Nel revés d'úa foya de roseira un peteriro de ovíos parece temblar condo ún d'ellos empeza a escachar. Un verme d'oyos grandes vei asomando mentras d'outro ovo sale úa vocecía: “¿Pararás hoi, nía? ¡Inda vas tirarnos a todos al tarrén!” Del outro llao síntese a daquén abrir a boca y esperezarse sin chegar a romper a casca. Escachaban outros ovos condo os primeiros vermes botaban a andar buscando acomodo llonxe de tanto baruyo. Iban baxando aspacín, aprendendo a mover tanto pe sin enzarabeyar: “A ver se nun vamos mui llonxe, porque, a este paso, nun vamos dar botado a volar...” Menos mal qu'os outros s'apartaron a tempo y nun las arrollóu condo baxóu al rebollón hasta dar coa primeira d'a fila de fornigas que subían: “¡Ai! ¡Podías mirar por unde vas, La!”, díxoye a forniga mentras y'axudaba a poñerse ben na cana. Entre risas, pollas ciyergas que ye fía, perguntóuye el verme: “¿Por qué me chamas La?” “Porque foi el que berrabas condo cayías. Y, tamén, como eu soi A, ben podes ser tu La.” Chegaban os outros dous vermes á ringleira de fornigas y axina presentáronseyes dúas: “Eu soi E y tu vas ser Le”. “Y eu soi I y vou chamarche a ti Li.” Volvéu coyer a palabra a primeira forniga, mentras el resto da fileira siguía subindo: “Sabíamos que vos tocaba nacer y vemos axundarvos estos primeiros días, mentras medrades”. Quedaron os tres vermes acomodaos nun brote brizo da roseira unde naceran, mentras as fornigas siguían col sou trabayo. “Ui, esta foya sabe distinto”, dixo Le dándoye outro bocao. “Mira de nun pincharte, qu'eso é un arto y hasta nas foyas ten espías”, respondéuye E, mentras acicalaba nél. Féndoye caso, nun bocadín deixóu llimpos os nervos sin rozar sequera un espía. “¿Unde vei Li?”, perguntóu esmolida a forniga encargada de cuidallo. Sentiron entoncias un estornudo y al momento viron al verme asomar da rosa que tuveran vendo abrirse pouquín a pouco os días pasaos. Un barruzo marello envolvéulos condo Li salíu al rebollón da flor, féndoyes sacudirse a todos. Tan al sou taba La comendo núa foya que nun se percataba de que y'asomaba el cul pol outro llao. Tamén al sóu iba un rinchín cazando pulgóis pol tronco da roseira. “¡Aiii...!, berróu el verme al sintir el bocao que ye deu el rinchín, que, del susto, botóu a volar sin soltar a La. “Ehhh... qu'eu inda nun teño alas nin sei volar”, volvéu berrar, agarrándose á foya. Soltóulo el rinchín y pusóuseye al llao: “Perdón, confundinte con un pulgón”, dixo, mentras colocaba as alas debaxo dos élitros. “Eu soi Is”. “Eu La y estos Le y Li. Y tamén son vermes, así que nun vayas mordellos.” Daquén taba outiando toda esta maniobra sin que ningún se percatase hasta qu'úa sombra pasóu por riba d'ellos. Metéuse Is debaxo da foya y avisóu: “Espurrídevos ben al llargo del tronco y quedaivos paraos.” Fixéronye caso os vermes y al momento volvéu pasar a sombra inda máis pegada. Un páxaro qu'a ellos yes parecéu grandísimo pousóuse na cana d'un niseiro bravo que medraba entre os artos y as roseiras. Torcendo a cabeza, buscaba con un oyín mouro os bichos que fía un bocadín tuvera vendo moverse y xa nun era quén a distinguir entre as foyas. Axina cansóu de buscallos y enalóu llonxe d'ellos. “Por pouco”, suspiróu el rinchín, coyendo un pulgón que tía al llao. “Estos tan criando y pasan el día buscando comida”, miróu pra os vermes y dixo: “Comida que podemos ser cualquera de nosoutros”. Deron un respingo os vermes, que nunca pensaran que daquén podese feryes a ellos como yes fían ellos ás foyas ou el rinchín a os pulgóis. Inda nun se yes fora de todo el medo del páxaro condo Le sentíu rumbar al pe y cada vez máis forte. Chistóuyes a os outros y quedóuse quieto como yes dixera Is. Un abeyón pousóuse nun ramo de flores nel arto nel que taban os tres vermes, sin parar de rumbar. Despós d'un bocadín, botóu a volar y tan cargao iba que cuase embiste a Li, qu'erguía a cabeza pra ver quén fía tanto ruido. “¡Epa! Aparta que t'escorno”, berróu el abeyón, esquivando por pouco al verme, sin deixar de rumbar. “Y nun t'acomodes, que llougo volvo”. “¿Y pra qué qués tanto polvo d'ese?”, quixo saber el verme condo volvéu el abeyón. “Pra fer de comer nel nío que teño con outros aquí cerca”, respondéuye, mentras iba xuntando entre as patas todo conto se ye pegara pol corpo. Quedóuse Li pensando nel llabor que tía el abeyón tanto ir y vir cargao y nun fer como ellos y comer allí mismo, sin tanto paseo, comendo as cousas tal cual se daban. Escoyéu ú afoya nova y deuye un bocao, procurando nun atravesarse outra vez por unde enalaba el abeyón. Taba La acabando de comer el última muda que quitara condo sentíu temblar a cana col golpe d'un peso cayido cerca. Espurríu a cabeza pra outiar qué podía ser y víu núa foya máis pr'arriba asomar úas pinzas y al punto a cabeza entera, a barriga enorme y as oito patas d'ún arañúa que baxaba pr'hacia unde taba él. “¿Qué faigo?”, perguntóuyes a os ermáos, que tamén viran chegar al araña desde as canas máis apartadas unde taban. “Nun te movas nin condo che pase por riba”, propuxo Le. Ben sabían que se lo sintía, naide iba salvallo de que lo envolvese pra comello despós. Acercábase el araña tantiando coas patas peludas a cana y cuase tocaba a Li condo aparecéu de golpe a sombra qu'outro día tanto los asustara. Quedóuse quieta tamén el araña, peró era un bulto mui grande na cana sin foyas cerca y noutra pasada el pico del páxaro coyéula sin dolo, por muito que s'agarrase al palo con todas as patas. Al ferye soltarse el páxaro, cimbróu el arto entero y cayeron os tres vermes al tarrén. Nel mourén zúmbano y calente empezaron a osmar, máis que ver, a presencia d'úa patulia de bichos que nunca conoceran y nun quixeron esperar a vellos. Engataron cada ún pol tronco que máis cerca tían sin mirar s'era arto, roseira ou fuleto, que algún tamén había, camín das canas qu'allumaba el sol. Condo xa taban algo altos, paráronse os tres taliar a contornada y ver qué rumbo seguían na chanteira a que s'agarraran, buscando el xeito de volver xuntos al pico da roseira unde naceran. Tamén miraron pral tarrén y chegaron a distinguir algún d'aquellos papóis qu'osmaran. Viron úa sapagueira coa cabeza erguida pr'hacia ellos y parecéuyes sorprendida de vellos por alló embaxo. Tamén viron un llimaco amarronao tantiando coas antenas a planta polla que subía Le. Botaban a andar outra vez condo unruido d'arrastre fíxoyes mirar pr'abaxo pra ver pasar un escolanzo que cazóu al llimaco y siguíu camín sin pararse pra nada. Detrás d'él, parecéu un cochín fozando nas foyas podres y tamén úa parexa de forcadellas revolvendo un nío d'ovos de cosco que destapara al pasar el escolanzo. Taban chegando enriba condo sentiron perguntar: “¿Únde fostes?” y ei taban as fornigas esperando por ellos, mentras acicalaban outros vermes da súa niada. Empezaron os tres a cuntaryes el aventura y os sous parentes nun daban feito a abrir oyos y bocas, asombraos pol que cuntaban. “Y con tanto paseo y tanto falar, eu tou esfamiao”, acabóu La, botando un oyada alredor en busca d'úa foya que comer. Nun era fácil encontralla porque acertaran a subir á cana da roseira unde quedaran os máis dos vermes que naceran condo ellos. Xa Li alcanzara, espurríndose, úa foya del arto unde s'aposentaran ellos y detrá d'él foron os outros dous. Siguíu Le a cana hasta el pico, buscando un brote novo, y, al pasar por riba d'un ramo de flores, topóuse con un papón anaranxao. Quedóuse el verme mirando pra él, que nunca tal vira: flaco, con cornos llargos y úas patías finías, que cuase nun tocaban a flor na que taba pousao. “¿Qué miras?”, espetóuye el bicho. “¿Quén es?”, perguntóu el verme. “Soi un flaire y nun sei qué veis molestar aquí”, viróuye el cul el papón y al punto chegóuye a Le úa peste que ye fixo recular, mentras el flaire salía volando. “¿Pos? ¿Tuvícheye medo a eso?”, perguntóu La, marmiando inda un cacho de foya. “¿Qué iba ter? ¡É que mexóu por mín!”, protestóu el outro verme, pasando as patas polla cara. Xa empezaban a coyer xeito as moras condo a os vermes yes entróu úa galbana tremenda y arreglaron de fer un coi col última muda, debaxo d'úas foyas ben brizas. Condo saliron d'aquella sesta ben llarga, llevóuyes un bon pedazo acabar d'espurrirse y abrir as alas azuladas que yes medraran mentras tanto. Postas a secar nel pico del arto, saludáronse contentas as tres paxarías y botaron xuntas a volar. Enalaron alredor del arteira, vendo qu'as moras xa iban madurando y poucas flores quedaban na chanteira. Tampouco na roseira encontraron muito que chupar y así, de flor en flor, acabaron salindo del artedal unde naceran y viviran hasta entoncias. Nel llindeiro da bouza encontraron as paxarías flores asgaya que nunca antias viran y tiraron cada úa prá úa distinta. La foi probar úas piquinías de color rosa; Li as marellas de ciridona y Le foi mirar úas blancas que s'abrían como parauguas. A piques de pousarse na máis grande, enalóu con forza pra irse llonxe: “¡Nun me mexes, que xa me vou!”, berróu, indo pousarse núa chanteira de llin cuberta de florías azules, cuase del color das súas alas. Desde allí volóu hasta úa meleira que medraba entre as pedras d'úa parede medio cayida al pe del arteira. “¡Vide probas estas!”, chamóu ás ermás, estirando conto podía a súa trompa pra chegar á mel que tía nel fondo el paxarín unde se pousara. Fíxoye caso La, mentras Li enalaba hasta un estallón. Iba meterse de cabeza nél condo salíu zumbando un abeya: “Mira a ver se sacas un pouco de augua, qu'eu nun dou feito”, díxoye, dando voltas alredor da flor. Despós de fartarse, siguiron esplorando os alredores, sin irse mui llonxe del arteira. Así conoceron os gamóis que medraban altos entre herba sedeña y panqueixas y acertaron a esconderse a tempo d'un sacaoyos que las rondaba y d'úa rá coas intencióis parecidas. Coas alas algo zúmbanas, volveron al prao solarego, que tamén yes parecía máis seguro, a siguir probando flores. Deron con úa chanteira de tarrellos y quixo Li pousarse núa mota de semente qu'escapóu toda al arrimarse. Buscóu outra por ver se daba feito sin esfaragayallas, peró volveron volar agá as debaxo, que debían tar inda verdes. Axina se ye xuntaron as outras dúas por ver cuál era quén a pousarse nellas sin aventallas. Nesto taban entretidas condo sentiron xiprar por riba d'ellas. Al erguer as cabezas viron pasar pol pico, cuase al ras, úa patulia de xilgueiros. “¡Parade de sacudir os tarrellos!”, berraronyes a coro. Nese momento Li, que siguira a lo sou, dixo toda contenta: “¡Atinéi!” y allí taba toda recachada nel pico d'úa mota de tarrello, hasta que se ye pousóu al pé un xilgueirín; empezóu el páxaro a arrancarye sementes de debaxo dos pes y nun tuvo outra qu'enalar. Xuntáronse as tres paxarías núa malva nel suqueiro del prao, vendo como os xilgueiros acababan de pelas os tarrellos. Nun bocadín, botaron a volar os paxaríos, deixando detrás el sou canto, y volveron as paxarías á busca de outras flores. Nubes mouras iban zarrando el día y corría un aire cada vez máis fresco y húmedo. Ás paxarías costábayes cada punto máis volar pra unde querían. “Eu tou mui cansada”, queixóu La. “Y paréceme que vei chover”, llanxíu Li y al punto cayéuye enriba úa gotúa gorda y fría d'augua que cuase la zampa nel tarrén. “Vamos estiarnos”, propuxo Le, volando xa pr'hacia un castañeiro que medraba xunto al arteira. Acomodáronse as tres debaxo d'úa foya grande y briza, llonxe das canas de fora que xa machacaban el vento y augua. Sacudíu con forza as alas Li, mirando de nun ter ningún avería polla mor da moyadura da gota y, al fin, deixóulas abertas, esperando qu'enxugasen ben. “Menuda aventura pra ser el día primeiro con alas”, ríu La. “Di miyor: menuda aventura desque salimos del ovo”, correxíu Le, ríndo as tres.