SANTOS Y PAYASOS
Nel última noite del
ano nus sitos, el día dos Inocentes n’outros, xuntábanse vecíos, novos y non
tanto, n’algúa casa unde case sempre había mozas solteiras y ganas de risa.
Preparaban dous saquetos, que solían ser gorras dos presentes, cos nomes dos
homes solteiros y viudos nún, y os das muyeres solteiras y viudas nel outro;
iban sacando ún de cada, fendo parexas; envolvíanlos xuntos y despós tirábanlos
por algún dos camíos más concurridos.
Nel llugar del que soi,
antes de fello, preparaban outro saqueto cos santos del iglesia, tantos como
xente fora sacar os payasos, y sacaban ún por cabeza, como se buscasen protección
pr’a trasnada qu’iban fer. Como se fía nel última noite del ano, tiraban os
papelíos camín del iglesia pra qu’a xente los recoyese daque volvía de misa.
Todo esto nun buscaba
más que botar úas risas cos vecíos, inda que sempre había daquén que tomaba a
mal a broma.
Condo chegaron á casa xa se sintían desde fora as voces de
risa cantando villancicos. Tuveron qu’esperar a chamar a que callasen un pouco
pra que sentisen os golpes y salise daquén abriryes, que nin petándoyes na
ventana s’enteraba naide.
- Ben podestes pasar… Mirái a ver se tedes unde colgar as
zamarras, que na cocía xa hay tanta xente que cocemos solos. Y ma nun deixa de
tizar el fougo…
- Toma. Trouxemos úa botellía pra que nun poñáis todo
vosoutros.
- Bo. Nun tiades que trer nada, qu’este ano parece que vos
puxestéis todos d’acordo y vamos ter que fer festa d’aquí a Ramos pr’acabar as
botellas.
Despós del barullo que tían armado fía un bocadín, os da
cocía quedaran callados esperando ver quén chegaba. Inda qu’aquella cocía era
ben grande, fíala pequena el peteiro de vecíos que se xuntara cos da casa, que
xa nun eran poucos; pro axina yes fixeron sito a os que chegaban y saliron
vasos llimpos y café inda fervendo.
Ún dos que chegaron botóu un oyada alredor antias de
sentarse, mirando a ver quén taba y únde, buscando un sito con compaña del sou
agrado. Sou hermáo miróulo divertido, sabendo ben xunto a quén quería sentarse,
y más vendo que nun taba el pretendente rival. Peró, con esas y todas, nun iba
tello fácil: a moza en discordia taba sentada nel medio del escano ben
escoltada por outro vecín y el hermá pequena, que xa empezaba a dar cabezadas
de sono, acocorada contra ella.
Circulaban el café y as gotas y, al son d’ellos, as novas y
os contos, xa foran de risa ou de medo, callaban bocas ou abríanlas de cuarta
en cacaradas, que nun era raro qu’acabasen en llágrimas, y naide tía prisa por
marchar. Nun esquina da mesa botábase un tute y noutra volvían comentarse as
trasnadas dos Inocentes, condo daquén chamóu al ama:
- Ah, nía, vei trendo papel y algo pra escribir… Vamos ver
quén vei emparexar pral ano qu’empeza…
Nun bocadín amañaron de fer os papelíos ben igualados y os
de miyor lletra escribiron nellos os nomes qu’iban decíndoyes, nun fora quedar
algún fora, qu’eso, según dicían, nun osmaba cousa búa pral solteiro ou viudo
que nun aparecía entre os payasos. Y bon cuidado poñían os interesados en
atopar a parexa del papelín col sou nome, conto más axina miyor, pra que menos
xente lo vise.
- Ei, esperái un pouco, que primeiro haberá que sacar os
santos, nun vayamos ofender a daquén con maloyo y nos amole por ferye a broma…
Cuntáronse os presentes y foron repasando os santos del
iglesia y, como nun chegaban, buscaron nas capiyas y as devocióis de cada ún
hasta ter el número adecuado. Requisáronye a gorra al más cabezón del grupo y
botaron nella os santos.
- Ala, toma, nun te queixes, que deixas a pucha, peró tamén
es el primeiro que saca santo.
Foron pasando a gorra alredor da cocía pra que cada ún
tuvese cuberto polla sombra d’un santo y xa eso, como todos os anos, deo pra
búas risadas: al más toupo salíoye santa Lucía y al más cabrito san José; santa
Bárbara a ún que nun sabía únde meterse cada vez qu’había tronada y san Pedro
al que nunca s’acordaba de zarrar a porta; tamén ye salío san Antón al que
menos ye gustaban os bichos y santa Rita al hermá da casa que menos ye gustaba
deixar as cousas, nin ás hermás nin a os de fora… Despós das risas cos santos
acabaron de fer os papelíos dos payasos y pediron silencio pra repasallos
mentras iban meténdolos nas gorras. Como solía pasar, iban quedar varias
muyeres desparexadas así que decidiron meter algún solteiro coñecido dos alredores.
- Non, se nunca d’ún bon vos acordáis… - tercióu el ama da
casa vendo os qu’iban añadindo de fora.
- Nun s’enfade, señora, - replicóuye con sorna sou home: - e
que salen os que todos coñocemos y, xa se sabe: os célebres nun avezan a ser os
más formales…
Acabaron el repaso y pasáronye a gorra dos homes á nena
pequena, que, por sello, inda nun iba nel saqueto, y a das muyeres a Paco, el
único vecín presente casado y cos fiyos todos tamén casados, pra que tampouco
llevase parte nel sorteo, inda que tuvese un hermá solteira que sempre salía
das gorras con bon mozo y nunca lo daba encontrado.
- A ver se d’esta sacamos pra Malia ún ben grande, qu’ella
lo vexa, y cegato, pra qu’él nun la vexa a ella, y tropecen de vez – ríose el
hermao al coyer a gorra que y’apurrían.