martes, 17 de enero de 2023

Os secretos II. 1

 

  1. SUMICIOS

Menuda tarde de playa taban perdendo. El augua inda taría un pouco fresca de máis pra bañarse, peró a brisía ben que yes iba prestar con aquel sol calabrión. Zarrando os oyos cuase podía sentir el calor da llastra debaxo da tuaya y el fresco del mar esfrecéndoye el outro llao.

¿Durmes ei sentada?—ríu Naya, chegando xunto a Sara.

Durmo, nía, esperando por ti, que nun acabas de chegar hoy —respondéuye, vendo cómo inda ría máis al ver el respingo que dera al sentilla.

Condo acabóu de rir, esplicóuse:

Nun acababa bolito de decidir qué pucha darme.

Eso pásache por pedirya. Eu á bola quitéiye un dos mandiles que ten guardados nun sei pra qué, veyos y descosidos, como se fose volver a usallos.

Pos, anda, que, condo lo vexa posto, veiche cayer úa búa.

Condo lo vexa posto, xa nun vei ter volta. Y eso se repara nél.

Entraron na casa balleira y foron colocando nun par de siyas a roupa veya que xuntaran como se preparasen os traxes pra vistir a daquén: camisa, chaleco, calzóis, calcetos, pucha y hasta botas pra un home y bata, mandil, medias, pano y zapatiyas pra úa muyer.

Fáltannos us guantes ou algo para fer as maos y os sacos prás cabezas —repasóu Naya, mirando os modelos.

Vou ir mañá a os chinos con má y compro us guantes de trabayo y úas bolas de polispán pra fer as cabezas. ¡Ah, y úas pelucas pra poñeryes pelo!

Miróula Naya desconfiada:

¿Nun quedáramos en nun dicir nada na túa casa?

Quedamos, nía. Y nada dixen. Contéiye que lo necesitaba prá festa de final del curso y colóu —ríu Sara.

¿Sin qu'avisasen del escola? —sorprendéuse Naya.

Díxenye qu'era cousa dos nenos, úa sorpresa pra os maestros —respondéu orgullosa a nena. —Y nun me digas que nun vei ser sorpresa pr'algún “maestro”.

Riron as dúas amigas un pedacín hasta que volveron mirar prá roupa y puxéronse al llabor:

Temos que coser todo pra fer os corpos y nun ter máis qu'enchellos por el pescozo. ¿Atréveste a usar a máquina? —perguntóu Sara, un poco esmolida.

Atrevo, nía. Xa miramos a máquina de Saría y é como a veya de bolita, así que sabréi usalla, que pra eso aprendín con ella antias d'aprender col elétrica de mamá.

—Boh, as mías nun me deixan nin arrimarme a ver condo tán cosendo...

Nestas taban condo sentiron eslleirar na porta. Quedaron calladas esperando a ver qué pasaba, se entraba daquén ou era dalgún bicho enredando.

Como nun acababa d'aparecer naide, perguntóu Sara:

¿Vendría algún gato detrás tou?

Antias qu'el outra podese responderye escuitaron miagar un pouco raro y despós a risa ben conocida de Yayo:

Bon gato tá feito este —riron as nenas.

Se me fregas detrás das oreyas, igual acerto a ronroniar.

Bufóu el ermá al sentir tal cousa, peró a ningúa ye deu tempo a responder condo sentiron chamar na porta de delante.

¿Tais por ei, nenos?

Miraron as nenas a Yayo, botándoye a culpa de que soubesen únde taban, peró sin atreverse a falar, esperando a ver se el de fora marchaba, condo lo viron fendo sombra coas maos na ventá da cocía, que nun tía contras.

É bolito —reconocéulo Naya—. Vou dicirye que veña por detrás, antias que lo vexa naide.

¿Pos nun durme a sesta hoy?—estrañóuse Yayo.

Tuvo buscándoye úa pucha pra Naya. Peró tú podías ter máis cuidao en vez d'andar fendo el fato...

Boh, diríaye Naya únde íbamos tar. Nun vou ter culpa eu sempre.

Nun me dixo naide nada, nin te vín vir a ti tampouco —esplicóuse Pacho: —Supuxen que tariades aquí, qu'é unde naide vei ver el qu'andades discurrindo.

Entróu na cocía y quedóuse mirando prá roupa que tían disposta nas sillas:

Algo así penséi que tábades preparando. ¿Espantuyos? ¡Non! Esperái: ¿veyos pra queimar na fogueira?

Ríuse Naya, sacudindo a cabeza:

¿Y na máis por pidirche úa pucha que xa nun usabas?

Y verte revolvendo nas caxas unde guarda túa bola a roupa qu'ella chama “a medio usar”, quero pensar que col sou permiso.

Volvéu sacudir a cabeza a neta:

¿Y vas axudarnos? —quixo saber.

Vou dicirvos cómo los fíamos pra que nun vos poñades a comprar cousas y acaben por pillarvos antias del día.

Miráronse os ermaos sin saber cómo fía aquel paisano pra lleryes as ideas así de fácil. Ríuse el veyo al veryes as caras y con él, a neta:

Eu tamén fun novo y atravesado y tamén houbo quen me contóu cómo preparar as trasnadas sin que me coyesen amañando nellas.

Volvéu repasar el esposición das sillas y foi sentarse nel escano, mentras os nenos acomodaban nel tarrén, dispostos a escuitar con toda el atención el que Pacho quixese cuntaryes. Sacóu el home os tarecos de fumar del bolso y púxose a liar un cigarro con toda a parsimonia del mundo; acabóu al fin y déuye úa búa pitada antias de romper a falar:

Vexo que tedes a roupa, peró fáltanvos os muñecos, porqu'a ropa sola é difícil d'encher.

Íbamos coser á camisa a os calzóis pra fello a él y usar úas mayas pra darye forma ás pernas d'ella —esplicóu Naya.

Cabecióu el bolo:

Búa idea. ¿Y pra fer as maos y as cabezas? —quixo saber.

Miráronse os nenos y respondéu al fin Sara, xa sin tar miga convencida:

¿Con us guantes y úa bola de polispán?

Y eso íbades ter que comprallo, ¿verdá? —Sacudiron a cabeza os tres, dándoye a razón—. Eso nosoutros amañábamoslo con us calcetos y ua camiseta veya, a falta d'un saco al xeito.

¿Y el pelo? ¿Ou nun yes poñíades?

A muyer, si. Al home...Depende d'a quén quixésemos arromendar —ríu Pacho con gana.

Peró, ¿fíaislos pra rirvos de vecíos? —estrañóuse Yayo.

As veces, si. Outras era na máis pra feryes burla a os que nun acabaran de sachar el méiz ou pra queimar, como vais fer vosoutros —volvéu rir—. Peró acórdome d'un ano que tuvera un vecín relatándoye al maertro pra que nun nos deixase fer os veyos, sin saber qu'el maestro llevaba xa dous anos axudándonos y ríndose ben coas bromas que discurríamos; así qu'ese ano fixemos al veyo copiándoye el aire y sacámoslo en procesión pollos camíos antias de llevallo queimar. Tía el home úas gadellas mouras, qu'inda hoi nun sei con qué las pintaba, que d'un día pra outro de tellas cuase blancas aparecéu con ellas como as plumas d'un corvo, que fora as qu'usáramos pra figurarye el pelo —ríu outra vez con gana, apagando a pava nel cinceiro que Sara y'apurrira al vello dispoñerse a fumar.

¿Con plumas? —perguntóu Naya, qu'era a primeira vez que sintía aquel conto.

Ou col peleyo d'un conexo, un puñao d'ouca ou de mullido,... Eu qué sei el qu'usábamos: el que tíamos a mao. Tampoco fai falta esmerarse muito: é pra queimar. Y nun creu que naide vaya reparar tanto nellos —callóu en seco—: ¿Ou vais fellos pr'arromendar a daquén? —ocurríuseye de golpe.

Nun tíamos intención —respondéu Yayo, non mui convencido, mirando prás nenas, desconfiao.

Sacudiron as cabezas, poñendo cara de sorpresa. Claro que nun pensaran n'eso; xa abondo iban ter qu'ouguir por fellos como pra, por riba, ferye burla a daquén.

Ríuse el bolo, chisgándoyes un oyo:

Pos iba ser búa —dixo, erguéndose—: Úa cousía máis, por se nun cayedes solos nel detaye: el palo pra que se teñan, metédeyo cruzao da cabeza a úa perna y nun necesitades pra os brazos. Acordádevos que primeiro fíanse para poñellos sachando.

Puxo a pucha el bolo, atisbóu polla ventá que nun houbese naide por cerca y salíu polla porta del frente, inda rindo.

Quedaron os nenos tamén rindo un bocadín hasta que dixo Yayo:

Pos camisetas que valan pra fer as cabezas nun sei se haberá.

Paréceme que falaba das que se poin por baxo da roupa —como os ermaos la mirasen sin entendella, explicóu—: D'esas blancas de tirantes, das qu'usa él y seguro qu'el voso bolo tamén.

Miráronse os nenos y al fin sacudiron a cabeza, cayendo nel que yes dicía Naya.

Vou buscar un par d'ellas a casa y dous pares de calcetos pra feryes as maos. Mentras tanto, vosoutros podedes poñer a máquina de coser nel cuarto ese.

¿Únde tá a máquina? —quixo saber Yayo, temendo ter que subir al piso, con todo el que los avisara el padre de que nun subisen, nun fosen ceder as tablas y cayer con todo.

Tá ei, na despensa esa. —Salíu Sara abrir a porta de debaxo del escaleira, deixando ver a máquina, tapada cua sábana veya.

Pos trédela mentras vou eu a casa —ripitíu Naya.

¿Acordáchete de trer antias el costureiro? —quixo saber el amiga pra que nun tuvese que dar outro viaxe.

Trouxen, nía. É eso.

¿Eso? —estrañóuse Sara—: Se parece úa maleta.

Ríuse Naya, salindo polla porta mentras iba el outra nena abrir a caxa, sin acabar de crer qu'aquello fose un costureiro.

Deixa eso pra despós. Vamos mover a máquina a ver se podemos solos, sin estropialla.

Ten rodas —anuncióu el ermá, cambiando el rumbo pra destapar a máquina.

Inda que las tía en dúas das patas, nun era fácil de mover por aquel terrazo desigual y tampouco rodaban mui ben, algo ferruyentas. Medio a rastras, medio en aire, chegaron con ella al cuarto qu'en tempos debera usarse de comedor ou algo así col terrazo d'outro color y menos gastado qu'el del pasiyo y el da cocía, un alacena de obra inda coas portas de madera tayada y as marcas nas paredes de sito unde tuvera un reló y tres cuadros, seguramente os das fotos cos bolos de novos y dos padres Saría y de Pepa qu'agora colgaban nel comedor da casa nova y un Sagrado Corazón que Pepa puxera nel sou cuarto.

Despós de deixar a máquina de coser cerca da venta, foron buscar as sillas, a roupa y el costureiro á cocía. Escuruxóuse Sara pr'abrir aquella especie de maleta pequena que, según Naya, era el costureiro da súa casa y case cae de cul al ver el que tía dentro: caxas trasparente chías de carretes de filos de todos os colores que se y'ocurrisen, outras máis pequenas de canillas de máquina y un estuche con aguyas, alfileres, tixeiras y un montón de cousías que debían usarse pra coser y qu'ella nin conocía, todo colocadín nel sou sito.

Cuase como el costureiro de casa, ¿eh, nía? —atisbóu Yaya por riba da cabeza del ermá.

Cuase, si, ho. Peró parecido al de Saría, inda que con un bon montón de filos máis —acordóuse Sara nese momento, erguéndose pra ir á despensa, d'únde volvéu con un cestín con tapa forrada y el nome del ama bordado con gusto nella.

Iba abrillo condo chegóu Naya cargada col que yes faltaba para poñerse cos veyos:

Déume bolita esta llá gris pra ferye el moño á veya y poñerye úas gadeyas al veyo asomando por baxo da pucha... ¿Mirástis se anda?

¡Non! —Recularon os dous, separándose da máquina.

Tampouco s'escuaxiringa tan fácil —ríu—: Ide dándoye volta á roupa mentras reviso eu a máquina, xa que tanto medo tedes a tocalla.

¿Darye volta? —estrañóuse Yayo.

Digo eu qu'haberá que cosella por dentro, ¿non? —quixo saber Sara—: Peró, ¿dará cosido os calzóis?

Polla cintura, non creu, peró pra eso ten a camisa os faldóis llargos; coserémosllos máis por baxo —respondéu, destapando a máquina pra ver cómo taba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario