jueves, 16 de abril de 2020

Augua mansa 4

EL ÚNICA novedá dos domingos naquella casa talmente parecía qu’era el madrugar pra ir á misa, el almorzo condo chegaban y despós a misma rutina de todos os días; llevaba na máis úa semá allí y xa taba cansada d’aquello, como se tuvese allí desque nacera. Condo chegaba el domingo na casa de baxo, era case úa festa, y se nun lo era, fíanlo que fose, porque nun tar trabayando todo el día era algo que nun pasaba sempre, na máis os domingos preparaban pra xantar algo distinto del caldo y as fabas, as patacas y a verdura de todos os días y na máis ese día remoloniaban hasta pra erguerse da sesta y nun era que nun tuvesen trabayo, qu’abondo había igual sempre, senon que lo fían con máis acougo, d’outro xeito distinto al de todos os días y, antes de morrer sou padre, hasta iban de tarde dar un paseo condo taba bon tempo y Antón iba al baile qu’amañaban delante da taberna del pueblo con ún que sabía tocar algo el acurdión; ella fora dalgúa vez mirar cómo bailaban y s’inda tuvese alló, ben seguro que llougo iba empezar a ir bailar. Naquella casa case nun se sabía qu’era domingo; nunca tía qué fer máis que “comportarse”; pasiar, coser, se y’apetecía, ou tar sin fer nada, eso era todo el que, según súa tía, tía que fer úa señorita, el que se suponía qu’era ella.
Na máis pra os criaos era domingo de verdá: despós de xantar, Antonia envolvéuse na manta y foise camín adelante pr’hacia el aldea, ver ás amigas, díxoye Sofía condo ye perguntóu; desde a porta da casa vío como s’iba máis agayosa del qu’andaba na casa a mayoría dos días. Un pedazo despós foron el arrieiro y Ramón os que, al paso que marcaba el máis veyo, saliron tamén camín del aldea; os criaos máis novos saliron condo xa taba máis cerca el oscurecer qu’el mediodía, col carro y el burro que los llevara a os catro á misa polla mañá, pra ir al baile da villa.
Enfilaban os mozos el camín, condo apareceron na buqueira del que llevaba á casa Malia y os señores, de volta xa del paseo da tarde á fonte; botóu Virginia a andar, sen presa, escontra ellos y condo xa taba cerca, paróuse esperar que chegasen xunto a ella.
―Víamos dicíndoye a súa tía que ten que deixarye ir al baile. Nosoutros todos somos xa algo veyos pra fer búa compaña a úa moza nova como usté díxoye don Bonifacio, el mismo qu’a noite pasada salira deixar a bandexa xunto á porta.
―Xa, fiya. Tú nun fais nada metida na casa un domingo detarde, teis qu’ir al baile... tercióu doña Cecilia.
―Xa veremos el domingo que ven... cortóu pol sano Malia. Hoi xa nun hay quen la lleve; ademáis, penso que tendréi qu’ir con ella, ¡nun la vou mandar cos criaos!
Asentiron todos ás últimas palabras del ama y sentáronse nel banco xunto á porta para falar un pouco, mentras acababa de chegar a noite naquel oscurecer tranquilo y sin gota de frío. Inda nun zarrara a noite condo chegóu de volta Antonia con un atao colgao del brazo y un pouco detrás d’ella Ramón y el arrieiro; y detrás d’ellos entraron todos na casa. Aquella noite foi Antonia quen yes sirvío a cia, qu’era del que xa comeran a mediodía, y nun tardaron muito en ir cada ún pral sou cuarto.
Inda taba desperta Virginia condo sentío chegar el carro y un pouco despós, abrirse a porta da casa, que fía algo de ruido de máis, y volver zarrarse col mismo chirrido; aquella noite dormíose pensando nel baile del que chegaran os dous criaos máis novos da casa y soñóu mezclando os bailes que vira alló embaxo, a os qu’iba Antón, y a xente nova que taba conocendo naquel sito novo. Erguéuse como todos os días pr’axudaryes na cocía a preparar el almorzo antias que baxase súa tía y nun y’estrañóu encontrar úa Sofía inda medio dormida, abríndoseye cada pedacín úa boca de cuarta, mentras Antonia, máis faladora qu’outros días, botábayas como quería del baile y d’outras cousas. Na semá que xa llevaba allí, consiguira al fin qu’as dúas criadas se sentisen ben con ella delante y, pouco a pouco, taba llogrando que falasen delante d’ella y con ella como con cualquer moza de confianza. Pouco falaba aquella mañá Sofía, demasiao ocupada en acabar d’espabilar pra que nun ye berrase Malia, pro pra eso xa taba Antonia, que nun callaba de meterse con ella y, menos inda, condo chegóu almorzar Pedro, con igual cara de sono qu’a criadía. Enteróuse así Virginia qu’el mozo era sobrín da criada máis veya, fiyo del ermá que tía casada nel aldea d’al llao, y que Sofía éralo de Ramón, el outro criao; aparte dos parentescos entre ellos, púxose Antonia a contarye cómo eran os bailes da villa nos sous tempos y nos d’entonces, que nun ye prestaban miga porque, según ella, agora eran todos ús descaraos y nun había vergonza ningúa na xente. Ríose el mozo por baxo condo súa tía dixo tal cousa y, como ye preguntase Antonia de qué ría, respondéuye coa copla qu’empezaba: “Dice mía bola que nun hay vergonza...”
―Déixate de cantos y acaba, que toca ir al molín y nun é pra tar algariando por ei todo el día cortóu Antonia, sabendo ben el que dicía a canción dos tempos d’antes y que nun ye faltaba razón al que la sacara, xa fía tantos anos que nin s’acordaba a xente quén fora, pro qu’inda tía toda a razón nel que dicía. Ademáis, eso nun é pra cantar delante de dúas mozas casadeiras, sinvergonza... coloriaron as dúas aludidas hasta el réiz del pelo, Sofía porque conocía ben a copla y Virginia porque era a primeira vez qu’allí se falaba d’ella d’ese xeito.
Xa desde el primer sello ye falaba Petra d’esas cousas pra que fose sabendo el qu’era a vida, pro Petra, parecíaye a ella, podía fello porque fora pra ella casi como súa madre, mentras qu’Antonia nun la conocía de nada y nun ye gustaba que falase d’ella así. Por nada bota a perder el llabor de toda a semá por deixarse llevar por as ganas que y’entraron de recordaryes quén era allí, pro, al fin, callóu y procuróu nun fer caso del qu’a ella ye tocaba nel que dixera a criada, y máis sabendo qu’allí Antonia era a Petra qu’había en todas as casas, como ben claro yo deixara na máis chegar, a criada veya que pode dicir el que quera, porque xa taba allí condo chegaran todos os demáis, hasta el que fose amo nesos momentos, ou ama, como era el caso.
Antonia criara a os dous ermaos desque naceran y era na casa un autoridad, inda que procurase, pol ben de todos, nun usar da voz que tía máis que nas cousas del sou llabor: a cocía. Chegara a criada á casa aquella condo inda era nena y fora muitos anos a mao dereta da bola de Virginia; entre as dúas foran tirando pr’alante coa casa y col bolo da nena, qu’era un vividor que, se nun fora pol qu’a muyer trabayara, acababa con toda el hacienda. Inda con esas y todas, condo el home morío, nun ye quedaba del que heredara máis qu’a casa y úas terras que tían a renta ús vecíos; pouco máis duróu a muyer qu’el home, pro inda amañóu de deixar el miyor acomodaos posible os dous fiyos que tuvera: casao Basilio en búa casa y a Malia coa casa xa encarrilada pra ter bús inquilinos na clientela da fonte. Todo ese tempo tuvera a paisana a Antonia xunto á ella y xuntas pasáranlo todo y trabayaran pra tirar pr’alante; al morir el ama, deixando sola á fiya, tamén ésta botóu mao da criada pral que ye fixo falta, pro sin perderye nunca el respeto que ye coyera desde nena, condo tanto valía a palabra d’Antonia como a da súa madre.
Entre úas cousas y outras, foi chegando el hora de sirvir el almorzo y xa taban baxando as escaleiras os d’enriba condo Virginia salío da cocía pra ir ella tamén pral comedor; condo acabaron d’almorzar, os señores Vázquez anunciaron el idea d’irse ese mismo día, se a señorita Malia tía a ben mandar aviso á villa pra que yes preparasen un coche. Chamóu el ama a Pedro, que taba na cocía, esperando que lo mandase al molín, pra que fose llevar el aviso na mula andadora, mentras preparaban as cousas prá marcha: el equipase y úas cousías pral camín.
Un hora despós, taba el coche da casa preparao na porta esperando qu’acabasen as despedidas pra botar a andar pra villa, unde xa taba disposto el outro coche que tía que llevallos á villa da ría, unde coyerían el de línea pra ir á ciudá; ofrecéronse nel último momento a acompañallos hasta á villa os outros dous inquilinos coa disculpa de fer ús encargos y al fin salío el carro al camín y al pouco xa se perdera al outro llao del alto. Na máis irse, mandóu Malia al molín al mozo y a Sofía erguer el cuarto que quedara desacupao, mentras Antonia poñía a calentar augua pra llavar a roupa da cama. Axudóuye Virginia a subir todos os trastes pra llimpar el cuarto, pro nun quería a moza deixarye entrar n’él por medo a que coyese algo del que tía a señora y el ama ye botase as culpas a ella; porfióu a nena col outra hasta que ye deixóu axudarye.
Nunca antes vira Virginia erguer un cuarto con tanto afán, y non porque nel outra casa fosen ús cochos, senon pol xeito que tía de fello Sofía. Empezóu a moza por abrir a ventá del cuarto, que taba na fachada da porta da casa, y tirar por ella toda a roupa da cama, coyéndola coa puntía dos didos como se fosen ortigas; coyéu despós un freganzo que subira con un caldeiro d’augua fervendo y pasóulo por todas as cousas qu’había nel cuarto, sin deixar nada; púxose despós a fregar el tarrén, restregando conto podía con arena y el freganzo de paya, mentras Virginia iba aclarando con un trapo y augua llimpa el qu’el outra xa fregara. Foron despós arreglar os outros cuartos, pro en ningún fixeron tanto como naquel, supuso Virginia que porqu’inda iban siguir ocupaos. Inda nun y’acabara d’asentar que llevara tanto trabayo un solo cuarto, por muita fonda d’alta que fose aquella, condo, al chegar embaxo cos tarecos de llimpar, encontraron a Antonia y a Ramón acarriando inda caldeiraos de augua fervendo pral trobo da roupa.
―Hay que llavalla ben, que nunca se sabe el que se pode pillar d’esa xente, que, con tanto baño y tanta augua, xa ves tú cómo tá a muyer... acabóu d’esplicarse entonces a nena a qué vía tanto refregallo todo y el cuidao que puxera al quitar a roupa da cama Sofía, que’iba outra vez pr’arriba.
Subío detrás d’ella sin dicir nada y víula zarrando a ventá y as contras del cuarto que deixaran os Vázquez; condo acabóu, sacóu da mesita a bacenilla, prendéu un pedazo dalgo que Virginia nun soubo qu’era y botóulo nella, deixándola nel medio del cuarto. Salío atrancando a porta detrás d’ella, pro inda ye chegóu á moza un olor raro.
―¿Qué era eso?
―Ún especie de papel que túa tía manda queimar nos cuartos condo los desacupa a xente que ven á fonte; dixo un día qu’era pra que nun se pasasen os males ús a outros... ¡Eu qué sei: cousas da túa tía! Pro mándalo y hay que fello. Y agora que xa acabamos, ¿veis comigo al molín? ¿Deixarache túa tía?
Nada miyor pra sabello qu’ir perguntarye y así lo fixo Virginia. Tal como esperaba, encontróula nel sou cuarto, contando os cuartos qu’inda taba guardando núa faltriqueira condo entróu a moza, en recibindo permiso. Despós de poñer mala cara condo a nena ye contóu únde quería ir con Sofía, cedéu al fin recordándoye outra vez quén era y el que s’esperaba del sou sentido; prometéuye Virginia ser formal y máis qu’eso y salío del cuarto rezando pra que Sofía tuvese inda esperándola y nun se fose sola.
Xa contaba ella qu’aquel paseo ye prestase máis qu’os que dera cos inquilinos y súa tía y así foi, que pra eso pouco fía falta. Seguiron el camín da fonte un pedazo, pro antias de chegar á casa dos baños, tomaron por un carreiro de caballería; según iban chegando, xa sintío Virginia el ruido del augua y enseguida vío a casa del molín y a mula que llevara Pedro amarrada nún dos árboles da veira del río; inda que taba coa cabeza gacha, tamén a mula parecéu vellas a ellas y reconocellas, porque botóu un relincho qu’á nena ye sonóu como un saludo.
―Mira que ben avisa esa condanada, xa saben os de dentro que chegamos... ¡Sempre fai el mismo! Y hasta avisa se son da casa ou nun conoce, mira se é espabilada comentóu Sofía, qu’hasta entoncias fora contándoye el baile del víspora y el que se preparaba pral Antroido.
Tal como dixera Sofía, condo chegaron xunto á porta del molín taban esperándolas Pedro y el fiyo del molieiro, qu’era el que taba as máis das veces atendendo el molín; era aquel mozo máis alto qu’el criao, pro tamén máis desamañao de corpo y máis blanco, nun se sabía se da farina que llevaba por riba ou pol tempo que pasaba nel molín sin que lo vise el sol, porque chegaba allí inda de noite y nun s’iba hasta el oscurecerín de todo. Con esas y todas, nun ye parecéu a Virginia que se podese dicir qu’era feo y miróu al disimule pra Sofía, pra ver qué cara ye poñía ella, pro a moza nin sequera miraba pra él, mentras saludaba y la presentaba.
―Así qu’es a sobría da señorúa... ―Reparóula del pico al fondo, mentras a ella nun se y’escapaba a sorna del apelativo que ye daba a súa tía, dándoye nel fondo a razón. ¿Vei deixarche ir dacondo al baile, ou son pouco os da villa pra súa sobría?
―¿Qués callar d’úa vez, farangayo? cortóulo Pedro: Vei atender a molenda que xa tan roéndose as pedras del meiz... Perdónelo, que nun sabe el que diz...
―¿Y tú por qué me falas agora d’usté? Y nun necesito que me defenda naide, que teño llingua y sei usalla metéu baza Virginia.
―Déixalos. Vamos hasta el pozo a ver se tá daquén pescando truitas por ei ―Coyéula Sofía del brazo y llevóula por un carreiro que siguía río abaxo.
Aquel sito si que se parecía al outro pueblo, era casi como tar nel molín condo iba con Antón llevar y buscar a molenda, inda qu’allí tuvera con Sofía y el molieiro fose abondo máis novo. Chegaron a un pozo al qu’a criada dixo qu’iban pescar y, nel brao, bañarse os mozos del aldea, como fían por todos aquellos sitos condo había abondo calao nos ríos; aquel día nun había naide condo chegaron, pro, condo xa daban volta pral molín, sentiron falar a daquén cos mozos y Sofía tiróu pro Virginia pra detrás d’un castañeiro ben grande qu’había na veira del carreiro, mandándoye callar coa mao. Un pouco despós viron pasar xunto á ellas al que sentiran falar y Virginia sentío que ye corría un calofrío pol espalda; el paisano qu’acababa de pasar por delante d’ellas era grande como mayo y peludo que metía medo, llevaba úa zamarra que tía máis cotra que tela y él mismo nun debera tocar el augua nún bon montón d’anos.
―Ese é Sacauntos. ―Como Virginia mirase entre estrañada y divertida pra Sofía, ésta esplicóu: ―É el matachín, el que capa os animales y, bueno, el que fai todos esos trabayos. El nome puxéronyo xa fai muitos anos por os trabayos que fai y por... Bueno, xa lo viche.
―¿Y por qué nos escondemos? perguntóu, chegando xa xunto al molín.
―Porque a naide ye gusta tropezar con él. É muy raro...
―¿Qué falais, de Sacauntos? interesóuse Pedro, inda na porta.
Si. Y tú, ¿inda nun te fuche?
―Enseguida. Xa tá enchéndome os sacos...
Inda nun acabara de dicillo, condo ye chistóu el molieiro pra que fose coyellos y entre os dous asentáronlos nel albarda da burra, antes d’atallos a os queiros; inda que xa taba todo preparao pra marchar, tuveron un pedacín de cháchara allí fora, mentras el chaval del molín zarraba a porta y preparaba a vara pra ir pescar col Sacauntos, xa que nun ye trouxeran máis grao qué moler. Xa taba cerca el hora de xantar condo al fin botaron a andar camín da casa, ús detrás d’outros y a mula zarrando a fileira; como iban as mozas con él, nun quixo Pedro montar y al saliron al camín da fonte, acomodóu el sou paso al d’ellas pra ir falando. Era el criao un mozo de bon trato, ocurrente y falangueiro, que, con pouco que lo pinchasen, contaba todo conto sabía y pensaba, y así, mentras chegaban á casa, enteróuse Virginia da moza que tía metida entre os oyos y tamén qu’el molieiro tía nel mismo sitio a Sofía, comentario que ye valío un bon pellizco da moza, al que respondéu con úa risada y ún dos ditos a os qu’era tan aficionao. Prestábaye muito á moza aquel neno, qu’as veces ye recordaba a Antón, igual que vía en Sofía un amiga como as que deixara nel pueblo, y os dous criaos iban coyéndoye fe desde el primer día, condo la viron chegar sola y acobardada a sito desconocido y sin parecerse miga á desabrida de súa tía.
Nun tía nin idea Virginia de todo conto se falara d’ella nel baile el víspora e, inda menos, del espetación que s’erguera al vella na misa por a mañá ben cedo; non por nada era a novedá da contornada y ademáis, sobría da Señorúa, como ye chamaban os máis maliciosos a Malia, igual con algo de razón. Desde que se soubera que chegara á casa, parecía que todos tían algo que dicir d’ella, inda que ben poucos la viran sequera, pro el máis d’ellos, por aquello del díxome que me dixo, falaban abondo ben d’ella y máis comparándola coa tía; enseguida chegóu á xente qu’era úa nena trabayadora que s’erguía ben cedo pr’axudar nel que fose, outros chufábanla por curiosa y por humilde, qu’eso era dicir muito falando d’aquella casa, y así, ús y outros, todos falaban mentras esperaban saber cousas de lley d’ella. Por todo eso, condo chegóu el domingo muita xente tuvo máis oyos pra ella que pral cura na misa y despós, condo saliron os criaos da casa, todos encontraron oreyas ás que falar da sobría del ama y, como a nena yes entrara a todos abondo ben, nun se sentían d’ella máis que cousas búas ou inda non muy ruías.
Falara Antonia na casa del ermá coas vecías del ben disposta qu’era pra todo, inda que nun corría muito y parecía sempre un pouco cobarde de máis, pro víanseye repuntes que pintaban ben ás claras que nun era fata, nin se deixaba pisar por naide por muy tranquila que fose; el arrieiro pintábala callada y demasiao atristada pral sou gusto, inda que xa revivía condo taba na cocía coas criadas de palique, nel que ye daba a razón Ramón, que la vía demasiao flaca, como todas as mozas d’agora que nun son como as d’antes. Pro os que máis atención tuveran foran os dous máis novos nel baile; mozos y mozas querían saber cómo era ella y con ellos y, por se antes tían pouca curiosidá, coa pintura que yes fixeron d’ella máis d’ún y d’úa púxose a cavilar qué fer pra poder vella de cerca, cousa abondo complicada se a tía nun ye deixaba tratar coa xente d’allí máis del qu’ella trataba. Pol d’agora, Llorenzo, el fiyo del molieiro, xa la conocera y xa tía qué contar a os mozos condo los vise.
Condo chegaron á casa, xa taban preparándose pra xantar os del comedor, así que Virginia tuvo qu’apurarse pra nun feryes esperar por ella. Inda chegóu al comedor detrás de súa tía, que, despós de borrar el ceño, que xa tría fruncido, interesóuse pol paseo, aprobando que volvera con miyor color del que tuvera en toda a semá que llevaba allí. Tamén fixeron notar a miyoría os dous paisanos na máis entrar nel comedor:
―Quixemos ir á villa pra buscar algo pra que t’entreteñas si ven outra vez el mal tempo y nun podes salir pasiar, que búa falta che fai pol ben que che senta... empezóu ún, mentras esperaban que chegase Sofía sirvir a comida.
―Xa se sabe qu’é aire y movemento el que fai falta á xente nova. Pro como nun se pode sempre, trouxémosche úas cousas pra que mandes el tempo siguío el outro. Xa Sofía entrara y empezara a servillos condo ye puxeron xunto al plato un atao: Son us llibríos.
―Sentíramosye dicir que xa nun había qué coser desde qu’ella chegara, así que falóuye a Malia don Bonifacio: ocurríusenos que é bon trabayo que llea da qué úa mocía, qu’así tamén s’aprende, se nun ye molesta, claro...
―Non, nun s’esmolan. Tamén eu taba pensando encargarye dalgún llibro... ―Muito sufría el ama vendo a súa sobría fendo os trabayos das criadas por nun ter qué mandarye que fose ben a úa señorita, condo s’acordara que tía visto ás que vían tomar os baños llendo llibros por ei, así que nun podía virye miyor a os sous planes el ocurrencia dos veyos.
Condo acabaron de xantar y xa se retiraban a os cuartos pra sesta, chamóu Malia a Virginia pra que fose con ella al sou y ye mostrase os llibros; abrío a nena el paquete con todo el cuidao pra nun estropiar nin miga el papel d’envolver y foi lléndoye á tía os títulos dos llibros: dúas vidas de santos y dúas novelías das qu’entonces taban de moda entre as muyeres que llían. Aprobóu os llibros Malia y mandóula con ellos al sou cuarto, contando que se y’ocurrise empezar a llellos, como así foi. Nun eran os primeiros llibros qu’a nena tía entre as maos, y menos os dos santos, que na casa inda había dalgún, d’úa tía da madre d’Antón que quixera ir pra monxa y como nun ye deixaran, quedara solteira y dedicárase a rezar y ller llibros d’aquellos; tirada na cama, foi pasando ún por ún os catro, llendo pedacíos dalgúa foya saltiada, y decidío empezar por úa das novelías, que de santos xa sabía abondo cos que xa llera. Parecíaye qu’inda acabara de poñerse a ller condo sentío zarrarse portas nel pasillo y nun tardóu nada en sentir os saludos xunto al escaleira qu’anunciaban qu’a xente xa baxaba tomar el café; así qu’erguéuse da cama, repasóu a facha que tía y foi ella tamén camín del comedor. Nunca ye prestara a ella el café, que tanto amargaba, y xa desde el primeiro día que ye tocóu tar allí a esa hora, al ver súa tía que taba delante da taza como se tomar aquella augua moura fose un castigo, mandóu cambiaryo por chocolate, así que, como ye gustaban as cousas dulces, nun era aquella a pior hora del día pra ella e inda nun perdera úa, qu’algo tía qu’haber naquella casa que ye dese nel gusto á nena.
Nun taba a tarde tan calma como tuvera a mañá y xa empezaban a verse nubes mouras condo Virginia salío al banco da porta col sou llibro novo, al tempo qu’os dous homes salían de paseo á fonte y Malia volvía al sou cuarto, porque nun taba ben que fose a nayundes úa solteira con dous homes que nun fosen da familia, qu’abondo falaba a xente de máis sin ter motivos, como pra dallos; inda antes de subir outra vez, foi avisalla que se fía frío se metese axina pra dentro, que nun tía ningúa necesidá de tar allí fora y garrar úa polmonía; tuvo que prometeryo a moza antias que la deixase sola, e inda se foi relatando escaleiras arriba. Debían os criaos mozos tallas taliando porque, na máis chegar a tía al sou cuarto, xa taban al pe de Virginia cada ún col sou trabayo pra fello allí al sol; salío tamén detrás d’ellos el outra criada, pro ésta pra repartiryes sombreiros y panos pra os tres, que nun podía ver a naide fora sin nada na cabeza y, na máis vellos con ella tapada, volvéu pra dentro xa tranquila, inda que na máis deu a volta xa la tían outra vez destapada.
Taba Pedro fendo xa outra das súas tayas, esta vez un caballo, y Sofía calcetaba, pro Virginia, na máis chegar fora os mozos, zarróu el llibro, sabendo xa que nun iba poder siguir llendo, como así foi, porque tían muitas cousas que contarye y muitas perguntas que ferye. Volveron os paisanos del paseo y al pouco tuveron que meterse tamén ellos na casa, condo as nubes que tuveran pasando toda a tarde puxéronse d’acordo y empezaron a tropezar úas con outras, chovendo y con tronada; amparáronse os máis novos na cocía, unde xa Antonia taba acordándose de Santa Bárbara desde fía un bon pedazo y, cada vez que rellumbraba úa centella ou retumbaba todo, empezaba outra vez el oración pra escorrer tanto el sou medo como el torbón. Nun ye quedóu outro remedio allí a Pedro que deixar de tayar porque, na máis cruzar a porta, puxérase tolla de todo a veya al vello inda coa navaya na mao; ben sabían todos os da casa que, condo había torbón, aquella muyer nun tocaba nada de ferro, nin deixaba que naide lo tocase, así que nun tían máis salida que, ou nun tar por cerca d’ella se querían fer algo, ou seguirye el son y nun tocar nada, que nun iba ser a primeira vez que morría el fougo ou quedaba sin fritir cualquer cousa, porque nun quería tocar el gancho da cocía, nin tixella, nin viradeira. Xa taban todos rezando para que deixase de tronar condo acertóu a pasar por delante da ventá Ramón col eixada al hombro pr’abrir el caño dos goteirales da casa; ei lo ve Antonia e, inda col medo que tía ás correntes d’aire nas tronadas y todo, salíu ás carreiras da cocía y, al punto, víronla al augua xunto al criao a voces con él. Nun fía falta sentilla pra saber el que ye dicía, pro como el outro era tan terco como ella, ei tuveron al augua un bon pedazo hasta que, deixándolo por negao, volvéu pra dentro a criada, moyada y encornada contra Ramón, sin sequera percatarse de qu’al fin parara de tronar, inda que non de chover.
Coa tronada y as chubascadas que siguían cayendo, fíxose de noite al momento y foron as dúas mozas prender as lluces nel comedor y nos pasillos, mentras Antonia, xa tranquila, avivaba el fougo, que pouco ye faltara pr’apagarse de todo. Volvían pra cocía condo daquén petóu na porta y salío Sofía abrir; debaxo d’úa roupa d’auguas que pingaba por todos llaos, costóuye trabayo a Virginia reconocer al mozo que tría os recaos da villa perguntando pol ama. Mentras convidaban al chaval a un concao de caldo calente na cocía, subíuye el recao a súa tía, inda nel sou cuarto, preparándose pra baxar ciar; según lleu en voz alta, taban a piques de chegar outros tres viaxeiros que querían parar us días allí, os señores Torres. Quedóuse Malia parada, fendo por acordarse de quén podían ser esos Torres que tan seguros parecían de ser recibidos naquella casa case sin avisar y xa empezaban a baxar as escaleiras condo al fin s’acordóu de quen eran.
―Vas ver el que é un señor de verdá, un caballeiro, eso é. ―Volvéuse á sobría, que baxaba detrás d’ella: Debe vir cos fiyos que, se son como él, nun hay outros en toda a contornada. Xa verás: don Esteban é un home como os que nun quedan...
Nunca sentira falar así de naide a Malia, qu’hasta os que taban parando allí ye parecían pouco, ou era qu’ella se tía en muito, que nun sabía Virginia qué sería máis verdá; el caso é que mentras tuveron esperando que baxasen os inquilinos nun deixóu de falar ben d’aquel home, chufándolo de tal xeito que, se nun fora porque nun ye cubicaba col ser de súa tía, case iba crer que y’agradaba de máis. De todos os xeitos, condo don Másimo y don Bonifacio chegaron al comedor, volvéu a conversación al de todos os días y hasta el final da cena nun anuncióu el ama qu’iban chegar outros tres viaxeiros á casa, nova que recibiron con gusto os dous homes, decíndose de bús conocidos da familia Torres, inda que fose a primeira vez que coincidían allí, y convencendo a Virginia que todo conto súa tía dixera, sin qu’ellos la sentiran, era verdá, y muito máis se podía dicir del señor aquel y da súa familia, inda que nun y’interesase miga nada de conto ye dixesen de señoróis como el que ye pintaban qu’era aquel señor Torres.
Outra vez día de cocer, erguéuse Virginia sabendo el llabor qu’iba haber toda a mañá, con súa tía metida na cocía y aquel silencio tan afogador que na máis rompían pra mandar ou pedir daqué. Y aquello fíxoye acordarse outra vez da casa d’Antón, das risas, dos parzamiques y todo el que xa nun tía naquella casa á que, por momentos, parecíaye que nun s’iba fer nunca por mil anos que tuvese allí, y eso que con Sofía xa tía daquén con que falar, qu’era máis del que esperaba condo chegóu y vío el panorama que ye pintaba súa tía. Así, sin muita gana, erguéuse y amañóuse pra baxar.
Condo chegóu á porta da cocía, quedóuse parada Virginia, porque xa taba Malia bortelando a farina, mentras Sofía xa amasaba el pan de meiz y Antonia preparaba el forno. Reparóu na nena a tía y, deixando de peneirar el bortel, botóuye un oyada d’enriba a embaxo:
―Vei acicalarte como é debido y pon outra roupa que nun sía moura. Y hoi nun quero verte metida entre os potes como se foses úa d’éstas... ―Volvéuse al que taba fendo, pro, como Virginia nun se movese, falóuye outra vez, sin mirar pra ella: ¿Inda tás ei? ¿Nun m’oiche? ¡Pos, andando!
Nun esperóu a moza que yo dixese outra vez y, despós de cambiarse, nun salío del cuarto hasta que súa tía mandóu chamalla pr’almorzar, sin entender qué ye pasara a Malia pra poñerse así contra ella; pro, supoñendo que sería dalgúa manía de súa tía, coyéu ún dos llibros que ye regalaran el víspora y tuvo llendo nél hasta que foron buscalla. Mentras baxaban as escaleiras, tantióu a Sofía pra ver se a criada sabía a qué vía el arranque de súa tía, pro a moza nun sabía máis qu’ella, inda que suponía, según ye dixo xa na porta del comedor, que iba ter que ver cos que contaban que chegasen de tarde. Nel almorzo nun cambióu nada respeto a os outros día, pro, na máis acabar, mandóu Malia á nena que subise con ella, que tía que falarye.
Tía razón Sofía nel que supuxera y axina lo comprobóu Virginia; na máis cerrase a porta del cuarto de súa tía, empezóu ésta a dicirye el qu’esperaba que fixese mentras tuveran os de Torres y os curas na casa: nada de confianzas cos criaos, nin tar como taba metida na cocía con ellos, nin de palique con Sofía, nin, muito menos, axudándoye nos trabayos da casa; tía que portarse como úa señorita y eso empezaba por nun mezclarse cos que taban pra sirvir. Seguiron as recomendacióis, que máis parecían mandaos, pol trato que tía que dar a os qu’iban chegar y acabaron col que podía fer condo tuvesen na casa; pra empezar, iban ir á villa comprarye con qué bordar pra que nun la visen máis que llendo, que nun era el único que fían as señoritas, y eso as que lo fían. Inda antes d’irse, pasóuye outra vez revista al que llevaba vistido y recordóuye que d’ei pr’arriba nun quería volver vella de lluto, nin tampouco sempre d’alivio, qu’abondo ye guardara xa el respeto a sou padre pra ser quén era.
Pro, se Virginia pensaba que todo aquello era na máis pra quedar ben delante dos qu’iban chegar nesos días, y que, condo se fosen, iba poder volver al de antes, pouco ye faltaba pra desengañarse. Na máis el tempo de chegar á villa y empezar súa tía a fer as compras que llevaba pensadas.
Talmente parecía que nun ye dolían miga os cuartos a Malia conforme escoyía sempre el máis caro del que ye mostraban, inda que xa la vira Virginia remaquiando un adarme a os qu’iban venderye el que fose del aldea, y así volveron á casa cargadas de cousas ricas, na máis pra qu’ella mandase el tempo n’algo que nun fose tar coas criadas, nin fer el qu’ellas fixesen, pollo menos por a calidá dos materiales: telas, filos y hasta aguyas y un dedal, como se os qu’ella trouxera nun fosen abondo pr’as súas maos. Despós da xanta, mandóula súa tía de volta al cuarto hasta que fose el hora del café y a Sofía prender el braseiro da sala pra que fose fer despós allí el que máis y’apetecese del que ye dixera que podía fer. Mentras se dispoñían todos estos cambios, os dous paisanos que taban parando allí seguían a lo sou y hasta ye daban a razón al ama nel que taba fendo por cuidar qu’a nena fose perdendo as zunas d’aldiana, que nun asentaban nada ben na súa sobría, conforme yo dixeron delante d’ella mentras tomaban el café. Vendo el que taban cambiando as cousas, foi entendendo Virginia a manía de sou padre col trabayo y as costumbres que tanto ye machacaba, pro inda nun acababa de ver qué rumbo llevaban, porque tanto trabayo nun iba ser pra ferye compañía á tía, que tan ben se amañaba sola.
Na sala un pouco caldiada xa pol braseiro, púxose a moza a buscar un dibuxo guapo que bordar nun pano entre os que ye deran na tenda, procurando deixar de darye voltas al xeito que y’iban dando á súa vida entre el que deixara mandao sou padre y el que dispoñía súa tía. Fora fía vento y corrían as nubes sin parar, mouras d’augua, mentras Virginia dicidía qué dibuxo pasar al pano, condo entróu Sofía trendo un bastidor y as súas cousas de coser, mandada pol ama, como tamén ye mandara únde sentarse, a distancia del outra moza y nun tayolo baxo, pra que quedase abondo claro pra todos, pro máis pra ellas, a diferencia entre as dúas. Suspiróu Virginia por toda contestación al qu’el outra ye contaba y quedaron calladas as dúas un bon pedazo; pro, como se a compañía sin ruido da criada fose xa un alivio pra ella, empezóu a moza a tarariar úa copla das que Petra ye cantaba condo taban solas nesos mismos llabores y nun tardóu muito en xuntarse á súa voz a de Sofía cantando baxín.
Nun é que fixesen muito ruido, pro, entre as súas voces y el vento, fendo ruxir todo conto podía ruxir na casa, nin úa nin outra souberon cóndo chegóu el coche á corrada da casa, nin cóndo saliron todos a recibir a os que chegaban, xuntándose na porta cos dous que vían xa del paseo hasta a fonte, y na máis condo toda a recua subía xa as escaleiras, parecéuyes sentir ruido de máis pral que solía haber a esas horas na casa. Inda taban escuitando condo Malia abrío a porta da sala y entróu cun montón de xente detrás d’ella.

miércoles, 15 de abril de 2020

Augua mansa 3


NA PORTA da casa taba Antonia recoyendo el lleite que ye tría úa muyer del aldea, al tempo que daba un pouco á llingua con ella, mentras Sofía traxinaba na cocía preparando os almorzos dos criaos y adelantando trabayo pral dos señores. Contaba Virginia entrar na cocía sin que la visen as da porta pro, condo xa taba chegando, volvéuse Antonia y saludóula con muito aquel, como se xa nun fose a misma qu’el víspora xantara con ellos na cocía, al tempo qu’el outra muyer miraba pral tarrén, como se nun s’atrevese nin a saludalla. En todo aquello vío a moza a sombra da súa tía buscando, como parecía fer sempre, poñer a cada ún nel sito qu’a ella ye parecía que ye tocaba, y ben claro yo deixara a ella qu’era y tía que comportarse sempre como a señorita da casa, y neso entraba el trato que tía que ter cos criaos. Respondéu al saludo como miyor ye parecéu, como ye respondía á criada que tían nel outra casa, y entróu na cocía, unde Sofía la recibío col mismo saludo qu’a veya.
Nun fixera máis que cruzar a porta y xa taba Virginia arrepentíndose d’haber baxao, porque parecía que sobraba, como se tuvese allí pra taliar que fixese el que debía. Sofía seguía col llabor que taba fendo, procurando nun mirar pra ella, y condo Antonia entróu col cazolo del lleite, púxose tamén a fer as súas cousas, falando na máis con Sofía, y eso condo tía que mandarye ou pedirye daqué. Xa taba a nena pensando en marchar d’allí, condo Antonia ye pedío al outra criada el xarro de llevar el lleite á mesa del comedor y víolo Virginia máis cerca d’ella que de Sofía; aproveitóu el ocasión y apurríoyo ella. Nun momento parecéu qu’a moza fixera el pecao máis grande del mundo, conforme la miraron as dúas criadas; al fin, coyéu a veya el xarro que Virginia y’apurría, dándoye as gracias polla molestia.
―Nun é nada. ¿Podo axudar en algo? añadío, pensando que xa que consiguira que ye falasen, ben taba aproveitar pra ofrecerse a fer daqué, que nun taba baldada y xa cansara de tar mirando sin fer nada.
Miráronse outra vez as muyeres sin saber qué contestarye, tendo medo del que yes dixera el ama sobre a nena; soltóu al fin el aire Sofía y, poñendo el plato da manteiga nel pico da mesa del escano unde taba preparando a bandexa del almorzo, díxoye:
―Vaya botando úa pouca por ún dos llaos d’este pan, xa que tanto quer trabayar.
Volvéu cada úa al llabor que taba fendo y púxose Virginia a fer el que y’encomendaran. Pouco despós xa taba todo preparao y na máis faltaba que sonase a campanía pra llevar a bandexa al comedor, perguntóuye Antonia á moza se nun sería miyor que fose xa ella delante pra que súa tía nun la vise allí y, supoñendo qu’a muyer yo dicía pra nun ter qu’escuitar despós al ama, fixo a nena el que ye dicían; xa taba chegando á porta del comedor condo vío a súa tía baxando as escaleiras. Sabendo que xa la vira, determinóu esperalla sin entrar nel comedor.
―Bús días, Virginia. Muy cedo t’erguiche. ¿Nun é cómoda a cama?
― Si, tía. Pro é que tou afeita a erguerme a un hora y eso nun se cambia d’un día pra outro... Veño da cocía de ver cómo preparaban el almorzo. Xa tá todo feito, na máis falta que chamen pra que lo sirvan.
―Así me gusta, mía nena, que vayas aprendendo cuál é el tou sito, llevando de conta todo el da casa. ¿Viche se puxeron manteiga nova nas rebanadas? ―Dixo que si coa cabeza a moza. Nun queimarían ningúa, ¿eh?
―Non, taban tostadías, pro sin queimar. Igual el chocolate tá algo ralo, pro se é así como lo comen así, eu nun digo nada... ―Entraron as dúas y sentáronse nos mismos sitos qu’a noite antias; mentras esperaban á xente, seguiron falando.
―Eso penso eu tamén, pro, como casi toda a xente que para aquí tá algo delicada y el chocolate é algo forte, nun sei se sería pior fello máis espeso...
Ún por ún foron chegando os catro qu’aquellos días paraban na casa y condo se sentóu el último, aquel don Bonifacio, tocóu Malia a campanía y entróu Sofía coa bandexada que Virginia y’axudara a preparar. Almorzaron sin prisa, xa sin tantos apuros Virginia, y erguéronse da mesa según foron acabando pra ir cada ún a os sous asuntos. Como a noite anterior, as últimas en deixar el comedor foron el ama y a sobría pra ir encargarye a Antonia el que tía que poñer de comer.
Pouco era el trabayo qu’había que fer naquella casa a os oyos de Virginia; nun había ganao, nin terras que llabrar, as pitas y el horto cuidábalos el criao máis veyo axudao por Pedro y as outras dúas criadas llimpaban a casa. Pasábase el escoba todos os días y fregábase úa vez cada quince días, fíase a colada úa vez á semá y llimpábanse as cousas de máis luxo úa al mes, se cuadraba. A tía Malia encargábase de supervisallo todo, das contas y d’estudiar a os que querían ir pasar ús días na casa, us pra ir a os baños da fonte y outros por negocios d’úa y outra clase; el ama enterábase ben de quén quería parar na súa casa antias de recibillo y a mayoría dos que paraban allí vían recomendaos ús d’outros; nun y’abría a porta a naide del que nun recibise noticias por xente da súa confianza; era tan escoyida cos clientes qu’aquella casa tía fama de ser a miyor pra parar de todas as qu’a mayoría dos qu’iban a fonte conocían, y eso qu’os qu’andaban tomando as auguas, y podían permitirse parar en sitos como aquel, conocían todas as auguas sanadoras y únde parar condo iban tomallas. É verdá que Malia trataba ben á xente que paraba na súa casa, inda que tamén yes cobrase ben, y eso era algo qu’en llugares como aquel nun era fácil d’atopar; educada y de bon trato cos de fora, sabía ferse querer por muy estiraos que fosen os que parasen allí y a situación da casa, sin vecíos cerca y a un paso da fonte, fía d’ella el miyor sito pra parar, sin ter que mezclarse cos aldianos, nin ter qu’alquilar coche pra ir hasta a fonte como os que tían que parar na villa.
Condo Virginia chegóu, al cabodaño de sou padre, nun era el época de baños, inda qu’a os catro que taban parando na casa de súa tía nun parecía importaryes muito. Como foi enterándose pouco a pouco, y máis por as criadas y dalgúas conversación sobre a salú, dos catro, era doña Cecilia a que taba indo á fonte por problemas na piel, el qu’esplicaba aquellos guantes que tanto y’estrañaran á moza, os vestidos tan subidos y as capas de polvos cos que tapaba a cara; a probe muyer prefiría pasar frío y hasta arriesgarse a coyer a polmonía tomando baños naquel tempo qu’aguantar el picazón da piel que, había veces, hasta se y’abría sola. Ella y el sou home pasaban allí case dous meses nel ano desde fía ben d’ellos, índose y vindo según s’encontrase a muyer; pol regular, nun taban máis de quince días seguidos, pro volvían cada pouco, hasta el punto de tar sempre el sou cuarto llibre por se chegaban de repente. Os outros dous paisanos pasaban el tempo indo d’un sito a outro, inda que ningún dos dous tuvese malo, y xa tían tamén el ano repartido pra visitar aquellos sitos nos qu’era común encontrar xente desacupada como ellos máis qu’enfermos que necesitasen de verdá tomar as auguas; gustábanyes esos sitos tranquilos y, como nun tían qué fer, dedicábanse a recorrellos todos, de tal xeito que xa tían conocidos en cualquer llao qu’houbese úa fonte sanadora y sabían de todos os males y os romedios que s’usaban pra curallos miyor qu’algús médicos.
Al tercer día de tar allí, tocóu cocer y Virginia vío asombrada chegar á cocía á tía antes de que se puxesen a preparar el almorzo. Malia tría por riba da roupa de todos os días úa especie de bata blanca que ye tapaba toda a roupa y outra colgada del brazo que y’apurrío á sobría; case al mismo tempo entróu polla porta da casa Pedro trendo dous sacos que pousóu con cuidao al pe da maseira. Mentras Sofía abortelaba a farina d’ún dos sacos, Antonia salío roxar el forno; condo acabóu col bortel nun dos llaos da maseira, púxose coa peneira nel outra punta y remangóuse Malia pr’amasar el pan de trigo. Aquel día pasaron a mañá col pan, de trigo pral comedor y de meiz pra os criaos, inda que da condo en vez tocaba cambiar e igual a os señores yes apetecía pedir pan de meiz, como el día que se cocía comían rapón de rinchos.
Pro Virginia volvéu acordarse de condo cocían na casa de baxo, as cancióis y os contos condo taban amasando, os paseos hasta el molín el víspora, llevar el grao y buscar a farina, el calor da bodega que ye poñía a cara colorada como as mismas brasas que revolvía...; allí al molín iban os criaos, amasábase sin falar máis qu’el obligao, atendía el forno Antonia y naide se paraba a enredar coa farina, nin a entreter el amasar.
Despós da mañá revolta, empezóu a tarde barruzando y condo outros días inda se vía, xa taban os candiles prendidos; fora esvaciábase el augua y taba revolvéndose un vento frío que nun acababa d’abrir as nubes. Siguío chovendo toda a tarde y Virginia sintía os goteirales desde a cama, tapada hasta as oreyas cos cobertores, máis pol sensación d’humedá que pol frío que sintía. Acabóu por dormirse, cansada de dar voltas y adormentada pol augua que nun deixaba de cayer, pro condo s’erguéu, sentíose máis cansada inda qu’al acostarse. Inda chovía y el vento iba a máis, nel outro llao da casa as rachas machacaban as ventás nos marcos y cada vez qu’abrían a porta chegaba el augua al medio del pasillo, cerca da porta da cocía; nella, os criaos nun sabían únde poñerse pra nun tropezar y nel comedor naide tía prisa por irse despós del almorzo; así, quedaron falando del tempo y d’outros invernos hasta case media mañá. Al fin, erguéronse da mesa, pensando que llougo iban ter que volver encontrarse allí; antes de salir del comedor, atrevéuse Virginia, despós de muito pensallo, a preguntarye a súa tía se nun tía nada qué fer dentro da casa. Quedóuse Malia parada, sin saber qué contestarye á nena:
―Eu vou repasar contas y tú... ―Pensóu un momento a tía, mirando polla ventá na que machacaba el augua empuxada pol vento: Tú podes decirye a Antonia que che dé dalgúa costura... Sabes coser, ¿non?
―Sei coser, bordar y texer, hasta con gancho respondéu a moza como quen recita úa lleción.
―Se qués, queda con ellas na cocía ou vei á sala, inda qu’igual allí teis algo de frío... Fai el que queras, pro compórtate como quen es ―Coa misma, salío del comedor deixando sola a Virginia, que nun tardóu un momento en chegar á cocía.
Pedro tallaba un pedazo de madera sentao nun tayolo cerca da ventá condo Virginia entróu na cocía, Antonia xa taba preparando a xanta y Sofía cosía roupa blanca sentada al outro llao da ventá. Nun tuvo a nena qu’insitir demasiao pra que ye deixasen fer algo y enseguida taba sentada xunto a Sofía col aguya na mao repasando zurcidos; da que chegara, nun se sabía qu’houbese naide allí, se nun fose por os ruidos que se fían por muito cuidao que se puxese trabayando y, máis inda, condo, como entoncias, nun había outros ruidos que los tapasen, mais qu’os goteirales y el vento. Nel silencio da cocía sintíase cada ruido como se fose úa profanación: as estellías qu’a navaya de Pedro sacaba da madera, el ruido da roupa cada vez que Sofía ou Virginia movían el que taban cosendo, el da garfella revolvendo el pote y todos os pequenos ruidos qu’hai núa casa y que na máis se sinten condo todo tá callao como aquella mañá. Así, sin falar nada, tuveron un bon pedazo os catro na cocía hasta que, primeiro como se fose un eco del vento ou das gotas que cayían, empezóu a sentirse úa voz suavía, como se anduvese un gato rumbando por allí y despós, cada vez máis forte; cayeron, al fin, en qué era aquello que sentían: coa costumbre de tar todos os días sola na cocía y al tar todos callaos, puxérase Antonia a fer el son dalgúa canción y, sin darse conta, xa taba cantándola baxín condo Sofía se puso a cantar con ella. Inda se riron un pouco da criada veya condo, al sintir cantar a Sofía, deu tal respingo que case ye cae al tarrén el cazo col que taba traxinando nese momento; despós qu’empezaran a cantar, parecéu que despertaran, volvéndoyes a pallabra pra romper a falar.
Pasóu así a mañá hasta que Malia foi chamar á sobría, xa cerca del hora de xantar. Chegóu el ama á cocía condo Antonia taba nel medio d’úa historia das que se contaban nel pueblo sobre as pedras qu’había nún dos montes de detrás da villa y que Virginia inda nun vira, nin sentira falar d’ellas; acabóu el relato a criada sin que Malia la interrumpise, pro na máis callar Antonia, chamóu a súa sobría y mandóuye ir con ella. Mentras subían as escaleiras, tuvo outra vez Virginia qu’escuitar a súa tía falar con abondo desprecio dos criaos y del pueblo d’al llao, recomendándoye que nun se mezclase con ningún dos aldianos que pasaban polla casa.
―Ben sei qu’es nova y que che presta tar cos del tou son como Sofía y Pedro, pro que nun ch’esqueiza que tú nun es como ellos, tú es a mía sobría y eso quer dicir muito aquí. Nun te preocupes, na máis chegar el bon tempo empeza a vir xente coa que vas poder tratar conto queras... ―Chegaron al fin al cuarto da tía y ésta parecéu acordarse del que quería dicirye, que por algo fora buscalla á cocía: Quería falarche dalgo... Verás: xa sei qu’inda fixo el outro día un ano qu’enterrache a tou padre, el meu ermao, que na gloria té; pro nun podes pasar a vida vistida con esos trapos mouros que tan mal pintan nas mozas novas como tú... Xa vín que d’alivio, pro sigue sendo mouro..., ¿por qué nun sacas roupa de color un pouco máis vivo? ¿Ou é que nun trouxiche?
Si, teño roupa máis clara, pro nun me parecía que debese poñella, pro se usté mo dice, feiréilo...
―Así me gusta. Y agora, vamos xantar.
Baxaron outra vez al comedor y detrás d’ellas, baxaron os demáis. Comeron sin muita gana, sentindo chover outra vez, y retiráronse todos dormir a sesta, d’acordo en que nun se podía fer outra cousa miyor a esas horas, nin col tempo que taba. Xuntáronse outra vez pra tomar el café despós da sesta y acordaron botar úa partida ás cartas antes de volver separarse y, entre úa cousa y outra, foi pasando a tarde d’aquel día ventoleiro y d’augua nel qu’el cielo fora todo el día un trapo sucio unde el vento arrastraba borrois d’augua.
Chegóu a noite y al hora d’irse dormir, el que máis y el que menos, todos pediron nas súas oracióis qu’el día seguinte miyorase el tempo pra poder salir algo da casa, inda que parecéu que naide los ouguira según duróu aquel tempo dous días máis, que foron pasando, pouco máis ou menos, como el primeiro. Coséuse na casa todo el qu’había pra coser, xugóuse a todo conto se podía xugar, acabóu Pedro a talla y Antonia xa taba chía de ter xente todo el día na cocía, as contas nun podían tar máis repasadas nin as provisióis máis medidas nin contadas; el arrieiro taba como as mulas, cansao de tar preso al pesebre, y el criao veyo xa nun sabía qué llimpar, amañar nin fer novo.
―Pouco ye duróu a risa á Candelaria este ano... bisbisaba apoyao núa das colunas del cabanón, mirando as poceiras qu’iban medrando con cada chubasco, formando regueiros que corrían d’úa a outra hasta chegar al camín pra siguir del mismo xeito hasta el río.
El tercer día ameicéu gris y calmo, sin úa brisa de vento qu’erguese el cerzo húmedo que se pegaba a os árboles y á roupa, ou tal parecía, pro xa era un avance que nun chovese nin fixese el vento tollo dos días d’atrás; inda con cerzo y todo podía salirse, que xa era abondo máis qu’outros días y parecéu que toda a casa volvera á vida. Saliron de mañá os catro viaxeiros, na máis almorzar, camín da fonte, acompañaos por Malia y súa sobría, fartas tamén de tar metidas en casa. As nubes eran cerzo del río y conforme iban chegando á fonte, espesaban cada vez máis, hasta que se meteron entre os árboles que rodiaban a casa de baños, al pe da fonte.
Iba Virginia col peteiro, contenta por salir da casa y empezar a conocer el sito unde vivía, porqu’hasta entoncias nun salira máis qu’al horto y á cortía da casa; nun y’importaba el tempo húmedo y cincento, nin tampouco que fosen cerca; fixera propósito d’adatarse al que fose, xa que nun tía outro remedio, y quería empezar a conocer aquello pra poder salir da casa sin medo a perderse ou a encontrarse con cousas que nun contaba.
A casa de baños, metida entre bidureiras, fresnos y avellaneiras, era, vista desde fora, como un cabanón llargo; entrábase por úa porta abondo grande a úa sala na qu’había úa especie de bañeras de pedra separadas úas d’outras por tabiques que nun chegaban al techo así que, allí dentro, al ser tan aberto, fia hasta frío. Despós d’asomarse pra que Virginia vise el qu’había na casa, rodiáronla pro fora y foron á fonte que salía da pedra detrás da casa; víase allí cómo se recoyía el augua núa especie de pozo pra llevalla despós por ús caños dentro da casa. Mentras a moza miraba todo aquello, esplicao por os dous entendidos del grupo, doña Cecilia llavaba as maos, meténdolas nel pilón unde cayía el augua da fonte y el sou home enchía úa garrafa col misma augua pra que, de volta na casa, se bañase n’ella a muyer. Deron despós a volta á casa pol outro llao pra que vise Virginia por únde salía el augua, inda foron un pouco pol carreiro que siguía el regato, camín del río que xa se vía desde allí como un manto de nubes máis espeso qu’el cerzo qu’envolvía os árboles, enredándose nas canas como trapos.
Condo s’ergueron da sesta, siguía el día tan cego como por a mañá y, tendo medo de que los piyara a noite pol camín, quedáronse na porta da casa de palique toda a tarde. Allí taban condo chegóu un mozo da villa con ún recao pral ama: el flaire que vía predicar todas as Cuaresmas iba chegar a semá siguinte y quería qu’ese ano ye guardase dous cuartos, porque tría con él a un curín novo pral pueblo d’al llao; aproveitando a nova, anuncióu el matrimonio el intención de marchar nos días siguintes de volta á ciudá por compromisos a os que tían qu’asistir sin falta, pro prometendo volver como muy tarde por Semá Santa. Penaron todos porque se fosen xa, como se nunca tal cousa fixeran, pro al bocadín xa esqueiceran el dolo y puxéranse a falar dos que pediran cuarto, el flaire col cura, y del que vía apareyao con ellos: lo cedo que cuadraba ese ano Antroido, a lley que ye tían al flaire, que nun se cansaban d’oirye todos os anos as mismas cousas, que sempre trían al mismo, y de cómo sería el cura que vía axudar al d’al llao, xa ben veyo, por cierto, se sería ún d’aquellos curías que salían entoncias dos seminarios y que nun había por únde garrallos.
Nestas y outras pláticas pol estilo piyóulos el oscurecer inda sentaos fora y xa taba volvéndose mouro el gris del cerzo condo acordaron entrar na casa. Tamén de cháchara tuveran os criaos na cocía desde que chegara el recadeiro, mandao pol ama tomar un vasín de vino, contándoyes novas da villa, del baile qu’iban fer pol Antroido y da xente qu’houbera na feira del domingo, pouca y conocida como en case todas; fórase el mozo coa tardía, deixando a os da casa falando del que yes contara; y así los encontraron os señores, el ama y a sobría condo pasaron pol delante da porta da cocía. Nun eran as conversacióis dos criaos tempo perdido como as dos outros y, mentras falaban, fixera cada ún el sou trabayo: Antonia y Sofía preparar as cousas prá cía, Ramón y el arrieiro botar a partida y Pedro acabar outra talla. El afición del mozo a trabayar a madera nun era porque si, máis ben fíalo por sacar ús cuartíos, ademáis de porque ye gustaba y dábaseye ben; el que tallaba, imáxenes da Virxen y de Santiago, cruces y cousas d’ese xeito, vendíayo a un home del aldea qu’iba negociándolos por as romeirías y as festas dos alredores; nun é que sacase muito, pro inda y’iba cayendo dalgúa peseta qu’outra, que sempre vía ben.
Despós de ciar, puxéronse dacorto todos pra ir á misa á villa a primeira hora y fóronse dormir. Antes das doce da noite, daquén petóu na porta de Virginia y condo s’erguéu abrir, despós d’avivar a llama del candil y botar úa toquilla por os hombros, encontróu a Sofía cúa bandexa:
―Aquí ten el última comida anuncióu a moza, deixándoye a bandexa enriba da silla, y como Virginia la mirara con cara estraña, esplicóu: Súa tía manda sirvir chocolate con pan antes das doce, porque como mañá hasta que se veña de misa nun se pode comer nada...
―Pos nun teño maldita a gana... ¿Teño que comello igual?
―Se nun quer... ―A criada nun sabía qué fer; hasta ellos, os criaos, comían a aquellas horas condo había qu’ir al día siguinte a misa, así que nun entendía qu’a sobría del ama nun quixese comer, y encima tábaye enfriando tamén el sou na cocía...
―Llévalo pra vosoutros pra cocía, se vos apetece, pro nun mo deixes aquí pedío a moza, coyendo a bandexa y dándoya outra vez a Sofía.
Salía xa na porta a criada coa bandexa, sin destapar sequera, condo as dúas mozas viron salir a ún dos veyos deixar a bandexa nel tarrén, delante da porta del cuarto; reculóu Sofía pra que nun la vise, procurando que nun se y’escapase a risa, pro, al fello, tropezóu con Virginia que tamén se quedara mirando pra figura que salira, y romperon a rir al mismo tempo, inda que baxín, nun foran oillas y que s’armase. Chegóu Virginia a porta del cuarto por se ye daba a outro por salir al pasiyo y las piyase ríndose, que se salía a tía, búa yes iba cayer enriba, e inda tuveron un pedazo sacudíndose coa risa; conto máis fían por poñerse serias, máis risa yes daba, acordándose outra vez das pintas del home: un camisón hasta os pes, un gorro de llá na cabeza y úas como gomas cruzándoye a cara desde as oreyas. Volvían mirar úa pral outra, querendo parecer serias, y ei volvían rir como descosidas, pro sempre baxín. Ría Virginia sin miga de ruido, pro al outra escapábanseye úa especie de chillidos muy baxíos, que case parecía un rato, e inda ye daba máis risa a Virginia y por contaxo, a Sofía y así tuveron hasta que foron parando al fin de rirse, despós de case chorar, sentadas as dúas na cama; col conto da risa, el trapo que tapaba a bandexa fórase escolando hasta case cayer, destapando dúas tortas de pan con manteiga, inda templadías, y úa taza de chocolate; iba xa Sofía tapar a bandexa condo el outra moza ye mandóu parar:
―Inda nun son as doce, ¿verdá? perguntóu Virginia.
―Creu que non.
―Pos, entoncias, coye úa, qu’inda qu’a risa me deu fame, tampouco tanta como pra comer as dúas, y se nun teis noxo de mín, podemos moyar as dúas nel chocolate... ―como Sofía se quedara pensándolo, añadío: ¿Teis algo miyor que comer embaxo? Pos entoncias: ¡pra dentro!
Y así, entre as dúas, foron acabando aquellas doce. Salío Sofía del cuarto da nena y condo baxaba as escaleiras, sentío dar as doce nel reló del comedor, santiguóuse, fendo equilibrio coa bandexa núa sola mao, y chegóu á cocía, unde Antonia recoyía os cacharros, xa sola na cocía:
―¿Qué tanto te parache? Pos agora xa nun podes comer...
―Comín con Virginia. Empeñóuse qu’era muito pra ella y nun s’atrevía a mandallo pr’abaxo... Hasta mañá, Antonia nun oío se ye contestaba, camín xa da cama que tía nun cuartín frente a cocía y nel qu’un pedacín despós entraba tamén Antonia deitarse.

martes, 14 de abril de 2020

Augua mansa 2


Podes deixallo aquí. ¿Acabastis de xantar? ―Asentío a moza, sabendo nella os oyos del ama, sin deixar de poñer os cacharros del café na mesa. Pos, entoncias, has decirye a Virginia que condo acabe de tomar el café vou buscalla ―Despedíola coa cabeza y condo a criada salío del comedor, siguío explicando: É mía sobría que ven vivir aquí. Quedóu sin padre y na máis ten un medio ermao unde vivía, que é el que queda con todo y nun iba deixalla con él, úa moza nova... ¿Qué iban dicir por ei? Y nun é qu’a min eso m’importe, pro é mía sobría, el única que teño, é normal que mire por ella y quera tella aquí comigo, ¿non? Pos acaba de chegar e inda nun s’acomodóu aquí. Como chegóu condo xa coméramos, mandeila quedar na cocía, pro, na máis la lleve al sou cuarto y s’arregle un poco, preséntoya a ustedes. Y tomen el café, que xa tá esfrecendo...
Condo s’ergueron da mesa y cada ún se foi ás súas cousas, el ama foi á cocía buscar á sobría. Encontróula sentada coas criadas, ocupadas en llimpar os cubiertos finos, escuitando muy atenta el qu’Antonia taba contándoyes, inda qu’a ella nun ye deu tempo a saber de qué trataba, porque na máis vella asomar na porta, callóu a veya y erguéuse Virginia del tayolo, desamarrando el mandil que ye deixaran y saludando á tía:
―Aquí me ten. Mande usté.
―Ven comigo. ¿Únde tan os homes? Vei chamallos que veñan subir as cousas mandóu a Sofía, salindo xa por a porta.
Subiron as escaleiras tía y sobría, seguidas dos tres criaos que llevaban el baúl y os outros paquetes. El cuarto que ye prepararan era igual de grande qu’el que tía na casa, pro nun se parecía en nada máis. Aquel cuarto tía úa cama de ferro con un colchón a qu’abultaba demasiao pra ser sargón, según lo vía desde a porta. Apartóuse pra deixar pasar a os que trían el baúl y, desque lo deixaron y se foron, entróu nel qu’iba ser el sou cuarto desde aquel día. Pasóu súa tía detrás d’ella y antias que podese tocar nada del qu’allí había, fíxoye volverse pr’hacia ella pra falarye:
―Desque t'acomodes, ven verme; tou nel cuarto del fondo del pasillo. Espero que tes abondo educada pra chamar antias d’entrar en cualquera dos cuartos y salas d’esta casa...
Condo al fin se foi a tía Malia, zarrando a porta detrás d’ella, quedóu Virginia as súas anchas pr’aferse al cuarto novo nel qu’iba vivir. El primeiro que fixo foi abrir de todo as contras, entornadas hasta entoncias, deixando qu’entrase toda a claridá del principio da tarde y soltar as foyas da ventá para que correse tamén a brisa inda fresca de febreiro. El sou cuarto daba a detrás da casa, abríndose al prao del llombo que desde el camín tapaba a casa, así que dábaye el sol na máis un pedacín de tarde, como ye taba dando nese momento. Volvéuse pra dentro y estudióu con máis calma el qu’había allí. A cama de ferro taba llimpa y a roupa parecía abondo nova; sentóuse con cuidao pra ver qu’encontraba y reconocéu un colchón de pelo de cocho, porque foya nun podía ser, enriba d’úas cordas que ye deixaban fundirse máis qu’as tablas da súa cama. Frente a ella tía el sou arcón cos outros paquetes nel pico y, máis cerca da ventá, el palancaneiro coa súa xarra, el caldeiro de porcelana con flores pintadas y un espeyo nel que fía brillos el sol; a os pes da cama, víu úa silla de madera col senteiro de paya, debaxo del percheiro colgao da parede. As tablas del piso taban oscuras pro llimpas y entre as vigas del techo nun se vían telarañas. Aquel era el sou cuarto y a aquello tía qu’acostumbrarse porque nun iba ter outra cousa.
Acabao de reparar el cuarto, quedóuse sentada mirando pra os pes, acordándose de todo conto deixara detrás ese mismo día y de todas as cousas novas que se ye presentaban delante y sentío outra vez a boca chía de sal. Erguéuse fendo un esforzo contra a propia voluntá y volvéu asomarse á venta, apoyando os codos na repisa y sacando a cabeza pra sentir un pouco máis de brisa que y’esclariase el ánima de tales penas. Despós d’un pedacín aventando as ideas d’ese xeito, metéuse outra vez pra dentro, pensando que súa tía debía esperar qu’aprovechase aquel pedacín pr’acicalarse un pouco, así que s’arrimóu al espeyo y repasóu el aspeto que tía. Puxo os paquetes nel pico da cama y abríu el baúl pra buscar a bolsa dos peines; con ella na mao volvéu pral palancaneiro y nun tuvo que buscar muito pra encontrar na madera úa punta pra colgar a bolsa; sacóu despós úa tualla y colgóula d’úa das esquinas del espeyo. Aquello xa s’iba parecendo al sou cuarto un pouco máis.
Llavada y repeñada, con úa toquilla máis nova qu’a que llevara nel viaxe pollos hombros, chamóu á porta que súa tía y'indicara y dixo el sou nome condo al outro llao perguntaron quén chamaba. A tía taba sentada a úa mesa copiando nun llibro el que llía noutros papeles, que Virginia supoñéu recibos ou cousas d’esas, porqu’aquello, por muito qu’a tía dixese, nun era un cuarto, senon máis ben un despacho ou daqué parecido. Erguéu Malia a vista del que taba fendo y, d’un oyada, reparóu nos cambeos que fixera a nena antias de dicirye nada.
―Pasa y séntate ei. ―Apuntóu pra úa silla de rejilla cerca da mesa. ¿Gústache el cuarto? Espero que sí, porque será el tou el tempo que vivas nesta casa... ―Miróula outra vez, mentras Virginia procuraba sentarse dereta y parecer tranquila. Parece qu’a lo menos traes dalgúa roupa curiosa. ¡Xa penséi qu’iba ter tamén que vistirte...! El miyor que podes fer é esqueicer el outra casa y el qu’houbese alló, porque xa tú ben sabes qu’aquello é todo de tou medioermao, gracias al espabilao de tou padre, que na gloria té, ―Movéu a mao dereta como santiguándose, pro sin fello de todo, porqu’eu soi súa ermá y por sello podo dicir que nun mostróu muitas lluces nel negocio que fixo con ese neno y súa madre y menos se pensaba casar outra vez como fixo... Porque tamén túa madre foi abondo..., porque mira que casar con un acoyido, que, falando claro, neso quedóu tou padre na propia casa da muyer, bueno, súa, y vei ella y cásase con él con tal panorama y todo, que menuda cinzarrada ye deberon meter a ese infeliz y todo pra nada, que pral que ye duróu... Eso sí, deixóuye outra boca que manter y nada pra fello máis qu’el que ganase trabayando pral sou propio fiyo, porque sou nada tía... ¡Ay Dios, vaya home! Casar casóu ben, pro nun tuvo idea nunca d’únde se metera con tanto acetar el qu’a muyer dicía: hala, trabaya que conto máis trabayes máis vei ter meu fiyo y se teis máis, ¡qué corran con úa mao delante y outra detrás...! ―Callóu un momento a muyer pra coyer aire y mirar outra vez pra nena, que nin se movera, escuitándola. Pro tú nun sabes nada da vida, nin del que tou falando. Vamos deixar os contos veyos agora que tas aquí, con túa tía, y nun importa nada del outro. ¿Trouxiche roupa abonda?
―Créu que sí.
―Tá ben. Se necesitas daqué, xa lo iremos vendo... Supoño qu’el que vía contigo él todo el que che van dar embaxo, ¿non?
―Nun teño nada que pedirye a meu ermao...
―¿Qué ermao teis tú? perguntóuye con intención a tía: Qu’eu saiba, el único que teis alló é un medioermao, y eso, se lo é, qu’eso na máis se sabe se é de madre, qu’hay muita por ei que... Vamos deixallo tar, que miyor será nun falar d’esas cousas. Así qu’el que trouxiche é todo el que teis, as cousas qu’usabas na casa y qu’eran túas: roupa veya y pouco máis...
―Non. ―Al sentir aquello, dito con tanto desprecio, Virginia nun puido callar máis y escapóuseye el xenio: Antes que morise padre, fixéranme roupa nova y despós Antón mandóu que me fixeran úa muda completa de lluto y outra d’alivio y condo me vía, inda me deu outro paquete de roupa nova...
―¡Eche ben espléndido el mozo...! ―Sacudío a cabeza Malia: Pra nun ter obligacióis contigo, inda se porta. Parez que é algo arrogante, inda seguro que yo pagache ben col tou trabayo, todo y máis que che dera...
―Fíxolo porque salíu d’él, porqu’é un bon neno, sempre lo foi...
―Sí, fíate dos bús nenos y verás únde chegas... ¿Y dices que che deu un paquete de roupa nova? Entoncias preparáchete ben pral viaxe...
―Eu non, nun sabía nada. Foi cousa súa. Déuma condo xa salíamos pr’acó... Dixo qu’era el meu dote... na máis decillo, arrepentíose, pro xa era tarde,
―¿El tou dote? ¡Acabáramos! ¡Ben sabe el que fai ese perdurable! ¡Cousa búa nun podía salir d’aquella bruxa!... ¿Así qu’é el tou dote? ¡Tres trapos mal cosidos pra pagarche el que trabayache pra él y que nun ye reclames nada...!
A moza taba xa asustándose del que taba escuitando naquel cuarto sen qu’acertase a encontrarye sentido a tanto espavento como fía súa tía por cualquer cousa que tuvese que ver coa casa da que vía. Quedaba claro qu’a Malia nun y’asentara nada ben qu’el sou ermao casase coa madre d’Antón, nin el trato que fixera col herencia, nin que volvese casar, nin nada que tuvese que ver cos da casa d’embaxo. Pro a Virginia nun y’agradaba que falasen así de sou ermao, ou medioermao, que tanto ye tía cómo ye chamase, nin que lo tuvesen por interesao nel qu’a ella ye tocaba, porque ben sabía ella cónto la quería Antón y que nun fora él quen ye fixera deixar a súa casa.
En voz baxa, pro firme, respondéuye a súa tía:
―Nun fale así d’Antón, qu’él nun ten culpa de nada. El qu’eu vise foi cousa súa y de padre, qu’él ben quería que me quedase. Y el que me deu como dote é xa muito máis del que tía que darme, que ben claro lo dixo sempre padre, pra qu’usté veña botándoyo na cara a él. De sou ermao, pode dicir el que quera, que pra eso lo é, pro del meu, miyor que nun fale, que nun lo conoce. Y se tanto ye molesta que té aquí, habello pensao antias de pedirye a padre que me mandase, porque, inda qu’él vivise, ben sei que m’iba mandar igual pr’acó, porque usté xa yo pedira... ―Callóu Virginia y quedóuse mirando pra súa tía, que desqu’empezara a falar a nena nun daba abasto a pestañiar y tragar saliva. Y, agora, siguío a nena: dígame qué vou ter que fer aquí pra poñerme a trabayar nel meu y nun darye motivos pra que volva insultar a toda a mía familia.
Compoñéu a tía úa sonrisa, fendo por parecer amable, y volvéu tomar a palabra, despós da descarga de genio da moza:
―Non, mía nena, non. Tú aquí nun es úa criada. Eu nun teño fiyos, nun soi casada, por eso ye pedín a tou padre que te mandara pra comigo. Tú alló nun tías nada, así que se vías, ibas ter aquí el tou. Vou pra veya y nun quero tar sola, sin naide de meu aquí pra que m’axude a llevar esto que, inda que nun lo penses, da trabayo y hay que saber fello. Chaméite pra qu’aprendas a llevallo y me faigas compaña. ―A nena siguía mirándola, esperando qu’acabase de falar. Xa irás vendo el qu’hay, pro quero que teñas sempre ben presente que tú es aquí como fiya mía y non úa criada, ¿tamos? ―Asentío Virginia sin dicir nada. Pos, entoncias, nun quero verte tratar cos criaos como se fósedes iguales. Tú es a señorita y nun teis nada que fer con ellos, como nun sía para mandar nellos. Y agora, ven comigo.
Erguéuse a tía da silla y salío del cuarto seguida de Virginia. Úa detrás del outra recorreron toda a casa desde el desván á cuadra y desde el forno á cortía, sin deixar sito nin cousa por ver. Acabao el paseo pra qu’a moza conocese ben a casa, volveron al cuarto nel que trabayaba Malia y púxose a esplicarye con todo detalle cómo llevaba a casa: el que yes cobraba a os que paraban nella, el que yes pagaba a os criaos, a cónto compraba cada cousa,... , y así hasta qu’empezóu a oscurecer y chegóu al cuarto el ruido de xente que chegaba pol camín.
Baxaron á cocía as dúas muyeres y allí Malia dispuxo con Antonia a cía pra ellos y pra os criaos. Saliron despós al entrada da casa unde tres homes y úa muyer taban alredor d’un banco xunto a porta, tomando el última brisa, inda tibia, da tarde.
―¿Salía muy fría hoy el augua? perguntóu cúa sonrisa el ama.
―Pos non muito, non. Parez que xa ven de camín el bon tempo qu’empeza a templarse el augua respondéuye a señora del grupo.
―A verdá é que nunca sale fría de todo nesa fonte, tá ben máis fría a del pozo este qu’aquella añadío outro dos presentes.
―El augua dos pozos sempre é a máis fresca de todas, se non, acórdese nel brao, se veu dalgúa vez, el que presta vir dos baños y tomar un papao d’esta augua recién sacada... falóu el que ye parecéu a Virginia que sería el home da muyer.
Llevaba esta muyer us guantes que ye chocaron a moza porque nun quedaban pegaos as maos como solían ser, senon que tábanye folgaos, como se fosen demasiao grandes pra ella. Procurando que nun se notase demasiao, tuvo Virginia estudiando el caso un bon pedazo, mentras tuveron fora falando del día, del tempo y del que iría fer al día siguinte. Condo el sol xa taba acabando d’esconderse detrás del monte, encoyéuse a muyer como se de golpe sentise muito frío y todos os presentes dicidiron que xa taba refrescando demáis a tarde, qu’era case noite, y botaron todos pra dentro sen perder tempo.
Estrañóuye á moza que súa tía nun la presentase, pro dicidío callar y esperar a ver qué pasaba, mentras la siguía escaleiras arriba col resto del grupo que se xuntara delante da casa. Según iban pol pasillo, foron cada ún entrando nel sou cuarto hasta que na máis quedaron ella y súa tía outra vez solas:
―Vei llavar as maos y deixa a toquilla nel cuarto que vamos ciar y hoy nun hay frío pra ter que tar con ella na mesa. Condo acabes, espérame aquí, que temos que baxar xuntas. ―Y, coa misma, siguío camín del sou cuarto, deixándola a ella na porta del sou.
Fixo el que ye mandara a tía y salíu á porta esperalla. Nun tardóu muito en chegar xunto a ella, tamén sin toquilla y coa cara chía de polvos blancos y os llabios máis coloraos del que Virginia s’acordaba que los tuvese.
―Teis qu’acostumbrarte a prepararte un pouco máis prás comidas. Xa nun tás na casa del aldea da que veis. Aquí xa viche qu’hay xente d’alta y hay que tar al altura d’ellos, neso tá el noso pan: ésta é úa casa pra xente fina y non pra cualquera que veña a os baños. Xa viche antias cómo tán os cuartos y el que nosoutras nun parezamos aldianas tamén conta, y non pouco. Hay que saber comportarse y tratallos como tán acostumbraos, pro d’igual a igual, que nosoutras nun somos criadas de naide, ¿eh?... ―Coa charla de Malia chegaron á porta del comedor, unde xa taban acomodaos os dous homes máis veyos.
Al ver chegar á tía y á sobría, erguéronse pra saludallas y hasta qu’ellas nun se sentaron, nun volveron a fello ellos. Colocóu Malia á moza frente a ella, na cabeceira da mesa máis pegada á porta, y foi sentarse ella al sou sito de sempre, nel outra cabeceira. Desde unde taba, Virginia podía ver por entre as contras entornadas el brillo del río conforme corría el augua, formando olías, y os árboles da veira sin qu’úa brisa movese as canas sin foyas; nel pedacín de cielo que vía desde allí nun había inda estrellas, nin se vía a llúa que, según s’acordóu nel momento, debía tar xa casi chía. Sacáronla d’estos pensamentos as campanadas del reló qu’había colgao entre as dúas ventás y, al mismo tempo, abríose a porta del comedor y entróu el matrimonio que faltaba pra completar a mesa. Deron as búas noites y pediron perdón pol tempo que fixeran esperar por ellos pra ciar. Acomodaos na mesa frente os dous homes, tomóu Malia a palabra:
―Búas noites a todos. Antias d’empezar a ciar, quero presentaryes a mía sobría Virginia, que chegóu hoi y vei quedar aquí comigo. ―Todas as miradas se pousaron na moza, como se acabase d’aparecer delante d’ellos mentras falaba súa tía. Virginia: éstos son os señores Vázquez, doña Cecilia y don Acacio, el señor Molina, don Másimo, y el señor Gómez, don Bonifacio.
Feitas as presentacióis, tocóu Malia úa campanilla de timbre chillón, que fora a que de tarde sentira Virginia desde a cocía, y al punto entróu Sofía cúa sopeira y púxose a sirvir. Pasóu a cía sin que ningún dos seis volvese dicir palabra, pendente cada ún del sou plato. Tuvo que procurar Virginia acordarse del qu’aprendera fixándose ben nel cura as veces que comera na casa pra ter bon cuidao de nun fer nada inconveniente delante de personas d’alta y deixar mal a súa tía. Ben prefería ella tar ciando cos criaos na cocía, sen tanto protocolo como allí, tendo que pensar cada cousa que fía pra nun quedar como úa paleta delante d’aquella xente y, pior inda, de súa tía.
Retiraos os platos da cía, parecéu qu’a xente recuperara a fala y sen presa ningúa, puxéronse a falar d’úa cousa y d’outra; encenderon os homes ús cigarros y sacóu Malia ús dulces pr’as muyeres. Virginia, inda azorada por a vergonza de ter que comer con tanto señor, dedicóu el tempo qu’inda tuveron nel comedor a reparar en cada ún dos presentes, aproveitando que naide falaba con ella. Pouco tardóu en reparar qu’a muyer, doña Cecilia, como súa tía ye chamara, nin pra comer quitara os guantes de feitura rara; miróu pra súa tía, pensando se sería normal comer con ellos, pro Malia tía as maos al aire como ella y como os homes. Nun eran tampouco os guantes el único raro naquella muyer; llevaba tamén úa roupa que ye tapaba el pescozo casi hasta as oreyas y a cara tan embadurnada que parecía úa mázcara, conforme la vía ella coa lluz dos candiles qu’allumaban a mesa. Pasóu llougo a reparar nos homes, todos máis veyos que novos, con bigotes llargos y casi blancos, ún medio calvo y os outros dous col pelo tirando a blanco; el home de doña Cecilia taba vistido cún daqué que ye parecía un veyo disfrazao de mozo, mentras os outros dous, solteiro ún y viudo el outro, parecían sacaos d’un armario de fía cen anos a os oyos da moza. Súa tía, frente a ella, nun iba tampouco muito máis llonxe qu’os demáis; por muito que fixese por rirse a súa cara nun perdía miga de seriedá y os oyos, un pouco saltóis, parecían tar llevando de conta cada faraguya de pan comida ou tirada nel mantel. Á moza escapóuseye un suspiro del alma al acordarse das noites na casa d’Antón, unde ciaban menos y sen tanto espavento, pro ríanse máis y rara era a noite que, na súa casa ou na dalgún vecín, nun se xuntaba un peteiro y pasaban un bon pedazo de risas y contos.
Miróu el ama a súa sobría y condo xa Virginia baxaba a cabeza outra vez avergonzada, erguéuse dicindo:
―Veña: xa é hora de retirarse. Mía sobría tá cansada del viaxe y mañá é outro día pra siguir falando. Búas noites.
Inda esperóu Malia que saliran os de fora, llevando cada ún úa palmatoria prendida nas mechas dos candiles, antias de salir ella, despós d’apagallos, con Virginia coyida por un brazo y nel outra mao a súa palmatoria.
―Xa teis nel cuarto un candil y úa bacenilla pra que nun salas de noite al escusao. El candil podes deixallo prendido pro el máis baxo que podas. Y agora, dame un chucho y búas noites. Portáchete como esperaba, así me gusta. Xa vexo qu’es abondo espabilada... ―Condo Virginia entróu nel sou y zarróu a porta, Malia siguío falando sola, sin naide que la escuitase, camín del sou.
Puxéranye nel cuarto, ademáis del candil y a bacenilla, úa mesita xunto á cama y un cobertor doblao nos pes. Deixóu a palmatoria na mesita xunto al candil y acercóuse á ventá, inda coas contras abertas; nel cielo azul da noite empezaba a brillar dalgúa estrella sen muita xira por mor da llúa que tamén taba salindo, inda que desde a súa ventá nun la vía inda. Allí nun tía casas nin árboles que ver, nin sequera el mar alló pral fondo; na máis tía un prao que nese momento víase tan gris como sintía ella el sou ánima alló dentro. Zarróu as contras, como se pechándolas deixase fora tamén a súa tristeza, y prendéu el candil.
Condo foi abrir el arcón pra coyer a camisa de dormir, reparóu nel paquete que ye dera Antón, acordándose de qu’inda nun lo abrira. Sentóuse na cama col paquete xunto a ella y empezóu a abrillo, desatando con cuidao el cordel fino que prendía el papel d’envolver; apartóu despós el papel, máis fino qu’el que s’acostumbraba a usar. Taba claro qu’Antón quixera ferye un regalo muy especial: desfixo el última volta del paquete y encontróu al fin a roupa. A roupa y daqué máis porque, d’entre as camisas con puntillas, as sayas bordadas y as sábanas del ajuar, salío úa faltriqueira ben chía. Coa bolsa na mao, sin dicidirse a abrilla, quedóuse parada sentindo outra vez qu’el puñao de sal que tuvera todo el día na boca medraba hasta case quitarye el alento; pasóu outra vez el mal trago y afloxóu as cintas da faltriqueira. Allí dentro había máis duros dos que vira nunca xuntos, nin condo sou padre xuntaba os cuartos das terras a renta, nin os de pagar a os que vían trabayar de fora. Pro allí dentro, ademáis d’aquella riqueza de cuartos, había tamén un pedazo de papel doblao nel que, al estendello, reconocéu as lletras que pintaba sou ermao condo tuveran aprendendo con aquel maestro que trouxera el padre pra que y’ensinase as lletras y os númaros a Antón y que, como iba cobrar el mismo por ún que por dous, pedíraye sou ermao que y’ensinase tamén a ella. Naquel papelín escribíraye Antón el que nun ye dixera condo se fora aquella mañá da casa pra nun volver máis: todo el que la iba botar en falta y el muito que ye dolía que los separasen así, sin contar con ningún dos dous; tamén ye recordaba que prometera mandarye novas y nun olvidar a sou ermao por muitas voltas y revoltas que yes fixese dar a vida; botábaye como despedida qu’aquello que ye daba era pra ella, por se dacondo necesitaba axuda, pra que nun volvesen dicidir por ella y pra que naide ye volvese a dicir, como tantas veces fixera sou padre, qu’ella nun tía nada sou.
Aquel paquete que sou ermao ye metera nel carro era muito máis qu’el dote; era a vida qu’él quería pra ella. Ben sabía Virginia que, se sou padre nun houbese disposto qu’ella nun podía siguir na casa con sou ermao y la houbese mandao pra con súa tía, Antón houbese cuidao d’ella miyor que naide, buscándoye un bon casorio, del gusto dos dous, y esmoléndose por ella, como lo fixera hasta entoncias. Naquel papelín tía Virginia as palabras, y as intencióis, máis cariñosas que recibira nunca, porqu’Antón, que la quería ben desque nacera, nun era mui dao a dicir de palabra el que sintía, inda que ben lo mostraba col que fía.
Colocóu as cousas outra vez como vían nel paquete y envolvéulas nel papel para volvellas al pico del baúl, col intención de guardallo dentro condo s’erguese al día seguinte, y metéu el papelín escrito debaxo del almuada para tello cerca toda a noite, como se así tuvese máis cerca a quen lo escribira, sou ermao querido. Acabóu al fin de desvestirse y metéuse na cama pra ver se dormía un pouco, a pesar del sito novo, da cama estraña y de todo el que vivira nese día tan llargo. Baxóu de todo a lluz del candil y buscóu naquella cama tan blanda a postura na qu’adormecía nel outra, pro parecéuye que nun fía máis que dar voltas, desconsonándose toda.
Al hora de todos os días, estrañada de nun sentir inda nin as pitas nin el gao chamando col ameicida, despertóu sin saber únde s’encontraba. Despós del primer momento, acordóuse de todo el que pasara el día antes; avivóu a llama del candil y erguéuse abrir as contras. Antes de salir del cuarto, colocóu as cousas que trouxera nel sito que yes tocaba y guardóu el paquete de sou ermao nel fondo del arcón. Condo xa baxaba as escaleiras deu el reló del comedor el hora: inda faltaba media pra que sirvisen el almorzo, así que foi ver qué taban fendo na cocía.

lunes, 13 de abril de 2020

Augua mansa 1.


El arcón iba enchéndose pouco a pouco, a cada volta da moza pol cuarto, pañando d’aquí us panos, d’alló úa toquilla ou úa saya qu’inda poñía... Taba pra cumplirse el plazo y tía que tar todo preparao pra condo chegase el momento. Condo acabase de recoyer aquellos cuatro trapos, xa nun iba quedar nada sou naquella casa, porque hasta os recordos íbanse ir con ella.
Aquella misma mañá fora á primeira misa, rezar pol sou padre nel cabodaño, sin poder sacar da cabeza el que, porque él quixera, tía que fer ella nese momento. Nun fora nada el perdello a él, sou padre, quixese ou non, senon que, por riba, tía que perdello todo. Ben sabía ella que nun era máis qu’a fiya de fora, qu’era Antón el qu’iba quedar con todo, pro sempre esperara poder quedar hasta qu’encontrase outro acomodo, casándose ou índose servir por ei.
A fiya de fora. Mentras qu’Antón era el patricio, por máis veyo, por home y por ser fiyo da primeira muyer del sou padre, da qu’era todo el que tían. Y nun era mal neno, que tampouco era culpa súa el que ye pasaba a ella, nin podía fer nada porque nun pasase. Pro era todo sou y el sou padre pensara qu’ella nun tía nada que fer allí despós qu’él morise. Antón nun la botaba, queríala ben inda que na máis fosen medioermaos y se por él fose, ella nun marchaba d’allí, pro el veyo deixáralo así mandao y nun podía fer nada.
“Tú nun teis nada que fer aquí. Se eu me vou d’esta, é miyor que marches para con túa tía. Xa lo temos falao; y se non, ibas irte igual máis pr’alante...” Con aquello acabárase el qu’había qué falar; nun yes deixóu dicir nada nin a ella nin a Antón, que taba delante y quixo protestar. Xa taba todo dicidido sin contar con ella nin col sou ermao. Aquello de qu’ella nun tía nada allí era algo que ye recordaran desde qu’era nena a cada punto. Primeiro súa madre, mentras vivío: “tú y eo aquí nun somos naide, calla y fai el que che digan”, eso era el que máis recordaba d’ella y eso qu’era ben nena condo morrera. Despós fora sou padre el que yo recordaba deseguido: “nun t’esmolas tanto que tú nun teis nada”, “déixalo tar que nun é nada tou”... El único sou era el trabayo y el que quixesen darye.
A madre d’Antón morrera al pouco de tello a él, deixándoyo todo al neno, se vivía, pro mandando que fose el padre quen velase por él como miyor ye parecese y al padre parecéuye qu’iba iryes miyor se el neno tía outra madre y él, outra muyer; y encontróu úa que los quixese, inda que nunca chegase a ter nada sou nin dos sous, porqu’el home deixárayo todo al ermá de casa y ella nun tía máis qu’el dote, úa cama y un puñao de perróis que nun chegaban pra nada. Pouco ye durara tamén esta muyer, pro foi abondo pra cuidar del neno y darye outra fiya antias de deixallo solo outra vez. Despós d’eso, nun quixo máis muyeres na casa y el home tiróu solo hasta que puido.
A casa era grande y el trabayo sempre se fixera con axuda de criaos y vecíos, condo chegaban os atracois, así qu’el home velóu pol fiyo y el sou y deixóula a ella coa criada que tían na casa y as muyeres qu’iban axudar condo las chamaban, pro cuidando que nun esqueicese qu’era a súa fiya nin que naquella casa nun iba ter nada sou. Al principio aquello chocáraye á nena; ser a fiya y nun ter nada era para ella recibir un trato sen merecello. Acordábase de súa madre falándoye sempre como se ellas foran as criadas y sou padre quería que nun fose como as nenas del pueblo; nun tía nada, nin iba ter, por os sous padres, pro todos la trataban, y ella tía que comportarse, como se fose d’alta. A nena nun entendía nada de todo aquello, pro fía el que ye dixera súa madre: callar y fer el que ye dicían.
Col sou medioermao llevábase muito ben; desde nenos enredaban xuntos condo tían un pedacín desacupao y entre ellos nun importaba quén tía ou nun tía allí el sou. Antón era un neno noble e, inda que sabía que todo aquello era sou, nunca yo botóu na cara á súa ermá porque nun y’importaba nada con tal de tella cerca y cuidar d’ella como condo era pequena y él se sentaba xunt’al berzo pr’arrollalla. Tamén él sentira muitas veces dicir a sou padre que todo aquello era sou y que Virginia nun tía nada allí: sentíralo cada vez que falaban de cualquer trabayo, ou de comprar, ou de vender daqué, y a nena dicía algo; pro a él nun y’importaba de quén fose, el que quería era que tamén ella dicidise y escoyese quedar ou marchar.
Outra volta pol cuarto y xa taba todo recoyido nel baúl y nun petate de mao. Todo el que tía taba listo pra deixar el sito con ella. Fía un ano que morrera sou padre y col lluto deixaba tamén aquel sito unde sempre vivira. Así quedara disposto y así tía que ser.
Deixóuse cayer sentada na cama con un suspiro. As foyas de meiz, cambiadas inda nun fía tres meses, cederon un pouco al sou peso y sentío cómo se corría úa das tablas qu’aguantaban el sargón, á que nunca y’encontraba xeito pra qu’asentase. As tablas del piso anunciaron que daquén chegaba xunto a porta antias que petasen:
—¿Xa tás? — Botóu un oyada pol cuarto sin moverse da porta.
—¿Pensabas qu’iba botar todo el día pra recoyer cuatro trapos? —Ríose a nena mirando al sou ermao:—¿Inda nun quitache el traxe? Fai por él que ten que chegarche á boda...
—¿A qué boda? Porqu’el que é á mía... —Al sentarse xunto a ella, a tabla volvéu correrse: —Inda nun che busquéi outra...
Callóu de golpe al percatarse de que xa nun iba ferye falta y quedaron os dous mirando pra os pes. Úa pita escacarexaba na corrada y por eir debía andar el criao, porque podían sentillo xiprar. El can del vecín lladraba como ún descosido, como sempre.
—¿Inda nun chegóu el carro? —perguntóu Virginia, sabendo que non.
—Tará al chegar. Seguro qu’a túa tía nun y’esqueicéu... ¿Has mandar novas?
—Se podo... Y tú tamén, ¿eh? Teis que cuntarme cómo che vei con Rosía...
—Se houbese qué cuntar... —Erguéu os’hombros Antón.
Antias que Virginia podese responderye, sentíose chegar el carro á corrada. Callóu el criao de xiprar y sentiron falar úa voz estraña. Sin dicir nada, erguéronse os dous y saliron del cuarto. Baxaron el arcón y acomodáronlo nel carro, subío despós a moza col atao y, xa taban a piques de marchar, condo Antón chamóu al criao y aperecéu éste, trendo un paquete preparao muy curioso.
—Ei teis. É el tou axuar. Nun ibas irte de casa de valleiro, dixese el que dixese noso padre... Adiós, Virginia. Cuídate muito... —Sin deixar falarye, el emao deu volta pr’hacia casa y el arrieiro afalóu ás mulas.
Allí quedaba todo conto hasta entoncias conocera Virginia: a casa, a xente, el pueblo, os costumes y os trabayos. Camín alante, naquel carro que súa tía Malia mandara buscalla, sintíase outra vez úa nenía y ésta sin a mao amiga d’Antón para llevalla por unde había qu’ir, como fixera condo morira súa madre y él la sacara del cuarto unde as muyeres iban preparalla, ou condo se perdera naquella feira y fora él buscalla. Esta vez nun taba Antón al sou llao, iba ella sola naquel carro que la llevaba a outra casa, a outro pueblo, con outra xente que nun conocía de nada.
Sabía por sou padre qu’a tía Malia vivía na casa da familia, úa casa grande de máis pra úa muyer sola. Pol qu’ella podera entender, nun tía muitas terras nin rentas de nayundes, pro nun trabayaba máis que na casa, unde, pol que se vira, tía xente de fora ocupando as veces os cuartos desacupaos. Era el única ermá que tía sou padre y por eso quería qu’a sobría fose pra con ella. Aquel viaxe que taba fendo taba planiao desde fía muitos anos y a morte de sou padre el único que fixera fora adelantallo, igual dous ou tres anos, el tempo qu’Antón tardase en amañar boda y trouxera á casa úa muyer con máis dereitos de tar qu’ella.
Talmente parecía qu’aquel día nun había en toda aquella terra úa feira nin mercao. El camín rial taba valleiro de caballerías y carros y en todo el viaxe na máis cruzaron tres aldeas nas qu’a xente que se vía taba trabayando as terras ou iban camín dos pozos ou as fontes, caras todas que nun conocía de nada condo miraban pral carro que pasaba. Nun soubo cónto tempo seguiran el camín rial, pro condo lo deixaron foi pra coyer un camín que siguía un río entre árboles. Se antes parecíaye á moza que nun encontraba únde pousar os oyos condo cruzaban entre eiros valleiros, separaos por paredes sempre mouras de pizarra y por entre casas de pedra moura nos poucos pueblos qu’atravesara, agora nin sequera podía buscar qué mirar con árboles y maleza a un llao y outro, qu’a pedacíos s’abrían pra deixar ver un pouco de río, y el camín de pedras y terra delante del carro, y por riba de todo el cielo demasiao azul pral tempo nel que taban.
Y el carro siguía andando. Virginia xa taba cansada d’aquel viaxe que parecía nun acabar nunca, da canción qu’el arrieiro siguía cantando por baxo desque saliran da casa y que tampouco acababa nunca, del paso sempre igual das mulas, del ruido das rodas y de nun poder moverse d’unde iba sentada. Tuvo bon pedazo dudando se preguntarye al home cónto faltaba pra chegar á villa, pro sintía a boca tan seca, y non por sede, qu’íbanseye as poucas ganas que tía de falar. Nun era nena de chorar, nunca lo fora, pro ben conocía ella el sentido que tía aquel secaño; el sal das llágrimas que nun choraba íbaseye xuntando nel gaznate, secándoye a boca como se nun tuvese saliva y, por muito que bebese, nun era quén a quitar el secaño que nun ye deixaba falar.
Al fin, el arrieiro deixóu de cantar y botóu mao del botixo que llevaba á sombra da tabla unde iba sentao. De primeira intención, foi erguello pra beber él, pro, condo xa lo tía a medio camín, parecéu acordarse de golpe da nena y volvéuse a medias pr’hacia ella, apurríndoye el augua:
—¿Quer un papao? —Sen esperar resposta, púxoye nas maos el botixo y esperóu a que bebese, mentras as mulas siguían al sou paso.
—Gracias —como se aquel augua, inda con sabor a anís, ye dese forzas á súa voz, Virginia acabóu por perguntar: —¿Falta inda muito pra chegar?
Despós de botar un bon chorro nel gorgoleiro, baxóu el paisano el brazo y quedóuse un momento parao pestañiando, como se a pregunta fose demasiao complicada pra contestalla sin pensar antias. Nesto, úa das rodas del carro coyéu un bache que ye fixo bandiar, sacando al arrieiro da cavilación:
—Despós d’esa curva que ven ei, temos que deixar este camín y coyer outro que xa vei á villa direto... —Deixóu el botixo unde taba antias y volvéu mirar pral camín, inda qu’as mulas nun parecía que necesitasen ningún guía pra seguillo, poñéndose outra vez a cantar a canción d’antias.
Chegóu a curva qu’anunciara y tomaron pol camín que subía úa costa separándose del río. Condo chegaron enriba, os árboles quedaron detrás y volveron verse eiros y dalgún prao nel que pacían oveyas de llá llarga y abondo cocha. Con aquel día de sol, víanse un montón d’abeyas buscando flores y nun tardóu a nena en descubrir os trobos al abrigo de cada parede y nos cortíos de pedra nel monte al outro llao del río. Pasao el llombo que subiran, puido verse xa a villa que dixera el arrieiro y Virginia deixóu salir un suspiro d’alivio, adelantándose al que contaba sentir condo al fin podese baxarse del carro. Aquel camín que coyeran era pior qu’el outro, d’un bache iban dar a outro y as rodas nun daban dúas voltas parexas tocando el tarrén, así a baxada á villa, que ye parecera tan cerca á nena, fíxose inda ben llarga por muito qu’as mulas, col axuda da baxada, aceleraran un pouco el paso.
As casas de pedra moura brillaban á lluz das doce, que cayía del cielo despexao de nubes naquel día de febreiro, parecendo a os oyos dos que las vían de llonxe un pueblo d’acebache, inda que, al chegarse por aquel camín endemoniao, cada bache, máis que cada paso, iba rompendo el encanto al descubrir as pequenas miserias de cada casa. Miga d’aquello ye importaba demasiao a Virginia, máis preocupada por chegar d’úa vez que d’outra cousa, por lo que, condo vío qu’el carro nun poñía fachas de parar y xa pasaban á villa, chamóu al arrieiro, algo amoscada:
—Oiga, ho: ¿inda nun chegamos?
—Xa falta menos. Agora xa casi tamos: é baxar al outro llao y xa tá.
Con éstas, deixaran detrás as últimas casas y enfilaban outra costa tan chía de baches como el camín hasta el pueblo. Virginia volvéu pousar el atao y el paquete nel asiento al sou llao y cruzóu as maos nel collo pr’armarse de pacencia y aguantar el viaxe qu’inda nun sabía cóndo iba acabar. Condo esta vez chegaron al pico da costa, nun parecéu ningún pueblo de casas xuntas, senon cuatro ou cinco bordiando el camín y, despós, peteiros d’árboles que quitaban de ver únde daba el camín despós da primeira volta. Outra vez pasaron as casas sin pararse y xa taba perguntándose s’entendera mal por contar que con baxar a costa xa chegarían condo, al volver a primeira curva entre os árboles, el arrieiro frenóu as mulas pra coyer un carreiro d’herba. Detrás d’un desnivel que desde el pico da costa nun deixaban ver os árboles, taba úa casa abondo curiosa y un pouco máis embaxo, unde volvía verse el camín desde delante da casa, había outro edificio baxo y allargao.
Paróu el carro de todo y baxóuse el arrieiro axudarye a Virginia condo na porta da casa asomaron dúas muyeres y, al momento, xa taban xunto al carro saludando y chamando a ún que vise axudar a baxar el baúl. A muyer máis veya foi a primeira en coyer á nena, chuchándola y abrazando nella, mentras el outra, del tempo de Virginia ou por ei, quedóuse un pouco detrás sin decidirse a fer como a veya. Nun ye parecía á recién chegada qu’aquella muyer que tanto abrazaba nella fose súa tía, porque, inda que tía que ser un pouco máis veya del qu’era sou padre, nun podía sello tanto como aquella muyer. Pro, entoncias, ¿quén era?
Despós que la soltóu a muyer, poñéndose a dar voces chamando pra que vese máis xente, tocóuye saludar al outra moza, que s’achegóu a ella muy someira, como se nun s’atrevese a falarye, pro, al fin, y vendo que Virginia tampouco sabía qué fer, ríose pra ella y coa misma abrazóula y chuchóula, inda que sin tanto énfasis como a veya. Aparecéu al fin a xente que chamaran y puido a moza enterarse de quén era cada ún y de que súa tía era a que nese momento asomaba na porta.
Baxaos todos os bártulos del carro, lleváronlo a un cabanón qu’había allí mismo xunto á casa pra desapareyar as mulas y atendellas, mentras Virginia s’achegaba á porta saludar a súa tía, xa qu’ella nun parecía ter intención de salir recibilla fora. Conforme a criada, qu’era quen primeiro salira, recibírala como se la conocera de sempre, como a fiya del neno da casa, a quen ella cuidara desde qu’era ben pequeño, súa tía miróula del pico al fondo antias de siquiera botarye media sonrisa; despós d’aquel esamen deu un paso pra fora y esperóu qu’ella s’achegase.
Virginia nunca fora cobarde y aguantóuye a mirada a súa tía hasta qu’acabóu el repaso y condo se deu por mirada, nun esperóu nada pra saludalla y darye un chucho en cada papo, inda qu’ella quedase tesa como un palo. Mentras duróu el escena, todos esperaban callaos y sin moverse, sin saber cómo iban ir as cousas entre as dúas desconocidas.
—Vamos pr’adentro. Xa pasa del hora de xantar, así que hoy vas ter que fello na cocía cos criaos. Desque comas, enseñaréiche el tou cuarto y os trabayos que vas ter aquí... Y vosoutros, ¿qué fedes ei paraos mirando? Metede esos paquetes pral pasillo e ide pra cocía que de tarde hay muito que fer. Andando.
Y, abrindo el paso, volvéu entrar na casa. Detrás d’ella pasaron as criadas con Virginia, despós, os dous mozos llevando el baúl y, cerrando el grupo, el arrieiro, de volta da cuadra d’atender as mulas. Inda antias d’irse al sou cuarto, tuvo a tía de Virginia que pararse xunto á porta da cocía pra dar os últimos avisos:
—Acabái axina, nun tedes toda a tarde pra xantar qu’hay muido que fer.
Acomodáronse os tres homes nel escano como tían costumbre, mentras as muyeres poñían platos y cuyares á mao. Quedárase Virginia na veira da porta mirando cómo se dispoñían conforme al de todos os días y nestas taban condo Antonia, a criada máis veya, paróuse en seco coa garfella en alto, según taba poñendo caldo nos platos, y volvéuse pr’hacia os homes:
–Tá ben, ho, tá muito ben... ¿Y a nena únde se senta?
Callaron os homes y paróu a moza de sacar cousas del conqueiro. Despós d’un momento, erguéronse del escano y quedáronse deretos sin saber únde poñerse, nin qué fer, ni decir.
—Senta ei tú, nena, que tarás máis cómoda... —mandóu Antonia.
—Non, por mín que queden ellos sentaos. Eu como unde vosoutras... —Como naide se movía, senon que siguían miran pra criada, Virginia recuperóu el tono qu’usaba na casa condo daquén nun ye fía caso: —Sentáivos ei y comede, que falta vos fai. Y usté, —falóuye a nena: —acabe de servir qu’esfrece el caldo y despós nun hay quen lo coma...
Como se el brío novo que mostraba a moza fose abondo pra convencellos, obedeceron todos volvendo al sou sito y ocupaciois. Acabóu Sofía de sacar os cacharros y siguío Antonia servindo el caldo pra os seis; sentáronse as tres nel banco del outro llao da cocía col plato y a cuyar núa mao y un pedazo de pan nel outra. Nun ye soubo el caldo a Virginia como el que se fía na casa de sou ermao, nin el pan como el qu’amasaba ella con Petra cada sete días, pro coméu sin dicir nada, y sin fame, hasta acaballo todo, hasta el augua que ye puxeran nun pocillo.
—Pedro: vei buscar úas manzás al payeiro y nun te quedes durmindo a sesta pol camín. Sofía: pon el café que llougo van baxar y pedillo.
Mentras os outros dous homes liaban un cigarro, Antonia púxose a estragayar os cacharros sin deixar que Virginia y’axudase. D’allí a un bocadín volvéu el mozo cúas manzás coloradas de peleyo brillante, inda con dalgúa paya pegada, igual qu’os calzóis de Pedro, y púxolas na meseta xunto Antonia, quedándose xa con úa.
—Déixalas ei. Virginia: escoye a que miyor che pinte, inda que talmente parez qu’hoy éste escoyéu das máis curiosas.
Despós de coyer úa Virginia, puxo Sofía tres na mesa del escano y quedóuse ella con outra, restregándola contra el mandil antias de darye un bon bocao que fixo correr el augua por a mao da moza. Vacióu Antonia el augua dos platos nel caldeiro de llevar a os cochos y sentóuse comer a súa manzá. Daba el arrieiro as primeiras cabezadas da sesta, según taba sentao, mentras el outro home rumiaba na boca con poucos dentes os pedazos qu’iba sacando cúa navaya da manzá y el máis mozo, sentao nun tayolo, sacaba virutas d’un pedazo de madera, mentras as dúas criadas preparaban a bandexa cos bártulos pral café. De sopetón, na callada calma da cocía resonóu a música nerviosa dúa campanilla.

sábado, 4 de abril de 2020

Domingo de Ramos


A festa empezaba xa el día antias, sábado de tarde, indo al monte buscar lloureiro, el máis florido y tan grande como se pudiese con él. A competición entre os nenos por ver quén lo llevaba máis grande y lo erguía máis alto al momento da bendición; que nun era broma aguantallo dereto mentras el cura rezaba y llía el evangelio del entrada en Jerusalén. Nin os monaguillos querían quedar detrás y hasta el sacristán, encargado de poñer os ramos na tribuna, buscaba poñer ús máis grandes cada ano.
Oliva víase pouca. En toda a contornada nun había máis que dúas y non todos os vecíos tían valor ou confianza abonda pra ir pedir úa canía, inda que os amos sempre cortaban canas y deixában las na veira del camín pra quen quixese coyer. Eso era máis cousa das nenas, qu'adornaban os sous, máis pequenos y igualados, con llazos y hasta dulces y gustábayes llevar dos dous.
Tamén taban os que máis terra tían. Esos llevábanlos ben grandes pra ter abondo con que bendecir as terras el día de san Marcos: “Fora rás, fora sapos, fora toda maldición, qu'aquí ven el augua santa y el ramo da Pasión”, fer a cruz col lloureiro moyado nel augua bendita y deixar chantada nel estreme del eiro a cana de lloureiro bendito.
E verdá qu'as máis das veces, xa benditos os ramos, chegaban ben escamotados á casa de vir pol camín dándose ús a os outros con ellos.