martes, 21 de febrero de 2023

Os secretos II. 6

6. A CASA GRANDE.

¡Vaya, é el llavadeiro! —desilusionóuse toda Sara.

Si. Peró ei hai porta y tá aberta —mostróuye el ermao.

Pasaron al pes das pilas tayadas en pedra y enfilaron el outra porta, peró inda yes deu tempo a reparar nos avíos prá colada: el trobo de colar y a dala y, sobretodo, núa máquina con rodiyos y beo qu'acabaron por pensar que sería pra estrumar a roupa antias de tendella.

Entraron núa cocía parecida á da casa de Saría se nun fose porque nesta entraban cuatro como aquella. Tía, como a de Saría, úa tira d'azulexos que nun chegaban al techo nel frente unde taban a cocía coas mesetas y a pila de fregar y as outras paredes ocupadas con alacenas, conqueiros y armarios, inda con cousas nellos. Ocupaba el medio úa mesa de madera maciza de cuase úa cuarta de gorda y un escano y un banco ermaos d'ella.

Pos aquí nun parece qu'houbese fougo —dixo Sara, parados inda na porta.

Dixo bolo que nun queimara toda a casa, solo a parte que nun arreglaran, que debe de ser a del outro llao —respondéu Naya—. Parece qu'el fougo empezara nel istalación veya da lluz, que nesta parte xa puxeran nova.

Saliron da cocía al pasiyo que daba á porta principal y nel que encontraron as portas del que debía de ser a despensa, d'un comedor pequeño y d'úa salía tamén pequena y decorados de tal xeito que parecía difícil revolverse dentro. Chegaron á porta y ás escaleiras que partían a casa en dúas; por unde ellos entraran víase qu'a casa fora renovada y nun ye chegara el fougo, peró el outra parte taba moura y queimada, cos puntonciyos colgando nos sitos qu'el cable veyo da lluz prendera.

Como el escaleira era de pedra nun ye faltaba máis qu'a barandiya del llao da queima y nun yes costóu a os nenos dicidir subir máis que mirarse ús a outros. Ben pegados al llao seguro, chegaron en fila al piso y quedaron parados al ver a porta moura pol fougo, peró inda enteira, que zarraba el llao queimado. Sin pensallo muito, botóu mao á maniya Yayo y abríula.

Al outro llao, faltaba el piso nalgús sitos y tamén podía verse el cielo entre os restos del piso de riba, a techumbre queimada y os rotos del toldo que puxeran para tapalla. A porta abríase al que debera ser a sala con cuartos al fondo y as paredes mouras de fumo; víase tamén nellas el rastro del cordón queimado que baxaba ás chaves da lluz.

¡Qué raro é todo esto! —pensóu en alto el neno—. Eu nun sei muito d'eletricidá, peró, se renovaran el istalación de parte da casa, ¿nun tía que tar desenganchada a vella? Y se taba enganchada toda, ¿cómo nun ardéu el resto?

Ou non —respondéuye Naya—. A cuadra da casa, como nun s'usa, inda ten os cables veyos, cúa chave como esas, y inda ten lluz. Ou tía, que núa tormenta nun fai muito, fóisenos a lluz y nun volvía y cortóu pa os cables qu'iban pra ella.

Zarróu a porta Yayo y volvéronse pral llao que nun queimara y as escaleiras que subían al desván:

¿Subimos ver enriba? —propuxo Naya.

Y enfilaron os tres as escaleiras.

Tamén el desván taba partido en dous cúa porta a cada llao y esta vez nun se molestaron sequera en abrir a del queimado. Detrás del outra porta nun había máis qu'us mobles desarmados y algúa caxa con roupa veya, calzado y trastes pequenos que nun yes llevóu miga de tempo mirar.

Baxaban un pouco desilusionados condo yes parecéu sintir pasos embaxo. Quedaron parados nel descansiyo, esperando escuitar algo y nun tardaron en sintir úa porta zarrar y úas pisadas avanzando pol pasiyo de baxo, camín da porta principal. Recularon os tres, separándose das escaleiras y procurando nun fer miga de ruido, y volveron quedar quietos, esperando ver qué fía el qu'andaba por baxo.

Deron un respingo al sentir falar:

Pos a parte qu'amañaran nun ta nada estropiada pra os anos que lleva sin mirar naide prá casa —dixo úa voz d'home.

Y al punto respondéuye outro:

Algo feirían os toldos que puxeron. Hasta lo que queimóu tá abondo ben —avanzóu a voz pol entrada.

Tá todo queimado —replicóu el outro.

Si, ho, peró nun cayéu el techo nin hai muita cotra de fora —esplicóuse el segundo.

Miráronse os nenos, reconocendo aquella voz, y por señas quedaron d'acordo qu'era el bolo de Naya. Siguiron escuitando sin moverse del sito, esperando conocer quén taba con él antias de dicidir baxar ou mirar d'esconderse por se yes daba por subir:

En mala hora deixaron enganchada el istalación veya, xa de nun cambialla toda.

Taban mirando d'amañar el resto da casa, peró nun yes deu tempo. Tamén foi mala sorte que yes cayera a chista aquí al llao.

Nun ye chames mala sorte que ben se vía qu'algo así podía pasar. ¿Ou nun t'acordas cómo sacaban chispas esos cordóis con pouco torbón qu'houbese, sin necesidá de que cayese ningúa centella nin cerca nin llonxe? —acabóu el parlamento el paisano y botóuse a tusir como se houbese forzado muito a gorxa.

Al sentir aquella tos, cayeron os nenos en qu'el outro home debía ser Lalo y non Carlos, como cuase esperaban pra presentárseyes. Recularon un pouco máis mentras embaxo siguía sonando a tos:

¿Nun irás fumar aquí? —perguntóu Pacho al callar el outro de tusir.

¿Pos teis medo a que queime algo? —ríu el outro.

Nun créu que yes preste ver qu'anduvo daquén por aquí.

Boh, díxome ayer el da paliadora que tan chamados ús que balleiran casas, fayados alpendes y el que sía, así que nun créu que miren se anduvo daquén ou non —protestóu Lalo.

¿Y van tirar todo? —quixo saber el outro.

Parece que recoyen el que yes interesa y el resto véndenlo a outros que feirán igual. ¿Por? ¿Viche algo que ch'interesa?

Eu non, peró sei dalgús que, como lo soubesen, pouco iban tardar en vir revolver —ríu Pacho.

Y eu tamén sei d'ellos. Peró, ¿tás seguro de que nun veron ou van vir igual? —ríu tamén Lalo, mentras os nenos reculaban inda un pouco máis nel pasiyo de riba—. El que quero eu ver son os coches que tían y que nun vin que sacaran inda. ¿Vamos ver se tan nalgún cabanón?

Antias tíanlos nel que hai pegado á salida del camín de baxo —respondéu Pacho, perdéndose xa os dous camín da cocía, por unde tamén entraran ellos.

Inda esperaron quietos un bon pedazo os nenos hasta tar ben seguros de que se foran os dous homes, antias de xuntar as cabezas y, procurando falar quedo, acordar:

Se naide da casa vei vir ver el que hai ou deixa d'haber, ben podemos nosoutros revolver un pouco, como dice el bolo d'esta —propuxo Sara.

Abriron a porta que tían máis cerca y encontraron un cuarto grande cúa cama de matrimonio, dúas mesitas y un armario ben grande, peró todo balleiro. Na porta del frente taba el escusao y detrás da qu'abriron despós había outro cuarto, éste máis pequeno y cus mobles que se vían antiguos.

A cama, tapada cúa colcha con ramos bordaos y debaxo un colchón de llá, era estreta hasta pra ún, como estreto era el paso que quedaba pra pasar y abrir as portas del armario que parecía demasio grande pr'aquel cuarto. Sentáronse os tres na cama pra poder abrir el armario y dentro viron úa coleción de traxes d'home del ano da nana, todos inda ben planchados colgando de perchas de palo cúa punta doblada como gancho. Nas baldas del outra porta había camisas y roupa de llá y nos caxóis calzóis y camisetas, y puños y cuellos de camisa, corbatas, caxías con pasadores y xemelgos y panos con lletras bordadas: un eme y un erre enroscadas.

Este debía de ser el cuarto del tal don Manuel —supuxo Yayo.

Inda revolveron outro pouco nel armario, sacando y volvendo a guardar todo conto yes chocaba; antias de pechallo y revisar a mesita. Nel caxón había un mundo de papeles con notas, contas y recortes mezclados, úas caxías de pastillas prá tos y úa carteiría cúas monedas. Ríronse os tres condo, al abrir a porta de baxo, encontraron úa baceniya.

Pegada por dentro á porta del pasiyo había outra zarrada cun pasador. Probaron a descorrello peró a porta nun abría, así que saliron buscar el cuarto que tía que compartir aquella porta. Al entrar nel cuarto dal llao sorprendéulos que fose cuase el doble qu'el qu'acababan de ver; tan grande era que cabían nél úa cama grande, un armario tamén grande, dúas mesitas y úa cómoda con espeyo y un montón de tarecos nel pico.

Según entraron, nun viron a porta porque, unde tía que tar, taban a cómoda y el espeyo. Comprobóu Yayo qu'el espeyo podía moverse y, torcéndolo, allí taba a porta, con outro pasador tamén zarrado:

Nun parece qu'usasen muito esa porta —comentóu Sara.

Volvendo el espeyo al sito, paráronse a mirar todo conto había delante d'él y axina repararon en qu'aquel cuarto tía que ser d'úa muyer: frascos de perfume y colonia, úa caxía de polvos blancos prá cara, outra con peines, cepiyos y pasadores pral pelo y el que debera ser un xoyeiro, balleiro. El resto del cuarto taba como el outro: el xargón tapado cúa colcha antigua y el armario chen de roupa d'outro tempo.

Úa das mesitas taba balleira, menos polla baceniya, peró el outra tía dentro, ademáis d'outra baceniya, frasquíos de pastillas que, según lleron, eran pra durmir, un tapaoyos y us tapóis que debían ser prás oreyas y un breviario col rosario envolto enriba. Xa iba Naya, qu'era a que taba sacando as cousas, volver el rosario y el llibro al sito condo Sara yo quitóu das maos:

Mirade: é como el qu'aparecéu nel molín.

Pasáronlo de mao en mao pra vello ben y acabaron dándoye a razón á nena. Púxose entoncias a revisar el misalín, pasando as foyas, finas como papel de fumar, con cuidao a ver se tía algo dentro y axina encontróu el que buscaba: noutra foyía igual de fina,doblada y ben metida que nun destacase miga.

Desdoblóula con tento, devolvéndoye el llibrín a Naya, que siguíu repasándolo, y encontraron escrita con lletra mui ben dibuxada el que parecía úa promesa feita a Dios polla salú de daquén, que nun se dicía el nome. Lléndola con toda el atención foron sacando algún dato qu'axina los puxo a fer cábalas: falaba a nota de renunciar a máis trato con home, propio ou ayén, se aquel que máis quería recuperaba a salú y taba firmada coas iniciales da que sabían era a muyer de Manuel y cuñada de Pedro.

¿Sería por Pedro pol que pidía esta muyer? —perguntóu Yayo as nenas, que tamén quedaran cavilando despós de ller a nota.

Nun sei por quén sería, peró, según a porta, ella cumplíu a promesa —respondéuye Naya, deixando el llibro nel caxón despós de sacarye de dentro un puñadín d'estampías.

Pos entoncias nun sería ese, porque sabemos que morréu muito antias qu'ella —replicóu Yayo.

Créu que xa sei por quén pidía —dixo Sara, que fora repasando as estampas qu'encontrara Naya—: Este é un recordatorio da primeira comunión d'un nenín d'un colexio. Mirade el nome y cómo se chama el sito unde comulgóu.

Apurríuyes el estampa y viron el nome del convento unde iba profesar Sagrario, se nun morrerse antias. Al mirar os apellidos del neno, botóu Naya mao outra vez al breviario y abríulo pollas primeiras foyas. Allí, coa misma lletra cuidada da nota, taba escrito el nome y apellido del solteira da muyer de Manuel:

Mandaríanlo estudar alló —dixo, sin tar mui convencida, a nena, mostrándoyo a Yayo.

Pode... ¿Y pra qué lo mandarían tan llonxe? —Señalóu Sara a pallabra “interno” qu'aparecía debaxo del nome—. Pra mín qu'estos nun deban puntada sin filo y Sagrario iba profesar allí coa dote paga, non por Pedro, se non polla cuñada, para que ye cuidase el fiyo.

¡Dios! Cada día paréceste máis a bola, ¡serás mal pensada! —roñóuye Yayo.

Pos esplícamo tu miyor —replicóuye el ermá apurríndoye el estampa y a nota.


























martes, 14 de febrero de 2023

Os secretos II. 5

5. OS ALPENDES.

Faltárayes tempo a tarde anterior pra cuntarye a Sara todo conto souberan col conto d'ir buscar as canaveiras, empezando polla noticia de que taban llimpando el xardín da casa Grande. Tamén ye cuntaron as fatadas que yes botara Rosía al pasarye por delante y ei Sara, máis resabiada de tanto sentir á bola, esplicóuyes de qué falaba a vecía. En dúas patadas, contóuyes que tamén Pepa dicía qu'os bolos de Naya empezaran a cortexar condo inda tían el cagayón nel cul y que dálgúa llargatúa del vecindario chegara a dicir que Saría y ella compartían home, como se nun fose ella muyer abondo y súa ermá fata de sobra pra guardarye el ausencia a quen xa nin s'acordaba d'ella.

Anduveran taliando a ver cóndo marchaban os obreiros da casa, peró debían ter presa pol obra porque nun los viron irse hasta ben cerca da tardía y tuveron que renunciar al espedición, cruzando os didos pra que nun trabayasen tamén el sábado.

Inda taba Naya abrindo as ventás pr'axudar coa llimpeza da casa condo pasaba Yayo de volta coa bici y berróuye da que pasaba:

¡De tarde vamos!

Tardóu en pasarye a mañá a nena y nun acababa de chegar el hora da sesta pra ir ver a casa. Condo al fin asomaron Sara y Yayo, xa llevaba ella media hora dando voltas pol acera da casa:

¿Y vamos andando? —perguntóu, deixando a bici.

Non, nía, se che parece, vamos avisando pol camín a únde vamos —respondéuye Sara, sacudindo a cabeza.

Tamén é verdá. Íbamos ter qu'escondeyas —reconocéu a nena, indo guardalla.

Nun apuraron miga el paso, como se fosen dando un paseo sin rumbo, por se daquén los vía y, al chegar frente a portalada, coláronse dentro cúa carreiría. Deixaran os obreiros a pala al entrada, tapando el camín qu'abriran, de tal xeito que nun tuveron qu'andar as escondidas pra recorrer todo el xardín.

Os arbolóis pegados á parede bordiaban dentro el que nun tempo deber ser un xardín con camíos de grava entre flores variadas y outros árboles que tamén medraran en bamboya sin naide que los podase. Nun dos llaos destacaba el cenador que xa viran el víspora Yayo y Naya, invadido pollas roseiras hasta cuase tapallo entero; deron a volta alredor hasta encontrarye el entrada, non mirando prá casa, como esperaban, senon escondida d'ella.

Asomáronse, cuntando encontrallo chen d'artos, guías das roseiras de fora ou maleza de todo tipo, peró na mías había dentro foyas secas das qu'acertaran a cayer entre os ferros del estrutura y os troncos retorcidos y gordos como brazos das roseiras entrincadas nellos. Mal iba medrar nada allí dentro unde nun pasaba máis qu'úa luz escasa y averdosada por mor del mar de foyas y rosías que tupían as paredes.

¡Vaya olor que soltan estas flores! —queixóu Sara— Cuase me da dolor de cabeza.

Pos a mín encántame. —Aspiróu con forza Naya—: Estas roseiras son máis veyas qu'os camíos y son das que máis olor dan.

Salíu Sara deixando a os outros dous dentro, mirando curiosos el entrincado dos troncos hasta reconocer os tres principales: un de rosas blancas, outro rosas y el terceiro marellas, que nalgún brote se cruzaban en rosías con foyas de colores mezclados qu'ellos vían al treslluz entre as canas. Desde fora, Sara nun los vía y foi dando a volta á pérgola hasta chegar outra vez frente a porta por unde xa asomaban el ermao y a vecía:

Bon escondite pra que nun se vexa el que tais fendo —ríu a nena.

Nin vello tu como nun poñas lluz —ríu tamén el ermao.

Pos a mín gústame y se tuvesen as roseiras podadas era un bon sito pra tar á sombra. —Volvéu entrar Naya, quitóu as foyas d'un pedazo de banco y da mesa y sentóuse como se tuvese llendo ou escribindo.

Entróu tamén Sara, sentándose frente al amiga:

¿Un pouco máis de té? —Fixo como se servise—. Quén nos dera condo éramos pequenas poder vir enredar aquí.

¿Seguides fendo el fato ou vamos ver qué máis hai por ei?

Saliron as nenas ríndose condo xa Yayo botara a andar siguindo ún dos carreiros de grava. Foron siguíndolo hasta chegar al horta da que yes falara Lalo, tamén cuberta de maleza y cos árboles afogados pol hedra.

Volveron al xardín del entrada y foron esplorar el outro llao, unde encontraron un pozo tamén cuberto de rosas, estas d'un colorao tan oscuro que parecía mouro:

Tá claro qu'a daquén da casa ye gustaban as roseiras. Y cuase é el único que queda del qu'houbese plantado nel xardín, amáis dos árboles, que ben medraran al sou bentestate.

Arrimáronse máis al pozo, cun borde ancho de pedra, tapa de ferro y a polea colgada d'un arco tamén de pedra, cuberto d'hedra y artos enroscados na roseira. Tentóu Yayo a tapa, a ver se abría, y, despós de dous tiróis, llogróu erguella; debaxo el augua víase llimpa, coa basa d'anos nun fondo que parecía máis cerca del que taba, según tardaron en chegar a él os pedacíos de ferruyo que cayeran al destapallo.

Deixóu cayer a tapa el neno y quedóuse mirando prás maos marellas, tamén de ferruyo. Al ir apartarse, algo ye fixo mirar pral erba qu'acababa de pisar al pé del pozo. Cuase al ras del tarrén víanse úas rayas na contorna que ye deron el idea de pisar inda máis a ver se acababa sendo el que se y'ocurrira.

Mirade a ver se baxa un pouco máis el herba —propuxo ás nenas y os tres foron pisando con cuidao ben pegado ás paredes del pozo.

Pouco a pouco descubriron el iscrición que rodiaba el pozo coa fecha na que fixeran a casa y os alpendes, el que mandara fella y hasta el canteiro qu'escribira aquello:

¡Ui! —dixo Naya al acabar de llello—. Aquí hai un cruce d'apellidos un pouco chocante.

Parárase unde aparecían el nome del amo da casa y el del que la fixera:

Pos é verdá —acordóu Yayo. Como el ermá los mirase sin entender, perguntóu—: ¿Acórdaste cómo apellidaban a monxa y os d'esta casa?

Xuntáronse os tres unde taba Naya, mirando outra vez el iscrición:

El d'os da casa é ese y el outro el da monxa, ou del padre, vamos —reconocéu Sara—. Y todo xunto coa fecha pode qu'esplique un pouco máis a trafuyada del Pedro aquel rondando á fiya del que fixo a casa.

Y por eso el molín y aquellas terras pasaron á casa da Monxa, seguro que foi el pago del obra que, casando coa fiya, pensarían aforrar.

Home, eso igual é ser un pouco malpensao de máis, ¿non?

A ver, Naya: con todo el que llevamos sentido d'os d'esta casa, ¿estrañaríache? —perguntóu Sara.

Peró eso nun esplica el dos cuartos escondidos nel molín —porfióu Naya.

Xa, eso non. Peró lo del cambio de propiedá del molín, pode ser —respondéu Yayo—. Xa sabes qu'estos d'alta, muitas propiedades y muito presumir peró cuartos...

Máis qu'el resto, seguro —interrumpíulo el ermá—, que ben fían por ellos se nun era pra deixallos y cobrar un mundo hasta que yos devolvían.

Por eso: costaríayes menos pagar a deuda con cousas que con cuartos.

Pos eu volvo con lo mismo: ¿y as monedas del molín?

Eso fora cousa del tal Pedro y as propiedades, seguro que del padre ou del ermao.

Siguiron un bocadín callados mirando pral pozo hasta que perguntóu Sara:

¿Siguimos vendo el resto?

Pasando polla veira da casa chegaron a os alpendes del outro llao sin ter que cruzar el horta.

Asomaron nel primer cabanón, frente á casa, unde encontraron as arabías propias de cualquer casa con terras: dous carros, un del país y outro dos modernos con rodas de goma, araos tamén de varias épocas, sachadoras, semadoras, grades y demáis, inda miyor conservados qu'os dalgún museo. Tamén viron xugos, palas, forcadas, pradas, garabatos, gadañas, rozóis, garrunchas, ganchos y un feixe máis de ferramenta pequena toda colocadía pollas paredes.

Frente a ése, pegada á casa, taba a corte, inda coa grade de madera y os pesebres de pedra. Tamén allí había palas y os tarecos de mecer: dous tayolos, tres bidóis y un par de caldeiros de cin comidos pol tempo:

Seguro qu'aquí hai ratos —queixóu Sara desde a porta.

Pos nun sei qu'iban comer —replicóuye el ermao, abrindo un pouco máis a porta pra pasar.

Cruzóu a corte hasta el fondo, fendo polvo al pisar os restos da ganza con que tuvera mullido el tarrén, hasta encontrar a porta que ye parecera ver desde fora. Comprobóu con pena que nun podía pasarse por ella, seguramente trancada por dentro da casa, porque al soltar a caraviya abría un pouco, hasta que topaba en daqué que ben podera ser un travesaño. A regandixa que deixaba abrir nun ye daba pra ver dentro:

Nun pode pasarse por aquí —dixoyes ás nenas.

Peró, ¿tás pensando entrar na casa? —berróuye el ermá.

¿Tu non? —perguntóuye estrañada Naya.

Era verdá que nun falaran máis que d'ir botar un oyada, peró, xa postos, ella y Yayo deran por sabido que, se podían, entraban.

Pasaron al seguinte cabanón, pegado xa al outra entrada da casa, que daba al camín de baxo. Aquella porta era máis nova y máis grande inda qu'a del que guardaba as arabías y tuveron qu'empuxar os tres pra poder abrilla un pouco.

Coa pouca lluz qu'entraba polla porta y por dous ventanos tupidos de cotra y telas d'arañas viron as formas del que parecían coche. Puxaron outra vez con gana pr'abrir máis a porta pra ver miyor, cuase rezando al tempo pra que nun fixese muito ruido, que, conforme era de grande, ben podía rinchar que despertase a todo el vecindario. Tuveron sorte y cause nin fixo ruido y llograron ver al fin claro el qu'había allí dentro.

Quedaron na porta coa boca aberta; delante d'ellos tían tres reliquias: un coche de tiro como os que salían nos contos, outro dos primeiros a motor y un modelo dos que chamaban “haiga”. Foron arrimándose a ellos con tanto cuidao como se fosen ferse fumo se fían ruido.

El coche de caballos tía os senteiros tapados cúa tela que Naya axina erguéu por un esquina. A pesar del tempo que podía ter, el tapizao de coiro en color claro víase liso y sin rotos:

¿Poderá abrirse a capota? —Xa taba Yayo quitando de todo el trapo pra deixallo entero al aire.

Para quieto, nun vayas romper algo —riñíoye el ermá.

Nun quería, peró se rompe, ¿quén vei dicir nada se nestos anos naide miróu pra él?

Puxéronse él y Naya a mirar cómo podería estirarse a capota y pouco yes llevóu encontrar el xeito. Abríuse y quedóu el carricoche como se tuvese esperando pollos caballos pra salir de paseo.

Deixáime sacarye úa foto —pidíu Yayo, sacando el móvil del bolso y separándose pra que se vise ben—. Ou, miyor, subídevos.

Inda taba sacudindo a cabeza Sara condo Naya xa s'acomodara y posaba prá foto.

Sube aquí, anda —animóula—. Peró tu a ver qué vas fer coas fotos, nun vaya vellas que nun debe y saiban unde tuvemos.

Mala conta, nía, nun soi tan fato. Peró quero tellas de recordo que nunca noutra así vamos vernos.

Hala, acaba y vamos deixallo como taba —apuróulos Sara—. Que seguro que queredes fer igual cos outros dous.

Xa iban baxar a capota condo cambióu d'idea:

Ou destapamos os tres pra sacaryes fotos y xa despós deixamos todo como taba.

El segundo coche era ún d'esos modelos que nas películas mui veyas salían dándoyes manivela pra qu'arrancasen y tamén taba como se fose novo. El últimos, sin ser moderno, xa yes chamóu menos el atención y nun bocadín tuveron os tres outra vez tapados y a porta zarrada, sin tampouco agora queixar muito.

Dando a volta por detrás dos alpendes chegaron outra vez a delante da casa, deixando el cabazo a un llao.

Y, agora, ¿qué femos? —perguntóu Naya, mirando con pena prá casa.

Botóu a andar Sara toda decidida pral horta:

¿Vas dar outra volta ou qué se ch'ocurríu? —quixo saber el ermao, xa detrás d'ella con Naya.

Eu nun pensara entrar, peró tedes razón: xa de tar aquí, vamos ver se podemos asomar sequera. Porque se queimóu, tampouco poderá andarse muito por ella, ¿non? —Déronye a razón os outros y siguíu—: Condo paramos mirar el pozo nun se vos ocurríu probar a porta d'ese llao.

Con esto, xa chegaran á porta que Sara dicía, metida pra dentro debaxo d'un texadín que fía un pouco de portal. Arrimábanse a ella con poucas esperanzas de poder abrilla condo se percataron de que nun tía pechadura pra chave:

¿Tará tamén trancada por dentro? —queixóu Naya.

Probóu con tento a caraviya Sara y cuase saltaron pr'atrás condo viron qu'abría a porta.

Pos se ten tranca, nun tá posta —quixo rir a nena.


lunes, 6 de febrero de 2023

Os secretos II. 4

 4. AS CANAVEIRAS.

Sentíulo antias de vello y salíuye al paso para encontrarse como de casualidá. Nun necesitaba Yayo aparatos para llevar música, qu'el mismo, rumbando, xiprando ou cantando baxín, fíase el son condo taba solo:

¿Con qué música veis hoi? —perguntóuye Naya, al nun reconocer qué iba rumbando.

A de sempre un pouco máis repicada —ríu el neno—. Que dice bolo que respondía el d'ún orquesta condo os músicos ye perguntaban cuál tían que tocar.

Xa taban chegando a casa del Chato sin encontrar a naide condo es salíu al camín Rosía. Tan entretidos iban falando de todo el que aprenderan el víspora del historia de Saría y Román que nun la viran hasta que xa taba al pe d'ellos:

Muito andades xuntos vosoutros dous. Y hoi sin carabina que vos estorbe —foi el saludo da muyer. Como os nenos nun ye respondesen, insistíu—: Ben y'aprendiche a túa bola que xa tas enredando al vecín. —Miráronse de medio llao y, fendo por nun rirse, apuraron el paso pra deixalla detrás. Peró inda tía máis que diciryes, agora a Yayo—: Ou igual tu de tou bolo y ques ter úa cerca, inda sin ermá coa que compartir home como a probe de Saría, despós de deixarse comprometer pol manguelo aquel que marchóu y nunca máis d'él se soubo.

Al fin callóu Rosía, parecéndoye que xa tía que berrar de máis pra siguir cuntándoyes el que seguro qu'en casa nun yes dicían, y quedóu dereta nel medio del camín coas maos nos cadriles, taliando a ver pra únde iban. Acertóu a pasar el coche d'un vecín que ye fixo apartarse y acabar por meterse na casa.

Sigue andando; vamos entrar pol horta de detrás, qu'é unde tán as canaveiras y pode que tamén ande por ei el amo.

¿Pos tampouco el Chato durme a sesta?

Durme, peró pra estas horas xa ten xantado, durmido y cuase merendado —riu Yayo—: Dice qu'anda condo as pitas, qu'él tampouco ve de noite. Míralo: ei tá. Hola, Berto. Vemos coyerche úas canaveiras.

Coyede as que querades. ¿Berrábavos a vosoutros esa tolla? —Sacudíu a cabeza Yayo, ríndose—. ¿Y sabe que víades acó?

Nada ye dixemos y nun creu que nos vise entrar.

Pos nun sería porque nun mirase pra únde íbades.

Xa, peró pasóu un coche y metéuse prá casa.

Miyor, se non, llougo chega pidir que ye cortes tamén pra ella.

¿Pos vei ás barbadas? —estrañóuse Naya.

Riron os dous con gana antias de responder:

Non, nía, non; eso é cousa d'home, según ella. Úsalas pral horto, peró, como eu xa nun las corto nin pra mín, anda taliando a os vecíos condo vein pra pidiryes que corten tamén pra ella. —Callóu un bocadín el vecín, cavilando—: Nun si cómo vais fer pra volver pra casa sin que vos sala al paso outra vez y vos faiga cortarllas.

Fácil —dixo a nena—. Igual que nun entramos por delante, siguimos camín y vamos pol outro llao, como se subíramos del mar. Total, presa nun temos.

Ou esperades un pouco, qu'a estas horas come ella, mirando a novela, y nun anda pollas ventás. Tamén eu aproveto eso pra fer as mías zarapalladías sin tella usmiando por cerca. ¡Qué agoiro é! Todo conto faigo moléstala. —Rascóu a cabeza el home por baxo del sombreiro—. ¿Y qué vos dicía, se pode saberse?

Nun sei qué barbaridades dos nosos bolos —respondéu Yayo, escuruxándose pra cortar a vara qu'escoyera.

Volvéu rascar a cabeza el home, sentándose nun picadeiro que tía cerca pra nun perder detaye del trabayo dos nenos que, coas dúas canas cortadas, tiraban de navaya para llimpallas, quitando foyas y canías. Trabayando os dous al tempo, chocábaye qu'a nena fose botando el que quitaba nun montonín, mentras Yayo nun miraba muito únde cayían os restos da súa canaveira.

Ben se che nota a raza: trabayas igual que tou bolo.

Nun é difícil sendo él quen m'ensinóu —respondéu Naya—. Pos, según Rosía, parézome a mía bola.

Nun puido a nena evitar que se ye notase el mal que ye parecera el comentario da vecía, inda sin saber muito de qué falaba.

Esa axina encontra parecidos a todos menos a ella misma y hasta neso é como súa madre, que vosoutros nun conocestes.

Eu si, de sentilla berrar con Rosía que desde el camín s'escuitaba —correxíulo Yayo.

Eso nun era nada según fora toda a vida. ¿Vedes ésta? Pos a madre inda era pior: sabicheira, cuntequeira y con máis veleno qu'úa víbora. Así ye saliron os fiyos...

¿Fiyos? —sorprendéronse os nenos.

¡Ah! ¿Nun sabedes que Rosía ten un ermao? Tampouco tía qu'estrañarme tanto: nun m'acordo de vello por aquí. Desde el enterro da madre nun volvéu y antias nun vía nunca, que tampouco m'estraña: que nin coa madre nin col ermá se llevóu nunca desde que foi mozo, qu'as dúas ben fixeron por que nun parase na casa. Vou contarvos el que sei, que xa me dixeron que vos gustan as historias veyas. A madre de Rosía foi a primeira divorciada aquí, condo el divorcio nun esistía: botóu al home da casa ou, por miyor dicir, fíxoye irse a forza de voces y, dícese, hasta de palos, y nunca máis soubermos d'él. Aquí quedóu ella cos dous fiyos y condo el neno foi medrando empezóu a tratallo como trataba al padre: muito trabayo, na casa y pra fora, muita fame y muitas voces. Al neno, mal que ben, iba aguantando hasta que ye chegóu el tempo de mociar y ei tamén tían máis que dicir a madre y el ermá qu'él, hasta que lo encheron abondo y fixo como el padre: un bon día desaparecéu. Peró este, al cabo, acabóu dando señas de vida, máis que nada pra que nun lo desen por desaparecido ou morto y lo embolortasen por algún llao. Páreceme que con esto xa podedes fervos un idea del que pasóu. Ah, clarom tamén Rosía empezóu a mociar y hasta casóu —ríu Berto al ver a cara d'asombro dos nenos—. Pouco ye duróu el home, qu'entre ella y a madre agoriraron nél hasta que tamén se foi... Non mui llonxe, tamén é verdá, peró foise: al outro llao da carretera. ¿Nun sabíades que Miguel de Pilar foi el home de Rosía? —Sacudiron a cabeza os nenos, inda sin crer de todo el que Berta yes cuntaba—. Y, entoncias, tampouco sabedes qu'el fiyo de Miguel é tamén fiyo de Rosía, inda que nin mire prá madre —rematóu d'asombrallos el home.

A os migueles conocíanlos ben: el veyo sempre taba pol horta, disposto a falar con quen pasase y a botar úas risas con quen fose, y el fiyo, condo vía en vacacióis ou algún fin de semana, andaba al son del padre. Nunca lo viran pol barrio de baxo, nin, muito menos, de visita nin falando con Rosía. Tampouco sentiran nunca falar del tal ermao, por pouco que vise vellas, qu'a madre nun fía tanto que morira, qu'inda ellos s'acordaban.

¿Y era d'aquí á que rondara el ermao de Rosía? —ocurríuseye perguntar a Yayo.

Era, ho. Ou non: peró vivíu aquí. Paréceme que vera de criada prá casa Grande cos sobríos de Manuel. Que por ei rompéu a cesta —ríu Berto. Como os nenos mirasen pra él sin entendello, esplicóu—: Al morrer Manuel, heredaron el hacenda ús sobríos que veron vivir aquí y trouxeron con ellos ús caseiros: Ramón y Pilar y os dous fiyos máis novos, Miguel, el que despóis foi home un tempo de Rosía, y Monchía, a del ermao. Sin saber ún del outro, empezaron a cortexar a os dous ermaos Rosía y el ermao y os dous pensando qu'eran da casa. Y menudo chasco llevaron al enterarse qu'eran os fiyos dos caseiros —ríu outra vez el paisano.

Esta vez foi Naya a que perguntóu:

¿Y a ella valíaye peró pral ermao nun valía?

Uy, é qu'ei houbo muito mariaxe —miróulos Berto como se tuvese tayándolos y al fin esplicóu—: Condo a veya soubo qu'el acompañante da fiya nun era da casa Grande, houbo nesa casa as del demo peró xa nun tía volta, así que, antias que Suso fixese outro tanto, quiso que deixara á moza, col resultado que xa vístedes. Y agora, andai, que xa llevamos un pedazo de palique y inda vei acabar a novela antias d'irvos.

Saliron os nenos horta abaxo mentras el vecín asomaba al camín por se ye daba a Rosía por salir usmiar únde iban. Nun s'equivocaba el home que na máis asomardelante da casa xa la víu vir camín abaxo coas maos nos cadriles. Resinóuse Berto a seguirye un pouco el conto para daryes tempo a os chavales a desaparecer da vista:

Muito madrugas a pasiar hoi.

Igual é algo máis cedo, si, peró é que vin antias á neta de Pachos de paseo col neno de Pepa y nun m'acaba de cocer qu'anden tan xuntíos esos dous, y tan novos. ¿Víchelos? —sin esperar que ye respondese, siguíu perguntado—: ¿Viche pra unde iban? ¿Nun tarán metidos por ei nalgúa corte?

Parécemos qu'iban al mar. Xa sabes el que ye gusta a ese neno andar ás llámparas y a os bígaros. Y ás nenas, bañarse.

Xa sei, xa. Péro xuntos y solos, que nin el ermá iba con ellos.

¿Y vas ir tu mirar unde se meteron?

Torcéu el focico a vecía, sin perder d'espurrir el pescozo pra todos os llaos a ver se los vía por nayundes:

Nun sei en que pensan os padres que nun los tein piaos.

Fungóu con gana Berto y perguntóu:

¿Como a ti túa madre? —Nun necesitóu dicir máis pra qu'el outra dese volta pra casa sin gurgutar sequera.

Mentras os vecíos falaban d'ellos, chegaron os nenos al camín que subía del mar y tiraron pol outro ramal que volvía ás casas sin cruzar úa palabra, rumiando non tanto el que yes dixera Berto como de todo el que cuntara col que callara. Chocábayes que, despós de perguntar qué yes dixera a vecía, nun falase del que podera dicir de sous bolos respetivos y si da vida d'ella, que tamén yes valira pra percatarse de que cuase nun sabían nada das vidas dos vecios, Naya porque na súa casa nun se falaba dos de fora y Yayo porque nunca escuitara atento el que baruyaba a todas horas súa bola.

Iban andando os dous pariaos dándoye voltas a todo eso condo, al chegar al altura da casa Grande, quedaron paraos:

¡Tan abrindo el xardín! —dixeron al tempo.

Coa portalada aberta, un escavadora y tres homes iban abrindo camín entre a bouza por unde, en tempos, debía tar el entrada á casa. Sin atreverse a asomar, viron aparecer entre a maleza el que debera ser un patio con plantas, bancos y hasta un cenador debaxo dos arbolois que medraran hasta asomar por riba dos muros del cierre. Tamén se vía xa a porta da casa y as paredes mouras del fumo que salira pollas ventás condo queimara.

Costóuyes un pouco botar a andar outra vez, pensando xa nel oportunidá d'entrar condo marchasen os obreiros, sequera ver el xardín y asomarse á casa polla porta ou pollas ventás. Inda nun deran muitos pasos, remoloniando por atisbar algo máis naquel xardín hasta entoncias acotado, condo deron con Lalo, arrimado na curva da parede col eterno cigarro colgando del beizo:

¿Quén vos dera entrar, eh, sabicheiros? —ríuse—. Inda m'acordo condo saltábamos a parede por este llao pra ir á fruta, en vida de don Manuel, qu'era tan agarrrado que prefiría deixalla pudrir que dalla a daquén. Y eso qu'a muyer, as escondida d'él, si que nos repartía d'ella, peró sabía miyor a roubada, inda a costa d'algún corte cos pedazos de botella que mandara él poñer pol pico del cierre.

Miraron os nenos á parede unde inda brillaba cada tanto al son lagún pedazo de cristal, xa romo pol acio del tempo:

¿Y nun era máis fácil entrar pol llao da paneira y dar a volta por dentro? —perguntóu Naya, reparando en que por allí a parede era máis baxa y parecía sin cristales.

Se nun fose qu'ei pegada tá a casía dos caseiros —respondéu el home, apuntando col cigarro pra un techo baxo qu'asomaba cerca—. Y d'aquella vivía nella un paisano qu'era pior qu'el amo, por algo ye chamábamos “el Can”.

¿Quén era ese? ¿Vivía ida ei condo queimóu a casa? —quixo saber Yayo, a quen nun ye sonaba el alcume.

Non, ho, qu'iba vivir se xa d'aquella era máis veyo qu'os camíos, ou eso nos parecía a os nenos. Paréceme qu'inda lo tou vendo con un chaquetón mouro, úa pucha grande como un bacito y ús zancos como chalanos. — Déuye úa calada al cigarro, tusíu un pedazo y siguíu—: Al morrer el amo y vir us sobríos ocupar a casa con caseiros propios, el Can foise vivir con úa fiya que tía pol mundo, que pouca llata ye deu: nin dous meses sobrevivíu a don Manuel. Y a casa queimóu anos despós, sendo xa veyos tamén os sobríos.

¿Y venderon a casa ou quén la tá amañando? —perguntóu otra vez Naya.

Pol qu'eu sei, a familia que queda nun quixo saber nada da casa y fai us meses, al morrer el sobrín que vivía aquí condo queimóu, vendéronla a nun sei quén que vei restauralla pra poñer un negocio, nun me perguntedes qué.

Separóuse da parede, xipróu pra que volvere el can qu'andaba sempre con él y sacudíu a cabeza como despedida, botando a andar pra casa. Siguiron camín tamén os nenos, esta vez falando de todo conto aprenderan del vecindario na tarde y planiando el miyor xeito d'entrar ver a casa.

martes, 31 de enero de 2023

O secretos II.3

 

3. EL COSTUREIRO.

Foise Yayo col bolo prá casa, deixando ás nenas solas coa disculpa de fer algo pral escola, que, inda sendo os últimos días de clase, sempre mandaban trabayíos para que nun s'aburrisen. Antias d'ir pral cuarto de Naya, recuperaron a maleta-costureiro que deixaran al pe da porta del cabanón para volvella al sou sito.

¿Acabastis xa con ella? —quixo saber a madre.

Igual necesitamos un aguya de llá, peró eso a el día que los enchamos —respondéuye a fiya.

Igual hai algúa aquí dentro y aforramos de revolverche máis nel tou —aclaróu Sara, erguendo el costureiro de Saría.

Mira qué cestín tan guapo y váleche pra ti, tendo el mismo nome. Y nun creu que revolvésedes tanto nel noso.

Sería difícil, col colocado que lo ten bola —ríu Naya.

Y Dios nos llibre de descolocaryo —ríu tamén a madre.

Nun creu eu qu'Inés vaya enfadarse por eso —dixo Sara.

Enfada, enfada. É que tu na máis la vez de visita, peró vaya si roña condo nun femos as cousas la sou gusto, ¿verdá, nena? —volvéu rir a madre.

Siguiron as nenas camín del cuarto de Naya, unde s'acomodaron xuntas nel pico da cama. Sacóu Sara el sobre das cartas del costureiro y quedóuse mirando qué ben ordenado taba hast ael acirico coas aguyas y os alfileres postos en orden:

Mira pr'aquí: tá como el voso. Parecen máis ermás Saría y túa bola qu'a mía. —Zarróu el costureiro y púxolo nel tarrén, nun fose cayer y descolocarse.

Debian ser amigas desde pequenas y tar todo el tempo que podían xuntas así qu'acabaron tento as mismas zunas —ríu Naya—. Por eso túa bola nun quer vernos xuntas a ti y a mín.

Sendo tan amigas, sígueme chocando qu'Inés nun saiba qué yes pasara a Saría y a Román.

Miróula de medio llao el amiga, coyéuye el sobre das cartas das maos y dixo, abríndolo:

—Eso nun lo sabemos: el que nun sabía nada era meu bolo. Igual ella si sabe el historia, peró, sendo secreto entre as dúas, igual nunca lo contóu.

¿Nin que fixeran as paces?

Sacudíu a cabeza Naya, sacando as cartas:

Se é secreto, é secreto. ¿Ou tu ibas cuntarye a daquén algo qu'eu che fixese xurar que nun ibas dicir, por búa noticia que fose?

Tocóuye sacudir a cabeza a Sara, coyendo as dúas cartas que y'apurría el amiga:

Llée tu esas dúas pra ti y eu estas outras y deixamos a que ten lletra distinta pral final.

Así fixeron y entre as dúas foron sabendo da vida de Román, antias y despós de fer as paces con Saría y un pouco da d'ella pol qu'él ye respondía al que ye cuntaba nas súas cartas. Tamén foron sabendo da vida da familia y os vecíos d'un y d'outro hasta que Naya erguéu de golpe a cabeza:

Aquí dice que ye manda úas fotos y pídeye outra d'ella.

Quedaron as dúas nenas mirando úa pral outra y cuase al tempo botaron mao al costureiro que taba nel tarrén entre as dúas:

Parece que tuvemos el mismo acordo —ríu Naya, deixando que fose el amiga a que coyese el cestín—. Mira a ver se hai algo dentro ou temos que pensar únde pudo metellas Saría pra que nun las encontrase túa bola, nin naide, vamos.

Abríu Sara el costureiro y nun tuvo que reparar muito nél para ver un pedacín de cinta qu'asomaba na veira da tapa. Tiróu d'ella con cuidao, tendo medo a romper algo, y axina se soltóu a parte de dentro da tapa. Al sacalla cayéu nel costureiro un sobre marellento nel qu'encontraron as fotos das que falaba a carta qu'inda tía nas maos Naya.

Váise nas fotos el retrato d'un home, núas solo y noutras acompañado, qu'axina souberon qu'era Román. Na primeira, reconocéu tamén Sara al ermá da súa bola de nova, ríndose como a nena un s'acordaba de vella nunca, sentarda núa manta nel tarrén al pe del chaval que supoñían qu'era Román, mui xuntos y coas maos coyidas. Déronye a volta á foto pra ver que tía escrito “Os Romedios” y a fecha.

A seguinte fotografía era del mismo mozo, con traxe y sombreiro panamá, dereto al pe d'úa palmeira enana y col brazo apoyado núa banqueta alta; detrás tía un sello d'un estudio fotográfico de Buenos Aires y úa dedicatoria pra Saría coa firma que xa xonocían de Román. Había outras dúas fotografías máis: úa de Román máis veya, sentado nin siyón de mimbre nel entrada d'úa casa con xardín, y outra, na misma pose, con úa ninía sentada nel collo.

Al vella, cuase saltaron da cama as nenas:

¿Casaría, al fin, con outra? —perguntóu Naya, mentras Sara nun acertaba a darye volta al retrato pra ver se tía algo escrito.

Aquí nun pon nada. Mira a carta —respondéu dándoye voltas á foto a ver se vía, sequera, a fecha.

Volvéu Naya ller a carta, esta vez en alto, buscando únde nombraba as fotos.

Aquí dice: “Mándoche el meu retrato pra que vexas lo veyo que tou y outro coa mía afiyada, ou nosa, podería dicir, que se chama Sara por esa madría por poderes que ten en ti.” Así que non, nun casóu... Espera: é sobría ademáis d'afilyada súa.

Pos é verdá que tá veyo, ¿taría malo?, porque tampouco debía ter tantos anos na fecha da carta —comentóu Sara, mirando con atención a foto.

Sin esperar máis, coyéu Naya a carta que yes quedaba por ller, a que tía outra lletra, y xa desde el principio souberon que la escribía un sobrín de Román. Ordenando as cousas del tío al morrer éste al pouco del última carta, encontraran a correspondencia de Saría y decidiran escribirye para comunicarye a triste nova y cumplir al tempo as últimas voluntades de Román, que yes pidía que la tratasen como a tía que nunca tuveran polla súa parte.

Al sentir aquello, acordóuse Sara dos paquetes qu'ás veces preparaba Saría con cousas feitas por ella que mandabba a nun sabía quén. Acordábase sobre todo d'un velo de tul que la vira bordando nun sabía cónto tempo y que, condo lo acabara, chamárala pra qu'axudase a envolvello en papel de seda; como Saría vira lo muito que ye gustaba, prometéraye que, se nun ye dicía nada a Pepa, fíaye outro pra ella. Y fixérayo: ben guadado lo tía ella nel fondo del caxón das sábanas del sou cuarto, envolto en papel de seda y dentro d'úa caxa de tuayas que ye pidira á madre.

¿Y sabes pra quén era? —quixo saber Naya.

Dixérame entoncias que pra outra Sara. Seguro que pra esta afiyada de llonxe. Tamén ye mandóu despós patucos y chaquetos de nenín, ben sei que pra os fiyos d'esa Sara.

Quedaron calladas as dúas, guardando as cartas y os retratos y colocando nel sou sito a tapa del costureiro:

Xa sabes únde esconder os secretos, condo nun queras que chos encontre túa bola —ríu Naya.

Cabecióu Sara, peró sin rirse.

Falando de secretos, ¿vamos diciryes algo de todo esto a os tous bolos?

Volveron quedar calladas outro bocadín, hasta que Sara añadíu:

Paréceme que túa bola algo debe saber y dame pena que Pacho nun lo saiba. ¡Col que ye doléu saber despós de tantos anos porqué deixara de recibir cartas de Román!

Antias que Naya podese responder, sentiron á madre:

¡Nenas! ¿Baxades merendar ou tais mui ocupadas?

¡Baxamos agora! —respondéu Sara, coyendo os dous sobres y el costureiro—: Vamos cuntaryes el qu'encontramos y que dicida él se quer saber el que dicen as cartas ou non.

Condo chegaron á cocía encontraron a os bolos xa sentados tomando el cortao da merenda:

¿Apetécevos fruta con yogur ou algo salao? —perguntóuyes a madre de Naya—: Aproveitai hoy que teño vagar para prepararvos eu a merenda.

Miróu a nena da casa pral amiga, pra qu'escoyese ella.

A mín váleme... —empezóu a dicir Sara, hasta qu'un codazo del outra fíxoye cambiar el intención—: Se hai compota de casa, eu quero tostadas con manteiga y manzá.

Xa lo supoñía —contestóu a madre, poñendo nel pico da mesa un plato con rebanadas xa preparadas como sabía que ye gustaban á vecía—. Y lleite frío para con ellas, ben sei.

Sentáronse á mesa y pousóu Sara el costureiro y os sobres al pe d'ella, tendo cuidao de poñer el marello nel pico:

¿Qué anduvestes revolvendo máis? —perguntóu Pacho, chisgándoyes un oyo.

Sacamos as cousas de coser de Saría y dentro del costureiro encontramos úas fotos escondidas na tapa —esplicóu a nena, coyendo úa rebanada y empezando a comer nella, procurando nun parecer esmolida.

¿Y poden verse? —insistíu el bolo.

Sacudíu a cabeza Sara, apurríndoye el sobre coa mao que tía desacupada, sin importaye que visen el outro sobre.

Coyéu el d'os retratos Inés, mentras Pacho buscaba os llentes nos bolsos da camisa. Condo los tuvo postos, xa a muyer sacara as fotos y miraba con oyos empañados a da pareya na festa:

Acórdome de condo yes tomaron esta foro; eu teño úa con todo el grupo que fóramos xuntos. ¡Qué ben lo pasáramos!

Xa taba Román preparando el viaxe y por eso quixo que yes tomaran úa a ellos dous solos —dixo Pacho, coyéndoye a foto á muyer.

Miraron os dous el retrato que Román ye mandara a Saría al pouco de chegar al Arxentina.

D'esta acórdome ben condo chegóu. —Coyéula tamén—. Y d'acompañar despós a Saría sacar outra pra mandarya.

Parecía qu'iba siguir falando condo reparóu na que se vía entoncias nas maos d'Inés y que xa esta miraba con toda el atención, empezando a sacar de detrás el última:

¿Y esas fotos? ¿Tamén taban nel costureiro? —perguntóu sin crer el que taba vendo.

Entoncias, ¿recibira máis cartas d'él Saría? —sorprendéuse a madre de Naya, Coyéu Sara el sobre y apurríuyo á muyer—. ¿Tamén apareceron nel costureiro?

Non, debaxo da máquina de coser —respondéu a nena.

Garróu el sobre con cuidao y apurríuyo á sogra, que deixara el sobre coas fotos outra vez na mesa:

¿Llésteslas? —quixo saber a muyer.

Cabeciaron as nenas, as dúas coas bocas ocupadas coas tostadas pr'aforrar ter que dar esplicacióis.

¿Tú sabíaslo? —perguntóuye el home.

Sabía que volvían escribirse, si. Y que tían un afiyada que tamén se chama Sara.

lunes, 23 de enero de 2023

Os secretos II. 2

2. COSTURA.

A máquina de coser de Saría era igual qu'a veya da bola de Naya, así que nun ye foi complicado á nena comprobar que tuvese ben a maquinaria nin aceitarye as pezas que lo necesitaban. Mirando qu'a correa del pedal nun tuvese cuartiada, probóu a darye úa volta; al sentir un ruido raro, déuye outra máis aspacio:

¿Nun anda ben? —quixo saber Yayo.

Andar, anda, peró ruxe algo como se rascase n'algún llao ou n'algúa cousa.

¿Nun haberá un rato seco ei dentro? —perguntóu con noxo Sara.

Tu sempre pensando en bichos —ríu el ermao.

Nun creu que sía ningún rato. ¿A qué iba meterse ei? Y tamén a correa taría rañada —respondéu, soltándola pra erguer a máquina.

Con esas y todas, erguéu con cuidao, y cos dous ermaos asomados por detrás d'ella, outiando qué podía haber naquel sito tan pequeno.

¿Qué fai ese sobre ei metido? —acertóu a dicir Yayo condo os tres miraron asombrados el secreto d'aquel ruido.

Cóyelo, anda —animóulo Naya.

Fixo el neno el que ye mandaban y colocóu a vecía a máquina outra vez nel sou sito. Mentras enganchaba a correa, siguían os dous ermaos mirando sin apestañiar el sobre que sacaran d'ella. Probóu Naya outra vez qu'anduvese ben y sen máis estorbos a correa antias de volverse ver qué fían os outros dous, que nin alentar los sintía.

¿Inda nun mirastis qué ten dentro?

Sacudiron a cabeza y apurríuye Yayo el sobre, sin qu'ella fixese por garrallo:

É un sobre d'avión, ¿será carta de Román? Porque é pra Saría, ¿non? —supuxo a nena.

Miróulo Yayo como se lo vise de primeiras, primeiro a quén iba dirixido y despós el remitente:

Pra Saría é, peró non de Román.

Al sentir tal cousa, quitóuye Sara el sobre das maos pra llello ella, como se nun se fiase del que llía el ermao.

Pos é verdá. ¿Quén será este Emilio que y'escribíu?

Esta vez foi Naya a que coyéu el sobre pra ver el nome que nun conocían:

¿Acordáisvos de cómo apellidaba Román? Paréceme que como este, ¿será fiyo sou?

Volvéu coyer el sobre Yayo y arrimóuse á ventá, estudiando el matasellos:

Polla fecha del sobre, podera ser.

¿Y se lo abrimos d'úa vez a ver qué dice a carta? —propuxo Sara.

Miróu prás nenas el chaval, esperando qu'algúa ye pidise el sobre pr'abrillo, peró as dúas recularon, deixándolo solo:

Ábrelo tu qu'entendes miyor as lletras dos d'antias —escusóuse el ermá.

Este escribirá como nosoutros, que nun é tan veya a carta —replicóu Yayo, peró abrindo xa el sobre que fora despegado con tanto cuidao que parecía case sin abrir—. Parece que nun é úa carta, son varias.

Foi sacando con cuidao úa por úa as foyas dobladas que tía dentro el sobre y pasándoyas ás nenas, que volveran arrimarse a él. Acabóu de balleirar el sobre y quedáronse mirando ús pra os outros, cada ún con dúas cartas nas maos, sin atreverse a desdoblallas.:

Se nos poñemos a llellas, xa nun femos outra cousa —dixo al fin Sara.

¿Tu sabes coser? —perguntóuye Naya al neno.

Miyor qu'eu —respondéu el ermá por él.

Pos, entoncias, Yayo: axúdame a hilvanar a roupa y tu vas colacando as cartas por fecha y lléndolas en alto pra nosoutros.

Procuróu Sara nun sabichar el que poñían as cartas, máis alló da fecha ben colocadía nel esquina dereta de cada úa, hasta ter as seis en orden. El que si descubríu a pouco que reparóu na lletra foi qu'el última nun la escribira a misma mao qu'as outras y así yo dixo a os outros pra que nun los coyese de novo condo chegasen al llella.

Sentóuse nel tarrén coa carta máis veya nas maos y as outras al pe d'ella y aclaróu a voz antias d'empezar a ller sin saltar úa coma.

Aquella primeira carta, dúas foyas de papel fino cubertas de lletra menuda y renglóis apertaos, era, como outras cuatro, de Román: d'un Román arrepentido d'aquella outra carta qu'ellos xa conocían, que pedía perdón por ferye caso á fuina del ermá de Saría, sabendo que xa pasaran demasiaso anos pra esperar algo máis qu'ese perdón pol que llanxía desde tan llonxe. Cuntaba aquella carta cómo, pol parente d'un vecín d'ella, qu'entrara na bodega unde trabayaba ún dos sous ermaos, soubera que siguía solteira y que nunca máis mozo qu'él ye conoceran; tamén cuntaba que tampouco él casara, nin gana tuvera despós da pena que pasara pol que y'escribira Pepa. Pouco contaba del que fixera nesos anos y muito del que pensara desque soubera qu'era mentira todo conto ye dixeran d'ella.

Lléu Sara aspacio y con voz clara aquellas dúas foyas chías de penas y recordos, de dolor y señardades del que nunca pasara. Falaba Román de todas as cábalas que fixera desde a visita d'aquel home que y'abrira os oyos y de cómo, despós del primer arrebato d'embarcarse de volta pra pedirye perdón en persona, dicidira escribirye, sabendo que siguía na misma casa. Escribirye y esperar con pacencia qu'ella ye respondese, inda que fose para dicirye que nun lo perdonaba y que nun quiría saber máis nada d'él, era el propósito que fía al acabar a carta, peró confiando en que a resposta fose que ye daba permiso pra, a lo menos, siguir escribíndoye.

Acabóu Sara de ller, doblóu a carta como taba y pousóula al pe das outras, quedando cos oyos postos nella, sin garrar a seguinte. Tamén os outros dous deixaron el que taban fendo y miraron pra ella:

Nun llías máis, que vou poñerme a coser coa máquina y nun vamos atender ben —dixo al fin Naya, despós d'un bocadín callaos.

Habendo máis cartas como hai, xa sabemos que Saría ye deixóu siguir escribíndoye —añadíu Yayo.

Sin gurgutar, foi Sara guardando as cartas outra vez nel sobre, con cuidao de nun esgazallo, mentras Naya preparaba a máquina pra poñerse a coser:

Seguide vosoutros coa veya, a ver se acabamos xa pra irnos antias de qu'empecen a buscarnos.

Nun yes llevóu muito tempo máis acabar de coser y deixallo todo preparado pra nun ter máis que meteryes el palo y enchellos d'erba seca:

Mañá de tarde iréi cortar un par de canaveiras y xa despós miraremos d'enchellos antias da noite da fogueira, que se los allistamos primeiro, inda van dar con ellos —propuxo Yayo.

Vale ben. ¿Podo ir contigo mañá? —perguntóu Naya.

Poderemos ir os tres, digo eu.

Tu non, que teis qu'ir con má de compras —recordóuye el ermao.

¿A qué? Xa amañamos sin comprar nada —replicó Sara.

A acompañalla: quedache con ella y se agora nun vas, vei osmar algo —tercióu Naya, véndolos enzoritarse—: Diye que na máis teis que mirar precios y así aforras buscar disculpas por nun comprar nada.

Cabecióu el amiga, inda un pouco amouruada:

¿Y nun podedes esperar por mín?

Ah, nía: é ir a ca'l Chato cortar dúas varas, ¿vamos mandar toda a tarde como se fósemos de viaxe? —perguntóu Yayo.

¡Ah, penséi qu'era ir a outro llao! —cambióu a cara a nena.

¿Tu qués vir igual? —quixo saber él, mirando pra Naya.

Se nun ch'importa, si.

Importar, miga. É pra quedar allí ou ir xuntos. ¿Paso buscarte a misma hora que quedáramos hoy? A ver se nun tropezamos con naide.

Y se tropezades, con dicir que vais buscar varas pra ir ás barbadas —ríu Sara.

Guardaron os traxes feitos nas bolsas que trouxeran coa roupa y volveron as cousas al sou sito: as siyas á cocía y a máquina á despensa. Coyéu Naya el costureiro de Saría para llevallo tamén, condo yo quitóu das maos el amiga:

Esto llévolo eu pra mín.

Como cho vexa bola —respingóu el ermao.

Nun m'esmole miga. Xa viche coas outras cousas que llevéi condo balleiramos a casa: roñóu el que quixo, peró a mín nun me dixo nin chío.

Con esas y todas, quedóuse mirando pral cesto como se nun tuvese mui segura de llevallo:

Peró, antias, vou abrillo, nun vaya haber máis sorpresas escondidas.

Eso podemos fello fora. Vamos llevar esto á casa y míraslo alló —propuxo Naya.

Si, miyor vámonos xa d'aquí, nun vayan tan mirando únde tamos metidos —aprobóu Yayo.

Coyeron as bolsas cos veyos y saliron someiros polla porta da cuadra, cruzando pol horta pral camín, pra que nun visen d'únde chegaban á casa de Naya, se había daquén taliándolos. Xa taban chegando condo Yayo paróu en seco:

¿Coyéu daquén el sobre coas cartas?

Tá ei —respondéuye Sara—: coa pucha, el pano da cabeza y a llá.

É verdá: nun fixemos nin el moño nin el pelo pral paisano —acordóuse Yayo.

Xa lo feiremos condo teñamos as cabezas preparadas, que tampouco será tanto trabajo —contestóu Naya—: Vamos entrar pol horto, nun vaya haber daquén delante de casa y nun temos xeito de disimular as bolsas.

Coláronse polla porta del horto, que con bon tempo sempre taba aberta, y meteron el preparativo debaxo dos sacos balleiros apilaos nun esquina del cabanón. Volveron salir xa sin nada nas maos máis qu'el costureiro de Saría, unde meteran tamén el sobre qu'encontraran, y chegaron á casa pol camín como se viran del mar.

Búa idea fora aquella porque xa taban sentándose nel poyo condo salíu el bolo dos dous ermaos con Pacho:

¡Al fin parecedes! ¿Únde tuvestes toda a tarde? Anda vosa bola tolla de todo porque nun vos víu desd'a xanta.

¿Y é pra mandarnos algo ou na máis pra saber qué andamos fendo? —perguntóu Sara, acordándose del que yes fixera a Saría y Ramón.

Ríuse Carlos:

Debe ter medo a que sigades murando el historia del vecindario.

Miráronse os nenos hasta que Naya perguntóu, féndose a inocente:

¿Pos inda embolortóu máis vidas qu'a del ermá?

Agora tocóuyes mirarse a os veyos antias de responderye:

Sempre foi muito d'embolortar, como dices tu. Así que nun sería raro qu'algúa máis fixese —dixo Pacho—. Peró nosoutros nun vos dixemos nada, ¿tamos? —chisgóuyes un oyo, ríndose.

Boh, ¿prá que revolver merda veya? —perguntóu Sara, garrando con forza el costureiro de Saría