“A la mar fui por naranjas,
cosa que la mar no tiene…”
Canción tradicional
Hay nel horto un naranxeiro c’un historia ben curiosa, pero
que comparte coa mayor parte dos naranxeiros del pueblo.
Houbo un ocasión, fai más de sesenta anos, qu’a playa del
Barco aparecéu chía das maulas más raras que se viran hasta entoncias:
naranxas. Naranxas grandes, brillantes, frescas…, que tamén resultaron ser
sabrosas, dulces como pouca xente d’aquí probara nunca.
Y, como sempre n’estos casos, foron úa ou dúas muyeres
curiosas as que decidiron probar a chantar n’algúa taza ou conco desportillado
as poucas pepitas gordas que tían aquellas naranxas y cuidar con mimo as
plantías que foron nacendo hasta poder plantallas na terra ben cuitada d’un
esquina del horto. Esperaron con pacencia qu’aquella plantía froxa fose
medrando hasta ferse árbol y con más pacencia inda que botase flor.
Nel caso del naranxeiro del que falo inda tuvo que pasar
abondo tempo hasta qu’un albañil curioso contóuye el secreto que fía qu’os naranxeiros
y llimueiros botasen flor y fruto: “hay qu’inxertallos”, dixo con misterio pra,
de seguido, coyer el martello y úas puntas de ferro y chantallas nel tronco.
Nun tardóu muito en cubrirse de flor y pral ano cayeron as primeiras naranxas
tamén dulces, frescas,…, como aquellas qu’apareceran na playa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario