lunes, 27 de febrero de 2023

Os secretos II. 7

A CAXA DAS PEDRAS.

Erguéuse Yayo sin coyer el que y'apurría el ermá y deu úa volta pol cuarto antias d'empezar a abrir os caxóis da cómoda.

A verdá é que nun sabemos nada d'ese neno. Nin quén era ni qué foi d'él. Y os apellidos nun son tan raros como pra que nun poda ser parente d'ellos sin ser fiyo. —Callóu un bocadín, zarrando el último caxón qu'abrira—: Aquí nun hai máis que roupa. Y el sobrín que veu vivir aquí despós chamábase Manuel como el tío.

Erguéranse tamén as nenas y puxéranse a mirar el qu'había nel armario. Tamén ellas taban por zarrallo pra ir ver os cuartos que quedaban condo Naya erguéu úas sayas mui dobladías nel fondo del llao das perchas, estrañada por el xeito de cayer as veiras. Tal como ye parecera al vellas, debaxo había úa caxa de madera tayada.

Sacóula y púxola nel pico da cama pra que la visen tamén os outros. Nun taba zarrada máis que por un pasador qu'enganchaba a tapa al resto da caxa. Al abrilla viron que taba chía de retratos y cartas en dous montóis ben colocados y atados cada ún cúa cintía de raso.

Coyeron primeiro as fotografías y foron estendéndolas por riba da colcha. Parecía que taban postas por fecha, que todas tían posta por detrás con aquella lletra tan dibuxada que xa conocían.

Empezaron polla máis veya, foron vendo el historia d'aquella mujer qu'ocupara el cuarto. Aquel retrato primeiro mostraba úa mocía abondo curiosa posando sentada coa cara pousada núa mao y úa rosa nel outra, colgando nel halda da saya. Era un d'aquellos retratos que cuase parecían pintados máis que fotografía, peró querían supoñer que nun taría tan retocado que nun fose el d'úa nena pouco máis veya qu'ellas mismas, igual el primeiro oficial como muyer que ye fían.

A seguinte según a fecha que tía era úa foto de dous homes, un máis novo qu'outro, sin máis seña d'ellos. Axina souperon quén eran al coyer as fotos que vían despós: úa da boba con todos os asistentes, curas tamén, sacada nel entrada d'aquella misma casa y outra da parexa de casados al pé da pérgola chía de rosas; así viron qu'el home máis veyo del outro retrato vía a ser el tal don Manuel, marido da muyer, y el outro debía de ser Pedro, que tamén salía na foto de grupo xunto al novio.

Había despós outro retrato coa muyer outra vez na pérgola y que polla postura supuxéronla esperando, como yes confirmóu a seguinte, unde se vía úa criatura envolta en puntiyas y encaxes de tal xeito que na máis se ye vía a cara:

Pos é verdá que debía ser fiyo d'ellos —concedéu Yayo, inda que nel retrato salía nel collo da que debía ser bola materna, según aparecía na foto da boda.

Pollas trazas ben podía ser fiya —comentóu Sara, vendo qu'aparecía noutro retrato con dous ou tres aníos al pé d'un caballín de xuguete cun vestido tamén chén de puntiyas.

É que d'aquella vistíanlos con sayas hasta que deixaban de mexar por ellos —ríu Naya. Como os outros dous la mirasen raro, aclaróu—: En casa hai fotografías de bolo que sal así y contáronme qu'era por eso. Y os adornos d'este serán por ser d'alta, non por ser nena.

Mentras Naya coyía outro retrato, arrimóu a os oyos a del neno Sara, reparando nél con toda el atención:

Este neno ten algo raro —dixo al fin, volvendo pousalla, pra coyer a que y'apurría el ermao.

Pos, aparte del vestido, nun sei qué ye ves.

A que tía agora nas maos era del neno nel collo da madre y col padre dereto al pé da siya unde taba sentada y parecía tomada el mismo día y nel mismo sito:

Nesta vese ben como era el piso de baxo entre a porta y el escaleira. Mirade que terrazo máis guapo había —mostróuyes Yayo.

Y mirade qué caras tían os padres. Eu digo qu'a ese neno pasábaye algo —insitíu Sara.

Como pra darye a razón el seguinte retrato era del neno outra vez solo, xa máis grandín, cun mandilón oscuro, el pelo, qu'antias parecía rubio y con ondas como el da madre, rapado cuase de todo qu'inda destacaba máis os rasgos peculiares que Sara vira. Na seguinte fotografía salía el mismo neno cúa monxía nova, el pequeno abrazado a ella cúa risa de felicidá que nun ye cabía na cara:

¿Será esta Sagrario? —perguntóu Naya.

Nun creu, nun chegar a profesar —respondéu Sara.

Tampouco sabemos se vestían distinto as novicias —replicóu Naya, coyendo outra fotografía unde volvía salir solo el neno, vestido de traxe cúa cruz colgando del pescozo, un misalín y un rosario entre as maos y un llazo nun brazo, pol que supuxeron qu'era un retrato da primeira comunión.

Aparecía vistido igual outra vez coa monxía y nas dúas que foron coyendo despós tamén salían xuntos, úa núa merenda nun prao y el outra sentados os dous nun poyo. Había outra máis unde salían xuntos cun peteiro de nenos y nenas col mandilón del colexio. Nas que yes quedaban por mirar volvía salir solo y puideron ver cómo fora medrando, notándoseye cada punto máis a discapacidá.

Pra mín que lo mandaron internar porque nun era normal y por eso naide nos falara d'él —supuxo Sara.

Nel último retrato salía xa un chaval abondo grande, peró coa misma cara de neno de condo fixera a comunión. Miraron a fecha da fotografía, estrañados porque nun houbese máis retratos, y viron que por eso tempo morrera a madre, según sabían polla manda da que yes falara el cura.

Miróu el hora Yayo y perguntóu:

¿Botámosye un oyada ás cartas? Peró ten que ser rápida que xa llevamos muito tempo aquí y llougo van empezar a botar conta de nosoutros. Nun nos vayan pillar salindo.

Xa taba Naya colocando as fotos y atándoyes outra vez a cinta para volvellas á caxa condo Sara coyéu el paquetín de cartas pra repartillas. Debaxo d'ellas encontróu dúas pedras como as qu'inda llevaban ellos colgadas al pescozo:

Mirade el qu'hai aquí —asombróuse, coyendo tamén as sampedras.

Reparte as cartas, a ver se dice algúa algo d'ellas.

Fíxolo así a nena y axina taban os tres sacando con tento úa carta del sobre.

Repartíralas Sara a bulto, sin contallas nin mirar as fechas, así que foi Naya a que recibíu as máis veyas y nun tardóu en anunciar:

As que me diche son dos dous ermaos: escríbenye como se os dous la cortexasen al tempo. —Guardóu a segunda carta y sacóu outra—. Y tenlas ordenadas por fecha: ún d'ún y úa del outro. Esperai: ese anúnciaye que xa falóu col padre pra casar con ella y cúntaye hasta a dote que ye vei dar. Manuel, claro. —Sacudíu a cabeza a nena—: Tá claro que pra éste a boda era outro negocio.

Ergueron os outros a vista del que taban llendo, esperando a que Naya llese a carta seguinte, que sería de Pedro:

Éste sigue cortexando nella, como se tal cousa, y eso que ye dice que xa sabe que vei casar col ermao. —Siguíu llendo tan rápido como podía—: ¡Anda! Casaría col outro, peró con éste tuvo máis que cartías.

¿Pos? ¿Qué dice a carta? —perguntóu Yayo.

Pra mín qu'ella ye dixo que nun iba encontrarse máis con él y éste respóndeye que d'eso pode tar ben segura porqu'él tamén vive na casa familiar y que xa lo buscará condo Manuel ande pol mundo sin mirar pra ella. —Lléu outro pouco y añadíu—: Que ben se vei acordar d'él y das tardes que pasaran xuntos condo el home ye ronque al llao sin cumplir antias con ella y que nun ha tardar muito en cambiar a súa cama fría polla d'él, ben calentía.

Pos é verdá qu'ei debía haber ferro y farina —ríu el neno, reconocendo qu'esta vez si quedaba qu'algo houbera—. A ver en qué para ese bolorto.

Coyéu otra carta Naya y sacudíu a cabeza:

Se seguíu escribíndoye, tendredes vosoutros as cartas porqu'esta é xa del colexio y de cuatro anos despós.

Sacudiron a cabeza os dous ermaos:

Estas son tamén del colexio, algúa da familia y pouco máis.

Y as mías, igual —respondéu Sara.

Ai, esperade: esta é del home —dixo Naya, pasando outra vez os sobres—: Paséila sin vella col última de Pedro.

Abríu a carta y lléu os poucos renglóis que tía escritos:

Pos si qu'era escribidor el paisano, como fose así d'espresivo en todo, válame Dios qu'aburrido: salúdala como se nun fose nada sou, todo mui formal y seco, pasa a felicitalla pol parto, como se tampoco eso tuvese que ver con él, y díceye que volve prá casa núa semá ou así. Y acabóuse a carta con “atentamente”.—Sacudíu a cabeza a nena.

Nun m'estraña que lo botase del cuarto —ríu Yayo, outra vez.

Igual se foi él y se nun taba seguro de qu'el neno fose sou, tampouco estraña muito el trato que ye da á muyer —dixo toda seria el ermá.

¡Xa tamos outra vez! —protestóu Yayo—: Nun sabemos se pasóu el qu'anunciaba el ermao qu'iba pasar.

Non, peró, home, mui búa facha nun ten el dos cuartos separados —tercióu Naya.

Vale, peró eso nun sabemos se foi entonces ou despós da promesa da muyer. Acordádevos de que dicía de nun volver ter trato con ningún home.

Xa: nin col propio nin con outro —recalcóu Sara.

Vamos deixar de fer elucubracióis y acabar de mirar as cartas que llougo é noite —cortóu a discusión Yayo.

Como nun sales coa túa —replicóuye el ermá.

Ten razón él, Sara. Vamos volver as cousas al sou sito y marchar que xa llevamos aquí un montón de tempo, sen tar féndose noite inda —volvéu terciar Naya, colocando as súas cartas y coyendo a cinta pr'atallas coas que iban devolvéndoye.

Espera. —Paróula el outra nena—: ¿Quén escribe esa primeira del colexio?

Sacóu outra vez a carta Naya pra mirar a firma y sacudíu a cabeza:

Nun conozo el nome da que lo firma.

Xa empezara Sara a repasar el resto das cartas y nun tardóu muito en erguer úa:

Aquí tá: esta fírmala Sagrario. —Pasóuye el resto a Naya, mentras Yayo tamén revisaba as súas—: Nun ye fala máis que del neno y da vida que ten. Y agradéceye el axuda que ye deu pra chegar a unde tá, prometéndoye velar pol neno como se fose sou.

As mías volven tar firmadas por outras muyeres —dixo Yayo, pasando as cartas outra vez.

Aquí tá a comunicación que ye fain de que Sagrario morréu pol gripe que coyera cuidando a os neníos malos. Tamén dice que Ramonín tá sano y sin novedá —resumíu Naya.

Coyéu Yayo el última carta da colección:

El neno é xardineiro. ¡Vaya! —queixóu, recoyendo con cuidao a rosa seca que ye cayera del doblez da carta—. Y mándaye esta flor que sabe que é a súa preferida. Firma tamén él, con lletra de neno pequeno. Y pollas fechas que sabemos, nun hai máis porque a que morréu foi ella.

Acabaron de recoyer y guardaron a caxa unde taba. Al salir del cuarto, dixo Sara:

Esperade un pouco. —Abrindo a porta d'ún dos cuartos qu'inda nun miraran—. Total por cinco minutíos máis, vamos mirallo todo.

Aquello era outra habitación y esta nun tía nin armario que mirar. Úa camía, úa mesita, úa siya y úa percha na parede era todo el mobiliario que tía y a mesita nun tía dentro máis qu'a baceniya de costumbre. El outro cuarto que nun revisaran abríase al horta y tía tarecos de costura; nun lo pensaron as nenas y foron diretas abrir un costureiro con patas como se fose úa mesa.

¿Tamén eso tedes que revolver? ¿Vais ver se tan secretos como el de Saría? —perguntóu Yayo desde a porta.

Boh, este, por nun ter, nun ten nin a mitá de filos qu'el d'ella —respondéu Naya.

Nin tá el mitá d'ordenado qu'el d'ella ou el d'Inés —dixo Sara, abrindo os caxóis, chíos de restos d'oviyos de llá embolortados.

Pos, hala, zarráilo y vámonos. A ver cómo salimos sin que nos vexan.

Baxaron cuase ás carreiras as escaleiras y saliron escopetados polla porta del llavadeiro hasta chegar al frente da casa. Nun se vía rastro de naide pol camín, así que saliron pasiando como se tal cousa, camín da casa de Naya.

No hay comentarios:

Publicar un comentario