martes, 1 de diciembre de 2020

As Llareiras 1.

 

Erguéuse a máis veya con un aire que nun s'esperaba que tuvese n'aquel corpo froxo. Estiróu el espiazo, volvendo á llargura que tía de nova; así espurrida pasaba case úa cuarta ás que tía alredor. Alzóu úa mao firme, un pedacín antias engurruñada y temblúa.

Callóu el monte al retumbar a súa voz como xa s'esqueicera que podía sonar a súa gorxa:

Temos que buscalla. —As outras doce muyeres baxaron os oyos al tarrén, sin atreverse a replicar. —Sin os catorce llares nun vamos fer nada, xa lo sabemos. Y llevamos case úa vida esperando por ella. Seis vidas fai que deixaron el valle, peró nunca faltaran a ningún viaxe. Sabemos que condo veron al último deixaran a terra revolta: desaparecía xente y naide quería irse llonxe nin usar ás casas que quedaran balleiras. Peró taban llonxe y nun determinamos acompañallos de volta por se fía falta a nosa axuda. Nun sabemos se chegaron nin qué encontraron, peró siguimos esperando hasta qu'os emigraos pediron razóis pra nun mandar el viaxe da vida que xa acabóu y nin así acabamos d'ìr buscar el llar perdido. ¿Qué esperamos agora? ¿Que tamén sían ellos os que veñan buscalla?

Quebróuseye a voz nun suspiro y cayéu desmadexada nel senteiro de pedra cuberto de yedra, os oyos como ascuas na cara esblancuxada.

Inda pasóu un pedazo antias d'erguerse úa das máis novas:

Eu nun tuven nel encontro da vida pasada y sei el que pasóu pollas memorias da mía villa. Peró sei que, neste tempo, naide quixo ir buscallos... Abandonámoslos. A ellos y a os emigraos. Agora chaman perguntado porqué nun siguen os viaxes. ¿Vamos fer como se nun los sentísemos? Nas memorias tá escrito únde viven, ou vivían, y cómo chegar. Temos que dicidir quén vei y feyo xa.

¡El reprís da mocedá! —sintíuse bisbisar.

Aquel comentario parecéu revivir á veya:

Pra calma de veyos xa tuvemos vida y media —respondéu sin erguerse: —Dispón tú misma el qu'hai que fer, que nosoutras obedecemos —díxoye á nova, poñéndose dereta pra despidir a reunión, pousando a corona de foyas que llevara na cabeza nel fougo que había nel medio del redondel que formaban os senteiros de pedra.

Despós d'ella, foron botando al fougo todas as outras a súa corona, todas de foyas distintas; esperaron un bocadín a qu'as llapas consumisen as canas con que taban feitas antias de botar cada úa un puñao de terra pr'apagar el fougo y seguiron a senda que llevaba fora del monte. As yedras aplastadas dos senteiros xa empezaban a erguerse con rumor de foyas y canías. Na máis as d'ún siguían calladas debaxo del escaso peso de dúas coronas, úa que na máis era xa un texido de carrochos secos y otra de foyas aceradas d'acebro.

Como llevadas por espíritus, as palabras del encontro axina tuveron en todas as conversacióis y, al pouco, peteiros de xente iban arrimándose á plaza, esperando que daquén comunicase a decisión del Conseyo dos Llares. Tían el tempo de doce llúas pra preparar el viaxe dos cento ochenta y dous emigraos, cento noventa y seis tían que ser de tar xente d'os catorce llares, y esta vez el mandao del islla trouxera el encargo de buscar el que fía el númaro catorce pra llevar el grupo entero. Peró era decisión das Llareiras se iban buscallo ou deixaban que fosen os emigraos quen lo buscasen.

Trece días pasaran xa desque chegara el barco al porto del última llareira: un de viaxe río pra riba de llareira a llareira y outro máis condo chegaron á primeira, esperando pol llar que faltaba, inda que sabían que nun iba chegar naide. Xuntáronse as comitivas que representaban a cada llar prá primeira das trece reunióis que iban ter y, despós dos saludos y presentacióis oficiales, tomóu a palabra el Mandao del Islla. Nun foi a súa intervención el consabido chorro de gracias y contos da vida nel Islla:

... ¿De qué vale siguir fendo estos viaxes, que vaya xente a outra terra cruzando el mar, pra que nun se perdan as reices del pueblo y os que tan nel Islla nun esqueizan os ermaos de terra, nin os de terra a os del Islla, se nun sodes capaces de buscar a outros ermaos que tamén se foron llonxe, inda que nun cruzasen el mar? El llar del Acebro enfougóu noutro llugar, llonxe d'este valle nel que nacera, por deixarvos sito ás llareiras que taban medrando máis y necesitaban máis terreno y vosoutros fostes tan agradecidos qu'inda nun vos molestastis en buscallos al ver que nun chegaban al último Viaxe. El Conseyo del Islla decidío que nun iba recibir máis Viaxes se nun iban os cento noventa y seis, catorce de cada llar. Y se nun vais buscallo vosoutros, iremos nosoutros, os emigraos, buscar a os nosos ermaos, esos qu'abandonastis. Porque se nun respetáis os llazos nos Llares da terra, ¿de qué vale respetallos col del mar?

Sentíronse voces replicando que foran ellos os que nun acudiran. Outras falando de viaxes llargos y sin rumbo seguro. Inda outras de llazos á terra, al valle, qu'era unde tían que tar os Llares que participasen nel Viaxe, y qu'irse del valle fora renunciar al Ermandá dos Llares.

Catorce Llares fostes sempre, desque se guarda memoria, y os catorce mandaron xente al Islla. Nunca se falóu de Valle nin de únde vivían os qu'iban. Tampouco importóu nunca subir á llareira primeira pra estos encontros y sempre s'avisóu a os Llares pra que vesen. Fai cinco vidas a Llareira del Salgueiro quedóu arrasada pol río y trasladárase el Llar monte arriba y hasta alló foron chamallos pra que parcipasen nel Viaxe. El Llar del Acebro foise costa arriba y naide intentóu buscallos pr'avisallos del Viaxe. Al último que veron, fora casualidá que chegaran, porque calcularan ellos cóndo tía que ser, y naide s'esmoléu en avisar sequera se chegaron ou quedaran pol camín. ¿Ou nun foi así? —naide falóu, así que siguíu el Mandao: —Xuntai el Conseyo y que dicida. Se nun vais buscalla, vámonos. Volvemos á Llareira da Xungueira y buscarémoslos nosoutros. Espero a vosa resposta.

Nunca un mandao del Islla fora tan duro pedindo compromisos al Conseyo nin amenazando con romper os llazos cos Llares da terra, peró todos sabían que tía razón nas súas acusacióis. Muitas discusióis houbera naquel tempo desd'el último viaxe al que veran os del Llar del Acebro, peró nun se chegara a nayundes y todo quedara en esmolerse, sin que naide fixese por encontrallo y manter os llazos, inda que muitos pensasen qu'eso era el qu'había que fer. Peró fora pasando el tempo sin que naide tomase a dicisión, solos ou col Conseyo.

Úa vez qu'el Conseyo dos Llares tomóu a dicisión d'ir buscar á Llareira del Acebro y comunicóuyo ás delegacióis dos Llares, xa nun había máis voltas que darye, inda que fose con dúas vidas d'atraso. Antias da seguente llúa nova tía que tar disposto el viaxe pra buscar a Llareira y pra eso había qu'escoyer á xente qu'iba ir, preparar provisióis y equipos pral viaxe y, sobre todo, buscar toda el información que tuvesen sobre el sito unde taba asentao el Llar.

Darna, a llaria que dera el último puxón al Conseyo, puxera a andar á xente, repartindo os llabores d'organizar a Búsqueda, como xa ye chamaban al viaxe pra encontrar a Llareira del Acebro. Nun quería que fose un grupo mui grande, peró necesitaban xente con salú y saberes de muitos tipos, cousas que nun se daban sempre xuntos.

Iban siguir a ruta qu'usaran os últimos que veran, hasta unde podesen, porque, como víu na máis consultar os archivos das reunióis del Viaxe aquel, nun taba mui detallada; na máis eran comentarios de cousas chocantes ou das que yes pasaran nel camín: ún chorro, un aldea con outros usos, un paso pelligroso... Sabían por outras informacióis qu'eran terras case sin xente y, se tan llonxe tuveran qu'ir pra encontrar unde vivir, nun debían ser mui búas nin axudar muito al que tuvese de depender d'ellas. Y tían que cruzar montes y ríos pra chegar á Llareira.

Sendo positiva, Darna quería pensar qu'igual foran tan al Este porque quixeran encontrar un sito sequera parecido al Valle del que s'iban. Peró nun podía fiarse d'un idea tan simple, sabendo qu'el Llar viaxaba con nenos y veyos, xente que nacía y xente que morría, y tían que siguir viaxando. Nesas condicióis cualquer sito axeitao podía ser bon pra aposentar y seguro qu'algún había entre el Valle das Llareiras y el del Acebro.

Nun iba saber porqué chegaran tan llonxe hasta que recorrese el mismo camín qu'ellos recorreran buscando unde asentarse, inda que fose siguindo a ruta dos últimos emigraos y non el pellegrinaxe del Llar.

A Búsqueda iba ser algo máis que viaxar hasta a Llareira del Acebro pra invitallos a participar nel Viaxe d'esa vida. Iba buscar tamén motivos qu'esplicasen as ausencias y el silencio das últimas vidas, que tal parecía qu'el Llar quixera esqueicer a os ermaos, inda que tampouco estos fixeran miga por relacionarse col outro.

El edificio unde taban os archivos dos Llares era úa casúa de pedra y pizarra unde cada llar tía úa sala enorme chía de documentos clasificaos por anos y guardao con todo el cuidao, a salvo de queimas, humedades y bichos, por un equipo de xente capaz de moverse entre aquellos caxóis coa seguridá del toupo na toupieira. Había, ademáis, úa sala especial unde se guardaban os rexistros de todas as reunióis de cada ún dos viaxes, desde el primeiro d'un peteiro de xente con ganas de ver mundo qu'encontróu por casualidá un sito unde vivir d'outro xeito y volveron buscar a outros con ganas de cambio pra que fosen con ellos ocupar aquella islla sin xente.

A maciza porta de carbayo forrada con planchas de ferro abríase a un pasiyo pegao á fachada, pintada por dentro con un mapa enorme del Valle das Llareiras y catorce portas na parede de dentro. A primeira das porta era a del Llar da Xungueira y el última, a del fondo del llargo corredor, era a del Texo, na que taba el archivo, el claro da Llareira primeira y a sede del Conseyo dos Llares. Entre úa y el outra, siguindo el mapa da parede, abríanse as portas del resto dos llares según s'encontraban nel valle al remontar el río. A sétima era a del Llar del Acebro, unde taba antias de deixar el sito pra que puidesen medrar máis as llareiras del Castaño y del Salgueiro.

Abríuse a porta sin fer miga de ruido, deixando paso a úas sala chía de filas de estantes entre as qu'asomóu al punto un home:

Acompáñeme aquí. Ei tan os mapas máis detallaos que vei encontrar da ruta hasta a llareira del Acebro y aquí ten as copias. Peró nun van valir de muito: son demasiao simples, apuntes das delegacióis que foron vindo. Vei ter qu'ir al rexistro das Reunióis buscar detalles que cuntasen. Aquí nun hai máis que llistas de nomes y familias.

Salíu Darna coas copias camín da sala das Reunióis qu'ocupaba todo el segundo piso y unde xa la esperaba el encargao coas copias dos relatos que falaban del Llar del Acebro desque deixaran el Valle. Úa vez decidido fer el viaxe, a maquinaria del conseyo puxérase a furrular y nel mismo día Darna tía a súa disposición xente y documentos pra preparar a búsqueda.

Nun ben salira da Casúa da Memoria camín da casa qu'ocupaba col resto da delegración del sou Llar pra poñerse a estudiar os documentos y xuntar todos contos detayes puidese sacar d'ellos pral viaxe, condo ye cortóu el paso el Mandao, interesándose pol llabor que y'encomendaran.

Queremos salir coa llúa nova y nun sabemos inda nada da ruta que temos que fer. Aquí llevo copias de toda el información qu'hai del viaxe del Llar pra preparar el miyor que poda un mapa das terras que vamos ter que cruzar. Condo acabe presentaréilo na reunión. Con permiso...

A llaria esquivóu al home y botóu a andar pr'hacia casa:

Conozo os mapas y dibuxo abondo ben. —Viróuse Darna pra mirallo de frente, esperando que s'esplicase. —Y penso pedir plaza nel viaxe, así qu'igual é búa idea que vaya aféndome á ruta desde el principio.

Se ten interés en ir, naide ye vei quitar, peró será un máis y, como tal, pode empezar por axudar a fer a ruta. Veña comigo. —Nun iba discutir con él se ye parecía ben ou non que quixese ir y, sendo quen era, se quería ir, iba ir. Ademáis, ben iba virye cualquer axuda, inda que case prefería un axudante col que tuvese confianza pra repartir el llabor.

Chegaron á casa del Carbayo, unde xa había úa sala preparada pral trabayo: úa mesa llarga con material pra escribir y úa pizarra grande ocupando el mitá d'úa parede y el outra mitá cuberta de soportes pra colgar planos, as copias que tría Darna. A súa axundanta esperábala, acabando de colocar as cousas como máis cómodo ye parecía qu'iban tellas pra trabayar, y quedóuse mirando pral home que vía coa llaria. Pollos avíos soubo que era el Mandao, peró inda esperóu el saludo formal pra falar.

Este é.... —Darna miróu al home, acordándose nese momento de que nun sabía cómo se chamaba.

Brado.

El Mandao del Islla. Axudaranos a fer os mapas y vei vir na Búsqueda. Ésta é Ricana, a mía axudanta —y sin máis presentacióis, siguíu: —Estas son as copias de todos os documentos qu'hai sobre a ruta del Acebro. Hai algún mapa, peró mui incompleto. Inda así, pode servirnos de guía pra ir enchéndolo cos datos qu'encontremos.

Entre os tres estenderon, primeiro nel pico da mesa y despós nos soportes, pra tellos á vista, os cinco mapas que vían entre os documentos. Condo el Encargao da Sala del Acebro dixera que nun eran mui detallaos, fora mui otimista. Os cinco eran versióis máis ou menos grandes del mismo y a ruta que dibuxaba cruzaba seis ríos y dous pasos de montaña, baxaba á costa tres veces y señalaba cuatro pueblos distintos hasta chegar al valle nel que aposentaran, máis cerca del mar del que taba a Llareira del Acebro del valle.

Encontraron seis ríos antias de chegar al valle novo. ¿Por qué nun pararon n'algún dos valles que cruzaran antias? Nun marcaron barrancos nin outros pueblos... —comentóu Ricana, mirando con curiosidá os mapas.

Hai outros motivos pra nun parar nun sito que nun tein porqué aparecer nos mapas... —respondéu el Mandao.

Empecemos cos documentos. El que tá señalao xa lo temos claro, agora temos que buscar detayes que nos axuden a completar os mapas. —Al son que falaba, Darna iba separando os documentos en dous montóis por cada úa das seis vidas das que tían datos: un prás Reunióis y otros prás memorias da Sala. —Haberá máis novas na primeira vida despós da marcha: era novedá y ben sei que tían muitas cousas que cuntar. Miyor será sentar y empezar a ller —indicóu, dando exemplo.

Cada ún coyéu un pliego del montón das memorias da primeira vida y empezóu a ller.

Esto cunta cómo é el sito unde viven, el valle y el aldea que tan costruindo, inda empezando —comentóu Ricana pasando foyas del documento que coyera.

Y esto a relación dos que chegaron —dixo a modo de resposta Darna, zarrando el sou.

Toma: vei llendo en alto. Ricana, ven apuntando comigo nel mapa... Neste. —Escoyéu el máis grande el Mandao; despós de darye el documento á llaria.

Peró aquello tampouco era a crónica del viaxe, senon un relato da ruta que fixeran y que vía a ser, máis ou menos, el que recoyía el mapa, inda que coa llectura de Darna llograron señalar algún barranco importante y un monte zarrao que cortaba el paso de norte a sur y que yes fixera baxar á costa pra poder cruzar; el seguinte ostáculo qu'encontraran sortiáranlo subindo ás montañas y pouco máis puideron sacar d'aquello.

Úa vez marcaos nel mapa os novos detalles, tuveron úa visión un pouco máis clara del camín que siguira el Llar del Acebro buscando únde vivir. Hasta podían chegar a imaxinar as dificultades que tuveran pra dicidir cuál podía ser el miyor camín pra seguir a búsqueda d'un valle apropiao. Siguiran úa ruta llarga que dicía ben ás claras que nun era fruto d'un plan, senon el resultao del pellegrinaxe sin rumbo fixo: subía montes y volvía baxallos condo a pouca distancia tía qu'haber un paso ou un valle, cruzaban río por sitos difíciles condo, un pouco máis pra baxo ou pr'arriba, tía qu'haber un vado que puidesen pasar sin tanto dolo y despós deixaban el rumbo pral este, pra volver a él, sin razóis aparentes nin pra deixallo nin pra retomallo.

Cayéu a noite sin que yes sirvise todo el trabayo que fixeran pra encontrar úa ruta axeitada prá Búsqueda. Peró valíoyes pra entender un pouco miyor a dura proba que tuvo que supoñer el viaxe pra todo el Llar, fendo por nun esqueicer qu'aquel fora el pellegrinaxe de xente todas as edades y condicióis, porque naide quedara del Llar del Acebro nel Valle, y fora un viaxe sin máis rumbo qu'el este y sin máis meta qu'un sito pra vivir; un sito que tuveron que buscar a cegas, como fixeran a ruta, sabendo condo saliran peró non cóndo iban chegar, nin cóntos, nin cómo.

Saliron da sala deixando el trabayo tal como lo tían pra ir ciar na misma casa. Sentáronse núa mesa apartada del resto y comeron el que yes botaron sin cruzar úa palabra, zarrao cada ún nas súas ideas, rumiando coa comida el qu'acababan d'aprender, pensando se el viaxe qu'iban fer dentro de pouco iba compararse col que fixera el Llar. Por ben que llograsen dibuxar a ruta, iban ter que recorrer el camín. Y tampouco ellos sabían qué iban encontrar al final del viaxe, por qué nun chegara naide del Llar a os últimos encontros. Ningún dos tres s'atrevía a pensar qué puidera pasar pra romper así a tradición, sin avisos, chegando a temer que yes tocase a ellos, a os catorce qu'iban ir na busca del Llar, saber qué fora dos ermaos, dos últimos viaxeiron que veran al encontro dúas vidas antias y del resto del Llar del Acebro.

Vou ir buscar algún documento pra ller y'ir adelantado trabayo pra mañá —anuncióu el Mandao, erguéndose da mesa, dando por acabada a cía.

Tamén eu pensaba fello...






Brillaba a mañá coa lluz sin calor dos día d'inverno condo saliron camín da sede del Conseyo cos mapas y os resúmenes dos documentos.

Paróuse Darna nas escaleiras, saboriando el frío aire del río y el azul llimpo d'un cielo sin nubes, sintindo como se ye descargaban os pulmóis del aire viciao da casa unde pasaran os últimos cuatro días: aire chen del polvo invisible dos papeles, das pizarras, dos carbois y da lleña queimada nas chiminías flotando na sala unde trabayaran, aire chén tamén das historias de frío, medo y pelligros dos viaxes que tuveran llendo, agoiros del qu'iban fer dentro de pouco.

Botóu a andar a llaria, apurando el paso pra coyer á súa axudante y al Mandao, que xa cruzaban a plaza, chegando á casa del Conseyo unde taban esperándolos os outros responsables da Búsqueda pra conocer al fin a ruta qu'iba siguir. Xuntáronse delante da porta taraceada das catorce maderas das llareiras y tomaron alento antias de puxalla y entrar nel claro pasiyo que iba llevallos á sala unde xa los esperaban:

Axina acabastis a tarea. Espero que con bús resultaos... —recibíulos a voz tranquila a llaria máis veya.

Salú, Lacui. Resultaos temos, falta dicidir se son bús ou non... —Entregóuye Darna ún dos mapas: —Llargo é el camín máis corto y nun vei ser seguro hasta que cheguemos a unde nun sabemos cómo van recibirnos.

Miyor iba ser trabayar máis días y completar a ruta, peró xa nun hai máis datos que consultar...

¡Qué el valor dos viaxeiros encha os furaos del mapa! —deseóu Lacui, volvendo el mapa al otra Llaria. —Ei tán os elexidos pral viaxe. Con Brado, el Mandao, iredes catorce. Fede por volver el doble y a llaria del Acebro.

Quedáronse todos sin moverse mentras a veya salía da sala con pasos cansaos y, al tempo, llixeiros, que falaban d'un enerxía escondida mui dentro d'aquel corpo flaco y encoyido. A presencia de Lacui fía sentir qu'algo mui veyo taba alredor d'ella y qu'era esa forza a que la mantía viva y desperta. Era el enerxía da llaria multiplicada pollos anos que vivira y, se cualquer llaria impoñía respeto y forza, Lacui era esa forza viva.

Arrimóuse Ricana á mesa disposta y deixóu nel pico os papeles que llevaba, salindo sin fer ruido polla porta polla qu'entraran. Solos os catorce qu'iban fer a Búsqueda, foron presentándose: Malio, da llareira del Salgueiro, rastreador y encargao dos víveres, Tana, da llareira del Castaño, sabedora de rumbos, Xilma, da llareira da Noceira, Igulme,da del Binteiro, Deurdo, da del Xungueira, Áscer, del Humeiro, Indela, da Bidureira, Lerca, da del Pesqueiro, Nesdar, da del Teixo, Calban, da del Lloureiro, Tusgo, da del Abruñeiro y Beal, da del Avellaneiro; xunto a Darna y el Mandao formaban el grupo qu'iban fer el viaxe. Mui distintos eran os presentes en anos y caracteres y, mirando el grupo, disimulóu un suspiro Darna al tempo que pensaba nas dificultades ás qu'iban ter que fer frente, na máis pra poder fer el camín en paz entre ellos.

Algús dos buscadores xa se conocían y a llaria sabía quén era cada ún y por qué taba entre os escoyidos. Peró tamén ye dixeran que non todos se llevaban ben, inda que prometeran nun chocar mentras durase el viaxe. Y, nel medio d'ellos, el Mandao, aquel Brado que tanto podía ser un axuda como un estorbo tratándose d'un viaxe d'aquel xeito.

Xa desde aquel encontro primeiro, foron xuntándose os buscadores en grupíos y, condo saliron camín das cuadras, reparóu Darna nos dous peteiros qu'empezaba a deixar distancia entre ellos y el grupo máis grande nel qu'iba ella. Tres dos máis novos iban adelantándose y xa falaban entre ellos como se fosen conocidos de toda a vida, inda que, sabíalo ella, acabasen de presentarse; y por detrás os dous máis veyos iban racaniando, sin apurarse miga.

Al chegar xunto a os caballos, xa os máis novos taban comentando os que yes parecían miyores, con máis brío, inda que todas as monturas escoyidas tuvesen as mismas trazas. Esperóu a llaria a que desen chegao Malio y Xilma pra falarye al grupo:

Aquí temos as caballerías. Todos sabemos andar a caballo y nun aproveitar os animales, mentras el viaxe nos deixe, iba ser un desperdicio de tempo. Cada llareira mandóu dúas monturas pra escoyer. Podedes ir mirando y decidindo.

Según acabóu de falar, arrimóuse a úa egua torda de media altura que la saludóu sacudindo as crines y enfocicándola con tento hasta qu'ella empezóu a restregarye el focico coa mao.

¿É túa? —perguntóuye el Mandao desde el pesebre d'enfrente, unde revisaba os cascos d'un caballo mouro máis grande qu'el resto.

É Merba, úa das mías eguas. Y ese é Corvo, tamén da mía llareira. Creu que él xa t'escoyéu. Se non, nun ibas tar ta cerca... —Ríu a villana despós de dous días de preocupacióis y trabayo de máis.

¿Nomes de páxaros pra caballos? —Sorprendéuse Brado. —Si, gústame este Corvo. ¿Poderéi llevallo eu?

Pásalo pr'aquellos pesebres balleiros. Así saberemos que xa tá escoyido por algún buscador. —Coa misma, soltóu ella a Merba y llevóula pra unde dicía.

Cría qu'os del Islla nun montaban máis qu'en botes... —comentóu bullón Tusgo desde outro pesebre.

Entre bromas, foron xuntando nos pesebres apartaos os catorce caballos que necesitaban y volveron á Casa dos Llares.

Conocida a ruta hasta unde podían conocella, revisaos os abastos y todo el que tían que llevar y escoyidos os caballos, deron un repaso rápido ás indicacióis pral día seguinte y separáronse os buscadores pra pasar a noite cada ún pol sou llao, qu'abondas iban ter que pasar xuntos na Búsqueda; y malo se nun eran muitas. Tamén iba ser el última que pasasen cos sous; y núa cama; y debaxo de texao; y despós d'úa cía servida en mesa y con comida feita con tempo; y muitas outras cousas qu'iba botar de falta nel llargo viaxe qu'iban empezar al día seguinte. Ben sabía cada ún dos catorce qu'esa noite nun iba haber sono capaz de durmillos y feryes descansar, peró ningún iba deixar d'intentallo y retiráronse todos axina das cías das casas, inda que muitos dos que iban quedar tuvesen gana de festa a costa da despedida dos buscadores.

Pasóu a noite en blanco pra case todos os catorce y erguéronse coas primeiras lluces del ameicerín. Inda nun era día de todo condo os catorce y un peteirín de xente medio durmida y aterecida polla brisa da mañá taban delante das cuadras.

Bon viaxe y miyor volta, viaxeiros. Volvede todos y trede novas dos ermaos que perdemos. Ide y volvede en paz —as palabras de Lauci resonaban nel silencio del valles, desféndose nel aire frío da mañá col alento da llaria.

Montaron os buscadores y botaron a andar polla senda que tantos anos antias tomara el Llar del Acebro. Os que saliran despedillos quedaron allí hasta qu'el último caballo desaparecéu nel monte entre a bruma y os árboles.

Conforme foi féndose día y el sol d'inverno empezóu a allumar por entre as nubes de cerzo, el grupo foi animándose y volveron a formase os grupíos del víspora pra falar entre ellos. A novedá del viaxe que taban empezando axudaba a esqueicer as preocupacióis que tría con él.

Na primeira xornada nun iban deixar inda el Valle, subindo pra hacia os montes, a ún dos pasos que cruzaban a Serra da Vaqueiriza, por camíos que cruzaban aldeas y eiros, unde a xente paraba de trabayar pra botar ún oyada á comitiva y mandaryes búa búsqueda y feliz volta. Según iban chegando á falda dos montes, abundaban máis os praos y n'ellos víase ganao que miraba pra ellos sin interés ningún. Pararon tomar algo de xanta cerca d'úa vaqueiriza unde ús ganadeiros pasaban el inverno.

Mentras os caballos pacían sin irse mui llonxe, os buscadores espurríanse al sol, embitiyaos da mañá montando, pouco afeitos a mayoría a andar a caballo máis que pra rutas cortas.

Nun empecedes a queixar xa. Veréis condo querades erguervos mañá —ríu Lerca, esperta en caballos y avezada a montar: —Peró condo llevemos tres ou cuatro días xa nun vei dolervos nada... Si me fedes caso, claro: tedes que fervos ún coa montura.

Na cabalgada da mañá fora vendo cómo montaba cada ún pra poder diciryes el que tían que enmendar pra qu'el viaxe nun chegase a férseyes acabador. Xa podera ver qué clas de xinete iba ser cada ún al vellos entre os caballos pra escoyer: a quén, como a ella, prestábaye polla vida montar, quen yes tía medo, quén prefería pasiar y quén galopar, ou quén aprendera a montar por obligación y nunca volvera fello.

Mentras fía memoria dos xeitos de cada xinete y montura iba buscándolos por el grupo esfaragayao alredor da vaqueiriza: nun vía a Malio por nayundes y encontróu a Darna sola nel alto del prao unde pacían os caballos. A llaria del Carbayo disfrutaba montando, os sous caballos conocíanla coa confianza en quen bota muitas horas con ellos y Lerca apreciaba a os que ye tían llei ás caballerías. Botóu a andar pra hacia ella, inda sin ter nada muito qué decirye.

Darna víula achegarse y baxóu escontra súa:

Inda queda muita subida pra chegar al aveiro del paso, peró nun será ben cansar muito ás bestas. Deixarémoslos pacer un pouco máis. Ademáis, Malio inda nun volvéu de tratar cos vaqueiros.

Lerca miróula buscando algúa seña de qu'esperaba sentir súa opinión y Darna ríuse pra ella de medio llao:

Mentras nun cate demasiada lleite fermentada.

Darna volvéu mirar el grupo esfaragayao pol prao:

Nun creu que s'atreva tan axina a mostrar as zunas. Inda nun nos conoce muito y nun sabe qué podemos fer se lo vemos chen.

Ese é el problema con él: é mui difícil vello, inda que té.

Nun sabía qu'era ademáis actor. —Sacudíu a cabeza a llaria, quitándoye importacia al apego á bebida del rastreador: —Axina nun vei encontrar únde abastecerse, por muitos frascos qu'escondese entre os víveres.

Lerca nun ye quitara os oyos del pico a Darna y reconocéu que nun era ese un asunto que parecese esmolella, pero nun tía valor a perguntar.

Vei ser pior ver cómo ye vei condo xa un teña a ración diaria. Si téndola é así de rozmón y malencarao, vei acabar malmetendo todo el grupo —queixóu al fin a llaria.

¡A ver se é ese el pior dos problemas! —pidíu en voz alta el amazona.

Miróula Darna querendo ter esa esperanza, peró ben segura de que nun iba ser así.

Salíu al fin Malio del abrigo pegao á cuadra, seguido de dous homes llevando ús paquetes, y todo el grupo púxose en pé: ús foron a pollos caballos, outros coyeron os paquetes de queixo y el resto ocupóuse en recolocar os equipaxes pra repartir el peso y recoyello todo, mentras Lerca revisaba úa por úa cada montura pra botar a andar outra vez.