miércoles, 7 de febrero de 2018

A tumba (Verderón 13 y fin)


Al chegar Naya del escola, taba sou bolo esperando por ella nel poyo da casa:
Bus días, bolito. ¿Tas tomando el fresco pra fer fame? –quixo embromallo a neta.
Taréi, nía. Fame xa fixen coas voltas que llevo dadas hoi col bon del saqueto qu'encontrastis.
Miróulo a nena mentras sacaba el saqueto del tabaco y el llibro pra fer un cigarro, esperando qu'acabase axina pra saber qué anduvera fendo. Nun s'aballóu miga Pacho, disfrutando como sempre de ferye de rabiar á neta: conto máis apuro ye daba ella, máis aspacio iba él. Acabóu al fin de fer el cigarro y prendello con toda parsimonia y col primer fumo botóu a falar:
Primeiro fun al camposanto ver a tumba de Sagrario pra saber as fechas y de vaso ver se taban el cura ou el sacristán pol iglesia, a ver se nos llibros dicían algo del que ye pasara. –Deu outro tento al cigarro. –Y tuven sorte que taba el curín ese novo que temos agora. Contéiye por alto el hestoria y nun tuvo pereza ningúa en buscar el qu'houbese nos archivos da parroquia.
Volvéu chupar el cigarro, botar el fumo y despós de mirar pra neta con media risa bailando na bova, vendo como nun quitaba os oyos d'él, sacóu un papel ben doblado del bolso da chaqueta y abríolo con todo cuidado:
Ei teis el qu'encontramos.
Coyéu Naya a foya que y'apurría sou bolo y xa iba poñerse a llella condo cambióu d'acordo, volvéu doblar el papel y erguéuse del poyo:
Primeiro vamos xantas que quedéi con Sara y Yayo al hora da sesta y llougo van chegar y nosoutros inda nun empezamos.
Agora foi el bolo el que quedóu papiando el aire. Pensaba él qu'a nena nun iba perder tempo por ver en qué parara el hestoria da Monxa y resultóu que prefería esperar por os amigos pra conocer el fin de Sagrario y Pedro. Fíxoye acordarse de condo ellos eran nenos y nun fían nada sin tar todos xuntos; nun era igual se faltaba daquén. Y máis, pensóu, esta nena qu'é sola; os d'antias tíamos ermaos abondos e, senon, primos al pé da casa, que tamén valían, as veces, miyor qu'os ermaos.
Nun ben acabaran de xantar, sentiron petar quedo na porta, según a norma das visitas al hora da sesta de nun tocar el timbre y espaventar a toda a casa. Salío Naya mandaryes pasar a os amigos mentras acababan de recoyer a mesa y os cacharros da xanta.
¿Vosoutros nun tomaredes café? –perguntóu a bola, servindo as tazas dos grandes.
Peró un cortadín, ben poden, nía –replicóuye a nora, dispoñéndose xa a sacar máis tazas.
Non, gracias –responderon os nenos.
Deixa, más. Se eso, xa pra merendar...–insistío Naya pra que nun sacara as tazas a madre: –Peró un pouco de chocolate igual sí, ¿non?
Según lo dixo, miráronse as tres da casa y botarosn úa cacarada de risa:
Tá claro que nun se perde a fruxe: ou comedes, ou comedes –volvéuse pra ellos Pacho.
Encoyéronse d'hombros os ermaos, sabendo xa qu'algo ibar ter que tomar y miyor un dulce qu'outra cousa.
Nun faigáis muito ruido, qu'eu vou durmir a sesta, nun sei el resto, peró eu vou –dixo a bola, quitando el mandil. Detrás d'ella salío el matrimonio novo, deixando al bolo cos nenos zarraos na cocía pra que nun yes chegasen as voces a os cuartos.
Bótame outro goto de café antias de sentarte –pidíoye á neta, que tamén ye sacóu as gotas pra nun ter que volver erguerse, xa qu'a nora marchara, qu'era a que yas racionaba.
Esta é a mía netía, ¡qué ben cuida de sou bolo! –río el veyo, botando mao á boteya.
Salío Naya sin ver ruido y volvéu al punto coa bolsa unde foran guardando el qu'encontraran nas súas pesquisas y el papel que ye dera Paco col qu'encontraran nos archivos del iglesia. Pousóu todo nel pico da mesa y sentóuse frente a os vecíos, acomodados nel escano que fía de banco corrido pegado á parede.
Aquí temos todo el que fomos xuntado, primeiro del hestoria de Saría y Román y despón tamén da de Sagrario y Pedro.
Foi sacando as cousas da bolsa: a caxa das cartas, a dos cuartos, el pano coas arras y os aniyos, el saqueto qu'encontraran nel molín y a llibreta unde escribiran el que dicía a carta de Pedro. Despós de valleirar a bolsa y colocar todo delante d'ellos, coyéy a foya del bolo y desdoblóula sen presa.
Y aquí tá el que meu bolo y el cura encontraron nos llibros del iglesia.
¿Foi contarye al cura el que tamos fendo? –perguntóuye Yayo a Pacho, cuase saltanto del senteiro.
Fun saber qué podíamos aprender del final da Monxa, porque se tá enterrada aquí, igual algo había nos rexistros –esplicóuse el veyo, acougando al rapaz: –Y xa veredes que nun foi de balde el viaxe.
Volvéu colmar a taza de gotas sin fer caso da mirada que ye taba botando a neta, vendo cómo baxaba a boteya, animándola a que llese d'úa vez el papel que ye dera. N'él apuntara el cura a filiación da Monxa, condo nacera y condo morira, d'úas febres que coyera atendendo xente nel dispensario qu'había nel convento, antias de chegar sequera a profesar. Aparecía tamén del llibro que, como iba pra monxa, nun se cobrara el enterro, inda qu'houbera daquén que quixera pagarye ún de primeira y como nun yo acetaran, nin a familia pra misas, gastara os cuartos na tumba.
Encontrara el cura, mirando os papeles da parroquia, un anotación que a él, sin conocer el hestoria, chocáraye, peró nun acabar d'entender, según yes contóu Pacho y al ir él hoi col bon de saber algo máis da Monxa, fíxoye acordarse y entre os dous encontráranye sentido al escrito; y el cura copiáralo nanota pra qu'os nenos puidesen chegar solos á misma idea a que chegaran ellos. Falaba el apunte d'úa confesión que ye fixeran al cura, sin dar datos de quén nin cóndo, según lo ataba el secreto del sacramento, d'estorbar as búas intencióis d'ún mozo por cumplir úa promesa qu'a salú nun ye deixara acabar en ben pra enmendar el mal qu'a sabendas primeiro quixera fer.
Acabóu de ller Naya y quedaron os tres callados, rumiando todo conto acabaran de sentir; y, sabendo el que xa sabían del hestoria de Sagrario y Pedro, axina chegaron a ferse un idea de todo conto pasara hasta que Román encontrara os cuartos y as arras nel molín veyo da casa Grande, entoncias xa da casa da Monxa.
Quen fose que conocese as andanzas de Pedro detrás de Sagrario soubo tamén qu'él tuvera el intención de darye os cuartos da dote y as arras a Sagrario pra que fose monxa coa súa bendición y algo debéu tramar pra que Pedro nun podese fello, ou eso pensóu quen fose –empezóu a esplicallo en alto Yayo.
Peró Pedro xa lo fixera, usando el molín, inda que Sagrario nunca chegase a sabello –siguío Naya.
Nin Sagrario, nin naide –coyéu a palabra Sara: –hasta que Román encontróu os cuartos y nosoutros agora a carta. Por cierto: ¿sábese que foi del tal Pedro?
Miróu Naya a nota del cura a ver se deixara daqué sin ller y, al nun encontrar nada máis, volvéronse os tres pral veyo que cabeciaba con media risa na cara:
Sábese, nía: morío antias que Sagrario; él sí tuvo enterro de primeira c'úa ducia de curas y dous fiyos pra deixallo ben enterrado.
¿Dous fiyos? –saltaron os tres nenos al tempo.
Sí, xa medradíos, qu'apareceron con súas madres a reclamar el que nun s'atreveran, ou sí, de vivo. Que por eso Sagrario y sía familia desconfiaban d'él. El tal Pedro xa anduvera lo sou condo quixo formalizar con Sagrario, así que, por lo qu'el cura quixo entender na partida de defunción, el anxelín tría máis d'un regalín con él, aparte de fiyos.
Como os nenos lo mirasen sin entender, Pacho apuróu el cigarro, apagóulo con ganas nel cinceiro y anunció:
El chaval, que xa iba tendo edá, acabóu morindo dos males que coyera por ei fendo todo conto os cuartos y a fama da casa ye deixaran. Y morréu el conto, qu'inda sois mui novos pra saber de qué falo. ¿Qué vais fer agora que xa conocedes el hestoria de Sagrario?
Miráronse outra vez os nenso y condo Sara s'encoyéu d'hombros como acostumbraba, respondéu Naya:
Inda nun sabemos quén sabía que Pedro quería portarse ben con Sagrario, peró tampouco créu qu'importe muito.
Debía ser da casa d'él, porqu'as flores que ye poñían eran del sou xardín y se yes deixaron el molín y terras nel última manda da casa, algo tía que saber el último que morío... –respondéuye Yayo.
Como Pacho iba dándoyes a razón, siguío Naya:
Os cuartos nun yes deron a Saría y Román el que querían, máis ben los separaron de todo, axudados por vosa bola –apuróuse a reconocer pra que nun ye protestase Sara.
Temos as monedas antiguas, el rosario y as arras. Y eu nun quero que quedemos con ellas –insistío Sara.
Y a carta –añadío Yayo.
Cabecióu el bolo, vendo qu'iban chegando á conclusión que tamén se yes ocurrira a él y al cura condo acabara de contarye el qu'os nenos anduveran fendo:
¿Y qué vais fer con todo eso? –quixo saber.
Nun podemos volvello al molín, peró tampouco temos a que dallo: a casa Grande acabóuse y na da Monxa nun queda naide a quen volvello, qu'os d'agora nin saben, nin queren saber nada d'este hestoria, según ye dixeron al noso bolo, que tamén botóu a mañá en pesquisas –dixo Yayo.
Xa sei, xa –respondéu Pacho: –Y, ¿entoncias?
Mentras lo pensamos, eu quero ir ver esa tumba que tanto debéu costar. –Erguéuse Naya, empezando a recoyer todo conto estendera nel pico da mesa: –Igual pol camín se nos ocurre algo.
¿Y qué vais fer coas cousas de Saría? –quixo saber el bolo.
Esas sí quero guardallas eu –apuróuse a responder Sara. Como os outros quedasen mirando pra ella, encoyéuse d'hombros y dixo: –Vía sendo a mía madría y quero quedar con esas cousas, diga el que diga mía bola.
Pestañiaron todos sin crer el que taban sentido, mentras Sara volvía fer aquel ademán tan sou y empezaba tamén ella a recoyer as cousas:
Espera, que che traigo a bolsa col resto das cousas que trouxemos del desván. –Zarróu a súa mochila Naya y salío da cocía, procurando nun fer ruido pra nun espaventar a os que durmían a sesta.
Volvéu al pouco coa bolsa que dixera y axudóuye á vecía a meter a caxa coas cartas y os aniyos entre el resto das cousas qeu xa taban nel saqueto, deixando na mesa el pano coas arras y a caxa coas monedas veyas:
Guarda tú as arras y esas monedas que seguro que saliron del molín. –Apurríoysa a Naya, quedándose ella col pano: –Este guárdolo eu, que nun creo que vise coas monedas. Peró vou deixar inda a bolsa aquí pra nun andar pasiándola. ¿Vamos?
Saliron da casa aspacín y hasta que nun tuveron nel camín nun volveron falar, vendo qeu tamén Pacho calaba a boina y botaba a andar con ellos:
¿Veis con nosoutros, bolito? Pos ¿nun dicías que x'anduveras abondo por a mañá?
Vou, nena, que quero ver en qué para todo esto sin ter qu'andar perguntándovos.
Inda foi máis a sorpresa condo veron vir escontra ellos al vecín, tamén col idea d'acompañallos a únde fosen.
Solo falta que veña bola y xa tamos todos –roñóu Sara, vendo a procesión que taban armando.
Ríronse os veyos, chisgando un oyo:
Non, esa nun ven, que se asoma, xa ye salirá Inés cambiarye el rumbo –respondéu Pacho, convidando al vecín a tabaco, al tempo que botaban a andar sin esperar por os nenos.
Al paso lento dos bolos, nun se yes fixo llargo el camín a os netos, sentindo os contos d'antias que foron recordando dos enterros, das diferencias entre úas casas y outras, del vecín que pasóu a guerra dormindo nun nicho, de condo as tumbas eran na terra y se fundían solas al pudrir as caxas... Y todo sin que Sara gurgutase, conforme lo contaban con risas y sin afan de merte medo como fía súa bola.
Así chegaron al cementerio y mentras abrían a cancella da porta, anuncióu Pacho:
Primeiro vamos ir ver a tumba de Pedro, xa despós veredes a de Sagrario.
Peró a que nos importa é a d'ella, ¿qué ten que ver a d'él?
Algo ten que quero que vexades antias d'ir a d'ella. Vide por aquí.
Metéronse por el pasiyo qu'iba das a capiya unde dicían a misa por Todos os Santos y pegado a ella encontraron el pantión da casa Grande, cuase tan grande como a capiya y muito máis adornado, peró tamén pior conservado. Detrás d'úa cancella de ferro, comida de ferruyo y con un bon candado, podían verse as lápidas de mármol blanco cubertas de verdín en muitos sitos; a dalgúa faltábanye tamén lletras, que podían ver cayidas nel tarrén entre os restos del qu'algúa vez deberan ser ramos de flores.
Esa del esquina é a tumba del tal Pedro –avisóu Pacho, pra que la estudiasen ben.
Pos nun morío tan novo como decíades –comentóu Sara, sempre rápida cos númaros.
Naide dixo que fose novo –correxíola sou ermao: –A qu'era nova era ella.
Agora vamos por aquí –indicóu Carlos.
Foron andando por ún dos ramales hasta al cementerio veyo nun se fixeran os últimos enterrados en terra y quedaban inda cruces y llápidas marcando as tumbas. Aquella parte cuase parecía un xardín de cuidada que taba el herba con arbustos y plantas de flor repartidos por ella y el camín feito con llousas grandes y espaciadas que foron seguindo hasta el pé da parede que zarraba el camposanto.
Eu nunca tuven nesta parte del cementerio –dixo Yayo.
Sacudiron as nenas a cabeza, conforme ellas tampouco tuveran, asombrados os tres del que taban vendo. Y tía razón Pacho condo yes dixera que si lo conocesen, tamén ellos iban saber qué fora de Sagrario porqu'a súa tumba chamaba el atención de llonxe: el mármol blanco, tan llimpo que rellucía, destacaba entre el herba ben cortada y contra el gris da parede y na cabeceira, enriba del nombre y das fechas grabadas na llápida, erguíase el busto d'úa monxía coas maos postas a Dios y el iscrición: "reza tamén por os que te quixeron mal".
Según viron a figura, tuveron as dúas nenas elmismo acordo y, condo xa Naya taba revolvendo na mochila, díxoye Sara:
Xa sei qué fer col rosario.
Apurríoyo el amiga, arrimóuse á tumba y con todo cuidado enroscóuye el rosario nas maos como yo puxeran a ella pra sacas as fotos pral recordatorio da primeira comunión, procurando nun forzar nin as mayas del rosario nun as maos del busto, tal parecían de finas qeu podían romper a pouco que las tocasen, Nun tía a figura nin gota de mofo por nayundes, nin entre os pliegues da toca nin sequera entre os didos ou nos rasgos da cara que, cos oyos entornados, cuase parecía que se rise pra ellos.
Tan ensimismados taban na tumba que nin conta se deron de que chegaba daquén xunto a ellos, hasta que falóu:
Buas tardes. Mirái que bon sito encontrastis pral rosario. ¿Foi ese el que aparecéu nel molín?
Volvéronse pral que falara, supoñendo xa qu'era el cura quen chegara.
Buas, don José. É tal, sí –respondéu Pacho.
¿Y estos son os pesquisadores que deron con él?
Sacudiron a cabeza os nenos y volvéu Naya abrir a bolsa, empezando a sacar as cousas que metera n'ella, as que nin Sara nin ellos querían que quedasen na casa de naide. Axudáronye os vecíos a ter por ellas según iba sacándolas, todos d'acordo sin ter que falar en que naide miyor qu'el cura pra saber qué fer con ellas ou unde guardallas.
Esperai. Vamos pr'a retoral que taremos másis cómodos pra mirar todo eso que tredes na mochila.
Abrío el paso cos veyos detrás, mentras os nenos volvían guardar as cousas na bolsa antias de seguillos.
Xa na casa, despós d'ofrecer café y chocolate, sentóuse al fin y puido Naya valleirar a mochila mentras y'esplicaban al cura qué, cómo y únde encontraran todo aquello. Estudióu don José con atención primeiro a carta y despós as monedas, y hasta el pano que fixera de sobre, antias de contaryes a parte del hestoria qu'el sabía:
Esta mañá, despós da visita de Pacho, busquéi nos papeles a ver se podía saber algo maís d'esta hestoria y encontréi a copia da manda qu'encarga cuidar a tumba de Sagrario. –Déuye un papao al café que se servira condo al resto y que, mentras falaran os nenos, nin s'acordara de tomar, mentras acababa de dicidirse a deciryes quén fora: –Despós de tanto tempo, nun creu qu'importe muito que vos diga quén foi, sabendo como sabedes xa el resto del conto –empezóu a dicir, acando de convencerse: - Foi a cuñada da casa, a muyer de don Manuel, ermao del Pedro que firma a carta.
Callóu el cura y quedaron todos rumiando el qu'acababa de contaryes hasta que, al fin, perguntóu Naya:
¿Y por qué iba fer todo eso esa muyer? –Como naide ye respondía, siguío: –Encargarye a tumba, adornarya con flores del sou xardín, deixar mandado que ya tuvesen llimpa y cuidada, máis qu'a súa...
Algo feiría del que tía que arrepentirse – apuntóu Sara.
Y vendo el iscrición da llápida... –dixo Yayo.
Nun sei qué fixo, peró muito ye debía pesar a culpa condo tanto cuarto deu pra reparar a falta –respondéu el cura: –Y se decides que todas estas monedas veyas, y as que Román puido usar pra pagar el viaxe ás Américas, debían tar escondidas nel molín, nun sabedes seguro se coa carta, peró ben podían tar..., eran muitos cuartos pra pagar úa culpa.
Eu penso – falóu Pacho: –que esas monedas, y as das arras, deixóulas Pedro como dote, según dice a carta, pra que rece por él condo sía monxa, escondidas nel molín, sin qu'os da casa soubesen nada. Y despós, a cuñada intentóu cumplir a promesa que pensaba que Pedro deixara al garete: a tumba y el cuidado d'ella y as mandas qeu yes chegaron a os da Monxa al morir el home, que algo tía que saber pra respetar así el que dispuxera a muyer.
Pensóu un bocadín el cura, antias de falar:
Nun podo dicir el que máis supoño que sei que puido pasar entre esos tres y Sagrario, que debe ser el única inocente en todo este bolorto. Peró, se queredes, guardo eu a carta y pano coa manda que vos dixen.
Tuveron d'acordo todos, sin que naide quixese saber máis del qu'os outros pensaban y xa daban por acabada a visita condo Sara perguntóu:
¿Y qué femos coas monedas? Porque nun creu que debamos quedarnos con ellas...
Miraron todos pra don José, esperando qu'él dicidise, y, al cabo, propuxo:
Podo mandar tasallas y xuntar el que se saque al resto que queda da manda pra que se siga cuidando a tumba da Monxa.
Xa salían por a porta, conformes col final que ye deran a todo el asunto condo Naya, botando mao al pescozo, coyéu a sampedra antias de perguntar:
Oiga, ¿sabe dúnde era es cuñada de Pedro?
Pos sí, del sito unde abundan as pedras como esa que tedes os tres colgadas al pescozo. Así que xa podedes imaxinar cómo chegaron al molín –callóu un bocadín antias de dicir: –Solían llevarse pra escorrentar males de todo tipo y axudar nos deseos del que la portase. Qu'aparecesen tres xunto al molín, paréceme abondo raro salvo que daquén las llevase nun collar ou hasta nun rosario, vei tú saber...
Fóronse os nenos cavilando y, condo xa taban chegando á casa de Naya, dixo Sara:
Podían tar n'outro rosario que nun encontramos. Igual tíamos que volver mirar si hai máis escondrixos nel molín.
Déixalo tar, Sara –respondéu el ermao, seguindo camín pra casa: –Xa tuvo ben de misterios pra úa temporada. Adiós, Naya.
Teis razón. Adiós, Yayo. Tú ¿veis recoyer el outra bolsa?
Vou, peró eu vou ver se chego a saber d'unde saliron as sampedras.
Déixalo, anda. Ou ¿qué vas perguntarye a tua bola se sabe algo d'ellas.
Pos igual si. Despós d'estudiar ben as cartas de Román que tamén era de pr'hacia alló... –Encoyéuse d'hombros recoyendo a bolsa: –Hasta mañá, Naya. Xa che contaréi.
FIN