lunes, 6 de marzo de 2023

Os secretos II. 8

8. DE PLAYA

Pasaron a tarde del domingo nel mar; baxóu primeiro Yayo dar úas varadas y máis tarde as nenas con toda el intendencia pra nun ter que subir nin por fame nin por sede. Taba el mar balleiro y como un plato, así que deixóu el neno a vara y fóronse os tres buscar llámparas y bígaros pollos penedos y de paso bañarse na pozúa, unde el augua taba máis calente qu'en mar aberto; el sito nun daba pra nadar, peró si pra tar un pedazo d'amoyo, procurando nun acertar a tocar ningúa das crías d'arizo metidas nas regandixas das peñas, que tamén raspaban abondo. Os cuidaos merecían a pena pra disfrutar d'aquel baño tibio.

Xa tían as maos reveyecas y empezaban a ter frío condo saliron del augua y volveron á playa. A vara de Yayo siguía sin novedá y sin naide máis por cerca, deitáronse xuntos secar al sol:

Tuven dándoye voltas al historia da casa grande —empezóu Yayo, sentándose despós d'erguerse renovar el cebo da caña—: Y hai cousas que nun me cuadran. Ou nun las entendín ben ou fáltanos información.

Eu tamén tuven pensando neso y paréceme que hai cousas qu'inda nun sabemos —repondéuye Naya.

¿Que inda nun sabemos? —perguntóu Sara, recalcando el inda—. Pos nun sei cómo vamos aprendellas: nun hai naide da familia a quen perguntar, na casa encontramos el qu'encontramos y nun creu que podamos volver entrar sin que nos piyen, porque deixar nun creu que nos vayan deixar; y vecíos a quen perguntar nun me parece que haxa que sepan algo y que queran cuntárnolo.

Primeiro vamos ver se temos as dudas nas mismas cousas —propuxo el neno—. Empezo eu. Condo queimóu, na casa taban vivindo us sobríos, ¿non? —Dixeron que si coa cabeza as nenas—. ¿Y de quén eran fiyos? Porque na máis sabemos de Pedro y Manuel y de naide por parte da muyer.

Erguéu a mao Naya, como se tuvesen nel escola:

Se nun hai máis ermaos, que temos qu'enterarnos ben, pode ser por úa cousa que sempre discuto con bolito: él dice qu'os fiyos d'un primos carnal tamén son sobríos. —Miráronla os outros sin entendella—. A ver: sobrín é el fiyo d'un ermao, peró, según bolito, tamén lo é el fiyo d'un fiyo d'un tío.

Nun miyoraron muito as miradas dos ermaos, peró parecéu que la entenderan:

Qués dicir que pode que fosen fiyos d'un tío dos da casa y non d'un ermao. —Quixo saber seguro Sara se entendera ben.

Pode ser, se chamaryes sobríos a esos nun é cousa na máis del tou bolo —aclaróu Yayo—. Eso é fácil comproballo perguntando a cualquera sin ter que dar esplicacióis relacionadas coa casa.

Volvéuse Naya revolver na bolsa da playa:

Eso: vei apuntando el que temos que perguntar —aprobóu Sara al ver que sacaba úa llibretía y con qué escribir—. Outra cousa da que temos qu'enterarnos é de qué foi del fiyo, porque sería él quen tía qu'heredar non u sobrín, ¿ou?

Sacudiron os outros dous a cabeza y al fin respondéu Naya:

Mañá hai enterro y dixo bolito qu'iba ir. Podo dicirye que ye pergunte al cura se tá enterrado aquí y cóndo.

Si, nía. ¿Y cómo vas esplicarye que sabes del neno? ¿Ou xa ye cuntache unde tuvemos ayer? —saltóu Yayo.

Nun ye dixen nada. Peró teis razón: vou ter que buscar úa búa disculpa.

Ou non —tercióu esta vez Sara—: Se tá enterrado aquí, tará nel panteón da casa y raro será que nun teña el nome y a fecha postas. Y xa se eso, despós, podemos ir perguntar por él.

Aplaudiron el idea da nena y apuntóu Naya na llibreta a visita al cementerio.

¿Qué máis nos falta por saber? —perguntóu al acabar d'escribir.

A ver: temos qu'enterarnos ben de quén eran os sobríos qu'heredaran a casa y porqué nun la heredóu el fiyo. Temos que saber tamén qué foi d'él y, se podemos, qué problema había con él pra mandallo llonxe da casa, que nin os vecíos s'acordan d'él. Iba tar ben poder enterarnos del mariaxe que tían os dous ermaos y a muyer, peró eso si que vei ser complicado, senon imposible —resumíu Yayo.

A mín gustaríame saber qué había na parte da casa que queimóu ou porqué la tían zarrada, se encontramos os cuartos nel llao sano —dixo Sara.

El que nun encontramos foi el de Pedro —correxíu Naya—. Nun sendo que fose aquel pequeño y balleiro, el último que miramos.

¿Sin armario? Xa sabemos qu'el paisano ese era un vivales, cuase m'estraña que nun tuvese un bon axuar y tampouco creu que se conformase con aquel cuartín de nada. Acordáivos qu'hasta tía intención de casa y á cuñada díceye que van compartir casa. ¿Nun ocuparía él a parte da casa que queimóu? —perguntóu Yayo—. Cuase era outra vivienda dentro da misma casa.

Y eso, ¿cómo podemos sabello? —quixo saber Sara—. ¿Perguntando a quén?

Miráronse os tres un momento, pensando, y cause al tempo dixeron:

¡A Miguel!

Según yes dixera Berto, aquel home vera prá casa Grande cos padres de caseiros y tía que conocer ben a casa por pouco qu'anduvese por ella. Y hasta podería esplicaryes el llío de parentesco que tían cos da casa aquellos sobríos que nun sabían d'unde saliran.

Apuntóu Naya con lletra ben grande a visita a Miguel y cuase tuvo a punto d'empezar a recoyer pra ir vello xa:

Acouga un pouco que nun hai queima —paróula Yayo, erguéndose pra ir mirar a vara qu'anunciaba picada col repunte da marea.

Despescóu a maragotía, botóula nel caldeiro cos farros que fora coyendo, enguadóu el anzolo, llargóu y nun s'aballóu miga a volver a poñer a caña nel soporte. Condo acabóu el ritual, volvéu pra xunto as nenas, sin sentarse nin perderye el oyo á vara.

Nun vamos ir agora correndo vello. Xa mañá iréi eu y veréi cómo ir perguntándoye sin ter que cuntarye el que sabemos nin, muito menos, como nos enteramos del que nun teña outra que diciryo.

Volvéu coyer a caña al ver que doblaba cos tiróis que ye taban dando al sedal y sacóu outra maragota:

Parece que vei meterse el mar qu'empezan a picar seguido —enguadóu outra vez y quedóuse coa vara na mao.

¿Feirémosye úa nota col que ten que perguntarye a Miguel? —propuxo Sara.

Vou perguntarye a él, nun vaya parecerye mal, como se nun nos fíasemos.

Erguéuse Naya pr'arrimarse a Yago condo este se viróu pra ellas y vocióu:

Ide féndome un apunte col que ten que cuntarme, nun vaya ser que coa charla esqueiza daqué importante.

Chegóu xunto a él a nena y detrás Sara:

¿Vas ir como se ye fixesen una entrevista? —ríu el ermá.

Xa veréi cómo lo fago. El que nun quero é ter que volver ou quedar coas ganas de perguntarye algo del que queremos saber.

Indo con orden, podes perguntarye cóndo veron vivir aquí y con quén —empezóu Naya.

Espera, espera, que tampouco vou entrallo así —paróula Yayo—. Nun teño disculpa clara pra ir entrevistallo así sin máis. Nin podo xa dicir que sia pra un trabayo pra clase, que xa la acabei.

Quedaron un bocadín callados os tres, discurrindo cómo fer pra que Miguel ye falase da casa sin que desconfiase de Yayo. Déuye tempo al mozo a enguadar tres veces sin pescar nada antias que Sara propuxese:

Igual podes comentarye como de pasada que tan revolvendo na casa Grande.

Revolver, revolvemos nosoutros. Esos tán abríndola pr'amañalla —respondéuye el ermao.

Ben m'entendiche —replicóuye ella.

A ver, vou ir segarye el ora, que xa m'avisara a semá pasada —esplicóu Yayo—. Y sempre anda comigo, marcándome as plantas que nun quer que segue y dándome conto. Podo aproveitar el que ye gustan as rosas pra falarye das da casa Grande, qu'agora vense desde el camín porque abriron a cancella y llimparon el entrada. Así nun teño nin que dicir que sei qu'él vivíu nella, ou na dos caseiras, que tanto da pral que nos interesa.

¿Y se nun cho dice? —quixo saber Naya.

Pergúntoye se las víu dacondo y, ou mo dice, ou calla. Y se calla, paréceme que nun vou ter qué fer pra que me cunte nada. Peró ha estrañarme ben col que ye gusta falar.

Gustaraye, peró nun sabías que tuvera casado con Rosía —pinchóu Sara.

Nun lo sei porque tampouco nun ye perguntéi polla muyer, dándola por morta. —Pensóu un pouco, mentras recoyía y llargaba outra vez—: A verdá é que si sabia que casara aquí y tamén que vera de caseiro cos padres, peró nunca me dixo a únde, igual porque pensa que xa lo sei.

Así que vas falarye das rosas da casa Grande pra ver qué che dice, ¿y despós? —perguntóu Naya.

Seguro que nun tá enterado de que la venderon nin de que van amañalla y ei podo ferme el inorante pra perguntar de quén era, qué pasóu y toda el historia que queremos conocer. Y eso é el que téis qu'apuntarme pra nun esqueicer nada.

Volveron sentarse as nenas, deixando a Yayo despescando outro pexe y revolvendo entre el esquila pra buscar úa curiosa que chamase a pezas máis grandes xa qu'empezaban a picar. Quedaron un pedazo mirando el ir y vir del sedal coas ondas hasta qu'empezóu a recoyello con pesca.

A ver —púxose a dicir Sara—: queremos saber qué parentesco rial tían esos sobríos cos da casa.

Si. Y qué foi del fiyo —apuntóu Naya—. Y qué había na parte da casa que queimóu. Peró igual ten qu'ir perguntando al revés: empezar pol que pasóu na casa, qué queimóu, quén vivía ei y porqué y lo del fiyo... —callóu a nena sin ocurrírseye cómo feiría Yayo pra perguntar por él sin confesar el que xa sabían.

Condo ye fale del parentesco cos amos veyos podo perguntarye diretamente se nun tían fiyos. Se me dice que non, é qu'el nun conocéu al neno nin a súa historia; y se me dice que si, algo máis saberá que nosoutros —dixo Yayo, empezando a recoyer el apareyo—. ¿Trouxéstedes merenda? Eu xa teño fame.

Ríronse as nenas y sacaron os bocadiyos y os refrescos que baxaran. Pra condo acabaron de merendar xa iba cubríndose a playa de sombras y empezaron a vistirse pra ir subindo. Entre os tres recoyeron os tarecos da pesca y miraron de nun deixar nada tirado na playa y hasta xuntaron coa súa basura algúa máis da qu'a marea deixara, antias de que volvese arrastralla. Deixóu Yayo a vara, el soporte y el esquileiro nun dos casetos del arribada y metéu a chave núa gateira disimulada na porta cúa chapa:

Nun sei pra qué poñedes candaos se deixades a chave unde cualquera pode coyella —sacudíu a cabeza Sara.

Cualquera, non, qu'hai que saber únde tá. Y tamén se zarra pra que nun trabaye el mar dentro, ou ye coste máis caro entrar.

Pos pra eso ben chegaba un pasador —replicóuye el ermá.

Ben ves que lo tía. —Mostróuye Yayo os furaos unde debera tar posto—. Peró ferruyece máis axina y da máis que quitar que cambiar un candao. ¿Algo máis?

Botóu a andar camín arriba Sara sin responderye y detrás d'ella os outros dous, ríndose un pouco d'ella:

Despós soi eu el que sempre teño que salir coa mía —dixo ben alto el ermao pra que nun quedara duda de que lo sintía.

Inda aballóu máis el paso a nena hasta que, al chegar a primeira costa, paróu esperallos:

¿Xa vos ristedes abondo? —quixo parecer enfadada, peró xa ríndose un pouco.

E qu'a todo teis que poñerye perós... Nun sei a quén demo te asomeñas —respondéuye Yayo, romendando a súa bola.

Como a costa daba que subir, nun volveron falar hasta que chegaron xunto ás bicis:

Qué pena que zarrarse el atayo —queixóu Sara.

Máis que zarrar, que podía volver a abrirse usándolo, é que cayeron os dous pinos que fían d'escalóis nel máis costo —esplicóu Yayo—. Y cos que baxamos agora nun íbamos ser quén a mantello aberto.

Pos a mín nun me da pena ningúa: pra baxo, patinábase cada pedacín y pra riba sempre ibas acertar a botarye mao a un toxo —ríu Naya—: Inda m'acordo da culada que llevéi a primeira vez que baxéi por él.

Eso é verdá; ou pra riba ou pra baxo, sempre amañábamos algúa —ríuse tamén Sara.

Eu quedéi úa vez colgando polla camiseta nel paso qu'había por baxo d'un castañeiro —contóu Yayo, coloriando al acordarse del susto que llevara.

Y había que baxar con calzóis llargos ou acababas todo arrabuñada —volveron rir os tres.

Con estas, foran andando sin montar nas bicis y chegaran as primeiras casas. Acordándose da vecía que vivía allí, iban montar pra pasar axina peró xa nun yes deu tempo:

Era hora que subísedes —foi el saludo que yes deu, parada nel medio da pista coas maos nos cadriles como tía costumbre—: Vou tar contentos nas vosas casas, mandando a tarde por vosoutros.

É el que tocaba hoi, qu'é domingo —respondéu Naya sin pararse.

¡Serás descarada! A ver tu qué pescache, se traes algo que vala.

¿Vas comprarmo? —perguntóu Yayo antias de mostrarye el caldeiro.

Xa sei que nun mo vas dar y a ver qué precio pides. —Escoyéu a muyer úa das maragotas máis curiosas y perguntóu—: ¿Conto qués por esta?

Dez euros —respondéu ben seguro el neno.

Xa será muito por este pescadín.

Pos se lo quer por menos, xa pode baxar pescar usté. —Botóu a andar el neno detrás das amigas, que seguiran camín y esperándolo máis pr'alante.

Ala toma y trailo, que nun sei qué vas fer con tanto como coyiche pr'acabar pasándoseche. —Apurríuye el billete que sacara d'aquella cartera que parecía ter tantos anos como ella y que llevaba sempre núa faltriqueira debaxo del mandil.

Ah nía, agora hai conxeladores —respondéuye Sara.

Ou vecíos a quen regalallo —rematóu Yayo, ríndose.

Quedaba a muyer ruzmiando contra ellos condo yes chegóu un xiprido de detrás y despós a voz del Chato, chamando a Yayo:

¿Nun tendrás algo pra mín?

Paráronse os nenos decidindo se dar volta y volver pasar por delante da peste aquella ou dicirye que non, con pena pol home aquel tan búa xente como era:

¿Nun dicíamos de pasar pol cementerio? —acordóuse Naya y coa mías deron volta os tres.

Como los vise Rosía y tamén que Berto iba arrimándose a unde taba ella, preferíu meterse na casa:

Vou llimpar esto antias qu'empece a cheirar.

Nun ye respondéu naide, nin la despediron sequera, y siguiron camén pr'hacia casa del Chato, que deu volta con ellos:

Déixame algo de pescurria, que nun sabedes a gana que paso d'ella, peró eu xa nun tou pra esa costa nin pra tar dereto esperando que piquen.

Sacóu del calzón úa bolsa y abríula pra que Yayo ye fose metendo nella algún farro y el par de xulias que coyera:

¿Nun llevas algúa cabra?

Peró se son todo espías —replicóuye Yayo, peró poñéndoye dúas das máis curiosas.

Igual qu'os farros y gústanme cuase máis. ¿Qué che dou?

As gracias —respondéu el neno, botando a andar.

Ai, eso non. Eu tamén pago —protestóu el home.

Xa lo pagas ben coas varas. Bon proveito che faga —ríu el neno, separándose máis d'él, pra que nun chegase a botar os cuartos que xa tía na mao nel caldeiro.

Tamén el home quedóu ruzmiando, peró cúa risa na boca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario