domingo, 17 de enero de 2021

As llareiras 2.

 

Fíase noite condo chegaron al aveiro del paso, peró inda yes deu tempo a botar un oyada última al valle. Volvéronse varios mirar cómo el cerzo da xelada iba cubrindo el río, subindo desde el mar alló embraxo, xa sin verse entre as ondas de nubes baxas qu'engataban úas por riba d'outras, prendendo nos árboles da ribeira y estendéndose como cobertores pollas veigas.

Mentras acomodaban os caballos na corte del aveiro, zarróu a noite y os viaxeiros aballáronse a entrar na casa, buscando el calor del fougo vivo qu'escorrentase el relente que xa cayía sin dolo. Recibíronlos cun vino calente que consolóu a os máis friolentos y fexo apigarzar á mayoría, esqueicenzo a fame que podían ter por mor del cansacio:

Chegaba Lerca da cuadra de despachar ás caballerías, mirando que nun tuvesen dolo ningún, condo víu úa sombra moura na veira del camín:

¿Qué fais ei? —perguntóu, reconocendo a Darna.

Outiando a noite. Mañá deixamos el valle y pouco sabemos del que nos espera nel resto del camín. —Deu un papao al vino, xa templao. —Nin cómo vamos amañarnos pra fer el viaxe.

Miróu Lerca os montes da serra que tían detrás y volvéu as costas al camín, tirando pra dentro del aveiro:

Pos paso a paso iremos véndolo. De pouco sirve esmolerse pol que nun se conoce. Ven pra dentro que nun creu que che faiga mui ben tar la frío y axina haberá que ciar pra descansar algo, se queremos madrugar mañá.

Erguéu os oyos Darna á noite clara coas estrellas brillando como alfileres y sin rastro de llúa por nayundes:

Mañá vamos ter bon tempo.

Sempre que nun encontremos cristal. —Aguantóu a porta Lenca pra que pasase a llaria con ella. —Peró é verdá que tendremos sol, inda que brille máis que calente; sempre é miyor qu'el augua.

Axina yes despacharon a cía y nun quedóu naide remoloniando, resndidos todos polla cabalgada y sabendo que nun fora máis qu'a primeira de muitas. Nun pasara muito tempo condo nel aveiro nun se sintían máis qu'os ruidos propios da noite calma y xente durmindo.

Inda nun ameicera de todo condo xa el grupo taba erguido y aviándose pra marchar. Al son d'ellos erguéranse tamén os da casa prepararyes el almorzo, mentras os viaxeiros usaban ás canadas d'augua que yes deixaran de noite xunto al fougo pra que nun tuvese mui xelada pra llavarse un pouco, como os gatos: quitar as llegañas y pouco máis.

Despós d'almorzar algo de caldo cun corteyo, saliron os máis novos apareyas as caballerías, deixando a os veyos acabar d'espurrirse y esconsonar entre ayes, toses y outros ruidos mal disimulaos. Condo deron salido, xa taban esperándolos delante da porta cos caballos pollos ramales:

Vamos ir andando un cacho pra nun entesar de frío nosoutros y que vayan calecendo as bestas —anuncióu Lacui, abrindo a marcha.

Con máis ou menos agayo, foi cada un botando a andar coa caballería pol ramal, mirando únde poñía os pes pra nun patinar nel mofo xelao nin na capa de xelo qu'habia na peña unde se xuntaba algo d'augua. Conforme avanzaba el día y el sol empezaba a calentar el aire frío da sera, xente y caballos iban calecendo y al chegar al pico del paso montaron todos, fiándose dos caballos prá baxada.

Mediaba a mañá condo pararon núa soleira chá unde encontraron úa fonte y algo d'herba pra descansar un pedazo. Mentras as caballerías pacían ceibes, a xente repartíu pan, queixos y algúa fruta seca con qu'entreter a fame.

Adelantáronse un pouco Tana, Lerca y Darna cos mapas del viaxe, mirando a ver el rumbo que coyían na baxada. Según as notas que trían, avanzando a bon paso chegarían á noitía a outro aveiro, xa na cabeza del valle que s'abría por baxo del monte unde taban.

Xa mañá haberá qu'ir perguntando pra que nos indiquen únde tá el paso al valle siguinte. Agora temos que siguir el camín hasta un ramal que lleva al fondo d'este valle. Por ei embaxo ten qu'haber un aldea case nel mismo río.

Pos desde aquí nun se ve nin el río... —Outióu Lerca.

Según del mapa, hai que ganar a siguinte volta del camín pra empezar a ver el valle.

Pos será ben botar a andar se nun queremos que nos coya a noite nel monte. —Guardóu el mapa Darna y fui coyer a Merba.

Nun tardaron muito en encontrar el ramal que dixera Tana, deixando el camún que siguía rodiando a serra hasta salir a os altos de sut, y xa antias de chegar a él empezaron a ver eiros y algún gao pacendo nel monte raso que tían de frente. El camín que siguían era avesío por acio das altas fayas que medraban naquella altura del monte y que nun yes deixaban ver el valle al que querían chegar.

Llevóuyes un bon pedazo salir outra vez á lluz del día y ter úa panorámica del camín que yes faltaba pra chegar aveiro; podían sentir as salanceiras da parte alta del río y axina alcanzaron a ver el fumo das ferreirías qu'aproveitaban a forza del augua pra mazar el ferro. Siguiron baxando al valle, cruzando agora carbayeiras, y nun foi hasta que saliron d'ellas y chegaron á veira del río, despós de pasara úa chapacuña, que viron a primera casa. Según iban arrimándose á casa, foron vendo outras al pe d'ella t a llargo del río.

Nun se vía a naide por fora, máis qu'a un mulo de bon tamaño ammarrao xunto al pousadorio del molín emporondao nel calce, pol que supuxeron que daquén había molendo. Baxóuse Malio y foi asomarse á porta, que col ruido del augua y as molas nun era fácil qu'el molieiro los sentise chegar:

Búas tardes —saludóu, féndose ougir por riba del bacotexo.

Deu un respingo el molieiro, entretido nel llabor das molas:

Búas. ¿Quer algo?

Somos viaxeiros de paso que necesitamos aveiro pra pasar a noite.

Pasóu al pe de Malio el paisano, camín da pirta, botar un oyada a os viaxeiros qu'anunciaba aquel homer, paraos nel ramal del camín que subía al molín.

Sigan el outro camín hasta el final de banzao, que por ei haberá xente.

Muitas gracias y que teña búa faena.

Volvéu montar Malio y coyeron el camín que yes indicara el paisano, siguindo a parede del banzao que recoyía el augua que salía del molín. Al paso das caballerías as pucas herbas que medraban n'aquel tarren avesío escachaban coa xelada que ningún sol chegaba a quitar en todo el inverno. Os mismos viaxeiros encoyéronse debaxo dos gabáis pol humedá que rezumaban a pedra, el camín y hasta el aire naquel caleyón.

Sempre t'acordas á noitía de vir que ch'afile. —Sentiron rosmar un pouco máis pr'alante por riba del ruido que fía el augua del banzao al cayer pol cal que movía a pedra.

Al pouco chegaron a un caseto aberto unde dous paisanos falaban, mentras ún afilaba el que parecía un rozón núa pedra grande como a mola d'un molín:

¿Qué qués? ¿Que veña a primeira hora pra que nun empece el llabor hasta media mañá?

Búas tardes —saludóu Malio—. Buscamos sito pra pasar a noite.

Miráronlos os paisanos antias de que respondese el afilador:

Sigan un pouco máis pr'alante pra dar coa taberna y ei yes dirán.

Así fixeron y encontraron a tarberna á volta d'un batán y el que debía ser el mazo da ferreiría, inda trabayando; el fumo del carbón envolvendo a chiminía como un sudario que na máis el aire da cayida del augua movía un pouco por baxo da xelada qu'empezaba a cayer. Entrábase a un cuarto amplio cúa barra de carbayo pulido frente á porta y úa cocía aberta con forno al fondo, que daba calor y algo de fumo al sito. Dúas muyeres caciplaban núa mesa y un rapaz atendía na barra, unde nun ye daban muito llabor dous paisanos con un conco de vino mouro cada un.

Esta ver fora Darna a que desmontara a primeira, deixando al resto fora, inda a caballo:

Búas tardes.

Búas. —Salíu al sou encontro úa das muyeres, secando as maos nel mandil—. ¿Qué se y'ofrece?

Buscamos aveiro prá noite. Somos catorce.

Torcéu a cabeza a muyer, mirándola como un páxaro, primeiro cun oyo y despós col outro:

Sodes abondos. Peró mala conta que nun vos encontremos acomodo. —Asomóuse á porta botar un oyada a os de fora pra chamar despós: —Neno, vei con ellos indicaryes únde tá a corte pra guardar os caballos. ¡Y nun mandes toda a tarde nel camín!

Al volver á taberna de acomodar os caballos prá noite, encontraron disposto sito y comida nus tableiros qu'ocupaban el ancho del local al pe da cocía. Foron sentándose os viaxeiros nos bancos alredor da mesa improvisada, seguidos con atención polla concurrencia qu'axina se xuntara pra ver a novedá da visita. Condo tuveron todos sentaos, erguéuse Darna, coyendo úa conca con vino:

Búas. Somos viaxeiros del valle dos Llares y agradecémosvos que nos acoyáis esta noite entre vosoutros.

Adelantóuse un paisano tamén cúa conca na mao:

Benvidos a Ferreiros. Comede y calentaivos; xa despós buscaremos unde acomodarvos pra durmir, qu'aquí pousada pra tantos nun hai, peró mala conta que nun haxa sito pra todos entre todas as casas.

Así fixeron y ciaron en paz mentras os del sito iban y vían con recaos de preparar camas pra os viaxeiros. Condo a patrona da taberna puxo na mesa queixo, dulce y noces, arrimóuse a ellos el que falara primeiro:

Xa vos encontramos unde durmir, inda que pode qu'algo apateiraos, qu'as casas aquí nun son mui grandes. Peró, digo eu, que nun vos importará muito con tal de nun tar á xelada. —Quixo rir a súa gracia.

Cun alpende zarrao y algo d'herba seca ben nos amañamos —agradecéu el intención Darna.

Eso tá ben prál gao. Á xente sabemos tratalla algo miyor —tercióu el ama: —Aquçi mismo podedes quedar tres ou cuatro, xa mandéi al neno baxar os sargóis das feiras.

El resto —siguíu el home: —ide xuntándovos de dous en dous condo acabedes pra repartirvos pollas casas.

Nun tardaron muito en dar por acabaos os postres y el primeiro en erguerse foi Malio, que xa fía un pedazo atisbara al molieiro entre a xente y chisgáraye un oyo, al qu'el outro respondera asentindo coa cabeza, seña de que s'entendías sin falta de falar. Da que salía escontra él, del rastriador petóuye al vecín de banco pra que fose con él. Así foron salindo todos hasta que na máis quedaron na taberna el Mandao, Darna, Lerca y Calban, a que llevaba os cuartos.

¿Vosoutros quedáis aquí? —perguntóu un pouco estrañada el ama al ver un home entre as muyeres.

Temos cousas que tratar, así que miyor sí —respondéu Darna.

Se non vos pinta mal, vou decirvos úa cousía —empezóu a muyer: —Condo vos vayades mañá, nun querades pagar a os vecíos polla pousada. Eu vou cobrarvos a cía y naide máis vei coyervos un peso por pasar a noite. Pode hasta pareceryes mal que querades pagar.

Miráronse os viaxeiros, pensando xa el xeito bon d'agradeceryes el acoyida. Como se soupese el que taban pensandos, siguíu el ama:

Se queredes daryes as gracias, ben podedes deixar algúa cousía, comprar algún cuitello ou navaya das que fain. Aquí son máis de tratos que de cuartos. Ei tedes os sargóis, podedes tirallos ei xunto al llar y xa mañá falamos. Búas noites.

Fóronse a muyer y el neno, deixándolos al sou aire pra prepararse pra durmir. Inda pasaron un bon pedazo fendo cábalas de cómo axustar el quedar ben col que podían necesitar pral resto del viaxe.

Ben sei que os que tan parando nas casas van ver axima qué pode interesaryes a os sous hospedeiros. Mañá falamos y col que nos digan, acordamos qué fer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario