viernes, 18 de octubre de 2019

Andulías


—¡Qué pena de pueblo, tá quedando sin xente!
Chegáronyes as risas y el ruido que vía fendo úa patulia de nenos coas bicis con tempo abondo pra botarse prá veira y deixaryes paso. Detrás baxaba aspacio úa furgoneta cargada de xente y trastos que yes pitóu, mentras os ocupantes sacaban os brazos dicíndoyes adiós:
—¿Qué irán armar estos por ei? Cousa búa, non, seguro—siguío roñando.
—É el que ten a xente nova, que condo tá, nótase. Así nun tá el pueblo tan valleiro...—respondéuye el compañeiro, ríndose baxín.
Iba el enxame de mocedá pasar ún dos días últimos de brao todos xuntos, adelantando as despedidas que llougo iban empezar a darse, cúa festa que yes deixase bon pouso pral ano. Condo empezasen as clases y as obligacióis, tempo sería de poñerse triste y botar en falta aquellos días de sol, compañía y risas, peró, mentras tuvesen xuntos, iban disfrutallo a tope.
A disculpa de pasar un día entero xuntos, como se pudesen chegar cansarse ús d’outros, dábayes alas pra planiar fer todo conto nas tardías nel campo del iglesia quedaba nel aire condo chegaba el hora de recoyida marcada na casa de cada ún, condo xa agotaran todas as mañas pr’allargar us minutos máis cada día cos amigos. Condo al filo das dez empezaban a desfilar os máis pequenos pra casa, protestando sempre porque outros inda tían un pedazo máis que disfrutar, tamén a os que quedaban iba esmorecéndoseyes el ánimo, sentindo que cada día apuraba un poco máis el tempo de tar xuntos y ceibes.
Preparallo todo era tamén parte da diversión; ir apuntando quén iba, qué tia que fer cada ún ou que llevar, sabendo xa de antias que esqueicerían cousas qu’iban ter qu’ir buscar ás carreiras, qu’iba sobraryes de todo y faltaryes tempo pra fer todo el que planiaban, fíayes rir por adelantado y chegar a esqueicer el motivo da festa. Tamén yes fía medrar, sentir, del pequeno al máis grande, que todos tían parte que fer: desde llevar el balón ou as cartas, a mostrar a mao que tían na cocía.
Y chegaba el día, con sorte, con sol y sin nordés, y a naide ye costaba caro erguerse nin fer nun tris el qu’outros días llevaba un eternidá y algúa qu’outra voz pra qu’espabilase. Encontrarse de camín y acabar baxando todos xuntos, os que quedaran en ir primeiro pra preparar as cousas, cos que dicían de ir despós pra llevar as cousas inda calentes, ou frías. Y así pasaron como un ciclón al llao dos pasiantes.
Indo cedo, dérayes tempo hasta a baxar dar un baño antias de xantar y, xa comidos, habíalos durmindo a sesta al verde, outros de cháchara un pouco apartados, outros botando a partida y algún outro xugando al balón hasta que, como nun podía ser d’outo xeito, acabaron por darye un bon balonazo a ún dos que durmían, pasada el amenaza da mañá de pincharyo se yes cayía na paella. Peró nun taba el día pra enfadarse con naide y a carreira qu’outro día podía acabar en choros empezóu outro enredo qu’acabóu por volver xuntar a todo el grupo.
Xa cansados de correr, brincar y hasta de rirse, foi cayéndoyes a tardía sentados todos nun peteiro, coa vista perdida nel mar y disfrutando del momento de tar un día máis xuntos, el que taban vivindo camín xa de volverse recordo feliz qu’allumase a señardá que sentirían condo xa nun puidesen tar xuntos. Condo parecía qu’el solpor iba apagándoyes a fruxe, poñéndolos un pouco murmios, daquén falóu:
—Como nun nos movamos, durmimos...
Saliron todos del pasmo que parecía botaryes enriba a claridá última del día y, revivíndoyes el ansia de disfrutar a compañía hasta el llinde del horario de recoyida, siguiron con todo el que pensaran fer nese día, y noite, pral recordo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario