lunes, 13 de abril de 2020

Augua mansa 1.


El arcón iba enchéndose pouco a pouco, a cada volta da moza pol cuarto, pañando d’aquí us panos, d’alló úa toquilla ou úa saya qu’inda poñía... Taba pra cumplirse el plazo y tía que tar todo preparao pra condo chegase el momento. Condo acabase de recoyer aquellos cuatro trapos, xa nun iba quedar nada sou naquella casa, porque hasta os recordos íbanse ir con ella.
Aquella misma mañá fora á primeira misa, rezar pol sou padre nel cabodaño, sin poder sacar da cabeza el que, porque él quixera, tía que fer ella nese momento. Nun fora nada el perdello a él, sou padre, quixese ou non, senon que, por riba, tía que perdello todo. Ben sabía ella que nun era máis qu’a fiya de fora, qu’era Antón el qu’iba quedar con todo, pro sempre esperara poder quedar hasta qu’encontrase outro acomodo, casándose ou índose servir por ei.
A fiya de fora. Mentras qu’Antón era el patricio, por máis veyo, por home y por ser fiyo da primeira muyer del sou padre, da qu’era todo el que tían. Y nun era mal neno, que tampouco era culpa súa el que ye pasaba a ella, nin podía fer nada porque nun pasase. Pro era todo sou y el sou padre pensara qu’ella nun tía nada que fer allí despós qu’él morise. Antón nun la botaba, queríala ben inda que na máis fosen medioermaos y se por él fose, ella nun marchaba d’allí, pro el veyo deixáralo así mandao y nun podía fer nada.
“Tú nun teis nada que fer aquí. Se eu me vou d’esta, é miyor que marches para con túa tía. Xa lo temos falao; y se non, ibas irte igual máis pr’alante...” Con aquello acabárase el qu’había qué falar; nun yes deixóu dicir nada nin a ella nin a Antón, que taba delante y quixo protestar. Xa taba todo dicidido sin contar con ella nin col sou ermao. Aquello de qu’ella nun tía nada allí era algo que ye recordaran desde qu’era nena a cada punto. Primeiro súa madre, mentras vivío: “tú y eo aquí nun somos naide, calla y fai el que che digan”, eso era el que máis recordaba d’ella y eso qu’era ben nena condo morrera. Despós fora sou padre el que yo recordaba deseguido: “nun t’esmolas tanto que tú nun teis nada”, “déixalo tar que nun é nada tou”... El único sou era el trabayo y el que quixesen darye.
A madre d’Antón morrera al pouco de tello a él, deixándoyo todo al neno, se vivía, pro mandando que fose el padre quen velase por él como miyor ye parecese y al padre parecéuye qu’iba iryes miyor se el neno tía outra madre y él, outra muyer; y encontróu úa que los quixese, inda que nunca chegase a ter nada sou nin dos sous, porqu’el home deixárayo todo al ermá de casa y ella nun tía máis qu’el dote, úa cama y un puñao de perróis que nun chegaban pra nada. Pouco ye durara tamén esta muyer, pro foi abondo pra cuidar del neno y darye outra fiya antias de deixallo solo outra vez. Despós d’eso, nun quixo máis muyeres na casa y el home tiróu solo hasta que puido.
A casa era grande y el trabayo sempre se fixera con axuda de criaos y vecíos, condo chegaban os atracois, así qu’el home velóu pol fiyo y el sou y deixóula a ella coa criada que tían na casa y as muyeres qu’iban axudar condo las chamaban, pro cuidando que nun esqueicese qu’era a súa fiya nin que naquella casa nun iba ter nada sou. Al principio aquello chocáraye á nena; ser a fiya y nun ter nada era para ella recibir un trato sen merecello. Acordábase de súa madre falándoye sempre como se ellas foran as criadas y sou padre quería que nun fose como as nenas del pueblo; nun tía nada, nin iba ter, por os sous padres, pro todos la trataban, y ella tía que comportarse, como se fose d’alta. A nena nun entendía nada de todo aquello, pro fía el que ye dixera súa madre: callar y fer el que ye dicían.
Col sou medioermao llevábase muito ben; desde nenos enredaban xuntos condo tían un pedacín desacupao y entre ellos nun importaba quén tía ou nun tía allí el sou. Antón era un neno noble e, inda que sabía que todo aquello era sou, nunca yo botóu na cara á súa ermá porque nun y’importaba nada con tal de tella cerca y cuidar d’ella como condo era pequena y él se sentaba xunt’al berzo pr’arrollalla. Tamén él sentira muitas veces dicir a sou padre que todo aquello era sou y que Virginia nun tía nada allí: sentíralo cada vez que falaban de cualquer trabayo, ou de comprar, ou de vender daqué, y a nena dicía algo; pro a él nun y’importaba de quén fose, el que quería era que tamén ella dicidise y escoyese quedar ou marchar.
Outra volta pol cuarto y xa taba todo recoyido nel baúl y nun petate de mao. Todo el que tía taba listo pra deixar el sito con ella. Fía un ano que morrera sou padre y col lluto deixaba tamén aquel sito unde sempre vivira. Así quedara disposto y así tía que ser.
Deixóuse cayer sentada na cama con un suspiro. As foyas de meiz, cambiadas inda nun fía tres meses, cederon un pouco al sou peso y sentío cómo se corría úa das tablas qu’aguantaban el sargón, á que nunca y’encontraba xeito pra qu’asentase. As tablas del piso anunciaron que daquén chegaba xunto a porta antias que petasen:
—¿Xa tás? — Botóu un oyada pol cuarto sin moverse da porta.
—¿Pensabas qu’iba botar todo el día pra recoyer cuatro trapos? —Ríose a nena mirando al sou ermao:—¿Inda nun quitache el traxe? Fai por él que ten que chegarche á boda...
—¿A qué boda? Porqu’el que é á mía... —Al sentarse xunto a ella, a tabla volvéu correrse: —Inda nun che busquéi outra...
Callóu de golpe al percatarse de que xa nun iba ferye falta y quedaron os dous mirando pra os pes. Úa pita escacarexaba na corrada y por eir debía andar el criao, porque podían sentillo xiprar. El can del vecín lladraba como ún descosido, como sempre.
—¿Inda nun chegóu el carro? —perguntóu Virginia, sabendo que non.
—Tará al chegar. Seguro qu’a túa tía nun y’esqueicéu... ¿Has mandar novas?
—Se podo... Y tú tamén, ¿eh? Teis que cuntarme cómo che vei con Rosía...
—Se houbese qué cuntar... —Erguéu os’hombros Antón.
Antias que Virginia podese responderye, sentíose chegar el carro á corrada. Callóu el criao de xiprar y sentiron falar úa voz estraña. Sin dicir nada, erguéronse os dous y saliron del cuarto. Baxaron el arcón y acomodáronlo nel carro, subío despós a moza col atao y, xa taban a piques de marchar, condo Antón chamóu al criao y aperecéu éste, trendo un paquete preparao muy curioso.
—Ei teis. É el tou axuar. Nun ibas irte de casa de valleiro, dixese el que dixese noso padre... Adiós, Virginia. Cuídate muito... —Sin deixar falarye, el emao deu volta pr’hacia casa y el arrieiro afalóu ás mulas.
Allí quedaba todo conto hasta entoncias conocera Virginia: a casa, a xente, el pueblo, os costumes y os trabayos. Camín alante, naquel carro que súa tía Malia mandara buscalla, sintíase outra vez úa nenía y ésta sin a mao amiga d’Antón para llevalla por unde había qu’ir, como fixera condo morira súa madre y él la sacara del cuarto unde as muyeres iban preparalla, ou condo se perdera naquella feira y fora él buscalla. Esta vez nun taba Antón al sou llao, iba ella sola naquel carro que la llevaba a outra casa, a outro pueblo, con outra xente que nun conocía de nada.
Sabía por sou padre qu’a tía Malia vivía na casa da familia, úa casa grande de máis pra úa muyer sola. Pol qu’ella podera entender, nun tía muitas terras nin rentas de nayundes, pro nun trabayaba máis que na casa, unde, pol que se vira, tía xente de fora ocupando as veces os cuartos desacupaos. Era el única ermá que tía sou padre y por eso quería qu’a sobría fose pra con ella. Aquel viaxe que taba fendo taba planiao desde fía muitos anos y a morte de sou padre el único que fixera fora adelantallo, igual dous ou tres anos, el tempo qu’Antón tardase en amañar boda y trouxera á casa úa muyer con máis dereitos de tar qu’ella.
Talmente parecía qu’aquel día nun había en toda aquella terra úa feira nin mercao. El camín rial taba valleiro de caballerías y carros y en todo el viaxe na máis cruzaron tres aldeas nas qu’a xente que se vía taba trabayando as terras ou iban camín dos pozos ou as fontes, caras todas que nun conocía de nada condo miraban pral carro que pasaba. Nun soubo cónto tempo seguiran el camín rial, pro condo lo deixaron foi pra coyer un camín que siguía un río entre árboles. Se antes parecíaye á moza que nun encontraba únde pousar os oyos condo cruzaban entre eiros valleiros, separaos por paredes sempre mouras de pizarra y por entre casas de pedra moura nos poucos pueblos qu’atravesara, agora nin sequera podía buscar qué mirar con árboles y maleza a un llao y outro, qu’a pedacíos s’abrían pra deixar ver un pouco de río, y el camín de pedras y terra delante del carro, y por riba de todo el cielo demasiao azul pral tempo nel que taban.
Y el carro siguía andando. Virginia xa taba cansada d’aquel viaxe que parecía nun acabar nunca, da canción qu’el arrieiro siguía cantando por baxo desque saliran da casa y que tampouco acababa nunca, del paso sempre igual das mulas, del ruido das rodas y de nun poder moverse d’unde iba sentada. Tuvo bon pedazo dudando se preguntarye al home cónto faltaba pra chegar á villa, pro sintía a boca tan seca, y non por sede, qu’íbanseye as poucas ganas que tía de falar. Nun era nena de chorar, nunca lo fora, pro ben conocía ella el sentido que tía aquel secaño; el sal das llágrimas que nun choraba íbaseye xuntando nel gaznate, secándoye a boca como se nun tuvese saliva y, por muito que bebese, nun era quén a quitar el secaño que nun ye deixaba falar.
Al fin, el arrieiro deixóu de cantar y botóu mao del botixo que llevaba á sombra da tabla unde iba sentao. De primeira intención, foi erguello pra beber él, pro, condo xa lo tía a medio camín, parecéu acordarse de golpe da nena y volvéuse a medias pr’hacia ella, apurríndoye el augua:
—¿Quer un papao? —Sen esperar resposta, púxoye nas maos el botixo y esperóu a que bebese, mentras as mulas siguían al sou paso.
—Gracias —como se aquel augua, inda con sabor a anís, ye dese forzas á súa voz, Virginia acabóu por perguntar: —¿Falta inda muito pra chegar?
Despós de botar un bon chorro nel gorgoleiro, baxóu el paisano el brazo y quedóuse un momento parao pestañiando, como se a pregunta fose demasiao complicada pra contestalla sin pensar antias. Nesto, úa das rodas del carro coyéu un bache que ye fixo bandiar, sacando al arrieiro da cavilación:
—Despós d’esa curva que ven ei, temos que deixar este camín y coyer outro que xa vei á villa direto... —Deixóu el botixo unde taba antias y volvéu mirar pral camín, inda qu’as mulas nun parecía que necesitasen ningún guía pra seguillo, poñéndose outra vez a cantar a canción d’antias.
Chegóu a curva qu’anunciara y tomaron pol camín que subía úa costa separándose del río. Condo chegaron enriba, os árboles quedaron detrás y volveron verse eiros y dalgún prao nel que pacían oveyas de llá llarga y abondo cocha. Con aquel día de sol, víanse un montón d’abeyas buscando flores y nun tardóu a nena en descubrir os trobos al abrigo de cada parede y nos cortíos de pedra nel monte al outro llao del río. Pasao el llombo que subiran, puido verse xa a villa que dixera el arrieiro y Virginia deixóu salir un suspiro d’alivio, adelantándose al que contaba sentir condo al fin podese baxarse del carro. Aquel camín que coyeran era pior qu’el outro, d’un bache iban dar a outro y as rodas nun daban dúas voltas parexas tocando el tarrén, así a baxada á villa, que ye parecera tan cerca á nena, fíxose inda ben llarga por muito qu’as mulas, col axuda da baxada, aceleraran un pouco el paso.
As casas de pedra moura brillaban á lluz das doce, que cayía del cielo despexao de nubes naquel día de febreiro, parecendo a os oyos dos que las vían de llonxe un pueblo d’acebache, inda que, al chegarse por aquel camín endemoniao, cada bache, máis que cada paso, iba rompendo el encanto al descubrir as pequenas miserias de cada casa. Miga d’aquello ye importaba demasiao a Virginia, máis preocupada por chegar d’úa vez que d’outra cousa, por lo que, condo vío qu’el carro nun poñía fachas de parar y xa pasaban á villa, chamóu al arrieiro, algo amoscada:
—Oiga, ho: ¿inda nun chegamos?
—Xa falta menos. Agora xa casi tamos: é baxar al outro llao y xa tá.
Con éstas, deixaran detrás as últimas casas y enfilaban outra costa tan chía de baches como el camín hasta el pueblo. Virginia volvéu pousar el atao y el paquete nel asiento al sou llao y cruzóu as maos nel collo pr’armarse de pacencia y aguantar el viaxe qu’inda nun sabía cóndo iba acabar. Condo esta vez chegaron al pico da costa, nun parecéu ningún pueblo de casas xuntas, senon cuatro ou cinco bordiando el camín y, despós, peteiros d’árboles que quitaban de ver únde daba el camín despós da primeira volta. Outra vez pasaron as casas sin pararse y xa taba perguntándose s’entendera mal por contar que con baxar a costa xa chegarían condo, al volver a primeira curva entre os árboles, el arrieiro frenóu as mulas pra coyer un carreiro d’herba. Detrás d’un desnivel que desde el pico da costa nun deixaban ver os árboles, taba úa casa abondo curiosa y un pouco máis embaxo, unde volvía verse el camín desde delante da casa, había outro edificio baxo y allargao.
Paróu el carro de todo y baxóuse el arrieiro axudarye a Virginia condo na porta da casa asomaron dúas muyeres y, al momento, xa taban xunto al carro saludando y chamando a ún que vise axudar a baxar el baúl. A muyer máis veya foi a primeira en coyer á nena, chuchándola y abrazando nella, mentras el outra, del tempo de Virginia ou por ei, quedóuse un pouco detrás sin decidirse a fer como a veya. Nun ye parecía á recién chegada qu’aquella muyer que tanto abrazaba nella fose súa tía, porque, inda que tía que ser un pouco máis veya del qu’era sou padre, nun podía sello tanto como aquella muyer. Pro, entoncias, ¿quén era?
Despós que la soltóu a muyer, poñéndose a dar voces chamando pra que vese máis xente, tocóuye saludar al outra moza, que s’achegóu a ella muy someira, como se nun s’atrevese a falarye, pro, al fin, y vendo que Virginia tampouco sabía qué fer, ríose pra ella y coa misma abrazóula y chuchóula, inda que sin tanto énfasis como a veya. Aparecéu al fin a xente que chamaran y puido a moza enterarse de quén era cada ún y de que súa tía era a que nese momento asomaba na porta.
Baxaos todos os bártulos del carro, lleváronlo a un cabanón qu’había allí mismo xunto á casa pra desapareyar as mulas y atendellas, mentras Virginia s’achegaba á porta saludar a súa tía, xa qu’ella nun parecía ter intención de salir recibilla fora. Conforme a criada, qu’era quen primeiro salira, recibírala como se la conocera de sempre, como a fiya del neno da casa, a quen ella cuidara desde qu’era ben pequeño, súa tía miróula del pico al fondo antias de siquiera botarye media sonrisa; despós d’aquel esamen deu un paso pra fora y esperóu qu’ella s’achegase.
Virginia nunca fora cobarde y aguantóuye a mirada a súa tía hasta qu’acabóu el repaso y condo se deu por mirada, nun esperóu nada pra saludalla y darye un chucho en cada papo, inda qu’ella quedase tesa como un palo. Mentras duróu el escena, todos esperaban callaos y sin moverse, sin saber cómo iban ir as cousas entre as dúas desconocidas.
—Vamos pr’adentro. Xa pasa del hora de xantar, así que hoy vas ter que fello na cocía cos criaos. Desque comas, enseñaréiche el tou cuarto y os trabayos que vas ter aquí... Y vosoutros, ¿qué fedes ei paraos mirando? Metede esos paquetes pral pasillo e ide pra cocía que de tarde hay muito que fer. Andando.
Y, abrindo el paso, volvéu entrar na casa. Detrás d’ella pasaron as criadas con Virginia, despós, os dous mozos llevando el baúl y, cerrando el grupo, el arrieiro, de volta da cuadra d’atender as mulas. Inda antias d’irse al sou cuarto, tuvo a tía de Virginia que pararse xunto á porta da cocía pra dar os últimos avisos:
—Acabái axina, nun tedes toda a tarde pra xantar qu’hay muido que fer.
Acomodáronse os tres homes nel escano como tían costumbre, mentras as muyeres poñían platos y cuyares á mao. Quedárase Virginia na veira da porta mirando cómo se dispoñían conforme al de todos os días y nestas taban condo Antonia, a criada máis veya, paróuse en seco coa garfella en alto, según taba poñendo caldo nos platos, y volvéuse pr’hacia os homes:
–Tá ben, ho, tá muito ben... ¿Y a nena únde se senta?
Callaron os homes y paróu a moza de sacar cousas del conqueiro. Despós d’un momento, erguéronse del escano y quedáronse deretos sin saber únde poñerse, nin qué fer, ni decir.
—Senta ei tú, nena, que tarás máis cómoda... —mandóu Antonia.
—Non, por mín que queden ellos sentaos. Eu como unde vosoutras... —Como naide se movía, senon que siguían miran pra criada, Virginia recuperóu el tono qu’usaba na casa condo daquén nun ye fía caso: —Sentáivos ei y comede, que falta vos fai. Y usté, —falóuye a nena: —acabe de servir qu’esfrece el caldo y despós nun hay quen lo coma...
Como se el brío novo que mostraba a moza fose abondo pra convencellos, obedeceron todos volvendo al sou sito y ocupaciois. Acabóu Sofía de sacar os cacharros y siguío Antonia servindo el caldo pra os seis; sentáronse as tres nel banco del outro llao da cocía col plato y a cuyar núa mao y un pedazo de pan nel outra. Nun ye soubo el caldo a Virginia como el que se fía na casa de sou ermao, nin el pan como el qu’amasaba ella con Petra cada sete días, pro coméu sin dicir nada, y sin fame, hasta acaballo todo, hasta el augua que ye puxeran nun pocillo.
—Pedro: vei buscar úas manzás al payeiro y nun te quedes durmindo a sesta pol camín. Sofía: pon el café que llougo van baxar y pedillo.
Mentras os outros dous homes liaban un cigarro, Antonia púxose a estragayar os cacharros sin deixar que Virginia y’axudase. D’allí a un bocadín volvéu el mozo cúas manzás coloradas de peleyo brillante, inda con dalgúa paya pegada, igual qu’os calzóis de Pedro, y púxolas na meseta xunto Antonia, quedándose xa con úa.
—Déixalas ei. Virginia: escoye a que miyor che pinte, inda que talmente parez qu’hoy éste escoyéu das máis curiosas.
Despós de coyer úa Virginia, puxo Sofía tres na mesa del escano y quedóuse ella con outra, restregándola contra el mandil antias de darye un bon bocao que fixo correr el augua por a mao da moza. Vacióu Antonia el augua dos platos nel caldeiro de llevar a os cochos y sentóuse comer a súa manzá. Daba el arrieiro as primeiras cabezadas da sesta, según taba sentao, mentras el outro home rumiaba na boca con poucos dentes os pedazos qu’iba sacando cúa navaya da manzá y el máis mozo, sentao nun tayolo, sacaba virutas d’un pedazo de madera, mentras as dúas criadas preparaban a bandexa cos bártulos pral café. De sopetón, na callada calma da cocía resonóu a música nerviosa dúa campanilla.

sábado, 4 de abril de 2020

Domingo de Ramos


A festa empezaba xa el día antias, sábado de tarde, indo al monte buscar lloureiro, el máis florido y tan grande como se pudiese con él. A competición entre os nenos por ver quén lo llevaba máis grande y lo erguía máis alto al momento da bendición; que nun era broma aguantallo dereto mentras el cura rezaba y llía el evangelio del entrada en Jerusalén. Nin os monaguillos querían quedar detrás y hasta el sacristán, encargado de poñer os ramos na tribuna, buscaba poñer ús máis grandes cada ano.
Oliva víase pouca. En toda a contornada nun había máis que dúas y non todos os vecíos tían valor ou confianza abonda pra ir pedir úa canía, inda que os amos sempre cortaban canas y deixában las na veira del camín pra quen quixese coyer. Eso era máis cousa das nenas, qu'adornaban os sous, máis pequenos y igualados, con llazos y hasta dulces y gustábayes llevar dos dous.
Tamén taban os que máis terra tían. Esos llevábanlos ben grandes pra ter abondo con que bendecir as terras el día de san Marcos: “Fora rás, fora sapos, fora toda maldición, qu'aquí ven el augua santa y el ramo da Pasión”, fer a cruz col lloureiro moyado nel augua bendita y deixar chantada nel estreme del eiro a cana de lloureiro bendito.
E verdá qu'as máis das veces, xa benditos os ramos, chegaban ben escamotados á casa de vir pol camín dándose ús a os outros con ellos.

sábado, 7 de marzo de 2020

"Adiós" díceseyes a os mortos...

Apílanse os adioses,
que queremos sian na más hasta llougo,
sin qu'el tempo corra igual pra ús que pra outros.
Quedamos chorando ausencias
dos que siguen con nosoutros,
nun querendo vernos chorallos,
nin pensallos llonxe,
nin nombrallos con pena;
buscando sombras
que nos falen d'ellos,
sin atrevernos a nombrallos,
porque nun van respondernos
coa voz que temos medo a esqueicer.
Y corre el tempo pra nosoutros,
aprendendo a callar recordos
por medo a gastallos
como nun parece que se gasten
as llágrimas que nun quixeran ver,
hasta que nos afemos a que nun ten
y entonces volvemos encontrallos
nas risas y na xente que,
como nosoutros, sigue pensándolos,
féndolos presentes como quiséxemos
que seguiran tando, con nosoutros,
pra un abrazo, úa charla,
úas risas ou dalgún enfado.
Y nel silencio que se fai
por nun nombrallos en alto 
cada ún sinte a voz 
que pensara ter olvidada.

martes, 14 de enero de 2020

Ás piñas (Mina 2)


Tuvera ventando del nordés úa semá completa hasta qu’ese día ameicera cuberto de cerzo baxo que chegaba a cheirar a salitre. Asomada al ventano del cuarto mentras se peñaba, vía Mina subir as nubes, fendo ondas al puxarse úas ás outras, correndo pral monte unde parecían farrapos colgando das canas baxas dos árboles.
—Se de tarde abre, has ir ás piñas al común. Déixoche ei os sacos y xa iréis eu despós col burro buscallos.
Sacudío a cabeza por resposta a nena, acabando a taza de caldo pra marchar axina pral escola:
—Vou axudar a llabrar as patacas a ca Maruxa y llevo al pequeno comigo. Xantaremos allí; pra ti queda ei caldo. Hei deixar úa búa fogueirada pra que nun té frío de todo condo volvas.
—Ta ben. Adiós.
Tal como predixera súa madre, a media mañá xa nun quedaba gota de cerzo y el sol d’inverno brillaba forte sin calentar miga que se sintise. Xa nel escola habia máis sitos valleirso qu’ocupados y, como a maestra tamén quería poñer el horto de patacas, déuyes permiso pra nun volver de tarde, dándoye a Mina tempo abondo pra cumplir el mandao de súa madre.
Coméu el caldo non tan calente como ye prestaría, garróu un corteyo de pan prá merenda y os sacos y botóu a andar pral monte comunal. Os vecíos de turno tían ben coyido el mullido y parecía que naide fora inda ás piñas qu’el vento d’aquellos días tirara y que, al nun fer sol abondo, taban zarradas.
—Así cábenme máis—dixo en alto, sin pensar.
—Tamén van pesarche máis, se teis que cargar con ellas pra casa.
Déu un respingo al sentir a voz virye d’entre os árboles sin ver a naide nin reconocer a voz. Inda sin atreverse a replicar, atisbóu pra únde ye parecéu que sonara y, al bocadín, víu erguerse a figura d’úa muyer toda emanicada que veu pr’hacia ella.
A paisana era lata y movíase seguro entre os árboles, como se nun tuvese que mirar unde taban as reices que podían ferye cayer, nin os artos qu’enganchasen a roupa. Antias de chega xunto a ella, escuruxóuse coyer daqué que Mina nun chegóu a ver y que metéu nel cesto que tría n’úa mao, el outra metida entre os dobleces das sayas:
—Ven acó, qu’hai un bon peteiro de piñas nesta cana rota.
Arrimóuse unde ye dicía aquella muyer, inda sin tar mui segura de fiarse, porque nun acababa de paercerye conocida. Reparóu na roupa que vistía a paisana y qu’era úas das cousas qu’estrañaba nella: nun iba de mouro, como taba acostumbrada a ver ás muyeres veyas, ni ye faltaban dentes na risa coa qu’esperaba por ella y eso que del pano da cabeza, d’un verde oscuro con florías, escapábanseye úas gadellas blancas como nubes de brao. Xa taba segura que nun la conocía de nada, peró algo tía que ya fía familiar.
—Mira, nena, ei las téis.
A mao qu’apuntaba prá cana cargada de piñas entre as dúas si era de veya: os nouguellos acolorazaos y máis gordos qu’os didos y el peleyo chen de pintías oscuras y, al tempo, tan fino que deixaba ver as venas hinchadas como cordelíos azules. Tamén a cara, véndola de cerca, taba chía d’arruguías y manchas alredor d’ús oyos inda vites y mouros como carbóis que tamén taban estudiándola a ella al detaye:
—Tú es Mina, ¿non?—perguntóu a muyer, sorprendendo á nena al saber sou nome y ella nun dar en quén podía ser.
—Si, así me chaman. ¿Y usté...?
Nun s’atrevéu a nena a supoñer quén podía ser a paisana que volvía mirar pra ella coa risa pintada na cara:
—Eu soi a bola de Linda. Y tú es tal cual nos contóu.
Entendéu al fin Mina qué era el que ye parecía conocido n’aquella muyer: un aire, algúa mueca da cara ou del corpo, el xeito de moverse pol monte,..., recordóuye á nena que conocera naquel prau escondido. A bola era como súa neta: sendo como toda a xente, había algo nellas que nun acababa de cuadrar.
Mentras recoyía as piñas, a muyer nun se movéu d’al pe d’ella y Mina, sin mirar pra ella, notaba os sous oyos enriba:
—¿Y usté nun quer piñas?—atrevéuse a perguntar a nena, guardando el última nel saco.
—Nun me fain falta vir tan llonxe por ellas... Nin creu que nos deixasen. Este é el común voso y nosoutras nun somos del llugar.
—Entoncias, ¿a qué anda?—escapóuseye a Mina, antias de pensar se debía perguntar tal cousa.
Ríu a paisana al percatarse del sofoco da nena por parecer sabicheira y mostróuye el cesto:
—Ás setas. El pan de culobra que vosoutros nun vos atrevedes apañar así tedes morindo de fame. Peró se lo tedes nel plato comedes sin rechistar y hasta vos gusta.
Nel fondo del cesto, nel pico d’úa cama de fuletos, llevaba peteiros de distintas setas, como ella yes chamara: úas rosas de sombreirín case plano con un llombo nel medio, outras naranxas y con formas raras y outras poucas gordas y con sombreiro castaño:
—Estas son as miyores que salen aquí y neste tempo. Metémoslas en conseva y temos pra condo nun las hai, peró pídennos platos que las llevan...-esplicóu a muyer, botando a andar monte alante.
Despós d’ús pasos, pousóu el cesto, escuruxándose y sacóu el outra mao d’entre as sayas con úa foya de cuitello nella, que brillóu al baxalla al tarrén. Foi apartando con cuidao as foyas y a maleza rastrexa pra deixar á vista un peteirín de sombreiros naranxas qu’empezóu a contar y botar nel cesto.
Siguío Mina buscando piñas sin perder de vista de todo á bola de Linda que de ralo en ralo chamaba n’ella pra que recoyese as qu’encontraba y nun tardóu muito a nena en chamar tamén á muyer se por casual daba con algún sombreiro escondido por unde ella iba. Pouco a pouco foi distinguindo as clases que ye valían á paisana y as que nin miraba pra ellas, qu’hasta ye dixo qu’había algúas qu’era miyor nun tocallas.
Foron pasando a tarde la mar d’entretidas y xa tían repasado el monte entero condo a muyer encontróu el pé d’un árbol cortado al xeito pra sentarne nel y sacar d’entre as sayas un paquetín feito con un pano:
—¿Tú nun traes merenda?
Buscóu a nena un senteiro amañao por cerca y sacóu tamén ella el corteyo que coyera. Miróu pra ella a paisana y estiróu a mao:
—Trae acó ese pan seco.
Apurríuyo Mina sin saber pra qué yo pidía. Erguéuse a muyer y foi hasta un árbol seco que taba allí cerca. Desd unde taba, sentíula a nena marmurar quedín, meter a mao nel tronco y sacalla al punto con un puñao de cera, qu’estruñóu nel pico del pan y volvéu pousar despós na boca del furao del árbol. Déuye el pan á nena y foi sentarse al sou sito pra siguir desempaquetando a súa merenda sin perder de vista el peteiro d’abeyas que salira buscar os restos.
—Nun sei muito d’abeyas, peró agona nun hai flores. ¿Nun yes irá mal por quitaryes el que comen?—perguntóu Mina sin acabar de poñerse a comer.
A muyer sacara un pedazo de queixo del paquete y, despós de llimpar a foya da navaya col pano, cortóu un pedazo y metéulo na boca antias de respondarye, mazcándolo con calma:
—Como a estas naide las esmelga, tein abondo pral que queda d’inverno. Amáis, ben saben ellas unde hai xa flores.—Apuntóu coa navaya pr’as abeyas que taban entrando y salindo de siguido.
Siguío a nena coa vista úa que pasaba cerca d’ella y víu que nun tía qu’ir mui llonxe: allí cerca encontróu un peteirín rastrexo de florías marellas unde xa había outras y qu’ella nin chegar a ver antias. Miróu alredor y axina foi vendo máis florías entre a ganza y abeyas rumbando d’úas a outras.
—Acaba de merendar qu’haberá qu’ir indo—apuróula a muyer, sacudindo as faraguyas de queixo que ye cayeran nel mandil.
Metéu a nena na boca el último corteyo de pan y erguéuse sacundido as sayas pra quitar as aguyas que se ye chantaran n’ellas, mentras a veya volvía llimpar a navaya, guardábala y garraba a cesta antias d’erguerse y mirar por riba dos árboles:
—Sin apurarnos muito, inda chegamos al llinde del monte antias que chege a noitía. Peró nun sei eu cómo vas fer pra llevar pra casa a carga que xuntache.
—Vei vir má col burro buscarma—respondéu a nena, botando a andar col saco ás costas.
—¿Será buscarte a ti?—Andóu con ella a paisana.
Sacudío a cabeza Mina, sin dicir si nin non, deixando qu’a muyer pensase el que quixese pra nun entrar nel asunto dos cariños de súa madre, peró da qué nel agayo d’andar dixo máis del qu’ella quiría:
—Hay xente que nun sabe fer entender el sou cariño.—Quixo consolalla, peró a nena volvéu sacudir a cabeza:
—A má secóuseye el cariño, y a gracia, y el humor, condo se foi pá.—Aballóuse a andar, buscando el outro saco, pra nun siguir falando de súa madre.
—Deixa, nía, qu’ese llévocho eu ou vas ter que dar dous viaxes, que cos dous nun creu que podas.
—Pos tendréi que poder se nun quer que la vexa mía madre...
—Nun ha verme, non, que tampouco tú me vías se nun che falase.
Siguiron cruzando el monte rumbo al llinde del camín, al tempo qu’as sombras iban medrando entre os árboles. Cargando cada úa col sou saco, mentras Mina iba mirando únde poñía cada pe, vía avanzar á veya como se a maleza fose féndoye paso. Quixo ver se era porqu´encontrara algún carreiro de xabaril, peró nun parecía; probóu a ir detrás d’ella, peró tía que siguir mirando únde pisaba, igual qu’antias, esquivando artos y fuletos que podían ferye cayer, y axina a muyer volvía ir un bon pedazo delante d’ella.
Condo Mina chegóu al camín, xa pousara el outra el saco y outiaba na media lluz da tardía buscando a sombra moura de daquén que vise polla nena. Pousóu ella el sou saco y sentóuse nel pico, alentando pol esforzo:
—Ei ven un burro con daquén nel pico. Ben sei que será túa madre—anuncióu con voz queda y sin fatiga—. Eu vóume.
—Xa sei—cortóula a nena:—nun vou falar d’usté a naide...—Sacudío a cabeza a muyer y xa marchaba condo Mina perguntóu—¿Podo saber cómo se chama?
Sin volver a cabeza, a veya respondéu:
—Hermelinda.
Quedóu a nena mirando cómo coyía un atayo pra perderse axina nel monte del outro llao del camín sin que parecese inda naide nin sentise máis ruido qu’el que fían os bichos nel monte: ús acomodándose pra durmir y outros empezando el llabor da noite. Inda pasóu un pedazo hasta que sentío, primeiro, a voz de súa madre roñándoye al burro por nun aballarse máis a andar y, despós, os pasos da bestia nas pedras del camín.
Erguéuse a nena y puxo deretos os sacos, vendo al fin chegar á madre:
—¡Vaya! Se sei qu´había tantas, mándoche trer outros tres sacos, antias que veñan outros por ellas—foi el saludo que ye deu.
Amararon os sacos a os ganchos y botaron a andar condo xa zarraba a noite de todo, sin llúa nin estrellas qu’allumasen el camín, por mor del cerzo que volvía cubrir el valle.
—Apura tú delantre y vei buscar al tou ermao a ca’l Mudo. A ver se, con sorte, xa ye deron de ciar, qu’allí cían cedo, y tanto qu’aforro eu, sin deberyes nada, que salío Rosía chamallo, que quedase con ella mentras eu vía buscar as piñas.
Nun acabóu Mina de sintir as razóis da madre pr’allargar el paso, sin importarye miga ir sola y de noite, miyor qu’ir sentíndola roñar a ella contra todo y contra todos. Pouco tardóu en ver entre el cerzo a llucía probe y sola da primeira farola del aldea al pe de ca’l Mudo y al punto chegóu á porta, xa pechada. Pollas contras mal zarradas da ventá que debía ser da cocía colábase úa lluz escasa, cruzada as veces por sombras de xente que se movía dentro y sentíase falar quedo.
Petóu forte coa palma na porta y callaron as voces dentro:
—Xa vou—respondéu a voz sempre allegre de Rosía—. Pasa, nía, ¿túa madre ven detrás?
—Si, ven col burro y mandóume vir delantre recoyer a Berto.
—Entoncias, pasa, que seguro qu’inda tarda un pedazo en chegar.—Seguíola pra dentro a nena hasta a cocía—. Tou ermao tá ciando. Senta ei y cía tú tamén. ¿Gústanche as papas? ¿Con lleite ou con caldo?
Botóu un oyada al que taba comendo todo afanado sou ermao: pasaba a cuyar polla veira das papas hasta que enchella ben, metíala un bocadín nel conco chen de caldo calente y llevábala á boca sin perder volta.
—A él gustáronye máis con caldo, xa lo tas vendo, que nunca las probara de ningún xeito. ¿Nun las prepara Malia? E verdá que nun semáis meiz, peró ben podía xuntar pouyas das que ye dan, que tostallas y llevallas moler nun costa tanto y tía cía pra condo fai caldo... Entoncias, ¿qué: caldo ou lleite?—callóu al fin, poñento outro plato de papas na mesa.
—Caldo, supoño—acertóu a responder Mina.
—Espera: vamos fer como fixo Berto. Proba esto.
Coyéu úa cuyarada de papas y metéula nel sou conco de lleite, dándoya pra que comese. Condo a nena ye volvéu a cuyar, enchéula outra vez y moyóula nel conco del sou ermao, que tan entretido taba que nin pensóu protestas, gustándoye tan pouco como ye gustaba compartir nada con naide.
—Miyor con lleite—escoyéu, antias que volvera coyer a palabra Rosía, qu’a casa chamaríase del Mudo, peró ella nun perdía voz nin gana de falar.
—Mira, como eu. Que caldo xa como todos os días...
Taba acabando el lleite condo sentiron parar el burro frente a porta:
—Para ei que voy chamar a estos.
Ríose baxín Rosía, mandándoyes callar a os nenos mentras salía abrir:
—Búas noites, nía. ¿Qués pasar tú tamén ciar papas de meiz? ¿Ou tú tampouco las comiche nunca?
—Comín, nía. Y non, gracias. ¿Pos ciaron xa esos?—Sacudío a cabeza a vecía—. Pos quedarayes pra mañá a tortiya que deixéi feita... ¿Vides, nenos?
Xa salían da cocía antias que los chamase, poñendo os chaquetos pra nun ferye esperar a súa madre y darye ocasión a Rosía de botar úas das súas parrafadas sin acabo. Coláronse pra fora entre as dúas muyeres, dando as gracias da que pasaban:
—Outro día que coza papas, chámovos, xa que parece que vos gustaron.—Repetiron as gracias os nenos y botaron a andar prá casa.— Búas carga de piñas llevas, darasye as gracias á nena, que ben che fixo el recao...
Respondéuye entre dentes algo á vecía, afalando al burro detrás dos nenos, mentras Rosía pechaba a porta, ríndose outra vez del malencarada qu’era aquella vecía, sempre rozmando, que nun era raro qu’el home parase tan pouco al sou llao, inda que nun fose máis que por nun sentilla.

jueves, 12 de diciembre de 2019

A fonte das llargatixas


Esta nun é úa fonte al xeito das que se nos vein á mente condo pensamos núa: nun ten caño nin canaleta; nun é máis qu’un furao non mui fondo, nun chega a un metro, forrao de pedra qu’el augua enche axina manando del fondo. Podes pasar al llao d’ella y nun dar en qu’é úa fonte. Tampouco é que sia el única d’este xeito qu’haxa na zona, peró é a qu’inda pode verse.
Dicen os veyos qu’antias, condo s’usaba el sou augua pra casa y pra que bebesen as vacas da contornada nas secas de brao, taba cuberta por dúas llouxas grandes y había que llevar un cazo pra coyer augua. Condo chegóu a traida ás casas y deixóuse d’allindar as vacas, a fonte perdéu uso y foi enchéndose de mofo y prantas d’augua.
Y de llargatixas, ou guardafontes, ou tritois, xa máis castellanizao el nome. Y volveron os nenos, xa sin vacas, rondar a fonte, con caldeiros y botes de cristal, pra pillar bichos que llevar al escola y ver, se había sorte y pillaban úa parexa, cómo se reproducían.
Nun deixaba de ser un escursión: preparar os tarecos, calzar catiuscas, porque sempre acababa algún cos pés, ou entero, pingando, y mandar un bon pedazo valleirando a fonte, que sempre era úa xeira porque el manantial era muy abundante y en abril ou mayo, que’era condo botaban contas d’ir ás llargatixas, inda máis y como nun apurasen, nun daban feito y enchía outra vez antias de dar pillao ningún.

miércoles, 30 de octubre de 2019

¿Un conto d'ánimas?


Fixóseyes noite antias de chegar a casa, tanto allargaron el paseo despós del rosario, tentadas pol sol outonizo que brillóu con forza hasta desaparecer detrás dos montes. Aballábanse a andar na noitía qu’iba oscurénzose axina, peró sin callar de rir nin de falar.
Como fían sempre, as nenas del Barreiro iban llevar a casa ás da Corredoira, qu’atarrecían andar solas de noite por as caleyas como se el medo d’úa se ye pegase al outra y entre as dúas nun fosen capaces de fer valor abondo pra chegar a casa. As del Barreiro nun tían dolo ningún, aprendendo de pequenas que sempre é máis grande el medo, se ye deixas medrar, que lo que cho da. Non por nada vivían nel última casa con xente das Casas Veyas, al llao de baxo del cementerio, y sempre sentiran na casa qu’os mortos eran os vecíos máis callaos y tranquilos qu’había.
Xa taba chegando al altura del camposanto condo repararon núa llucía que brillaba entre as sombras da porta. Callaron de sopetón al vella y agarraron as dúas máis medosas os brazos das outras dúas sin acertar a dar un paso máis.
Nun bocadín, véronseyes á memoria todas as historias que sentiran y pensaron na Santa Compaña, buscando un vivo que yes allumase el camín pra despós, al cabodano, llevallo pra sempre con ella; nun ánima en pena pedindo misas pra salvarse; nos fougos de san Telmo, que brillaban nas tumbas dos mortos en pecado mortal; nas lluces que aparecían pra avisar a os parentes vivos que nun cumplían as voluntades dos difuntos...
—Andái, nenas. Conto máis corramos, máis axina chegáis a casa.
Tiraron por ellas pra feryes siguir pr’a casa y, al fin, botaron a correr como se yes salisen alas nos pes, sin soltar ás outras y sin deixar de sacudirse de medo. Inda temblando, metéronse as cuatro na casa y soltáronse al fin d’as amigas, qu’inda nun daban recuperao nin el color nin el alento.
—¿Y váis volver pasar solas por ei?
—Pos como nun durmamos aquí...
—Además, d’úa carreiría tamos en casa.
—Y vamos dúas, nun vei úa sola.
—Y seguro que nun é nada.
Ningúa das razóis que yes daban acougaba ás amigas, case chorando de medo. Y vendo que nun había xeito de convencellas y que cada punto fíase máis de noite, despedíronse y saliron as carreiras condo asomóu da corte a bola, chamando n’ellas pra qu’atendesen el fougo y puxesen a calentar a cía.
—¡Bulita! ¡Hai úa lluz nel camposanto y estas tein que volver pasar por ei!
—Nun vexo eu que las acompañe el medo como a vosoutras. Mentras berráis, xa van ellas nel mitá del camín.
Saliran as outras nenas correndo da corrada, peró, según iban chegando al cementerio, foron parando y, mirando úa pral outra, cambiaron el rumbo y foron ver qué era aquella lluz que mochicaba na porta. Según s’achegaban, distinguiron úa sombra máis moura nel vano da porta, qu’a lluz temblúa da llamparía nun daba allumao.
Axina reconoceron al vecín que fía poucos días perdera úa fiya pequena, rezando el rosario na porta del camposanto, sin atreverse tampouco a entrar de noite nél.
—Búas noites, nenías. Correde pra casa qu’é noite y nun se sabe qué podedes topar pollos camíos.
Fóronse as nenas, ríndose baxín, sin contarye el susto que yes dera ás da Corredoira, que seguro nun durmían nada en toda a noite, pensando nel aparición que pensaran ver y se ellas darían chegao a casa ou llevaríalas el demo coa lluz del cementerio.

viernes, 18 de octubre de 2019

Andulías


—¡Qué pena de pueblo, tá quedando sin xente!
Chegáronyes as risas y el ruido que vía fendo úa patulia de nenos coas bicis con tempo abondo pra botarse prá veira y deixaryes paso. Detrás baxaba aspacio úa furgoneta cargada de xente y trastos que yes pitóu, mentras os ocupantes sacaban os brazos dicíndoyes adiós:
—¿Qué irán armar estos por ei? Cousa búa, non, seguro—siguío roñando.
—É el que ten a xente nova, que condo tá, nótase. Así nun tá el pueblo tan valleiro...—respondéuye el compañeiro, ríndose baxín.
Iba el enxame de mocedá pasar ún dos días últimos de brao todos xuntos, adelantando as despedidas que llougo iban empezar a darse, cúa festa que yes deixase bon pouso pral ano. Condo empezasen as clases y as obligacióis, tempo sería de poñerse triste y botar en falta aquellos días de sol, compañía y risas, peró, mentras tuvesen xuntos, iban disfrutallo a tope.
A disculpa de pasar un día entero xuntos, como se pudesen chegar cansarse ús d’outros, dábayes alas pra planiar fer todo conto nas tardías nel campo del iglesia quedaba nel aire condo chegaba el hora de recoyida marcada na casa de cada ún, condo xa agotaran todas as mañas pr’allargar us minutos máis cada día cos amigos. Condo al filo das dez empezaban a desfilar os máis pequenos pra casa, protestando sempre porque outros inda tían un pedazo máis que disfrutar, tamén a os que quedaban iba esmorecéndoseyes el ánimo, sentindo que cada día apuraba un poco máis el tempo de tar xuntos y ceibes.
Preparallo todo era tamén parte da diversión; ir apuntando quén iba, qué tia que fer cada ún ou que llevar, sabendo xa de antias que esqueicerían cousas qu’iban ter qu’ir buscar ás carreiras, qu’iba sobraryes de todo y faltaryes tempo pra fer todo el que planiaban, fíayes rir por adelantado y chegar a esqueicer el motivo da festa. Tamén yes fía medrar, sentir, del pequeno al máis grande, que todos tían parte que fer: desde llevar el balón ou as cartas, a mostrar a mao que tían na cocía.
Y chegaba el día, con sorte, con sol y sin nordés, y a naide ye costaba caro erguerse nin fer nun tris el qu’outros días llevaba un eternidá y algúa qu’outra voz pra qu’espabilase. Encontrarse de camín y acabar baxando todos xuntos, os que quedaran en ir primeiro pra preparar as cousas, cos que dicían de ir despós pra llevar as cousas inda calentes, ou frías. Y así pasaron como un ciclón al llao dos pasiantes.
Indo cedo, dérayes tempo hasta a baxar dar un baño antias de xantar y, xa comidos, habíalos durmindo a sesta al verde, outros de cháchara un pouco apartados, outros botando a partida y algún outro xugando al balón hasta que, como nun podía ser d’outo xeito, acabaron por darye un bon balonazo a ún dos que durmían, pasada el amenaza da mañá de pincharyo se yes cayía na paella. Peró nun taba el día pra enfadarse con naide y a carreira qu’outro día podía acabar en choros empezóu outro enredo qu’acabóu por volver xuntar a todo el grupo.
Xa cansados de correr, brincar y hasta de rirse, foi cayéndoyes a tardía sentados todos nun peteiro, coa vista perdida nel mar y disfrutando del momento de tar un día máis xuntos, el que taban vivindo camín xa de volverse recordo feliz qu’allumase a señardá que sentirían condo xa nun puidesen tar xuntos. Condo parecía qu’el solpor iba apagándoyes a fruxe, poñéndolos un pouco murmios, daquén falóu:
—Como nun nos movamos, durmimos...
Saliron todos del pasmo que parecía botaryes enriba a claridá última del día y, revivíndoyes el ansia de disfrutar a compañía hasta el llinde del horario de recoyida, siguiron con todo el que pensaran fer nese día, y noite, pral recordo.