jueves, 29 de abril de 2021

As llareiras 5


Na claridá turbia da mañá que parecía nun acabar de ferse día, al nun chegar al valle el brillo claro del sol por detrás dos montes, foron xuntándose os viaxeiros con un peteiro d'acompañantes. Xa taban por montar condo rompéu a falar el mismo paisano qu'el día antes:

¿Qué camín vais coyer?

Baxaremos á costa siguindo el río —respondéu Tana—. Parécenos qu'esa foi a ruta que trouxeron os del Acebro.

Foi, si. Condo iban pral voso valle. Pra volver, indicámosyes nosoutros outro: subindo al monte aforráis tempo y voltas y, llevando provisióis, podedes fer máis camín cortando polla serra. Alpendes pra estiarvos de noite ides encontrar, peró igula nun encontrades muita comida nin a quén comprar.

Consultóu Tana cos compañeiros y al fin decidíu:

¿Pode vir daquén indicarnos a ruta?

Pode, nía, cómo non.

Al momento chegóu un mozo cun caballo del ramal:

Soi Mado. Acompañaréivos a primeira xeira, despós eu llevo outro rumbo, peró xa vos deixaréi nel camín pra chegar en dous ou tres días á Balseira dos Madeireiros.

Adelantóuse Darna agradecer el atención y el axuda, cuidando ben de nun ofrecer ningú pago que puidese considerarse tan, como ye aconseyara a taberneira. Quedaron comprometidos a volver, se acababa en ben el viaxe, prá festa dos varales ou mandar a daquén pra os filandóis:

Tamén era ben saber das feiras y os mercaos que se fain aquí y nel voso valle pra xuntarnos y compartir el que femos —propuxo el home, con ánimo comerciante.

Era búa cousa, si. Peró de todo esto haberá que falar á volta, se chegamos.

Verdá. Agora teder qu'andar pra que vos cunda a xeira. ¡Bon camín y miyor volta!

Montaron os viaxeiros y el guía y saliron d'entre as casas pra coyer a senda que subía al monte, por unde empezaba a asomar el sol, acompañaos pollos vecíos, despedíndolos.

Xa coyían el camín de subida condo salíu correndo d'entre a xente Nise, chamando a voces a Darna:

¡Espera!

Paróu el eugua a llaria pra que chegase xunto a ella a nena, coa caría colorada da carreira y del calor da cama y os oyos inda chíos de sono:

¿Condo volvas vas ensinarnos outros contos pra mazcararnos?

Nun quixo Darna pararse a esplicarye á nena que nun era seguro que volvese y, vendo a caría d'ansia coa qu'esperaba a resposta, agachóuse pr'hacia ella pra dicirye:

Mentras tanto, podes ir tú pensando cómo cuntar d'ese xeito os contos que seguro que sabes.

Pintóuseye a risa na cara á nena col idea y quedóu nel sito despedindo coa mao a os viaxeiros que xa subían monte arriba.

Conforme iban subindo, raliaban cada vez máis os árboles hasta chegar al alto da serra cuberto de toxo raposego y gancella. A falta d'árboles nel altura deixóuyes ver hasta el mar os valles que pasaran y os que tían por delante:

Nun vos fai falta baxar al río. Siguindo el camín pollas brañas altas podedes aforrar hasta úa semá de camín y encontraredes pallozas pra pasar as noites —esplicóu el chaval de Ferreiros—: Esta primeira durmiremos nel caseirío del Paso y xa mañá, antias de separarme de vosoutros, daréivos indicacióis pra que vayades encontrando estíos de brao pra que nun teñades que pasar ningúa noite al raso.

Sin árbol nin sombra ningúa unde descansar, fixeron corta a parada pra xantar y siguiron camín pra chegar con día al Paso, un caseirío al pe d'úa fonte en mitá d'aquellas brañas peladas. Era sito de paso y parada obligada pra os tratantes que viaxaban por aquellos altos y todo el ano tía xente chegando e índose, así que nun tuveron os viaxeiros problema de sito nin d'abastos.

Antias de chegar al pe da casa, xa saliran tres nenos recibillos pra indicaryes únde llevar os caballos pra que bebesen despós da marcha del día y ferse cargo d'ellos pra llevallos á corte y despachallos. Foron con Mado hasta el entrada da casa, unde úa porta doble daba paso a un pasillos ancho cúas escaleiras de pedra a un llao y úa sala enorme al outro.

Nel esquina del mostrador máis cerca da porta, un paisano de bon tamaño saludóu al de Ferreiros:

Ben vido, Mado. Y tamén a compaña.

Búas, Salus. ¿Hai sito?

Hai, ho, y se non, faise. ¿Cuadra, cía y cama?

A poder ser —respondéu el mozo, esperando qu'el amo abrira camín escaleiras arriba delante d'ellos.

Con abondo agayo pral sou corpo, subíu as escaleiras, sin deixar d'esplicaryes as normas y usos d'aquella pousada.

Esas tres camas del fondo tan ocupadas, el resto podedes usallas. —Callóu de golpe, volvéndose mirar al peteiro que lo siguía—: Se as muyeres tein reparos, cólganse máis separadores entre as camas. —Señalóu ús enganches nas vigas y un montón de telas apiladas núas baldas al pe del entrada—. Mandaréi a daquén vir poñer as que ye digan.

As camas acotadas tían un especie de cortina separándolas del resto y dúas del outra. Miráronse os viaxeiros antias de que Darna respondese al fin:

Cúa separación chegará: a un llao os homes y al outro nosoutras.

Cabecióu Salus, aprobando el idea, y foise escaleiras abaxo chamando a daquén que nun tardóu muito en cruzarse con él y chegar á sala das camas. Era úa muyer froxa y espigada que saludóu con gracia y botóu mao a un feixe de cortinas y a úa vara llarga cúa punta nun estremo:

¿Xa decidistes as separacióis que queredes? —perguntóu sin falarye a naide en concreto.

Na máis dous grupos: ún pra os homes y otros pra nosoutras —respondéu Darna, indicando as camas qu'iban ocupar, seguidas ás que xa taban separadas.

Menos llabor así.

Despóis de repartir pollas camas as cortinas, estendéu ua y coyéu a vara pra empezar a colgallas. Axina viron os viaxeiros el sistema que tía pra separar úas camas d'outras, colgando as telas das puntas qu'había na madera del techo pollas presiyas que tían.

¿Nun ten máis varas? —perguntóu Darna, condo xa algús botaran mao das cortinas pra ir estendéndolas y outros iban téndoye polla que taba colgando.

Hai outras dúas xunto a porta, peró nun tein porqué axudar.

Xa, peró tampouco temos outra cousa que fer —respondéu Tusgo, féndose cúa das varas, mentras Xilma coyía outra.

Nun amén xa tían todo feito y baxaron acomodarse na sala de baxo, unde encontraron a os outros tres viaxeiros: os que parecían un padre y un fiyo y un mozo sentao á mesa máis apartada das outras. Saludaron según iban entrando, peró el mozo nin alzóu a vista del prato que tía delante, como se nun los sentise, y foron acomodándose nas mesas que yes prepararan. A ús máis qu'a outros, chocóuyes qu'el chaval nun respondese, peró na máis Darna y Malio quedaron taliándolo a ver se era xordo ou taba féndose.

Nun tuveron qu'esperar muito pra vello fer un saludo disimulao y tampouco volverse mirar a quén yo fía. Deixóu Malio pasar un momento antias de buscar alredor se daquén máis apercibira el detaye pra encontrar a Darna mirándolo con cara d'entender: al pe d'ella taba el de Ferreiros y víralo contestarye al outro tamén disimulando. Ella taba en mal sito pr'avisar a naide máis, peró Malio foi pasando el aviso a os da súa mesa. Pode qu'aquello nun fose nada, peró algo raro había entre aquellos dous pra nun querer qu'ellos soubesen que'eran, a lo menos, conocidos.

Al acabar de ciar, foron erguéndose y cambiando de sito os viaxeiros. Subiron ús, os máis cansaos del víspora y del camín, á sala das camas; outros xuntáronse a falar un pouco, parecéndoyes qu'inda era cedo demás pra ir xa deitarse. Malio erguéuse del sou sito y foi acodarse al mostrador, unde el taberneiro secaba y colocaba nel sou sito os cacharros qu'úa rapacía ye apurría llavaos.

¿Tendrá por ei un dixestivo?

Tendréi. Déixeme acabar este llabor y convídolo a un que faigo eu. ¿Nun quererá naide máis?

Nun parece que teñan interés.

Sacóu el home un par de vasíos y úa boteya y chamóu a Malio a úa mesa:

Vou sentarme, que xa vei sendo hora... —Enchéu os vasos y brindóu col sou antias d'apurallo d'un papao—. ¿Qué millagro tanto viaxeiro xunto por estos altos? —perguntóu sin máis voltas.

Vamos de visita, por dicir así, y recomendáronnos vir por aquí, miyor que baxar á costa.

Miróulo de medio llao antias de perguntar outra vez:

¿Vein de Ferreiros?

Ei foi unde pasamos a noite. Y d'allí ven Mado y agora tá trazándonos a ruta que temos que siguir pra chegar á Balseira.

Garróu el outro a boteya pra volver encher os vasos, féndoye apurar el que ye quedaba, peró esta vez nun acabóu el sou d'úa vez:

Si, ese Mado conoce ben estas rutas.

Cabecióu Malio, esperando que siguise falando. Al ver qu'el taberneiro callaba, comentóu:

Eso parece. Ofrecéuse trernos hasta aquí y marcarnos despós a ruta, así que debe conocella ben.

Conoce, ho —asentíu, dándoye un papao al vaso antias de siguir—: Desde neno anda d'un llao pra outro tratando en todo conto se poda comprar ou vender. Parece que nun ye gusta demasiao a ferreiría y dáseye ben comerciar.

Pos nun parece que lleve mercancía ningúa... —dixo Malio, case pra él, peró esperando ver se ye cuntaba algo máis del sou guía.

Llevará mostras de clavazón pr'axustar cos compradores, qu'eso nun abulta muito, pra nun cargar con todo agora —supuxo el paisano.

Nun encontrata el viaxeiro ocasión de perguntarye pol outro mozo y da relación que podían ter, condo pasóu aquel al pe da mesa:

¿Cóbrame el que debo? Vou irme cedo y nun quero andar esperando por naide pra pagar.

Erguéuse el taberneiro cobrarye y foise sin despedirse siquera.

Este tamén é bon —comentóu al volver á mesa—: Inda nun sei a qué anda, peró cada tanto pasa por aquí, tá ús días hasta qu'aparece Mado ou outro tratante y veise sin cruzar úa palabra con naide.

¿Y nunca ye perguntóu? —estrañóuse Malio.

Nun da ocasión. Y, mentras pague y cumpla as mías normas, nun teño qué dicirye. —Acabóu el vaso y erguéuse—. Vou ver se cío eu tamén. ¿Déixoye a boteya?

Non, gracias. Xa toméi abondo, que mañá temos que siguir camín. Que ye aproveite y hasta mañá. —Apuróu tamén el sou vaso y erguéuse camín das escaleiras, mentras el taberneiro chamaba, pedindo a cía.

Al erguerse tamén os que taban con Mado, salíu un mozo recoyer el que quedaba na mesa y quedóuse falando con él. Foron subindo todos, mentras Malio remoloniaba, esperando pra ver qué fía el tratante, hasta que volvéu baxar Lerca, toda azamarrada:

El outro tá enriba, ou, a lo menos, ten as cortinas da cama zarradas y, se nun lo viche pasar, deber tar allí, qu'antias quedaran todas abertas. Eu vou ver como tán os caballos.

Espera, nía. —Baxaba tamén azamarrao Nesdar—: Vou contigo, qu'acabaremos máis axina. Nun debe tar a noite pr'andar muito por fora.

Pasóy a sou llao Mado, camín da cama:

¿Nun vos deitades inda? —perguntóu, estrañao de vellos allí falando y a dous tan abrigaos.

Eu si —respondéu Malio, empezando a subir as escaleiras.

Nosoutros vamos ver ás bestias.

Ah, igual tía qu'ir eu tamén. —Paróuse, dudando.

Xa che miramos nosoutros tamén a túa, se ques —ofrecéuse el outro mozo.

Nestas taban condo chegóu xunto a ellos el taberneiro:

¿Pos van salir agora? Iba trancar a porta.

Vamos revisar os caballos pra nun ter mañá ningúa sorpresa, qu'inda nos queda muito camín y nun llevamos de refresco.

Esperen que yes apurro úa lluz. Qu'a noite tá clara, peró miyor nun confiarse.

Aproveitóu el espera polla lluz Mado pra ir él tamén azamarrarse y salir con ellos.

Na máis salir na porta, a xelada qu'anunciaba a claridá da noite botouyes enriba un frío que se yes colóu entre a roupa hasta quitaryes el alento, salindo blanco das nocas medio abertas. Botaron a andar con brío camín da corte unde dúas ducias de caballos dábanse calor ús a outros. Coa lluz escasa del candil y a claridá qu'entraba pollos ventanos da corte, foron revisando Nesdar y Lerca os animales del valle, mentras Mado inda buscaba entre os outros el sou-

¿Nun encontras el tou? —perguntóu Lerca, erguendo el candil pr'allumarye—: Paréceme qu'é ese del fondo, al pe de Corvo.

Parece. —Arrimóuse a él, pasándoye a mao pol anca pra resiguirye a marca—: É, si. ¿Y vosoutros conocéislos sin marca?

Conocemos y conócennos —respondéu Nesdar, rascando entre os oyos al sou, que resoplaba suavín.

¿Y nun vos los llevan?

¿Quén? Se salen del valle, ou van vendidos ou van con nosoutros —esplicóu Lerca—. Y se van vendidos, xa s'encarga el que los compra de marcallos. Nosoutros ben los distinguimos sin marca ningúa.

Déu Mado por revisada a súa bestia y quedóuse mirando cómo os outros dous trataban a cada caballo. Os nenos que los recoyeran cepilláranlos a concencia, que brillaba el pelo hasta con tan pouca lluz como tían y taban servidos de grao y herba, así qu'ellos mirábanyes as patas y que nun tuvesen mataduras das cinchas nin del resto del apareyo.

Condo saliron da corte, inda fía máis frío y un gaxo de llúa brillaba blanco nel azul da noite xelada.