miércoles, 14 de diciembre de 2016

Santos y payasos

SANTOS Y PAYASOS
Nel última noite del ano nus sitos, el día dos Inocentes n’outros, xuntábanse vecíos, novos y non tanto, n’algúa casa unde case sempre había mozas solteiras y ganas de risa. Preparaban dous saquetos, que solían ser gorras dos presentes, cos nomes dos homes solteiros y viudos nún, y os das muyeres solteiras y viudas nel outro; iban sacando ún de cada, fendo parexas; envolvíanlos xuntos y despós tirábanlos por algún dos camíos más concurridos.
Nel llugar del que soi, antes de fello, preparaban outro saqueto cos santos del iglesia, tantos como xente fora sacar os payasos, y sacaban ún por cabeza, como se buscasen protección pr’a trasnada qu’iban fer. Como se fía nel última noite del ano, tiraban os papelíos camín del iglesia pra qu’a xente los recoyese daque volvía de misa.
Todo esto nun buscaba más que botar úas risas cos vecíos, inda que sempre había daquén que tomaba a mal a broma.

Condo chegaron á casa xa se sintían desde fora as voces de risa cantando villancicos. Tuveron qu’esperar a chamar a que callasen un pouco pra que sentisen os golpes y salise daquén abriryes, que nin petándoyes na ventana s’enteraba naide.
- Ben podestes pasar… Mirái a ver se tedes unde colgar as zamarras, que na cocía xa hay tanta xente que cocemos solos. Y ma nun deixa de tizar el fougo…
- Toma. Trouxemos úa botellía pra que nun poñáis todo vosoutros.
- Bo. Nun tiades que trer nada, qu’este ano parece que vos puxestéis todos d’acordo y vamos ter que fer festa d’aquí a Ramos pr’acabar as botellas.
Despós del barullo que tían armado fía un bocadín, os da cocía quedaran callados esperando ver quén chegaba. Inda qu’aquella cocía era ben grande, fíala pequena el peteiro de vecíos que se xuntara cos da casa, que xa nun eran poucos; pro axina yes fixeron sito a os que chegaban y saliron vasos llimpos y café inda fervendo.
Ún dos que chegaron botóu un oyada alredor antias de sentarse, mirando a ver quén taba y únde, buscando un sito con compaña del sou agrado. Sou hermáo miróulo divertido, sabendo ben xunto a quén quería sentarse, y más vendo que nun taba el pretendente rival. Peró, con esas y todas, nun iba tello fácil: a moza en discordia taba sentada nel medio del escano ben escoltada por outro vecín y el hermá pequena, que xa empezaba a dar cabezadas de sono, acocorada contra ella.
Circulaban el café y as gotas y, al son d’ellos, as novas y os contos, xa foran de risa ou de medo, callaban bocas ou abríanlas de cuarta en cacaradas, que nun era raro qu’acabasen en llágrimas, y naide tía prisa por marchar. Nun esquina da mesa botábase un tute y noutra volvían comentarse as trasnadas dos Inocentes, condo daquén chamóu al ama:
- Ah, nía, vei trendo papel y algo pra escribir… Vamos ver quén vei emparexar pral ano qu’empeza…
Nun bocadín amañaron de fer os papelíos ben igualados y os de miyor lletra escribiron nellos os nomes qu’iban decíndoyes, nun fora quedar algún fora, qu’eso, según dicían, nun osmaba cousa búa pral solteiro ou viudo que nun aparecía entre os payasos. Y bon cuidado poñían os interesados en atopar a parexa del papelín col sou nome, conto más axina miyor, pra que menos xente lo vise.
- Ei, esperái un pouco, que primeiro haberá que sacar os santos, nun vayamos ofender a daquén con maloyo y nos amole por ferye a broma…
Cuntáronse os presentes y foron repasando os santos del iglesia y, como nun chegaban, buscaron nas capiyas y as devocióis de cada ún hasta ter el número adecuado. Requisáronye a gorra al más cabezón del grupo y botaron nella os santos.
- Ala, toma, nun te queixes, que deixas a pucha, peró tamén es el primeiro que saca santo.
Foron pasando a gorra alredor da cocía pra que cada ún tuvese cuberto polla sombra d’un santo y xa eso, como todos os anos, deo pra búas risadas: al más toupo salíoye santa Lucía y al más cabrito san José; santa Bárbara a ún que nun sabía únde meterse cada vez qu’había tronada y san Pedro al que nunca s’acordaba de zarrar a porta; tamén ye salío san Antón al que menos ye gustaban os bichos y santa Rita al hermá da casa que menos ye gustaba deixar as cousas, nin ás hermás nin a os de fora… Despós das risas cos santos acabaron de fer os papelíos dos payasos y pediron silencio pra repasallos mentras iban meténdolos nas gorras. Como solía pasar, iban quedar varias muyeres desparexadas así que decidiron meter algún solteiro coñecido dos alredores.
- Non, se nunca d’ún bon vos acordáis… - tercióu el ama da casa vendo os qu’iban añadindo de fora.
- Nun s’enfade, señora, - replicóuye con sorna sou home: - e que salen os que todos coñocemos y, xa se sabe: os célebres nun avezan a ser os más formales…
Acabaron el repaso y pasáronye a gorra dos homes á nena pequena, que, por sello, inda nun iba nel saqueto, y a das muyeres a Paco, el único vecín presente casado y cos fiyos todos tamén casados, pra que tampouco llevase parte nel sorteo, inda que tuvese un hermá solteira que sempre salía das gorras con bon mozo y nunca lo daba encontrado.

- A ver se d’esta sacamos pra Malia ún ben grande, qu’ella lo vexa, y cegato, pra qu’él nun la vexa a ella, y tropecen de vez – ríose el hermao al coyer a gorra que y’apurrían.

No hay comentarios:

Publicar un comentario