jueves, 3 de marzo de 2022

As llareiras 10

Nun s'equivocóu miga Darna y nun vían inda a villa condo desaparcéu el sol detrás das nubes qu'axina empezaron a esvaciarse por riba dos viaxeiros. Chovía a caldeiraos condo chegaron ás cuadras da pousada máis grande da Balseira y os mozos nun daban crédito a os sous oyos al ver aparecer de debaxo dos capotes enceraos que tapaban a xinetes y monturas a catorce animales del Valle, a cual máis guapo. Inda taban coyendo os equipaxes os viaxeiros y xa había un neno atento pra acomodar a cada animal, entre os d'aquella cuadra y os que chegaran das outras d'alredor al ver pasar a toda a recua, contando con qu'algúa propina cayería por botar úa mao.

Tuveron qu'encapotarse outra vez pra salir da cuadra, al xeito que chovía qu'a caleya parecía un río y el augua que cayía fía chiscar á que corría pol tarrén. Así chegaron á pousada cos pes pingando y al momento d'entrar xa tían úa poceira debaxo dos capotes.

Poden deixar os equipaxes nese cuarto y pasar á taberna mentras yes preparan acomodo —propuxo el hospedeiro—: Hai vino calente pra escorrer el humedá y calentar os corpos antias de ciar.

Acababa de diciryes qu'había pouca xente na pousada, peró a taberna taba chía y quedaron paraos na porta buscando sito unde poder acomodarse máis ou menos xuntos.

Según abriron a porta y foron pasando, a clientela foi callando y corréndose pral fondo como es yes tuvesen medo:

Búas. Queríamos tomar algo calente pra secar a moyadura del camín. —Adelantóuse hasta a barra Malio.

Como se aquello fose el santo y seña qu'esperaban, volveron as conversacióis al volumen normal y axina un mozo yes despexóu úas mesas pra que podesen acomodarse. Tampouco pasóu muito tempo hasta qu'el primeiro s'arrimase a ellos pra perguntar:

¿Van de viaxe llargo?

Vamos —foi a responsta corta que deu Malio, fendo de portavoz del grupo.

¿Y vein de llonxe? De por aquí nun parecen —insistíu el paisano en dar conversación.

Os caballos que train son del Valle dos Llares —apuntóu un neno qu'entraba con lleña prá chiminía que caldiaba a taberna.

Aquella información despertóu un poco máis el interés pollos viaxeiros y máis d'un erguéuse pra vellos ben.

É raro ver tantos xuntos —dixo daquén, sin aclarar se taba referíndose a os caballos ou á xente que los tría.

Como naide se dese por aludido, insistíu el paisano que primeiro s'arrimara a ellos:

Pos inda hai camín desde el valle hasta aquí. ¿Veron pol monte?

Vimos —volvéu responder Malio.

Déixalos tranquilos, Ave, que ben sei que quererán descansar y tomar el vino en paz —tercióu el hospedeiro, qu'entróu nese momento—: Xa tán os cuartos preparaos. Poden subir acomodarse condo queran y baxar llougo ciar.

Muitas gracias. Axina vamos.

Al baxar encontraron a taberna xa máis valleira y puideron sentarse todos xuntos en dúas mesas pegadas. Non ben acabaron d'acomodarse arrimóuse a ellos un paisano qu'axina se presentóu como el barqueiro:

Tendréi que dar tres viaxes prar poder pasallos a todos cos caballos. Era ben empezar cedo pra nun interrumpir muito el tránsito de todos os días —propuxo sin querer sentarse con ellos.

Diga hora y ei taremos —respondéu Malio.

Rascóu a cabeza el home sin quitar a pucha que llevaba calada case hasta os oyos:

Se para de chover, condo se faiga día y se nun para... —Volvéu rascar a cabeza—: As sete iba ser búa hora.

Pos vei ser ás sete, porque parar... —tercióu el taberneiro trendo vasos y pan.

Como se el intervención d'outro dese bulda al resto pra meterse na conversación, arrimóuse a ellos el tal Ave que xa antias quisera saber d'ellos y del sou viaxe:

Y digo eu: ¿llevan postiar os caballos? Porque igual encontraban bestias de bon pelaxe sin ter que cruzar al outro llao. Y se buscan unde montar un criadeiro, tamén hai terras a bon precio. —Como naide ye respondese, probóu outro camín—: Y se queren cruzarse ustedes, tamén hai xente aquí que nun iba ben reparos en feryes el favor. —Volvéuse pra os vecíos que quedaban, buscando que ye siguisen a broma, sin llograllo—. Igual é secreto el viaxe y aquí tou meténdome unde naide me chama.

Eso, seguro, sin ter qu'haber secreto ningún —tercióu el taberneiro, empezando a poñer fontes y xarros na mesa—: Va perder a vez na ronda se nun t'arrimas al bocoi.

Parecéu rendirse el paisano y deixóulos ciar en paz, pró, nun ven acabaron, volvéu perguntar:

Entoncias, ¿nun van contarnos qué rumbo llevan?

Tá claro que pral este y, como sigas dando lata, lo máis llonxe tou que podas —ríu outro dos clientes.

¿Nun s'acordan d'outros viaxeiros como nosoutros fendo el viaxe al revés? —acabóu por responder Tusgo, pensando que se ye daban algo de qué falar deixaría de perguntar.

Quedóu callao el home y foi el taberneiro el que respondéu por él:

Fai anos, si. ¿Van devolver a visita?

Pode dicirse que si —respondéu Tusgo, mentras os demás empezaban a ergerse pra ir durmir.

Pos nun era tan difícil decillo antias sin tanto misterio —protestóu Ave—: Nin que fosemos querer acompañallos.

Miráronse os vecíos y el tarberneiro y daquén respondéu:

Conocéndote, capaz es.

El coro de risas qu'acompañóu aquel comentario deixóu que Nesdar y Lerca podesen perguntar al amo polla porta que seguro había pra pasar ás cuadras sin ter que salir fora. Forónse someiros da taberna pra evitar máis perguntas ou que daquén quixese ir con ellos, agoiraos xa de tanto interés pol viaxe, os caballos y ellos mismos, mentras Darna y Malio quedaban axustando as contas col hospedeiro pra nun ter que pararse polla mañá:

¿Un dixestivo pra descansar ben? —ofrecéu al zarrar el pago, mirando pra Malio.

Iremos miyor ver se necesitan axuda cos caballos —respondéu Malio, erguéndose pra irse.

Queda tú, se qués, un bocadín, que xa vou eu á cuadra. —Paróulo Darna, poñéndoye úa mao nel brazo pra que volvese sentar, al tempo que s'erguía ella y marchaba.

Encontróu a Lerca mirando que nun houbese ningún caballo con fiebre, despós da moyadura tando sudando del camín, con tres mozos pegaos a ella pra nun perderye volta del que yes fía, mentras Nesdar repasaba os apareyos con outros dous nenos.

¿Hai algún con calentura? —perguntóu, mentras ye pasaba a mao pol focico a Merba.

Nun parece. Nótase qu'estos nenos saben tratar os animales, que tán ben secos y cos pesebres chíos. ¿Déronvos muito llabor?

Miga —respondéu el máis vello—. Nin se moveron condo anduvemos entre ellos. Nótase que son caballos dos Llares: nobles y ben enseñaos. Y ese é soberbio —añadíu al ver que Lerca s'arrimaba a Corvo, que llevaba desque la sentira chamando quedín al ama.

¡Qué bon semental iba ser pras euguas del patrón! —comentóu outro mozo, botándoye un pouco máis d'herba seca.

Inda ye queda camín qu'andar antias de volver folgar y dedicarse na máis a postiar.

Con nun ser ruías as euguas d'aquí, ben sei que ye ven miyor cualquera das que van con él nel viaxe —tercióu outro dos mozos.

Ríuse Lerca antias de responder:

Condo tán pra ellos, ben sabedes seguro que nun miran muito prá facha del que yes poin delante.

Coloriaron os rapaces de tal xeito que se yes conocéu inda nel mourén qu'os candiles na máis clariaban un pouco.

Volveron os viaxeiros á taberna polla porta de dentro y antias d'asomarse n'ella xa poderon sentir al tal Ave insistíndoye a Malio:

Entoncias, qu'eu m'entere: ¿nun van máis qu'a devolveryes a visita a ús parentes que se foron vivir llonxe?

Ois, ho, se qués ir con ellos, dilo ca y deixa d'agoirarnos a todos. —Sentiron que ye respondía daquén que nun era Malio.

¡Non, xa! ¡Quita d'ei! Andar tirao pollos camíos, nin sendo parentes meus...

Pos morra el conto y hasta mañá —esta vez si foi Malio el que respondéu, apurando el vaso al ver entrar a os compañeiros y erguéndose pra ir pra cama condo ellos.

Ameicéu col rubién encarnao qu'anuncia vento toyo qu'acaba en augua condo para y aballáronse os viaxeiros a embarcar pra dar avío col paso pral outra veira del río col idea de chegar axina al seguinte aveiro, antias qu'empezase outra vez a esvaciarse el augua y maís sabendo el pouco que yes gustaba a os sous caballos el aire. Mentras esperaban ús por outros pra botar a andar entretúvose cada ún en entrincarye as crines y el rabo a súa montura pra qu'el vento primeiro y despós el augua los molestase el menos posible, inda que despós tuvesen el trabayo de desentrincaryos y escarpizaryos ben se los coyía el augua.

Botaron a andar por fin por camíos xa de carro entre terras de llabradío y algún monte nel qu'el vento xa empezaba a sacudir as canas altas. Nun anduveran muito condo arrecióu el aire, que naquella terra de eiros abertos empuxábalos a mayor parte del tempo de costao, estorbando del bon paso que llevaban al chegar úa racha máis forte, cuase sempre despós d'úa calma sin vento. Acina coyeron el alternancia, acomodando el avance al aire: despós da racha forte na que tían que para, pegándose ben ús a outros, botaban a andar con baso vivo hasta a seguinte racha, de tal xeito que parecía qu'os caballos tuvesen xugando al escondite inglés col vento.

Empezaba a espingolexar condo alcanzaron as primeiras casas d'úa villa que s'iba espurrindo a os llaos del camín. Xa chovía con gana condo deron coa pousada y tuveron qu'andar inda un pouco máis pra encontrar cuada unde deixar as monturas.

Nun era aquel sito máis que de paso entre d'úas postas máis importantes y por eso a chegada de tanto viaxeiro pedindo xanta y pousada coyéulos sin muito qu'ofrecer. Con esas y todas, condo volveron d'atender os caballos tíanyes preparada comida abonda pra matar a faeme que podesen ter, coa promesa d'esmerarse máis coa cía.

Eu cuase prefería algo calente, como se é un vaso de lleite —queixóu Áscer, entre estornudo y estornudo, sentándose núa veira da mesa que yes prepararan.

Igual non vía ben a todos pra quitar el humedá dos corpos —pedíu Malio—: ¿Pode ser?

Pode, ho, ou un caldo, que tamén hai. Y deixan el lleite pra tomar ús fervíos al ir prá cama.

Agradeceron todos poder tomar el caldo calente y tampouco deixaron miga del que yes puxeran de xanta, mentras fora siguía chovendo ás concadas.

Según tá chovento, temos augua pra hoi y mañá todo el día —dixo un home, sacudindo el capote na porta da pousada antias de buscar sito unde deixallo recudindo na percha del entrada, xa ocupada pollos dos viaxeiros.

Eso parece —respondéu a posadeira, sirvíndoye un vaso—. Condo aquí para el vento, chove dous días antias d'escampar —esplicóu pra os de fora.

Arrimóuse a ella Darna:

¿Poderíamos quedar aquí hasta qu'escampe? Xa ve que temos algún acatarrao que nun ye feiría ben siguir moyándose.

Claro que poden. Tampouco creu que con este tempo vayan chegar muitos máis viaxeiros que nun poda atendellos a todos. Y se chegan, tampouco vou botar ús pra meter outros. —Botóu a muyer úa risada que ye sacudíu a barriga—. Y sabendo xa que van quedar, organizo miyor as comidas.

Volvéu Darna pra cos outros, inda sentáos á mesa:

Podemos quedar sin problema y así descansamos todos que nun temos ningúa necesidá de poñernos malos nin que se poñan os caballos.

Cos días qu'adelantamos vindo pol monte, nun nos atrasa miga parar un día ou dous —tuvo d'acordo Brado.

Pos, se nun vos importa, eu vou deitarme a ver se calezo y me pasa esta mormeira —fungóu Áscer.

Con él, erguéronse Malio y Tana, col mismo determino.

Nun pedacín súbovos un aferventao pra que sudéis —anuncióu Darna, mentras el resto arrexuntábanse pra deixar sito, por se chegaba xente.

Despós d'ir buscar nel equipaxe el saqueto d'herbas, pidíuye á posadeira venia pra meterse na cocía pra preparar os fervíos:

Nena, vei atender, que nosoutras vamos escaciplar un pouco na cocía —chamóu á moza de servicio—. Quero ver se los fai como aquí, se nun y'importa, claro.

¡Qué vei importarme! El saber nun se gasta por compartillo. Igual hasta aprendo eu máis del qu'insino —ríu Darna a búa disposición da muyer.

Calentaron lleite con corteza de salgueiro y ferveron augua pra botarye ciridona por se daquén empezaba a tusir. Despós de reposar un pouco el lleite coa corteza, coláronla y volveron con mel y un bon chorro de oruxo y subiron os preparaos a os que se foran deitar. Sabendo qu'a ciridona era ruía de tomar y algún dos encamaos llambueiro abondo, subiron tamén tacías con mel pra qu'endulzasen a gorxa despós de pasalla.

¿Y úa botellía nun subistis? —perguntóu Malio condo ye deixaron el mel.

Esa, se la qués, baxas buscalla que será que nun tás tan malo —respondéuye a posadeira.

É pra sudar, nía.

Acabóu el día y chegóu el siguinte sin que parase un bocadín d'esvaciarse el augua y a pousada era un entrar y salir de xente sacundíndose y queixando de tanto chover hasta que, camín de media tarde, foi arralando hasta ferse un barruzo fino qu'a brisa qu'empezaba a soplar movía como se fose un pano de gasa.

Os viaxeiros xa revisaran todo conto podían revisar pra siguir viaxe y os tres que se foran deitar maliaos el víspora erguéronse xantar coa fame atrasada y pouca gana de siguir deitaos. Hasta as caballerías parecían xa fartas de tanto descando y revolvíanse na cuadra na máis sentir a daquén entrar.

Ameicéu al fin el tercer día con algo de vento qu'erguía as nubes sin deixaryes descargar, afalándolas monte arriba, y retomaron el viaxe os del Valle.