domingo, 7 de febrero de 2021

As llareiras 3


Según saliron da taberna, desatóu el molieiro el macho cargao cos sacos da farina que tía amarráo a úa das ferraduras postas pra eso na parede y botóu a andar torcenco por entre as casas monte arriba. Quedáronse paraos Malio y Deurdo, mirando pral paisano sin saber se seguillo, esperando que yes dixese algo:

¿Vides ou quedades ei? A mía casa tá nel pico d'este camín.

Arrancaron detrás a bon paso pra coyello y, condo chegaon a súa altura, dixo Malio:

Penséi que vivirías máis cerca del molín.

Miróulo el paisano con media risa na cara:

Nun soi molieiro. Condo chegastis taba acabando a mía quenda pra moler y quixen aforrar un paseo, indo llevar a farina y volvendo por vosoutros.

Siguiron el camín, subindo entre paredes de pedra, despós de deixar detrás el peteiro de casas al pe del río. Coa claridá da noite de xelada, inda sin llúa, viron un edificio llargo unde el camín chegaba al chao y el mulo, que subira a costa con paso llargo sin esperar pol amo, paróuse delante dúa porta doble allumada por un candil.

Inda nun chegaran os homes xunto al macho condo s'abríu a porta y salíu escontra d'ellos un paisano coas mismas feituras qu'el que tomaran por molieiro. Paróuse el tipo sin chegan xunto a ellos, poñendo as maos nos cadriles. Sin abrir a boca, sacóu el del molín úa garrafa del saco que llevaba ás costas y deuya al outro al pasar al llao.

Axudáronye a descargar os sacos y foise el mulo pral sou pesebre sin esperar por naide, na máis quitarye el apareyo.

Vide por acó.

Chegaron á llareira unde el outro paisano remexía un pote mouro como el carbón:

Este é meu ermao.

Búas noites, Somos Deurdo y Malio, del Valle...

Xa sei —cortóu el esplicación: —¿Vides ciaos?

Vimos —respondéu Deurdo, entendéndose ben con poucas palabras.

¿Peró un vasín inda tomaredes? —invitóu el del molín, deixando a pucha núa punta na parede y sacando ús cachos del conqueiro.

Sentaivos —dixo el ermao, apuntando pral escano con mesa frente al llar.

Fixeron el que yes dicían os hóspedes, mentras os ermaos preparaban a mesa pra ciar y yes servían a ellos un vino pra entreter el espera hasta qu'acabasen. Pouco tardaron en despachar el caldo y erguerse el de casa pra estragayas os pratos nun bañal, sacando el outro d'úa lacena da parede un pedazo de queixo del que foi cortando podas pra os dous:

¿Gustades? —ofrecéu antias de volver guardallo.

Non, gracias.

¿Y un caldiador pra ir durmir? —perguntóu, sacando outra garrafa da lacena.

Apurríuye Malio el sou cacho, sin importarye qué fose el dito caldiador, contento d'acertar tan ben col hospedeiro. Repartiron pra todos el llicor y sentáronse saboriallo sin presa:

¿Y pos? ¿Qué millagro vos lleva de pellegrinaxe fora del voso valle ou qué peste vos votar d'él?

Peste ningúa. Vamos buscar únde aposentóu el llar del Acebro, que marchóu del valle fai tempo y llevan sin dar señas de vida xa muitos anos.

Pousóu el ermao da casa el conco del que taba bebendo, secóu a boca coa mao y botóuse pr'alante na silla:

É verdá que fai tempo que nun pasan coyer el barco pral islla. Ben penséi qu'era porque cambiaran de ruta pra embarcar.

Miraron todos pral que falara, a primeira vez desque chegaran que ye sintían máis dúa palabra, y cabecióu el ermao, dándoye a razón:

Éramos pequenos condo pasaron por aquí el última vez. Fora úa festa nel aldea chegar tanta xente nova. Peró nun era por este tempo. Chegaran máis pral brao; úa tarde de sol na qu'a xente taba trabayando el herba seca y nun tuveron dolo ningún en axudar a fer os varales. Condo acabaron el llabor, amañárase búa festa. Acórdome ben del que disfrutáramos a quella noite: ciáramos todos xuntos nel prao d'ei embaxo y hasta a os pequenos tuvéramos hasta que quixemos brincando y enredando cos mozos. ¡Amañárase úa verbena!

A festa síguese fendo, peró nunca como aquella —rematóu el ermao.

Apuraron el vaso os da casa y fixeron igual os de fora:

Vamos mostrarvos únde podedes durmir. Nun é gran cousa, peró, miyor que nel tarrén á xelada, taredes.

Acompañáronlos hasta a sala, despós d'indicaryes únde taba el escusado, por se tían algún urxencia de noite; allí tían postos ús sargóis y úas sillas pra deixar a roupa.

Se vos molesta a claridá, zarrade as contras. Hasta mañá.

Pollas ventás que daban al aldea víanse as casas case como de día y axina repraron que núa d'ellas había muita lluz y señas de xuntoiro de xente:

Pos si que parece qu'aquí sempre tein gana de festa —dixo Deurdo, zarrando as contras da ventá unde s'asomara.

Boh, igual tan espartexando. Vamos deitarnos, qu'eu xa tuven festa abonda por hoi.

No hay comentarios:

Publicar un comentario