013

As Perpetuas

0.

“Todo chega a tempo al que pode esperar”

F. Rabelau

Nel oscuridá qu’as velas da llámpara nin os cirios del altar chegaban a clariar brillaba, como se tuvera lluz nella, a sabaniya nova. Úa cuarta llarga de puntilla blanca cayía por el frente y os llaos da mesa y condo el cura abrío el sagrario outro chorro de lluz pareceo salir de dentro. El conopeo era da misma tela blanquísima con un bordao de finíos filos d’ouro que se vían brillar de llonxe.

Y aquel día, en cada misa, don Urbano abría inda con más solenidá que outras veces el sagrario y baxaba inda más a cabeza al fer el saludo al Santísimo, sabendo ben cómo se vía eso desd’unde taba a xente.

Aquel cura sempre fora muy curioso pa roupa y el resto das cousas de misar. Gustábaye teyas llimpas y conto miyores podese. Y que se visen:

- A xente, pa que teña respeto ás cousas, ten que vellas de llonxe y saber que nun pode tocallas calquera. Y conto más y’entran pollos oyos, más las respetan – comentaba na tertulia da sacristía.

Condo, dez anos, antes chegara a aquella parroquia y ye puxeran delante a roupa que tía el iglesia, pensóu chorar al vella. En tempos pode que fose abondo búa y non muy fea, pro condo él chegóu parecían telas d’araña, según taban d’usadas, inda qu’as muyeres que la llavaban tuvesen ben orgullosas d’ella. Por esas muyeres soubo porqué taba a roupa tan gastadía y nun había ningúa nova.

- Habella, haila, don Urbano –contestáronye. – Pro e qu’a señora nun quer que s’use.

- ¿Qué “señora” é esa que tanto manda nel que nun é d’ella? ¡Porque nun creo que teis falando da nosa señora a Santa Virxen…!

- ¡Non, ho! É a señora, doña Carmen, a del palacio… É que sempre foron as amas d’esa casa as que llevaron conta das roupas del iglesia, pero como ahora doña Carmen nun pode, llavámosla nosoutras, inda qu’ella siga mirando a que s’usa y condo…

- Xa iréi fala eo con ella.

Aquella misma tarde foi don Urbano tomar el chocolate al palacio y aprovechóu a visita pa tratar el asunto da roupa del iglesia. Ben sabía doña Carmen cómo taba a roupa, gastadía y acabada.

- Pro ¿qué quer? ¿Qué poña a que traen esas condanadas, qu’a saber cómo viven y na más dan por ferse ver?

- Ay, fiya, esqueices que na más Dios pode escoyer quen lo sirva. Además, ¿nun é un obra de caridad acetar esos frutos del sacrificio? ¡Igual hasta son penitencias pollos sous pecaos! Y os llabores que yes costan tamén son úa penitencia…

 - Nunca lo vira d’ese xeito. Don Crescencio sempre dicía qu’as cousas del Iglesia eran santas y nun podía andar con ellas cualquera…

- Eso é verdá, pro nun ten que ver col qu’a xente regala…

Con estas y outras razóis pol estilo quedóu convencida doña Carmen de que tía qu’ir sacando roupa nova, inda que fose a costa de repitir a quen quixese oilla qu’aquellas cousas novas eran remendos que quirían tapar os pecaos de quen las donara, que se por ella fose, poñíanse col nome ben clarín, pro que xa se sabía qu’el secreto de confesión nun se podía romper.

Prefirío nun responder don Urbano y estrenar roupa, qu’arriesgar un enfado d’aquella doña, que parecía gobernar toda a súa feligresía.

Pro inda nun taban as cousas al gusto del cura, porqu’a pouco d’empezar a sacar roupa nova, deóse conta de qu’había santos desgraciaos naquella iglesia que por nun ter nin tían quén yes puxese un ramo delante nin ye sacase brillo a cruz, sequera pa festa del pueblo. Así encontróuse con un montón de sabaniyas, y hasta mantos, pr’algús santos y os sous altares y outros que tían ún y todo acabao.

Dalgús inda tían fácil amaño, que con poñer as sabaniyas d’outros chegaba, pro os dous das capillías de xunt’a porta, más pequenos qu’el resto y a cual más probe, nun tían amaño posible como nun fose fellas novas pa ellos. Inda tía outro problema el bon del cura cua roupa  y era que, botadas as cabezas a pensar cousas novas pa bordar, case cayían na herexía. El Cordeiro divino xa era cabrito, por nun dicir outra cousa pior, ou toro, que tamén podía parecello. San José xa nun tía el cayao florido, senon un xardín; el arcángel San Miguel más parecía demonio, con cornos y todo, nun paño d’altar.

Vendo todo eso, volveo don Urbano a tomar contas nel asunto y empezóu por enterarse quén bordaba tales cousas y d’únde poderan sacallas. Algúa había que la fixera quen la donara; pro a mayoría eran encargos á xente que se dedicaba a eso ou tía vagar y gusto pa fello.

- ¿Y nun hay naide que borde pa fora en toda a parroquia?

- Hay, ho. As de Perpetua.

En siguida ye sacaron ús corporales y úa sabaniya del altar mayor, inda por estrenar, que ye daban cen voltas a toda el outra roupa, inda con ser género y filo corrente.

- Esto ofrecéulo a madre, Perpetua, condo naceo con ben a nena pequena. Y as fiyas inda trabayan miyor qu’ella. Y a bon precio, que nun cobran por el que fain senon pol tempo que yes lleva…

Botóu contas el cura y determinóu ir falar con ellas. Se as cousas iban como él quería, d’allí pr’adelante as donacióis iban feryas según según él dixese. A xente qu’ofrecese, que xa feiría él el que miyor ye parecese coas ofrendas a os santos. Pol momento, nel homilía del domingo seguinte, botando mao d’aquello de “Repartíase a cada ún según a necesidá que tuvese”, avisóu qu’eso mismo iba fer él coas donacióis que quixesen ferse al iglesia. El que quixese regalar algo tía que falar primeiro con él pa dicidir qué iba ser el que regalase, según a necesidá qu’houbese.

Foi despós, aquella misma tarde, ver ás nenas da Perpetua, xa cun encargo na mente: dúas sabaniyas ben guapas pa os probes San Xorxe y Santo Domingo, que xa convencería a doña Carmen que las pagase.