jueves, 3 de junio de 2021

As llareiras 7


Fai un ano chegóu un barquín al Islla con un peteiro de acebreiros: dous veyos y úa patulia de mocíos, algús demasiao nenos pra ir nun viaxe de vida, peró cumplindo el que nun houbese ermaos. Axina soupemos qu'eran un de cada familia del Acebro y entoncias parecénnos poucos prá xente qu'eran; esplicaron al Conseyo del Islla que na máis eran esas as que guardaban as tradicióis del Valles y nun s'atreveran a invitar al viaxe a os vecíos que compartían llar cos osos.

¿Osos?— interrumpíolo Darna.

Un grupo de xente á qu'acoyeron y el motivo pol que naide volvéu al valle nas dúas últimas vidas. Contaron os que chegaron al Islla qu'el qu'empezara sento hospitalidá y favor a os que chegaran buscando un sito pra vivir, como fixeran ellos nun fía muito tempo, volvérase carga y deber qu'aquellos que se chamaban a ellos mismos osos nun iban deixaryes negar nin poñían intención de compartir. Chegaron al final del brao, condo xa taban guardadas as coyeitas y preparadas as terra pral inverno, y condo yes ofreceron axudaryes a preparar outras pra ellos acabaron fendo todo el trabayo al ver a pouca disposición que poñían. Chegara despós el inverno y axina deixaron de pedir sequera permiso pra coyer el que yes fía falta y máis del que podía corresponderyes a cambio de, según ellos, guardar el aldea de nun se sabía qué pelligros, el que foi poñer á raposa a guardar os pitos, peró tarde se apercibiron os nosos del camín que tomaran as cousas con aquellos vecíos. Vían, según dixeron, d'úas terras probes del outro llao dos montes unde a pouca comida y el mal tempo acabara con muitos dos sous, chegando ás terras del Acebro na máis un peteiro d'homes con úas poucas muyeres y úa ducia de nenos. Trían con ellos us caballos recios y algo de gao azacaniao del camín, ademáis d'un feixe de casi mordedores, cos qu'os del llar axina aprenderon a marcar as distancias, qu'os osos gustaban en azuzar en peleas sin máis sentido qu'el ver cuál aguantaba máis mordiscos sin rendirse ou morrer, qu'el fin vía a ser igual porque sempre mataban al que perdía. Y pollos casi acabaron de veryes as zunas a aquella xente condo quixeron feryes igual a os del llar. Ben sabes qu'a nosa xente nun somos pendencieiros, peró aquello xa nun quixeron consentillo y chamaron a capítulo a os que fían de xefes; d'aquella reunión sacaron en claro que se querían vivir en paz iban ter que fer por nun cedes nin medio pelo en nada que yes importase, por pouco que fose, separándose todo el que podesen d'aquella xente qu'acoyeran entre as súas paredes. Y empezaron por partir en dúas el aldea, deixándoyes as casa d'un llao a os osos pra vivir todos xuntos os del Acebro y separaos d'ellos; puxeron precio a todo conto yes dabas, descontando el que, con trabayo, acordaran que merecían polla súa proteción, y mantuvéronlos apartaos das súas costumbres y celebracióis. Mal que ben, volveron fer a vida como antias que chegaran os osos.

Callóu un bocadín el Mandao, dando us pasos al llargo da parede pra escorrer el relente que ye axelaba el corpo. Volvéu parar delante de Darna y siguíu:

El acordo foi manténdose, peró, nos últimos tempos, a situación foi féndose cada punto máis ruía de llevar pra os del Acebro. El llar perde fruxe, en xente y en ánimo, como un árbol al qu'afoga el hedra. A proteció dos osos nun yes deixa moverse al sou aire y son muitas as mozas que, de grado ou por forza, acaban nas casas dos vecíos y poucas poden siguir as costumbres del llar. Tamén a os mozos queren tentallos coa vida que llevan, querendo obligallos desde pequenos a peliar coas súas artes, esqueicendo as nosas. Todo esto vei minando a os nosos, cansao xa de resistir os abusos, y por eso dicidiron erguer outra vez as pedras del llar. Botáronse al mar porque por terra nun daban atopado xeito de salir sin que los estorbasen.

Y, entoncias, ¿a qué vamos nosoutros?

Axudaryes a volver. Mandaron aquel viaxe primeiro como señal de socorro que tíamos que fervos chegar al valle, seguros de que, condo os osos se percatasen de que faltaba xente del llar, iban controlar inda máis a os que quedaban.

¿Y qué podemos fer estos poucos qu'os del llar nun podan fer solos?

Daryes ún disculpa pra xuntarse y úa distración pra que podan irse por unde pensan: hai barcos en camín pra recoyellos, peró necesitan us días pra embarcar y ese tempo vamos daryo nosoutros, ademáis del invitación pra que volvan al valle.

¿Y a condo ibas esperar a cuntarmo?

A condo vise el momento. Todo esto sabíalo Lacui antias da primeira reunión del Conseyo y ella dicidíu que fora eu quen lo cuntara a os viaxeiros condo miyor me parecese. Agora tócache a ti ver cóndo y cómo yo cuntas al resto, se qués que lo saiban.

Dime as razóis que tuvestedes tú y Lacui pra nun contaryo al Conseyo nin a os viaxeiros antias de salir del valle, a ver se sei porqué siguir callándolo ou non.

A porta da casa deixóu escapar úa lluz y viron asomar dous corpos nel vano, trendo un candil con ellos pr'hacia a corte xunto a que taban falando. Axina distinguiron a Lerca y Nesdar que vían falando alto pra que soubesen que chegaban y nun interrumpir úa conversación qu'igual imaxinaban d'outro asunto del que tía.

Como Darna nun fixese por daryes sequera pe pra saludar, quedándose d'espaldas a ellos, esperóu Brado qu'entrasen na cuadra pra separarse da parede y botar a andar pral outra punda da corrada, a unde nun chegaba máis claridá qu'a da noite. Nun tuvo a llaria que repetir a pregunta y condo ye parecéu que xa naide máis iba sentillo, respondéu:

Pensamos que conto menos soubésedes, máis iba chocarvos a situación na que viven y menos iba darvos que disimular as intencióis últimas del viaxe. Tú misma dixiche que non todos son capaces de callar muito tempo nin el que saben nin el que pensan. Y tampouco é que perguntásedes muito qué vamos fer condo cheguemos.

Sin conocer a situación na que tán, pouco íbamos poder planiar nada. Peró, sabendo el que sabes, igual algo si podemos llevar pensado, ¿nun che parece?

Pra eso cho tou cuntando. Peró, igual qu'esperéi hasta hoi pr'avisaste, ben podemos esperar a mañá a dicidir qué y cómo yo dicimos al resto y pensamos qué fer. Xa é abondo tarde y ei van de volta tamén os que foron ver os caballos.

Tamén teis razón. Y xa abondas cábalas feirán porque salimos falar fora.

Al chegar á porta, Lerca y Nesdar pararon mirar se los vían, erguendo el candil pr'allumar alredor y esperaron por ellos pra entrar. Inda encontraron a dalgún coyendo el equipaxe pra ir durmir y a Cora y a un mozo esperando por ellos pra indicaryes únde tían sito preparao pra deitarse.

Subiron sin falar al piso alto da casa y allí indicáronyes varias portas, úas abertas y outras zarradas, según quedase ou non sito. Foron buscando cada ún acomodo, procurando nun despertar a os que xa durmían y xa iba deitarse a llaira condo ye chistóu Tana desde el xargón d'al llao del sou:

¿Contóuche cómo sabe novas del Acebro y nun lo dixo antias?

Contóu —foi a resposta queda de Darna.

Al outro llao d'ella, Lerca, inda preparándose pra deitarse, arrimóuse a ellas:

¿De qué novas falades?

Sentóuse Darna y tiróu por Lerca pra que tamén se sentase, xuntando as cabezas pra nun despertar al resto:

El Mandao conoce un pouco a situación na que tá el llar del Acebro y dicidira con Lacui esperar un momento bon pra cuntárnoslo. Nun é nada que cambie os planes que temos, peró xa mañá falaremos del asunto que agora é hora de durmir.

Tamén noutro cuarto había quen velaba esperando pollos qu'andaban por fora, procurando que quedase sito desocupao xunto a él:

¿Qué tía que tratar a llaria contigo, se pode saberse, pra sacarte fora d'ese xeito?

Antias que respondese Brado, dixo Nesdar:

Ois, Malio, igual eso é muito perguntar —bisbisóu, ríndose.

Xa digo que se pode saberse. Que algo gordo debía ser pr'afalallo como fixo Darna, con lo suavía qu'acostumbra a ser.

Parece que faléi de máis col ama da casa —respondéu Brado, deixando que pensasen el que quixesen pra nun dar esplicacióis que xa nun ye correspondían.

Pos nun sei que pudiche dicirye a esa muyer pra que se molestase tanto —insistíu por ver se ye daba algúa pista del que pasaba.

Miróu Nesdar al Mandao, esperando a ver se contestaba y qué cara ye poñía al sabicheiro.

Xa me riñiron úa vez por falar de máis, así que, se quer, ha contárvoslo ella condo ye pareza.

Por lo menos xa sabemos que nun son asuntos particulares vosos —apuntóu Nesdar, volvendo a rirse quedín.

Erguéuse na cama Malio pra mirar de frente al mozo, que siguía ríndose:

Tás esqueicendo de quén falas, neno, y eso nun dice nada bon de ti —reprendéulo.

Nun será tan grave se naide anda cuntándolo por ei —tercióu Brado—. Vamos durmir qu'axina vei haber qu'erquerse pr'aproveitar el día.

¿Enterástisvos, a lo menos, de se queda muito camín hasta a Balseira?

Dous días y xa temos únde pasar a noite de mañá. Veña, a durmir. —Soplóu a llapa del candil que tía máis cerca deixando el cuarto envolto na lluz gris da llúa xelada.