sábado, 29 de abril de 2017

Medos (Verderón 4)

Ben sabía Naya que nunca sous bolos foran amigos de meteryes medo a os nenos y tamén sabía que a bola de Sara nun era como ellos. Vendo a caría de susto que se ye taba poñendo al amiga pegóuse máis a ella nel poyo y bisbisóuye al oído:
- Verás qué conto máis guapo van contarnos - chingándoyes un oyo a os bolos y a Verdi, que cambiara de sito pra vellas de frente.
Quixo rir Sara peró inda nun las tía todas con ella:
- Seguro que túa bola - empezóu Inés, indo sentarse al outro llao da nena: - che ten falado abondo de mal d'oyo, - coyéu a caxa que movera pra fer sito pra sentarse, mentras Naya acomodábase outra vez nel tarrén a os sous pés: - de bruxas, de ciguas y de xente que fai mal, - abrío a caxa pra qu'as nenas visen el qu'había dentro: - que ten envidia y eso fai mal al outra xente, - sacóu un cepiyo de pelo suave: - al gao y tamén ás coyeitas.
Coa mao valleira puxo de medio llao a Sara y quitóuye a goma del pelo. A nena deixóuse fer, apandándoseye os medos conforme a bola de Naya falaba.
- Del que seguro que nun che falóu - coyéu a palabra Pacho, al tempo que sacaba os tarecos de fumar y empezaba a lliar un cigarro con toda parsimonia: - é de que tamén hay quen mira ben a os outros, cura os males del ánima, llibra de pesares y penas a os que ten cerca y fai que todo alredor d'él medre y espilla.
Negóu coa cabeza a nena, sentindo n'ella a caricia del cepiyo que Inés ye taba pasando pol pelo. Miráronse os outros sabendo qu'a nena iba agradeceryes que la llibrasen dos medos qu'a bola ye metera na cabeza desde pequena y acordóuse Naya d'úa das cousas que sempre ye ripitía el amiga condo pasaban al pé del camposanto.
- Pergúntayes a os meus bolos por a Santa Compaña - propuxo, pisándoye un pouco un pé pra que la mirase y vise que nun era pra rirse d'ella, como ye fixeran algúa vez os compañeiros.
Encoyéuse d'hombros a nena y, acomodándose ben pra que Inés siguira peñándola, empezóu a contar:
- Dice mía bola que nun se pode ir pol medio del camín que vei al camposanto porque por ei vei en procesión a Santa Compaña y se nos cruzamos nel sou camín dentro del ano morremos... - como todos callaban, siguío: - Tamén dice que condo llevan el morto a enterrar nun se poden ter abertas portas nin ventás porque entra el ánima y ocupa a casa pensando que é el nicho, nin tampouco nombrallo hasta que té enterrado porque pensa que lo tas chamando y pode pegarse a ti y ferche mal...
- Sí, nía, sí. Nin alentar cerca, nun vayas tragar el ánima - cortóula Pacho con media risa na boca.
Respingóu Sara del susto, mentras as outras dúas miraban al veyo de tal xeito que se ye foi a gana de rir:
- Nun te rías del que dice a nena qu'abondo medo ye debe dar contallo - deixóu el cepiyo Inés y empezóu a intrincarye el pelo á nena: - Vou perguntarche algo... - esperóu a que Sara acougase: - ¿Acórdaste de Saría ou del outra bola que tías?
- Sí - respondéu baxín a nena.
- Y as dúas queríante ben, ¿verdá? Queríante muito y cuidábante, esmolíanse porque nun che pasase nada ruin, que nun che faltase de nada... - a nena bisbisaba síes, mentras a veya siguía peñándola. - ¿Y a ti paréceche que, se poden, nun van siguir mirando por ti? ¿Ou van vir asustarte y ferche mal? - púxoye outra vez a goma del pelo y fíxoye volverse pr'hacia ella: - ¿Pensas que, se andan por cerca as súas ánimas, nun será pra guardarte como fían de vivas?
Pasóu a nena as maos por a trinca que ye fixera a bola da súa amiga, mentras todos esperaba que respondera con medias risas nas caras:
- ¿Y agora vais dicirme qu'el páxaro ese que nun se separa de nosoutros é mía bola ou a tía Sara?
Soltaron os veyos úa cacarada de risa que Naya nun s'atrevéu a siguir y Sara sentío qu'os medos conxuraos por a voz y as maos d'Inés tentaban el camín de volta a ella hasta que Pacho recuperóu a compostura pra responderye:
- Nun digas fatadas: el páxaro é un páxaro. A xente nun se fai bicho por ruin ou bon que fose en vida. El qu'Inés quer qu'entendas é que naide anda flotando por ei pra feryes mal a os vivos. Eu sou ben veyo e inda nun conozo a naide que vise a Santa Compaña como nun fose el medo, el vino ou a fame que llevaba con él - ríose un bocadín antias de siguir: - Que nun é bon idea ir pol medio dos camíos é verdá, peró por que pasan carros, agora coches, tratores..., y hai que deixar sito pra todos. Y poñerse a ventilar a casa pasando un enterro pode parecer úa falta de respeto. Mentar al morto é revolver penas as máis das veces, inda que, mira tú, eso nunca antias lo sentira.
Mentras Pacho falaba, sacara a súa muyer un espeyín da caxa pra qu'a nena se mirase n'él, asombrada da trinca rara que ye fixera.
- Ben tú agora - chamóu á neta pra que cambiase el sito con Sara: - A xente que nun fala más que de cousas ruías, males y medos saca el que tén nel sen pra estendello alredor. Outra xente estende allegría y calma por unde pasa - empezóu a entrincarye el pelo á neta: - É verdá que hai quen nun pode ser d'outro xeito, peró hai quen escoye falar ou callar, enmendarse ou non - deixóu paradas as maos: - Y hai quen, pra ben ou pra mal, ten algo que ye fai estremar esa habilidá pra pegaryes a os outros el que pensan d'ellos.
Quedaron callados todos, os veyos deixando qu'as nenas entendesen el que yes querían dicir y as nenas pensando nel alcande del qu'Inés yes dixera:
- Así que: se un fala maldades, é porque é ruin y quer amargar a os que ten cerca... - empezóu Sara.
- Nun todos, peró sí - concedéu Pacho.
- Y hailos que poden fer que pasen cousas ruías col súa intención... - siguío a nena, sin acabar de crello.
- Non col intención... - pensóu un pouco el bolo antias de siguir: - A xente que é ruía de verdá nun se conforma con pensar mal: fai por que pase.
- Y hai xente que ten muitos xeitos de fer que pasen cousas. Pouca, peró haila.
Quedóu callada Sara, véndoseye á mente cousías que vía pasar na súa casa, que ye fixeron perguntar:
- ¿Y apréndese a ser tan ruin?
Miráronse os veyos antias de responderye Inés:
- Pode aprenderse, sí, peró hai que querer, como pra todo.
- ¿Tamén a fer que pasen cousas búas? ¿Ou romediar as ruías? - insistío a nena.
- Desque pasan, son malas de romediar, peró pódese quitaryes ferro ou nun deixar que vayan a pior.
Volvéu callar a nena, acordándose das veces que tuvera a punto de fer porque a daquén ye pasase algo ruin, parecéndoye fácil: úa palabría a daquén, nun dar un aviso ou deixar un estorbo atravesado, cousías pequenas que poderan parecer sin intención máis que pral que las fía. Y déuse conta de golpe que nun foran ideas súas, senon que llevaba véndolas toda a vida: era el que ye fía súa bola al ermá, al home y hast'al fiyo ou a os netos condo s'enfada con ellos, muitas veces porque los vía contentos.
Miróu con outros oyos á familia coa que taba: Naya y os bolos nun se fían esas cousas, nin a os outros da familia nin a os vecíos, como pasaba na súa. Ella nunca chegara a fer nada d'aquello que se y'ocurría condo s'enfadaba peró a un dos sous ermáos dábaseye mui ben encabronallos a todos condo máis contentos taban... igual qu'a súa bola.  Déuse conta tamén de que sempre que la comparaba col outra Sara era porque nun y'entraba al trapo condo quería enzoritalla y ferye chorar. Aprendera sin percartarse a irse de con ella conda la vía d'ese humor raro que se ye poñía condo más tranquilos y felices taban, tal como fía el outra Sara condo súa bola quería torialla.
Xipróu con forza Verdi al pe de Sara, féndoye sacudirse del susto, como se cansase de tanto silencio:
- Peró nun era eso el que queríamos contarvos... Ou eso na más - volvéu falar Inés, atándoye a trinca á nena: - Volve sentarte aquí, al meu llao - palmióu el poyo entre ella y Naya, que xa s'arrimara al bolo, féndoye sito.
- El que queríamos contarvos - empezóu Pacho: - é el historia d'ese paxarín berrón y sabicheiro que tá mirando pra nosoutros desd'a roseira. Xa sabedes que é un verderón; chámase así pol sou color - el aludido espurrío el pescozo, torcendo a cabeza presumido pra que lo visen ben. - Perguntabas antias se taba enseñado y dixémosche que non, peró algo sabe...
- Sabe distinguir á xente. Y nun é él solo. Hai muitos animalíos que saben de qué xente poden fiarse y fainse entender condo queren: escuita - bisbisóuye nel oreya a bola de Naya.
- Y nun damos tanta volta pra decirvos el que queremos - sentío asombrada a nena xiprar al páxaro.
Miróu a súa amiga pra ella por ver se tamén ella lo entendera:
- ¿Tú tamén soubiche el que dixo? - antias que Naya chegase a responderye, siguío perguntando: - ¿Y ayer a curuxa? ¿Y el outra día condo lo siguimos al regueiro? - acordóuse de golpe das pedras qu'encontraran y que inda llevaba nel bolso: - ¿Y sabías que taban allí? - añadío, mostrándolas.
- Non, eso non. Nun me dixo nin únde íbamos nin a qué... Que, a parte d'encontrar as sampedras, nun sei porqué nos llevóu al molín - pasióu a vista d'un bolo al outro y al páxaro, esperando que daquén respondese a pergunta que nun s'atrevía a fer.
- Así que xa vos llevóu al molín. Y allí encontrariades un gazapo, úa pega y un esquío, ¿non? - perguntóu el bolo, mirando al páxaro que parecéu encoyerse d'hombros antias de xiprar:
- Era el que tocaba fer - como a xente quedase mirando pra él, esperando un esplicación, volvéu xiprar: - Chegóu a xeira d'abrir caños y deixar qu'el augua corra y llave toda conta cotra foi xuntándose neste tempo.
- Aquí hai tres pedras y ellas son dúas - mostróu Inés a mao da nena, sin tocar el que tía n'ella.
- Tein un axudante que nun fai falta qu'entenda todo conto pase pra que vele por ellas - xipróu quedo Verdi.
- ¿Y valerá pr'algo todo conto podan ellos fer? - porfióu ella.
- Valerá como valira daquella el que vosoutros fixestes... - enalóu el páxaro hasta el alto da roseira.
- Eran outros tempos... - replicóu sin agayo.
- ¿Tan envizcados tais revolvendo que hoi nun hai café nin merenda? - chegóu a madre de Naya cúa bandexa al pé d'ellos: - Fédeme sito pra pousar esto y'ide servíndovos, se vos parez... - quedóuse mirando pras nenas: - Mira pra ei que guapas vos puxo mía sogra. Xa nun m'acordaba del búa peñadora que é.

No hay comentarios:

Publicar un comentario