lunes, 24 de mayo de 2021

As llareiras 6


Xa calecera algo a mañá condo deixaron a pousada, despós de xuntar provisióis pra os seis días que calcularon por demás que podía llevaryes chegar á Balseira. Antias de marchar, volveron repasar con Mado a ruta unde yes señalara as pallozas qu'iban encontrar.

Condo s'ergueran, xa nun había rastro del outro mozo y el de Ferreiros nun parecía miga esmolido por él, peró os viaxeiros, sobre todo Malio, siguían sin fiarse muito del qu'aquellos dous podesen tramar; Salus nun quixera cuntarye el que pensaba d'ellos y él nun s'atrevera a perguntarye outra vez. El interés que mostraba pollos caballos sin marcar que llevaban tamén escamara un pouco a Lerca y a Nesdar y máis vendo el pouco caso que ye fixera al sou condo dixera qu'iba mirar cómo taba y case nin fora capaz de reconocello.

Al pouco de coyer rumno ás brañas altas, volvendo á terra sin árboles, foron esqueicendo el asunto dos chavales. Naquellas llombas desarboladas víase tan llonxe como alcanzaba a vista y nun había naide a muita distancia. Pasaron a mañá som ver máis qu'algúa manada de caballos qu'al ventiallos iban apartándose d'ellos, mantendo a distancia. Pararon xantar nun peteiros de salgueiros que medraban alredor d'úa fonte empozada pra que bebesen os rebaños y siguiron camín, buscando as pallozas que yes señalara Mado pra prepararse a pasar a noite.

Inda tardaron máis de media tarde en atopar el aveiro. Eran tres cabañas xunta alredor d'ún pozo, úa abondo grande pra caber todos, xente y bestas, y outras dúas un pouco máis pequenas. El que quedaba de día pasáronlo preparándose prá noite, que xa anunciaba a tardía qu'iba ser tan fría ou máis qu'a pasada: prenderon a llareira coa lleña qu'encontraron alredor das pallozas, nun querendo gastar a da barrela, y sacaron augua pra beber y pra llavarse un pouco, mentras deixaban pacer ceibes a os caballos despós de quitaryes os apareyos y cepillallos un pouco; xa condo los metesen na corte yes darían grao y algo d'herba seca da qu'había na barra. Col última claridá del día, mentras acababa de ferse a cía, sentáronse fora Tana, Darna y Brado poñer nos mapas a ruta que fixeran nel día; axina se yes xuntaron outros, comentando aquellas primeiras xeiras del viaxe.

Hasta entoncias nun foran os del Valle mui amigos de salir d'él, recibindo ben a os que pasaban ou iban comerciar, peró sin ter vocación de viaxeiros, máis qu'os qu'iban al Islla, así que case nun conocían a os vecíos da comarca y muito menos os camíos que tían que siguir pra chegar al novo llar del Acebro. Al cambiar a ruta da costa polla que llevaban agora, as poucas referencias que xuntaran dos viaxes que fixeran de volta al valle os del Acebro xa nun yes valían pra nada y tían que fiarse a cegas del que yes indicara aquel Mado, qu'hasta ese momento iba valíndoyes.

Inda faltaba pral solpor, pero xa empezaba a xelar y pr'hacia el mar víase cómo iba condensándose el humedá en nubes que subían pollos ríos pegándose a os árboles hasta tapar toda a vista. Xipráronyes a os caballos que taban pacendo alredor das pallozas pr'anoitallos dentro y ciar y deitarse tamén ellos.

El ameicer encontróu a os viaxeiros xa preparaos pra siguir camín, despós de procurar deixar el sito igual que lo encontraran, ademáis d'úas monedas metidas nun conco al pe da llareira pra compesar el herba y a lleña que gastaran. Botaron a andar coa primeira claridá del día, condo inda el sol era úa mancha turbia entre as nubes y el frío da noite conrtaba coa pouca brisa que nun chegaba a sacudir a ganza dos suqueiros.

Como os días d'antias, conforme iba andando a mañá iba calecendo un pouco el día, sin chegar a feryes sudar nin ás caballerías nin, muito menos, a os viaxeiros, que nun quitaron os gabais hasta que pararon xantar algo al pe d'un regueiro d'augua tan xelada como a noite. Pasaron de llargo al pe d'úas pallozas, confiando en chegar con día ás siguintes que yes señalara Mado, como así foi. Nun había ningúa tan grande como a del outra noite, peró había dúas pegadas que yes viron ben.

Parece que mañá vamos ter tamén sol —comentóu Ascer, mirando el solpor pintando d'encarnao as nubes de xelada qu'iban xuntándose como el víspora.

Falta fai —respondéu Beal, parándose al pe d'él col caldeiro chen d'augua que llevaba prá llareira—. Nun quero pensar en cruzar estos llombos chovendo ou nevando. Xa hasta con vento deben dar qu'andar.

Nun s'equivocaron miga y despós d'outra noite xelada ameicéu el día con sol y acompañóulos hasta chegar ás últimas pallozas que yes indicara el de Ferreiros. Despós d'aquella noite, tían xa qu'ir baxando pr'hacia a Balseira, confiando en encontrar algúa casa ou alpende unde anoitar.

Inda anduveron media mañá por aquellos altos hasta encontrar camín que fose baxando sin perder el rumbo que llevaban y chegaron xantar entre os primeiros árboles d'un monte que cubría un valle estreto. Siguiron el camín hasta que xa el sol empezaba a baxar; como nun vían casa por nayunde, metéronse monte abaxo. Dixérayes Mado que siguindo cualquer regueiro iban ir dar seguro a caseirío ou aldea, que por aquellas terras nun había valle, por pequeno que fose nel que nun houbese xente vivindo y decidiron probar sorte: se era verdá, antias ou despós darían con algún alpende unde pasar a noite.

Foron baxando buscando el fondo del valle por se vían algún molín que yes confirmase qu'había xente por cerca y xa llevaban un pedazo siguindo el cauce por carreiros abertos pollos animales del monte condo sentiron voces de muyer non mui llonxe. Un pouco máis pr'alante viron blanquiar algo entre os salgueiros que marcaban a veira del río y volveron sentir falar:

Vei doblándolas curioso qu'el que yes queda por enxugar xa lo fain en casa y tanto que aforramos pra estirallas como ye gustan —dicíaye úa paisana a outra, mentras quitaban d'úas canas el que parecían sábanas.

Pararon os caballos detrás d'un peteiro de lloureiros y siguío Darna sola, con Merba del ramal, acercándose a unde podesen vella y fendo máis ruido del que de costumbre feiría. Case chegara al pe d'ellas condo pararon mirar pra ella, acabando de recoyer a roupa y colocalla nos barcales pra llevalla pra casa.

Búas —saludóu Darna, guardando as distancias.

Búas —respondéronye, al tempo que se xuntaban un pouco, desconfiadas.

¿Hai cera algúa casa ou aldea unde pasar a noite?

Hai —respondéu a que sintiran falar antias. Miróula d'enriba abaxo y perguntóu—: ¿Anda sola?

Non. Somos máis, peró vin sola pra nun asustallas. Sentímoslas falar fai un bocadín.

¿Y a únde van por aquí? Esto nun lleva a nayundes. —Puxo as maos nos cadriles a que falaba, plantándose ben pra que nun fosen pensar que tía medo, mentras el outra encoyíase detrás d'ella, mirando pral monte asustada.

Vamos camín da Balseira dos Madeireiros, peró tá fendose noite y pensamos qu'igual neste valle había algún caseirío unde nos deixasen anoitar —esplicóu sin entrar en muitos detayes.

¿Cóntos dice que son?

Nun lo dixen inda: catorce. —Miróula sorprendida a muyer—: Peró nun necesitamos máis qu'un sito pra durmir y saberemos agradecello —aballóuse a aclarar Darna por se parecía abusar del hospitalidá pedilla pra tantos.

Pensóulo un momento a muyer, volvendo a midilla coa mirada, y anuncióu al fin:

Nosoutras vamos xa de recoyida. Poden acompañarnos y condo cheguemos ben veremos se poden quedar ou non. —Déuye un codazo al outra pra que se separase d'ella y agachóuse coyer el barcal.

Xipróu Darna pr'hacia el monte y foron asomando el resto dos viaxeiros, tamén desmontaos:

Se queren, podemos llevaryes os barcales nas monturas —ofrecéu Darna.

Deixaron as muyeres nel tarrén el barcal que taban erguendo pra poñello na cabeza á que falara y guardaron outra vez nel bolso as corras da cabeza:

¿Y acertarán a asentallos, nun vaya cayer a roupa llimpa? —perguntóu con medo el outra.

Inda con máis medo víu como a súa compañeira nun tía reparo en montar ás muyeregas detrás d'úa das muyeres qu'iban nel peteiro de viaxeiros pra nun ter qu'ir andando hasta el caseirío y a ella nun ye quedaba outra que fer igual se nun quiría fer el camín sola.

A caballo y sin cargar cos barcales axina chegaron á veiga unde úa casúa destacaba por riba d'úa ducia de bodegos y alpendes que, según viron al ir chegando xunto a ellos, eran casías, cortes y cabanóis, ademáis d'un cabazo, úa paneira y un forno. Xa enfilaban el camín que cruzaba a corrada condo saliron das cortes media ducia de paisanos con palas de dentes cortaryes el paso y nun las baxaron hasta que distinguiron á llavandeira máis falangueira desmontando pra indicaryes únde podían deixar os barcales:

Y vosoutros, vide axudar y mandái a daquén avisar al ama que hai visita —dispuxo sin esperar que naide perguntase quén era toda aquella xente que trían con ellas.

Nun tardaron muito en ver asomar nel corredor da casa grande á que debía ser el ama d'aquel caseirío: úa pasiana de bon tamaño, toda vistida de mouro, desde el pano da cabeza hasta el mandil que se vía entre os barrotes da baranda:

¿Qué se yes ofrece? —perguntóu con voz forte.

Adelantóuse Darna, escoltada polla llavandeira:

Vamos de paso y buscamos sito pra pasar a noite.

Llevade os caballos á corte —mandóu a os homes qu'inda remoloniaban polla corrada—. Y a ellos que se llaven algo y s'adecenten antias d'entrar na casa —indicóuye á muyer da casa—: Xa veremos cómo nos amañamos pra daryes cía y cama.

Sin que naide máis falase, vendo cómo repartían allí os llabores, fóronse os homes cos caballos y quedaron as muyeres coas llavandeiras que las llevaron a ún dos alpendes unde había un pozo con un bañal.

Vei buscar xabón y corras —mandóu a falangueira al outra, que foi y volvéu pol aire con dúas nenas cargadas col que ye mandaran trer.— Eu soi Marcia y esta é Cora. Llevo a casa y os asuntos das criadas y vou llavarporque me presta salir da cocía de condo en vez y así traigo a roupa al meu gusto, qu'el del ama, y aforro el llabor de ter que repasar el que fain estas y el tempo de volver al río, que seguro que ben nun iba vir.

Despós d'aquella esplicación, presentóu Darna ás suas compañeiras y agradecéu as atencióis. Axina chegaron os homes y deixáronyes el sito pra que tamén ellos quitasen a cotra del camín. Lleváronlos despós á casúa unde xa los taba esperando na sala el ama, sentada núa silla alta y con Marcia dereta al pe.

Volvéu adelantarse Darna presentarse y presentar al resto dos viaxeiros, agradecendo el hospitalidá d'aquella casa, sin dar muitas esplicacióis.

Xa tán dispoñendo a cía —anuncióu a señora—: Tú, Darna, y outros dous qu'escoyas vais ciar comigo. El resto ciará cos obreiros na sala de baxo.

Volvéuse a llaria a os compañeiros, chamando a Brado y a Tana, y saliron despós os outros con Cora, que quedara xunto a porta.

Mentras esperamos, vamos sentarnos y contáisme qué viaxe é ese que lleváis.

Aquella parecéu ser a señal pra qu'entrasen us criaos úa mesa y úas sillas que colocaron delante da silla da señora y detrás d'ellos outras criadas que dispuxeron a mesa pra ciar. Esperóu Darna a contestarye a qu'acabasen y sentrase:

Vamos visitar a us parentes, por dicir, que foron vivir llonxe y llevamos tempo sin saber d'ellos.

¿Y quédavos muito qu'andar? —quixo saber, mentras volvían entrar as criadas trendo bebidas y bandexas.

Máis del que llevamos andao. Peró, como cambiamos a ruta que trouxeran ellos, tampouco sabemos mui ben cónto. Agora queremos chegar á Balseira dos Madeireiros.

Llimpóu a boca a muyer, bebéu un papao de vino y volvéu llimparse y al fin dixo:

En dous días a bon paso chegades. —Entraron llevar as bandexas valleiras y trer outras chías—. Tedes que siguir este río y pasar outra veiga hasta chegar al río da Balseira; antias da noite, río abaxo, encontraredes el paso.

¿Sabe se hai unde fer noite pol camín? —perguntóu Tana.

Hai —respondéu el ama—: y llevaredes carta pra que vos reciban como é debido.

Como parecía que ningún iba atreverse a perguntarye porqué dicía eso, esplicóu:

Na veiga de baxo vive meu ermao y a él vou encomendarvos. D'allí vin eu casar aquí, que pouco me duróu el matrimonio y chámanme a Moura porque despós de morrer el meu home nun quitéi el lluto pra que naide esqueiza que soi el ama.

Houbo outro cambio de bandexas y naide falóu hasta qu'el ama perguntóu:

Y despós da Balseira ¿quédavos muito qu'andar?

Siguido a ruta que tremos trazada quedaránnos vinte días de viaxe.

Pos é verdá que vais llonxe. ¿Y decides que tedes parentes alló? Supoño que daquén buscando el que nun tía na casa.

Sito era el que faltaba nel noso valle y houbo úa xente qu'emigró buscar outro valle unde vivir —esplicóu Darna.

Pensóu un bocadín a Moura, como yes dixera que la chamaban, y acabóu por dicir:

¿Y tan llonxe tuveron qu'ir pra encontrar sito? Por estos llares tamén pasaba: tanto se repartían as terras entre os heredeiros que xa nun chegaban pra vivir d'ellas naide y os máis argutes iban marchando buscar unde ganar el pan, peró nunca soupen de familias enteiras que se fosen. Agora hereda el patrucio y os outros buscan casar fora ou daquén pra quen trabayar.

Foi unde poderon ferse con terras conforme as que tían nel valle.

¿Y sabes se siguen vivindo alló? —quixo saber máis.

Siguen, si —respondéu agora Brado y as dúas muyeres miraron pra él sorprendidas polla decisión coa que dicía tal cousa. Al percatarse, fíxoyes úa seña pra que nun yo discutisen—. Chegáronnos novas un pouco ruías y por eso vamos alló por ver se podemos axudar.

Xa dicía eu que pra ir na máis de visita íbades abondos.

Como se aquello fose todo el que quixese saber del viaxe, erguéuse el ama y con ella os outros:

Tedes sito pra durmir nas salas del piso alto. Eu vou retirarme, prepararvos a carta pral meu ermao y deitarme. Vosoutros podedes baxar ver a os vosos compañeiros y xa vos dirán cómo chegar ás salas condo querades deitarvos. Búas noites. Ah, por certo: chámomen Flora, qu'inda nun vos lo dixera. Hasta mañá.

Respondéronye á despedida y según salía por úa porta entraron por outra os criaos quitar a mesa. Visto que nada tían que fer allí, baxaron ver únde taban el resto dos viaxeiros.

Encontráronlos nún comedor pegao á cocía en tertulia coa xente da casa, qu'axina yes fixo sito na mesa pra que se sumaran á charla. Coyéu Darna al Mandao del brazo antias que fose sentarse:

Tú y eu vamos buscar un sito pra falar solos.

Saliron al pasillo del entrada, unde deixaran os bultos que trían y coyeron as zamarras pra salir. Outra noite máis taba xelando y parecía qu'inda fía máis frío qu'as anteriores. Pol ruido y olor deron coa cuadra unde meteran os caballos y arrimáronse á parede pra estirarse un pouco del humedá.

¿Chegaron novas? —perguntóu a llaria baxín peró con brío.

Nun ter noticias é un xeito de tellas ruías, ¿non? —quixo esquivar a sospecha Brado.

Tú sabes algo qu'inda nun cuntache —insistíu Darna.

Coyéu aire el Mandao y apoyóuse na parede pra nun ter que miralla de frente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario