martes, 28 de septiembre de 2021

As llareiras 9

 

Al abrir a porta envolvéulas el cerzo como un sudario zúmbano y frío que nun deixaba allumar a os candiles máis qu'el tarrén qu'iban pisando.

Menos mal que viche comigo, porqu'eu sola nun iban encontrar a cuadra en toda a noite —agradecéu de corazón Lerca.

Seguro qu'encontrabas xeitos de dar cos caballos; dicen qu'os vosos respóndenvos.

Responden, peró, con esta noite, a saber d'únde. Como nun salise Xilma axudarme pra saber de qué llao respondían ou Tana, que segunro que xa ten na cabeza el plano completo da casa.

¿Y pra qué lo quer?

Pra nada, peró é a costumbre. É quen vei fendo a crónica del viaxe cos mapas del camín que llevamos.

¿Y failos ella?

Pos claro. É a que sabe.

¿Nun hai homes que lo faigan?

Hailos, peró foi a ella a quen mandaron porque, se nun é a miyor, poucos pode haber que los faigan como ella.

Entre as dúas xa taban acabando de poñeryes paya y augua a os caballos y empezóu Lerva a revisaryes os cascos y mirar a ver se tían mataduras.

Y habendo homes, ¿mandáronla igual a ella? ¿Nin albeitres? ¿Ou é por algo que vayades tantas muyeres como homes?

É porque procuramos sempre que sía así. Y os mismos de cada llar.

¿Tamén nel mar?

Tamén.

Parecía qu'iba siguir perguntando, condo s'abríu a porta y asomóu nel vano Nesdar y el ermao grande de Sarima:

Hola. ¿Xa tas acabando?

Tou. Mañá hai que revisarye os cascos al caballo de Áscer, que dixo antias que parecía que quería empezar a coxiar y eu nun vexo nada con tan pouca lluz.

Trede acó os catro candiles. ¿Únde los poñemos que miyor ch'allumen?

Quitái a paya d'ei y poñéilos alredor condo lo saque.

Obedeceron al punto el viaxeiro y a nena, mentras el mozo quedaba mirando pra Lerca, que soltaba el caballo pra llevallo al sito que taban preparando. Como nun se movese de xunto a porta, díxoye el ermá:

Por lo menos, ergue el candil pr'allumarnos a todos, xa que nun fais outra cousa.

Se qués, vou chamar a os criaos que lo faigan —replicóuye.

Esto nun é trabayo que nun podamos fer nosoutros —tercióu Nesdar—: Xa tá. ¿Por únde empezas? —perguntóuye a Lerca.

Mentras ye bisbisaba al caballo, fregándoye el percozo, apuntóu prá mao dereta.

Trede os candiles —pedíu, poñéndose col sou unde tamén él puidese verye el casco.

Alzóu a pata el caballo al orden de Lerca y repasóuyo con oyos y maos sin deixar de falarye con un especie de sonsonete que parecía calmallo. Foi nel outra mao unde encontróu úa pedrequía con punta clavada nel borde da palma.

Allúmame aquí —pidíuye a Nesdar, apurríndoye el sou candil.

Sacóu da faltriqueira que llevaba úa navayía y un chisqueiro col que calentóu el filo antias de mandarye erguer outra vez al caballo. Foi sacándoye con cuidao a pedra y volvéu deixarye baxar a pata mentras revolvía outra vez na bolsa pra sacar un ampolla da que vertéu tres gotías nel furao da pedra.

Se mañá nun ye zarróu el furaco, haberá que ferye úa calza pra que nun yo encete máis.

Xa taba volvendo el caballo al sito condo al fin deu zarrao a boca el neno da casa:

¿Y é ella a que lo vei curar? —perguntóu a Nesdar.

Pos claro. É el albeitre.

¿Ella? Como muito será el axundanta túa —quixo rir.

Probe del animalín se ten que depender da mías curas —ríu con gana véndoye a cara d'asombro al mozo.

Y dirasme tamén qu'os sanadores poden ser muyeres —A risa iba féndoseye enfado.

Pos si. ¿Por qué non, se valen pra sello? —Vendo por unde iban as ideas del chaval, ben aprendidas del padre, añadíu—: Nos llares miramos el interés y a capacidá, non el que hai entre as pernas.

Se é por capacidá —repuxo burllón.

Peró non a de mexar dereto —cortóuye a broma condo xa se perdía nel cerzo coas mozas—. ¿En serio pensan así?

Pensan —foi a resposta de Sarima, que sonóu case como úa pergunta.

Pos nun m'estraña que túa tia nun quera ter homes cerca con tal ermao y sobríos, que parez mentira que ye diexen llevar sola el caseirío.

Eso é gracias al testamento del home, ou eso dice. Igual qu'el de ferme a mín heredeira.

¿Y pensan que tou padre vei acetallo? —quixo saber Lerca.

Nun ten outra. A condición que poñía trouxéstedesla vosoutros cumplida: que fixese a manda pra qu'herede todo el primer neto que haxa na familia. Por eso volvo eu pra con ella na máis prepare el equipaxe.

Y por eso tou padre nun vei deixarche casar —comentóu Nesdar., separándose d'ellas pra ir durmir.

Eso pensa él: que vei poder siguir gobernándome a vida, peró nosoutras temos outros planes pra daryes nel focico a él y a mía madre coas súas comenencias —respondéu quedo, zarrando a porta da sala detrás d'ellas.

Xa nun quedaba naide erguido y sentíase el alentrar profundo das que xa durmían, mentras Sarima invitaba a Lerca a entrar nel sou cuarto pra falar un bocadín máis:

Nel trato que mía tía mandóu firmao pra que meu padre yo volva comigo tamén firmao consinte en que me perfiye y parez que naide lo avisóu de que fendo eso perde todo goberno en mín —ríu baxín a nena.

Y ben sei que xa teis mozo con quén casar.

Algún hai, peró nun escoyín inda. Como mía madre nun quer inda noras con ella, temos tempo pra buscar un que m'encha el oyo.

Peró se tou padre quer neto qu'herede, tará xa mirando con quén casar al tou ermao grande.

Como el que nun quer é deixar que case eu, eso inda nun lo esmole.

¡Con lo fácil que é deixar que cada un viva al sou aire! —suspiróu Lerca, erguéndose da cama unde sentaran as dúas pra ir durmir.

¿Por qué nun durmes aquí comigo? Pra úa vez que temos visita y de xente nova, nun quero perder de ter con quen falar das mías cousas.

Pensóulo un bocadín a viaxeira y al fin, vendo a caría de pena que ye poñía a nena, dicidíu:

Vou buscar el equipaxe y volvo.

Había barullo abondo na sala condo despertaron as del cuarto y tuveron qu'aballarse pra baxar col resto almorzar, despós de siguir inda media noite falando.

Al hora de siguir viaxe nun arralara miga el cerzo, peró os viaxeiros taban dispostos a marchar solos:

Indo pol camín marcao nun será tan fácil perderse —dicía Malio.

Y por muito guía que llevemos vamos ter qu'ir al paso mentras nun abra el día —apuntaba Brado.

Nun vou deixar que vayades solos y vos pase algo nas mías terras. Por lo menos hasta el llinde daquén da casa vei ir con vosoutros, querades ou non —acabóu a discusión el amo.

¿Podo ir eu, pa? —ofrecéuse el fiyo máis novo, celoso de ser el único dos tres que nun tuvera ocasión de falar cos viaxeiros sin os da casa delante y con gana de saber máis cousas d'aquel valle del que vían y que ye parecía tan llonxe como estraño.

Axina apareyóu un caballo y enfilóu a salida da corrada antias qu'el padres pensase nos inconvenientes de deixarye ir, que seguro que los encontraba, ou qu'a madre podese dicir algo que ye fixese negarye el permiso, qu'ella sempre tía motivos pra quitaryes d'andar coa xente de fora porque nunca ye parecía abondo escoyida pra relacionarse cos sous fiyos. Nun s'esplicaban os nenos cómo, sendo tan escrupulosa como era, casara col sou padre por muito caseirío que tuvese, inda que sentiran qu'algo houbera nese casoiro de préstamos y deudas y por eso nin conocían a familia da madre, qu'ella tanto chufaba de búa y ben servida.

Botaron a andar al fin col fiyo novo de guía, baxo promesa de dar volta prá casa desde el llinde das terras ou se abría del cerzo. Inda pasóu media mañá antias qu'empezara a verse a algo de distancia, tempo qu'aproveitóu el mozo pra saber máis cousas del viaxe, del valle y da cría de caballos.

A ver se con sorte deixan que vaya pra con Sari y poda aprender con ella.

¿Pos nun hai quen che ensine na casa? —quixo saber Nesdar.

Haber hai, peró nun me deixan ir con ellos. Dicen que nun é llabor pra mín, como se tuvese outro miyor que fer —queixóu el neno.

Quererán outro rumbo pra ti —quixo consolallo el viaxeiro.

Quererán. Mía madre: mandarme cos sous parentes nun sei a qué y a meu padre parece que tanto ye ten el que faiga, con tal de nun sentilla rosmar porque tou cos aldianos, como se houbese outra xente coa que tar.

Pos nun sei se túa ermá quererá terte con ella —opinóu Lerca.

A mín si; al que nun quer cerca é al noso ermáo que cada punto vólvese máis al son del noso padre y hai menos con quén tratar. Y como eu soi el barredoiro, tampouco importa muito el que faiga ou deixe de fer, con tal que nun arme ningúa... —Callóu un bocadín antias d'anunciar—: Hasta aquí chegan as terras de meu padre, así que miyor será que dé volta pra casa. Un pouco máis pr'alante chegaredes a un camín máis ancho y axina á veira del río da Balseira. Bon viaxe y acordáivos del que falastis con Sari y a tía Flora.

Acordaremos, ho. Y gracias por todo.

Siguiron camín un pedazo antias de que Darna propuxese parar xanta algo y ter a charla que llevaba pendente desde el víspora. A novedá nun era muita, peró era ben que todo soubesen el qu'iban atopar y ver el miyor xeito de remediallo.

Mentras a mayoría reposaban un pouco despós da xanta, Darna metéuse nel monte que bordiaba el camín polla falda da serra. Condo xa empezaban a esmolerse porque nun volvía, aparecéu col mismo aire tranquilo col que se fora y paróuse na buqueira polla que se metera. Sin falta de chamallos, axina foron arrimándose a ella todos os viaxeiros: algo nel sou porte recordóuyes qu'ella era a llaria que los guiaba naquel viaxe.

Tamos chegando á mitá del camín en menos tempo y con máis facilidá del que cuntábamos al planiar el viaxe. Desde a Balseira sabemos qu'el camín tá xa marcao y con postas unde fer noite, peró tamén que, conforme vayamos chegando, hemos ter qu'ir con máis cuidao nel que dicimos y a quén: sabemos qu'as cousas nun van ben nel llar del Acebro cos vecíos y nun queremos que nos vexan como un amenaza. Vamos visitar a os que foron vecíos nosos por saber d'ellos y celebrar xuntos un rito d'ermandá. —Callóu a llaria esperando algún comentario que nun chegóu—. Naide ten que saber que vamos chamallos pra que volvan al valle.

Sentíuse entoncias perguntar:

¿Y van querer volver?

Pol que sabemos —respondéu Darna— tan máis que dispostos; as cousas cos osos foron a pior y xa tan preparaos pra marchar. Nosoutros vamos invitallos a volver y daryes úa disculpa pra deixar el aldea y que nun los busquen nus días.

¿Y cómo van fer el viaxe? —quixo saber Lerca, pensando xa qu'inda tendo caballos abondos, non toda a xente iba ser capaz de montar y llevar carros atrasaría muito a marcha.

A llaria miróu al Mandao que deu un paso al medio pra esplicar:

Van ter barcos esperándolos nun abrigo qu'ellos conocen.

Mui seguro tas —tercióu Tusgo.

Antias de chegar encontraremos un aviso núa das postas, peró, se chegamos nosoutros primeiro, vamos ter qu'esperar por ellos.

El plan é este —retomóu el esplicación Darna—: condo ten os barcos dispostos, chegaremos al aldea y feiremos os preparativos pra un rito que temos que celebrar con todo el llar del Acebro nel monte sagrao, sin que ningún oso poda participar. Os del llar que vayan tein que fello voluntariamente, sin que naide los obligue, peró tampouco poden quitaryes d'ir se queren. Pensamos que con cinco días chegará pra que marchen por mar. Temos a ventaxa de qu'os osos nun son xente marineira nin queren saber nada col mar nin coa costa, inda téndola al pe como la ten el aldea. Os poucos que queden en terra pra fer as veces del rito con nosoutros tendremos qu'irnos lo máis someiros que podamos pra que nun se boten detrás noso sin tempo pra tomaryes algo de delanteira, porque é seguro que nun van deixar que nos vayamos sin dolo.

¿Tanto empioraron as cousas? —quixo saber Malio.

Tanto qu'este é el único xeito qu'encontaron pra irse —respondéu a llaria.

¿Y se nosoutros nun fósemos? —perguntóu Xilma—: Al fin, foi decisión del Conseyo ir buscallos...

Iban ter qu'amañarse sin axuda. Ou sin máis axuda qu'a dos da Islla. Brado: cúntayes cómo chegástedes a saber el que pasaba nel llar.

En poucas palabras, el Mandao díxoyes cómo chegara al Islla un peteiro de xente del Acebro pedindo axuda pra os que quedaban nel llar y el que planiaran pra sacallos d'allí, fose a que fose a resposta del valle.

Se nun tedes máis perguntas, é hora de botar a andar, que llougo é noite y paréceme que nun vamos chegar á Balseira sin moyarnos —acabóu a reunión a llaria, vendo xuntarse nubes mouras nos montes d'alredor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario