jueves, 1 de junio de 2017

Bígaros y llámparas. (Verderón 6)

Fía un bocadín qu'acabara d'acomodar: el esterilla, os cascos, a boteya d'augua, a gorra y el llibro que taba llendo. A gatía decidira que nun era bon idea torrarse al sol y fórase deitar entre as hortensias da bola, con sombra y fresquín, y nun había traza de ningún ficho falador que y'estropiase a lletura.
Nunca poñía a música tan alta que nun ye deixase sentir el que pasaba alredor, peró el historia que taba llendo llevárala tan llonxe que nun sentío chegar a Sara hasta que taba xunto a ella:
- ¿Durmes ou llés?
Viróuse, quitando ún dos auriculares:
- Llía. ¿Y tú? ¿Sigue túa bola de norte?
Encoyéu os hombros a nena:
- Siguirá; nun fun ver. Vamos al mar, ¿veis con nosoutros?
- ¿Nun tará ind a mui fría el augua?
- Nun vamos bañarnos, vamos a os bígaros. ¿Veis?
Pensóulo un bocadín Naya y, al fin, erguéuse, recoyendo os bártulos.
- Vou cambiar el calzao y avisar.
El  mar valleiro deixaba al aire os miyores penedos pra pañar bígaros y llámparas de bon calibre y tamén quedaban a flor d'augua as covas de congrios y pulpos, que xa taba Manolín revisando:
- ¿Hailos, ho? - perguntóu el ermao de Sara.
- Hai, ho. Teño dúas encebadas a ver se tein fame...
Decían os vecíos que se daquén podía volverse pescao, Manolín tía todos os requisitos: trabayaba entre él y pasaba el resto del tempo ou nel mar ou preparando os apareyos pra ir. Nun había miyor llibro de mareas que a súa cabeza: sabía sempre a qué altura taba el mar, se subía ou baxaba, cónto, se iba meterse ou tar en calma, qué pexe iba picar y cuál non y todo conto pode aprenderse d'él:
- Se esperades  media hora, ides poder pañar llámparas sin falta de navaya, que xa vei ir indo pra riba a marea - avisóulos vento qu'iban poñerse a coyer bígaros: - Y se vais a os penedos de fora, hoi hai bígaros como puños...
Fixéronye caso os nenos y nun bocadín tían xa as bolsas chías. Mentras el ermao iba pollos penedos ver qué fía el vecín, perguntóuye Sara a Naya, sentándose na llastra:
- Despós de todo conto nos cuntaron os bolos, ¿tú qué pensas que nos quer el páxaro?
- Pos nun sei... - quedóu callada Naya, sentindo as ondas arrastrar as xógaras. - Nun creo que nada malo pra qu'os meus bolos nun nos quiten de siguillo.
- Peró díxonos que nun quitásemos as pedras...
- Eu penso que son más un aviso, úa seña de quén somos, porque meu bolo nun cré bruxeirías.
- ¿Ah, non? Pos con todo el que nos cuntaron...
- Por eso mismo: xa che dixeron que nun era bruxeirías, qu'eran as intencióis da xente...
- Bueno, da igual. El caso é: ¿qué querrá que faigamos el bon del páxaro?
Chegóu hasta unde taban un xiprido forte y llargo:
- ¡Xa vos dixen que me chamo Verdi!
- ¡Ves! ¿Pra qué t'acordache d'él? ¡Ei tá! - bisbisóu Naya, toda enfadada: - Col tranquilas que tábamos...
- ¡Vaya! Nun penséi que vos molestase tanto... Se vos parece, ¡vóume!
- Non, ho. Xa que viche, quédate y cúntanos d'úa vez qué qués que faigamos - pidío Naya.
- Na más veño ver cómo andades de ideas...
- Pos abondo perdida - encoyéu os hombros Sara como tía por zuna.
- Sabemos que Saría perdéu un aniyo importante pra ella y pral sou mozo y por eso a bola d'esta puido feryes deixarse...
Xipróu Verdi, cambiando de sito.
- Igual se buscamos el aniyo... - apuntóu Sara.
- Peró seguro que Saría y mía bola buscáronlo abondo y nun deron con él. Y ellas podía saber únde lo perdera, máis ou menos, ou ter indea d'únde buscar...
- Eso se forse perdido... - xipróu Veridi.
Miráronlo as dúas nenas esperando que s'esplicase, peró el páxaro enalóu hast'a cana d'un pino que colgaba por riba da llastra.
- Seguro que Saría nun andaba con él, tendríalo guardado como encontramos el sou... - discurrío Naya.
- Entoncias xa sabemos quén yo quitóu: mía bola - concluío Sara, con algo de pena.
- ¿Y qué puido fer con él? Porque se lo escondese na casa ou entre as súas cousas, seguro qu'el ermá yo atopaba.
Quedaron calladas as dúas, discurrindo qué podera fer Pepa col aniyo de Román pra que naide dese con él en todo el tempo que pasara desque yo quitara al ermá.
- Tá claro que nin na casa nin nos alredores lo escondéu, porqu'iba aparecer... - supuxo Sara.
- ¿Tiraríalo al pozo? Nunca al fondo se chega col caldeiro... - propuxo Naya.
- Non: valleiránronlo pra llimpallo condo era eu pequena y nun sería a primeira vez que se fía. Antias era el augua que s'usaba pra todo... ¿Y al mar?
- Menos inda: seguro que xa lo houbese encontrado Manolín, ou outro como él - deron un respingo as nenas al sentir a voz de Yayo al pé d'ellas: - Por mui llonxe que tiredes algo desde aquí ou desd'el arribada, acaba entre as xógaras, y nun creu que naide s'embarcase pra tirallo máis fondo.
Miráronlo as amigas pensando cónto ouguira del que taban falando. Axina las sacou él da duda:
- Nun sei qué perdistis ou qué vos quitaron, peró nun creu que lo metesen nun sito que, tarde ou cedo, revólvese del pico al fondo como os pozos das casas, el mar, os eiros, árboles que poden tirarse ou cayer. ¿Acordáisvos del escondite de pega qu'encontráramos nel pino da casa condo cayéu?
Callaron os tres, buscando sitos unde poder buscar, xa qu'encontrar el aniyo parecía ser parte del trabayo que yes encargara Verdi.
Quedóuse Sara mirando pral sou ermao, pensando cónto sabía del historia que ye cuntaran os bolos de Naya y porqué yes quería axudar a buscar el aniyo, se é que sabía qué buscaban. Sentóuse Yayo al pé de Naya, deixando a bolsa dos bígaros unde nun rodasen pral mar, y sacóu pol escote da camiseta a pedra que ye deran.
- Nun quero saber porqué, peró, se me dicides qué buscamos, igual podo pensar únde pode tar - respondéu ás perguntas qu'as nenas nun acababan de ferye.
Despós de mirarse outra vez, decidiron sin falta de falar que, xa que tamén él tía pedra, algo iba ter que fer por Verdi y axudaryes a discurrir únde buscar el aniyo podía ser un bon empezo:
- Buscamos un aniyo - anuncióu Sara.
- Xa... - vendo que nun iban dicirye nada más, aventuróu: - El que ye desaparecéu a Saría fai un montón de tempo.
Abriron as nenas us oyos de cuarta y, ríndose, siguío:
- Que según ella coyera patas y conocidas y según a  nosa bola foi el trasno, por ser ella descuidada y darye ocasión - siguían sin apestañiar: - Seguro qu'el trasno ese nun tuvera muito tempo pra esconder el que roubara, así que nun tará mui llonxe d'unde lo coyéu ou de por unde andaba a cotío.
Sacudiron a cabeza, dándoye a razón, y propuxo Naya:
- Tampouco feiría nada estraño nin que ye llevase muito tempo pra que Saría nun maliciase...
- ¿En qué pensáis? - perguntóu Sara.
- Se, como parece, foi Pepa quen ye quitóu el aniyo a Saría, esconderíalo nun sito unde el ermá nun puidese mirar ou fose aparecer solo... - empezóu a responder Yayo.
- Eu pensaba se lo metería núa maceta, entre as plantas ou hasta nalgún eiro.. - apuntóu Naya, peró os dous ermaos sacudiron a cabeza:
- A que cuidaba as plantas y el xardín era Saría, así que nun iba deixallo por unde ella andaba... - recordóu Sara.
- Y os eiros virábanse a miudo, pra metello entre a terra - siguío el ermao.
- Eso é verdá: encontróu má nel horto este ano un pendiente que perdera eu faoi dous ou tres - acordóu Naya: - Peró, entoncias, ¿únde puido metello?
Callaron outra vez, discurrindo a resposta cada ún pra sí:
- Nun nel mar, nin nun pozo, nin na terra, nin na casa... - descontóu Sara.
- ¿Qué fía a cotío condo era nena vosa bola? - perguntóu el amiga, buscando algún filo del que tirar.
- Condo dupoñemos que desaparecéu el aniyo, Saría iba ganar el xornal fora, así qu'era Pepa a que fía el más del llabor na casa... - pensóu en alta voz el chaval. - Peró sabemos que súa ermá era  más curiosa qu'ella, que  nun se y'escapaba un aguya que movésemos del sito y seguro que de nova era igual, qu'esas zunas nin s'aprender nin s'esqueicen...
- Descartamos entoncias a casa y os alpendes, que, ademáis, seguro que los revisóu ella al botallo en falta...
Volveron callar outro bocadín.
- Van escaparvos os bígaros como nun los allindéis miyor... - río Manolín, de volta dos penedos: - Naya: has perguntar en casa se queren pulpo ou algún quilo de congrio - arrimóuse a os nenos pra mostraryes el capazo unde iba enroscado un congrio ben grande y, núa bolsa, tres ou cuatro pulpos tampouco pequenos.
- Déuseche ben a pesca hoi - cabecióu Yayo.
- Y outro como éste ou máis que nun fun quén de sacllo da cova. Peró xa vendréi mañá, a ver quén é máis terco se él ou eu... A vosoutros nun vos digo nada, que xa sei que Pepa nun quer nada méu na súa casa...
- ¿Y sabes porqué che tén tanta manía? - atrevéuse a perguntar Sara, como se a cousa nun fose con ella.
Ríose con ganas el vecín:
- Nun é a mín, a mía é heredada: era a méu padre, ou al tío, ou a os dous, que ye tornaban as vacas condo las llevaba beber despós d'allindar. Has acordarte, nena, y, se lo queren, vas buscallo, que se vei tou bolo, nun chega fresco de volta, que nun acabamos os contos hasta mañá y porque tendréi qu'ir trabayar... - foise rindo del ocurrencia.
- ¿Unde iban abrevar as vosas vacas? ¿Sabéislo?
Miráronse os dous ermaos, negando Sara coa cabeza, pensativo Yayo:
- Na fonte del Xordo, que inda me berróu el última vez que fun buscar llargatixas pol afán de valleirar a fonte col llabor que ye daba a ella condo tía que fello y eu vou por gusto... - ríose tamén él al acordarse da riña da bola.
- Y esa fonte, ¿nun é a que parece un pozo sin tapar? - insistío Naya.
- É - cayéu el neno nel que taba discurrindo a vecía: - Y esas fontes nunca se valleiran pra llimpallas como os pozos porque as vacas beben igual, que nun meten más qu'a punta del focico.
- Y hai guardafontes, col noxo que ye daban a Saría - aplaudío Sara: - ¿Vamos ver se tá allí el aniyo?
- Nun haberá tanta presa agora, ¿non? Eu vou coyer un puñao de llámparas, que yas prometín a má pra fer con arroz pra ciar - erguéuse Yayo, sacando a navaya y outra bolsa del peto.
- Igual que tuvo perdido un montón de tempo, poderá siguir un día más... - concedéu Naya.
- Sí, a ver se mañá temos a Bola de miyor norte y podemos salir con caldeiros sin que pergunte nin roñe... - encoyéu os hombros Sara.
- Ou femos como hoi y salimos condo vaya durmir a sesta - chingóu un oyo el rapaz.

lunes, 15 de mayo de 2017

A visita (Verderón 5)

Por as ventás abertas chegaba a voz da bola que llaricaba nel xardín mentras Naya acababa de fer as tareas que ye tocaban na casa; a bola taba cantando coplas qu'aprendera de nova, condo iban andando a todos llaos y animaban el camín con cantos y contos, y á nena prestábaye sentillas. Condo tocaba un estribiyo conocido cantaba tamén ella y, se a madre andaba cerca, acompañábalas, acabando por fer un coro qu'enchía de voces todas a casa.
- Bús días. ¿Ta Naya? - entróu tamén por a ventá a voz de Sara.
- Ta, nía - suspiróu úa queixa a bola, señal que xa llevaba un pedazo escuruxada arrancando herbas: - ¡Ui! ¿Qué dormiche sentada pra nun desfer a trinca? - río al acabar d'erguerse y mirar pra nena.
- Non, peró nun la desfixen y amañóuma un pouco má... - callóu un bocadín, antias de dicir; - Y eso qu'á mía bola nun ye fixo miga de gracia verma y taba toda tolla porque la quitase - miróu pra Inés, sin atreverse a perguntarye porqué.
Río a veya con ganas al responderye:
- Eso xa lo sabía eu... ¿Pos nun ibas ben guapa?
- Eso ye dixo má y ella quedóu roñando un bon pedazo, hasta que meu bolo cansóu de sentilla y botóu un bufido que l'apandóu...
Volvéu rir Inés:
- Ben sei que condo Carlos tuse, ella estornuda, por se ascaso...
- Nun sías ruía, Inés - tercióu Pacho, salindo da bodega: - Bús días, nena. ¿Dixéronche algo por tardar tanto ayer y nun ir merendar a casa?
- Col conto da trinca nun me dixeron nada, que tamén sabían únde taba. ¿Baxará Naya?
- Vou, nía, vou, que tou acabando el llabor... - respondéuye el amiga desde riba. Asomóuse recoyer as alfombras que puxera na ventá y vío chegar a daquén: - Ois, Sara, ven ei tou bolo.
- ¡Debe tar el demo fendo mazarocos pra que chegues tú andando! - foi el saludo que ye deu Pacho.
- Di miyor que lleva roñando toda a mañá... - replicóu Carlos, indo sentarse al poyo: - ¡Bús días, que nun durmimos xuntos!
Salío á ventá a madre de Naya, sin acabar de crer que chegara el vecín á porta, tan raro era vello pasiando y máis inda de visita. Ríose pra ella al ver qu'el sogro ye fía a cigua coa mao y respondía Carlos cúa risada:
- A ese demo ye fai efeto a cigua...
- ¡Bulito! - protestóu Sara.
- Sí, mía nena, sí. "Bulito", peró á túa bola nun hai conxuro que l'apande condo s'encabrona. Y búa tá col demo da túa trinca, que nin que pintases el pelo de verde y nunca máis se che fora el color.
- A Pepa nunca ye gustaron as mías trincas - salío del xardín Inés, quitando os guantes.
- A Pepa nun ye gusta nada qu'outro faiya miyor qu'ella - tercióu el home, chigándoye un oyo á neta.
- ¿Pasas ou sácoche un café, ou un vino, ou... ¿qué? - ofrecéu Inés, abrindo a porta. Como Carlos nun respondía, mirando pral vecín, chamóu: - Nena, sube tú ver a Naya y axúdaye, qu'entre as dúas acabaredes máis axina.
Obedecéu Sara, colándose por a porta entreaberta pra deixar a os veyos solos coas súas cousas, que xa taba un pouco farta de vellos rirse de súa bola, por muito que lo merecese. Acabóu por sentarse Pacho xunto al bolo de Sara y perdirye que trouxera un vino a Inés.
- El meu con gasiosa... Un tinto de brao, que ye chaman agora... Vosoutros rídesvos, peró tá búa a veya estos días: primeiro col bon de valleirar a casa de Saría pr'amañalla, que se por ella fose, deixaba que cayese, y ayer que ye chega a neta peñada das maos d'Inés, ¡nun hai quen pare al pén nin por cerca d'ella! - quixo queixar Carlos, peró acabóu botando úa risa: - Nin despós de morta pode col envidia que sempre ye tuvo a Saría y agora tómalo con todo conto ya recorda.
- Y vas tú, y véis de visita - apuntóu Inés, que chegaba col vino: - Xa ven mezclado coa gasiosa y fresquín... - repartíoyes os vasos y botóu vino pra os tres antias de sentarse entre os dous homes.
- Éste nun é el clarete que nos poñían antias - saborióu el vino Carlos.
- É que, as máis das veces, aquel era máis augua qu'outra cousa - asentío Pacho.
- Y máis valía. Que con esas y todas menudas tarascadas coyían - rematóu Inés.
- Mezclaba pior, con tanta augua... - ríose Pacho. - Agora hai miyor vino. Ou máis refinado, nun sei. ¡Peró ta ben bon así!
Quedaron un bocadín callados, saboriando tanto a bebida como a mañá guapa que taba á sombra da casa.
- Mándanos má trervos esto, nun vayades empiriquitarvos col vino - saliron as nenas trendo cada úa un plato, ún con queixo y pan y outro con xamón y chorizo.
- Ai, agora sí - aplaudío coa mao valleira contra a perna Carlos: - Vou ter que vir máis a cotío vervos, tratándome así...
- Nun t'acostumbres que é por a novedá de verte de visita. Como veñas máis, han acabarse os convites - embromóulo Inés.
- Iba estrañarme ben: nesta casa sempre tán as portas abertas y hai un vaso y un corteyo pral que chega - brindóu Carlos col vino y un pedazo de queixo.
Responderon os da casa erguendo os sous y, cumplido el rito, atrevéuse Pacho a perguntar:
-¿Y na máis te trai el escapar del xenio de Pepa?
Inda déu un trago al vino antias de responder:
- Máis qu'escapar veño pidir axuda. - Pousóu el vaso xunto a él y pasóu as maos por as perneiras, acabando por deixallas nel pico das rodiyas: - Vosoutros conocéisla desque nacéu, sempre foi... especial, por decillo suave, peró estos días ta que nun hai quén la entenda. Y nun é que os da casa nun temos afeitos ás súas rarezas, peró é que agora nun ten acougo de ningún xeito, - coyéu aire antias de siguir: - Ben sabedes qu'a mín nun me tuse, peró vémosla mal... pior que sempre... - callóu y quedóu mirando pral tarrén hasta que súa neta  se y'arrimóu, féndoye sentarse ben pra poder ella sentárseye a medias núa perna y abrazallo un pouco.
Miróuse el matrimonio, calibrando cónto contarye del que sabían que ye pasaba a Pepa. Arrancóu al fin Pacho, sacando os avíos de fumar y ofrecéndoyos al vecín:
- Téis razón que Pepa sempre foi especial... Nunca se parecéu miga al ermá... - deixóu que calase el que ye taba dicindo: - Ben lo sabes tú. Peró tamén é verdá que muito é así porqu'ella quixo... - volvéu coyer alento: - Empeñóuse en amargarye a vida al ermá y xa viche tú el caso que ye fía Saría. Peró agora fáltaye...
- Xa vei pra cinco anos y é agora condo nun podemos con ella - interrumpío Carlos.
- Sí, ho. Peró é que é agora condo tá salindo el historia de Saría: valleiran a súa casa pr'amañalla. Y ben sabes tú que por Pepa taba miyor cayida. Y esta Sara, súa neta, cada punto soméñase máis al outra, ¡hasta ven pasar as tardes coa nena d'esta casa! - prenderon os cigarros os dous homes col mismo misto. - Y ayer Inés faiye úa trinca como as que llevaban ellas condo eran novas.. - deu úa calada fonda. - Igual tú nun lo sabes, peró condo eran nenas, a Pepa rapáranye el pelo por úa plaga de pioyos qu'houbera nel escola, así que a ella nun había xeito de ferye nin trincas nin outra cousa... Y pra mín qu'ei empezaron as envidias y el malquerer al ermá.
- Pode qu'empezaran ei y que nunca la quixese ben, peró el qu'eu nun entendo é que se volva agora tolla...
Volvéuse Pacho á súa muyer pra que mirase d'esplicaryo ella:
- Morío Saría y parecéu quedar en paz, ¿verdá? - asentío Carlos: - Pero agora tá pior que nunca contra todo lo que ya recorda: a casa, esta Sara, a trinca... - volvéu dicir que sí coa cabeza el home y miróu Inés ás nenas: - Vou dicirche úa cousa, peró nun quero que me perguntes máis del que che diga, ¿tamos? - sacudío outra vez a cabeza Carlos: - Ben sabe Pepa que fai anos fíxoye úa trasnada mui gorda á súa ermá; igual pensóu que naide lo soubera y quedóu tranquila. Al valleirar a casa, apareceron cousas que Pepa nun sabía que taban guardadas, ou nun quería pensar que puidesen tar, y eso esmólela y faiye pensar nel que fixo y que, igual que Saría sabía y callaba, outros tamén podían sabello ou non, peró agora tá segura de que todo conto mal fixo y quixo ferye al ermá pode cayerye enriba...
- Vamos: que ye pesa a concencia... - apuntóu el home.
- Nun sei se ye pesa ou non, peró osma que ye vei pesar y eso vólveseye en piores xeitos con todo conto ye recorda a Saría y el que fixo - erguéuse Inés, disposta a recoyer os vasos y a boteya y marchar pra dentro.
- ¿Y vosoutros sabedes qué fixo?
Volvéuse a muyer como se la picase un allacrán, botándoye úa mirada al vecín que ye fixo encoyerse nel poyo:
- ¿Nun quedamos que nun ibas fer perguntas? - dixo que sí el home, botánsoe pr'atrás pr'apartarse da muyer: - Pos nun che importe se sabemos ou non, que nun cho vamos contar... - ríose de medio llao: - Ha contarcho ella, ha...
El última frase sonóu tanto a amenaza que hasta Pacho respingóu, quedando todos callados mentras Inés marchaba.
Al pasar xunto a Naya, qu'iba coyerye algo del que llevaba pr'axudarye, recuperóu a risa amable de sempre:
- Non, deixa, que lo llevo eu. Tú vei con tou bolo que debe ter algo qu'ensinarvos ás dúas.
- Sí, eso, - aprobóu Carlos: - y eu vou acabar el paseo, a ver si clarióu el tempo na cocía de casa. Nun tardes muito en ir xantar, nena, nun vaya prender outra vez a mecha túa bola.
Erguéuse el vecín pra marchar y Pacho pra despedillo y llevar con él despós ás nenas al cuarto das ferramentas. Na más entrar, xa viron as amigas el qu'el bolo fixera coas pedras qu'a víspora ye deixaron: nel pico da mesa recoyida case brillaban del pulidas que las deixara; as tres con un fucaquín entre dúas das foyas que parecían dibuxadas n'ellas.
- Tedes que buscar un cordel ou algo pra colgallas del pescozo. Nun quera que andedes con Verdi por ei sin llevallas postas, ¿tamos? - sacudiron obedientes a cabeza as dúas.
- Igual má ten algo que nos vala... - propuxo Naya.
- Igual sí. Ide perguntarye... - antias que marchasen, añadío: -Tampouco ella necesita saber pra qué queredes os llazos con muito detaye...
Nun tardóu muito súa nora en buscaryes ás nenas con qué fer ús collares, que tal ye pediron, nin quixo saber qué iban colgar d'ellos, sabendo qu'eran cousas nas qu'os bolos da casa llevaban parte. Desqu'empezara a cortexar col qu'agora era sou home, sentira contar muitas cousas de Inés y Pacho y axina aprendera a nun fer muito caso y menos inda perguntar: chegábaye con saber que nunca mal ye fixeran a naide, muito menos a ella nin a súa fiya, que ben la quixeran desd'a primeira oyada que ye botaran.

sábado, 29 de abril de 2017

Medos (Verderón 4)

Ben sabía Naya que nunca sous bolos foran amigos de meteryes medo a os nenos y tamén sabía que a bola de Sara nun era como ellos. Vendo a caría de susto que se ye taba poñendo al amiga pegóuse máis a ella nel poyo y bisbisóuye al oído:
- Verás qué conto máis guapo van contarnos - chingándoyes un oyo a os bolos y a Verdi, que cambiara de sito pra vellas de frente.
Quixo rir Sara peró inda nun las tía todas con ella:
- Seguro que túa bola - empezóu Inés, indo sentarse al outro llao da nena: - che ten falado abondo de mal d'oyo, - coyéu a caxa que movera pra fer sito pra sentarse, mentras Naya acomodábase outra vez nel tarrén a os sous pés: - de bruxas, de ciguas y de xente que fai mal, - abrío a caxa pra qu'as nenas visen el qu'había dentro: - que ten envidia y eso fai mal al outra xente, - sacóu un cepiyo de pelo suave: - al gao y tamén ás coyeitas.
Coa mao valleira puxo de medio llao a Sara y quitóuye a goma del pelo. A nena deixóuse fer, apandándoseye os medos conforme a bola de Naya falaba.
- Del que seguro que nun che falóu - coyéu a palabra Pacho, al tempo que sacaba os tarecos de fumar y empezaba a lliar un cigarro con toda parsimonia: - é de que tamén hay quen mira ben a os outros, cura os males del ánima, llibra de pesares y penas a os que ten cerca y fai que todo alredor d'él medre y espilla.
Negóu coa cabeza a nena, sentindo n'ella a caricia del cepiyo que Inés ye taba pasando pol pelo. Miráronse os outros sabendo qu'a nena iba agradeceryes que la llibrasen dos medos qu'a bola ye metera na cabeza desde pequena y acordóuse Naya d'úa das cousas que sempre ye ripitía el amiga condo pasaban al pé del camposanto.
- Pergúntayes a os meus bolos por a Santa Compaña - propuxo, pisándoye un pouco un pé pra que la mirase y vise que nun era pra rirse d'ella, como ye fixeran algúa vez os compañeiros.
Encoyéuse d'hombros a nena y, acomodándose ben pra que Inés siguira peñándola, empezóu a contar:
- Dice mía bola que nun se pode ir pol medio del camín que vei al camposanto porque por ei vei en procesión a Santa Compaña y se nos cruzamos nel sou camín dentro del ano morremos... - como todos callaban, siguío: - Tamén dice que condo llevan el morto a enterrar nun se poden ter abertas portas nin ventás porque entra el ánima y ocupa a casa pensando que é el nicho, nin tampouco nombrallo hasta que té enterrado porque pensa que lo tas chamando y pode pegarse a ti y ferche mal...
- Sí, nía, sí. Nin alentar cerca, nun vayas tragar el ánima - cortóula Pacho con media risa na boca.
Respingóu Sara del susto, mentras as outras dúas miraban al veyo de tal xeito que se ye foi a gana de rir:
- Nun te rías del que dice a nena qu'abondo medo ye debe dar contallo - deixóu el cepiyo Inés y empezóu a intrincarye el pelo á nena: - Vou perguntarche algo... - esperóu a que Sara acougase: - ¿Acórdaste de Saría ou del outra bola que tías?
- Sí - respondéu baxín a nena.
- Y as dúas queríante ben, ¿verdá? Queríante muito y cuidábante, esmolíanse porque nun che pasase nada ruin, que nun che faltase de nada... - a nena bisbisaba síes, mentras a veya siguía peñándola. - ¿Y a ti paréceche que, se poden, nun van siguir mirando por ti? ¿Ou van vir asustarte y ferche mal? - púxoye outra vez a goma del pelo y fíxoye volverse pr'hacia ella: - ¿Pensas que, se andan por cerca as súas ánimas, nun será pra guardarte como fían de vivas?
Pasóu a nena as maos por a trinca que ye fixera a bola da súa amiga, mentras todos esperaba que respondera con medias risas nas caras:
- ¿Y agora vais dicirme qu'el páxaro ese que nun se separa de nosoutros é mía bola ou a tía Sara?
Soltaron os veyos úa cacarada de risa que Naya nun s'atrevéu a siguir y Sara sentío qu'os medos conxuraos por a voz y as maos d'Inés tentaban el camín de volta a ella hasta que Pacho recuperóu a compostura pra responderye:
- Nun digas fatadas: el páxaro é un páxaro. A xente nun se fai bicho por ruin ou bon que fose en vida. El qu'Inés quer qu'entendas é que naide anda flotando por ei pra feryes mal a os vivos. Eu sou ben veyo e inda nun conozo a naide que vise a Santa Compaña como nun fose el medo, el vino ou a fame que llevaba con él - ríose un bocadín antias de siguir: - Que nun é bon idea ir pol medio dos camíos é verdá, peró por que pasan carros, agora coches, tratores..., y hai que deixar sito pra todos. Y poñerse a ventilar a casa pasando un enterro pode parecer úa falta de respeto. Mentar al morto é revolver penas as máis das veces, inda que, mira tú, eso nunca antias lo sentira.
Mentras Pacho falaba, sacara a súa muyer un espeyín da caxa pra qu'a nena se mirase n'él, asombrada da trinca rara que ye fixera.
- Ben tú agora - chamóu á neta pra que cambiase el sito con Sara: - A xente que nun fala más que de cousas ruías, males y medos saca el que tén nel sen pra estendello alredor. Outra xente estende allegría y calma por unde pasa - empezóu a entrincarye el pelo á neta: - É verdá que hai quen nun pode ser d'outro xeito, peró hai quen escoye falar ou callar, enmendarse ou non - deixóu paradas as maos: - Y hai quen, pra ben ou pra mal, ten algo que ye fai estremar esa habilidá pra pegaryes a os outros el que pensan d'ellos.
Quedaron callados todos, os veyos deixando qu'as nenas entendesen el que yes querían dicir y as nenas pensando nel alcande del qu'Inés yes dixera:
- Así que: se un fala maldades, é porque é ruin y quer amargar a os que ten cerca... - empezóu Sara.
- Nun todos, peró sí - concedéu Pacho.
- Y hailos que poden fer que pasen cousas ruías col súa intención... - siguío a nena, sin acabar de crello.
- Non col intención... - pensóu un pouco el bolo antias de siguir: - A xente que é ruía de verdá nun se conforma con pensar mal: fai por que pase.
- Y hai xente que ten muitos xeitos de fer que pasen cousas. Pouca, peró haila.
Quedóu callada Sara, véndoseye á mente cousías que vía pasar na súa casa, que ye fixeron perguntar:
- ¿Y apréndese a ser tan ruin?
Miráronse os veyos antias de responderye Inés:
- Pode aprenderse, sí, peró hai que querer, como pra todo.
- ¿Tamén a fer que pasen cousas búas? ¿Ou romediar as ruías? - insistío a nena.
- Desque pasan, son malas de romediar, peró pódese quitaryes ferro ou nun deixar que vayan a pior.
Volvéu callar a nena, acordándose das veces que tuvera a punto de fer porque a daquén ye pasase algo ruin, parecéndoye fácil: úa palabría a daquén, nun dar un aviso ou deixar un estorbo atravesado, cousías pequenas que poderan parecer sin intención máis que pral que las fía. Y déuse conta de golpe que nun foran ideas súas, senon que llevaba véndolas toda a vida: era el que ye fía súa bola al ermá, al home y hast'al fiyo ou a os netos condo s'enfada con ellos, muitas veces porque los vía contentos.
Miróu con outros oyos á familia coa que taba: Naya y os bolos nun se fían esas cousas, nin a os outros da familia nin a os vecíos, como pasaba na súa. Ella nunca chegara a fer nada d'aquello que se y'ocurría condo s'enfadaba peró a un dos sous ermáos dábaseye mui ben encabronallos a todos condo máis contentos taban... igual qu'a súa bola.  Déuse conta tamén de que sempre que la comparaba col outra Sara era porque nun y'entraba al trapo condo quería enzoritalla y ferye chorar. Aprendera sin percartarse a irse de con ella conda la vía d'ese humor raro que se ye poñía condo más tranquilos y felices taban, tal como fía el outra Sara condo súa bola quería torialla.
Xipróu con forza Verdi al pe de Sara, féndoye sacudirse del susto, como se cansase de tanto silencio:
- Peró nun era eso el que queríamos contarvos... Ou eso na más - volvéu falar Inés, atándoye a trinca á nena: - Volve sentarte aquí, al meu llao - palmióu el poyo entre ella y Naya, que xa s'arrimara al bolo, féndoye sito.
- El que queríamos contarvos - empezóu Pacho: - é el historia d'ese paxarín berrón y sabicheiro que tá mirando pra nosoutros desd'a roseira. Xa sabedes que é un verderón; chámase así pol sou color - el aludido espurrío el pescozo, torcendo a cabeza presumido pra que lo visen ben. - Perguntabas antias se taba enseñado y dixémosche que non, peró algo sabe...
- Sabe distinguir á xente. Y nun é él solo. Hai muitos animalíos que saben de qué xente poden fiarse y fainse entender condo queren: escuita - bisbisóuye nel oreya a bola de Naya.
- Y nun damos tanta volta pra decirvos el que queremos - sentío asombrada a nena xiprar al páxaro.
Miróu a súa amiga pra ella por ver se tamén ella lo entendera:
- ¿Tú tamén soubiche el que dixo? - antias que Naya chegase a responderye, siguío perguntando: - ¿Y ayer a curuxa? ¿Y el outra día condo lo siguimos al regueiro? - acordóuse de golpe das pedras qu'encontraran y que inda llevaba nel bolso: - ¿Y sabías que taban allí? - añadío, mostrándolas.
- Non, eso non. Nun me dixo nin únde íbamos nin a qué... Que, a parte d'encontrar as sampedras, nun sei porqué nos llevóu al molín - pasióu a vista d'un bolo al outro y al páxaro, esperando que daquén respondese a pergunta que nun s'atrevía a fer.
- Así que xa vos llevóu al molín. Y allí encontrariades un gazapo, úa pega y un esquío, ¿non? - perguntóu el bolo, mirando al páxaro que parecéu encoyerse d'hombros antias de xiprar:
- Era el que tocaba fer - como a xente quedase mirando pra él, esperando un esplicación, volvéu xiprar: - Chegóu a xeira d'abrir caños y deixar qu'el augua corra y llave toda conta cotra foi xuntándose neste tempo.
- Aquí hai tres pedras y ellas son dúas - mostróu Inés a mao da nena, sin tocar el que tía n'ella.
- Tein un axudante que nun fai falta qu'entenda todo conto pase pra que vele por ellas - xipróu quedo Verdi.
- ¿Y valerá pr'algo todo conto podan ellos fer? - porfióu ella.
- Valerá como valira daquella el que vosoutros fixestes... - enalóu el páxaro hasta el alto da roseira.
- Eran outros tempos... - replicóu sin agayo.
- ¿Tan envizcados tais revolvendo que hoi nun hai café nin merenda? - chegóu a madre de Naya cúa bandexa al pé d'ellos: - Fédeme sito pra pousar esto y'ide servíndovos, se vos parez... - quedóuse mirando pras nenas: - Mira pra ei que guapas vos puxo mía sogra. Xa nun m'acordaba del búa peñadora que é.

sábado, 22 de abril de 2017

Contos veyos (Verderón 3)

Sara nun daba acomadado nel poyo esperando que salise Naya coa bolsa qu'el día antias trouxeran del outra casa. Dicidiran que la guardase ella por medo al aviso de súa bola, por muito qu'a madre dixese que nun tía porqué enterarse.
Volvéu revolver el cul nel asiento sentindo vir al amiga:
- ¿Acabas de salir, nía?
- Ei vou, agoiro, ¡nin qu'houbese queima! ¿Trouxiche a chave? ¿Ou coas presas nun t'acordache?
- Trouxen, nía, peró acaba de chegar d'úa vez.
Pousóu a bolsa nel poyo entre as dúas y empezaron a sacar as cousas, paquetes y atados poñéndolos en esposición antias de decidirse a abrir nada:
- Abre a caxa a ver si son cuartos - propuxo Naya, por empezar por algún llao.
Cuartos eran, dos d'antias: un paquete de billetes novos y monedas brillantes.
- Debía ser el que tía preparado pral viaxe. ¡Col feixe d'anos que pasaron seguro que nun valen nada!
- Ou sí, se son novos y antiguos - apuntóu Naya coyendo ún del montón.
- ¡Bo! Vamos siguir mirando qué hay nel resto...
Coyeron cada úa úa caxa de lata y probaron a abrillas:
- Esta tá ben dura - queixóu Sara, soplando os didos al tempo que vía cómo Naya abría a súa sin tanto trabayo.
Asomáronse ás dúas pra ver qué tía dentro: un pano de puntilla y un montoncín de monedas. Vaciaron a caxa nel pico del pano y contaron as monedas.
- Son úas arras de boda - dixo convencida Sara, acordándose das que llevara ella na boda d'úa prima da madre y que contara un cento de veces por se perdía algúa pol camín del iglesia.
- ¿Qué é todo ese tendal que tedes ei? - chegóu hasta ellas úa voz que yes fixo respingar.
Erguéu os oyos Naya pr'a ventá del cuarto del bolo que las miraba asomado n'ella.
- Son cousas da casa de Saría que nos deixóu coyer a madre d'ésta - apuntóu coa cabeza al amiga que la miraba de medio llao, sin tar mui d'acordo con que ye contase tanto al bolo.
- Pos nun creu eu que sían cousas pra enredar con ellas... Deixáime baxar ver qué trouxéstedes - metéuse pra dento el bolo, zarrando a ventá.
- ¿Pra que ye diche tantas esplicacióis? - perguntóu un pouco cabriada Sara.
- Porque si queremos saber algo del que ye pasóu al outra Sara, y eu quero, Bulito pode contarnos el que sepa. Sei que, sendo vecíos y case da quinta, seguro que conoce el historia, máis ou menos.
- Tamén la conoce mía bola, y de primeira mao, y nun cunta nada. ¡Y menudos cabreos garra si me da por perguntarye!
- Peró meu bolo sí me cunta cousas d'antias... Ei chega: axina vamos saber se fala ou non.
Sentóuse el bolo nel  poyo xunto a ellas y garróu ún dos atados de cartas que trouxeran; desatóu con cuidadín a cinta, sin poder esconder certo tembleque nos didos. Ben sabía él qué iba encontrar se llía aquellas lletras peró, xa que se ye presentaba el ocasión, nun iba perder el oportunidá de saber al fín qué yes pasara a os sous amigos pra nun acabar xuntos; máis que nada pra comprobar se acertara coas cábalas que fixera condo Sara nun quixera cuntarye qué yes pasara pra nun irse tras el amor dos sous oyos y quedar toda a vida penando por él.
- ¿Qué che pasa, Bulito? - esmoléuse Naya al ver cómo se y'esbatuxaban os didos, que nunca tal vira que ye pasase.
- Ah, nía, é veyeiría... - bisbisóuye el amiga al oreya.
- Nun é tal que nunca ye pasóu - revolvéuse contra ella.
- Nun discutáis - frenóulas el bolo: - Vou contarvos el historia que me fai tremblar.
Sin pensallo dúas veces, sentáronse as nenas nel tarrén a os pés del bolo, dispostas a escuitar el que fose contaryes y hasta el verderón s'arrimóu a ellos, xiprando desd'a roseira.
- Tú calla qu'es tan sabicheiro como estas dúas xuntas - díxoye al vento el bolo, sabendo Naya que falaba con Verdi, perguntándoye cónto iba contaryes.
Empezóu el bolo a falaryes del peteiro de vecíos da quinta qu'anduveran xuntos desde que naceran y, xa desde mocíos, Sara y Román empezaran a falar, peró a pouco máis yes dera tempo porque a vida fíxoye marchar al Arxentina al mozo, reclamado por ús parentes, pra sacallo da miseria da casa. Fórase Román coa promesa de chamar a Sara na máis podese mandarye cuartos y tuvese ella el edá pra viaxar sola; ella tamén fora xuntando y preparando el axuar qu'ellas revolveran el día antias, aforrando del que sacaba del sou trabayo pra fora. De condo en vez chegaban cartas, a ella y a él, contándoyes cómo y'iban as cousas y preguntando por as d'aquí, hasta que deixaron de chegar y deron en pensar que daqué ye pasara: que taría malo, que quedara sin cuartos, que cambiara de sito y nun chegaba el correo; y condo se yes acabaron as disculpas acabaron por dallo por morto.
Callóu el bolo, sacóu un pano y restregóu os oyos como se quixese arrancaryes úas llágrimas que nun querían salir.
- ¿Y a familia tampouco sabía d'él? - ocurríoseye perguntar a Naya.
- Os padres nun sabían ller y os ermaos que tía fóranse tamén de con ellos. Éramos nosoutros, Sara y eu, os que yes dábamos novas d'él. Despós tamén ellos marcharon con algún dos fiyos y nunca máis volveron por aquí - volvéu restregar os oyos con ansia.
Quedaron calladas as nenas sin saber qué dicir, vendo como aquel homón choraba sin llágrimas pollos sous amigos:
- Sara - recuperóu a voz al cabo d'un bocadín: - guardóuye el ausencia toda a vida, como se fose viuda. Nunca la vin queixar nin chorar y eso qu'a fuina del ermá nun perdía volta pra meterse con ella...
- ¿Mía bola? - saltóu Sara, asombrada. Asentío el paisano con pena: - ¡Home! Llevábanse mal, peró... - callóu a nena, recordando de golpe el trato, os desprecios y cousas que ye dicía a bola al ermá y que hasta con ella se metía por acio del sou nome. Y el outra Sara callaba y nun ye replicaba; íbase de con ella en conto podía peró nunca ye sintira responderye. Na máis úa vez, mui farta tía que tar de súa ermá, dixéraye a ella que nunca ye dese a naide as armas pra que podese quitarye el ilusión nin decidir na súa vida; a nena nun entendera daquella el que ye dicía peró taba empezando a encontrarye xeito conforme aquel veyo cuntaba el historia.
- Ben sei que é túa bola y has querella abondo, peró tamén teis que ver que nun é el que se dice mui búa coa xente - encoyéuse d'hombros a nena, sin querer darye del todo a razón al veyo: - Y coa súa ermá, menos. Sempre foi un envidiosa, celábase de todo conto tía ou ye pasaba de bon y que nun puidese marchar prestóuye por a vida. Nun perdía volta de botarye en cara que Román la deixara tirada despós de rirse d'ella... Peró todos sabíamos qu'eso nun era así: él queríala y algo mui gordo tía qu'haberye pasado pra nun chegar nunca a reclamalla... - volvéu restregar os oyos col pano xa arrugado: - Peró todo esto nun son máis que contos veyos que nun tein qu'importar a úas nenas novas como vosoutras.
Miráronse as aludidas y perguntóu Sara:
- ¿Y nun supiche nada del tou amigo?
Negóu coa cabeza el veyo:
- Nunca máis recibín carta d'él y créu que Sara tampouco.
Mentras falaba, coyera Naya a caxa qu'el outra nena nun dera aberta. Soltóuye a tapa apertando el llao da caxa y nun y'estrañóu muito atopar dentro un sobre como os que tía sou bolo nas maos, peró muito más sobado. Foi coyello y al sacallo da caxa cayéu d'él un arín de plata:
- Dame eso - pidío el bolo. Despós de palpallo, estudiándolo con cuidado, reconocéulo: - É el aniyo que ye fixen a Sara antias que Román se fose. ¿Nun hay outro máis grande na caxa?
Quitóuya das maos el outra nena a Naya pra revisar ben qué tía dentro, mentras el amiga sacaba a carta del sobre, tan sobada como él que tuvo que ter cuidado al desdoblalla pra que nun acabase de romper pollos dobleces. Abrío os oyos como platos Sara al ver as alaxas que guardaba a caxa y que foi sacando pra mirallas miyor:
- Nunca vin a tía con nada d'esto posto - bisbisóu, coyendo con tento cada peza.
- Nin tú nin naide: eso foron regalos de Román pra que llucise condo casasen. Peró nun entendo porqué tía Sara el sou aniyo, sei que lo llevara Román y ella quedara col d'él...
- Aquí dice que yo devolve pra que yo dé a quen quera y que nun pense escribirye máis, que marcha y que nun quer saber nada nin d'ella nin de naide d'aquí. Que se despida de ti, del bolo d'esta y de ye dé as gracias da súa parte á bola... Peró acaba dicíndoye que vei querella sempre inda y con todo el mal que ye taba fendo... ¡Nun entendo nada! - queixóu Naya, dándoye a carta al bolo.
Calóu éste os antioyos y lléu pra sí as catro rayas que tía a carta, mentras as nenas revisaban a caxa unde apareceran a carta y el arín, mirando ben se taba el outro y el verderón brincaba entre as rosas sin perder de vista a naide hasta que cansóu d'esperar y xipróu:
- ¡Nun vais encontrallo ei!
Erguéu a vista el bolo y miróu Naya pra él, sabendo qu'entendera tan ben como ella el qu'acababa de dicir el paxarín.
- Ois, Pacho: ¿nun veis tomar oi el café? - abríose a porta da casa y asomóu a bola ver qué fían.
Pasióu a vista pol el poyo hasta dar col papel temblón que tía el veyo nas maos y tardóu un bocadín en erguer os oyos pra encontrar os del sou home, postos n'ella desqu'asomara. Soltóu el alento antias de arrimarse a él y sentarse al pé. Parecéu qu'iba quitarye a carta das maos peró acabóu coyéndoye úa, cruzando os didos cos d'ella.
- É el última carta de Román - bisbisóu el veyo, apurríndoya.
Sacudío a cabeza a bola, mentras buscaba nel sen os llentes que llevaba sempre colgados con úa cadenía del pescozo, sin soltarye a mao nin garrar a carta. Puxo os antioyos, coyéu a carta y lléula d'un golpe de vista sin que Pacho apartase os oyos d'ella:
- ¿Qué ye pasaría a Román pra nun querer saber nada máis de nosoutros? ¿Y por qué tía que darye as gracias á fuina de Pepa?
Alentóu con forza a muyer, calvando os oyos nel paxarín qu'enalara hasta quedar frente a ella; miróula él col sou oyín mouro y botóu un xiprido suave que parecéu darye ánimos á bola:
- Pensamos que nun iba ser capaz de fello, peró fíxolo: escribíoye ella a Román contándoye el que ye parecéu y como daquella Sara perdera el sou aniyo, nun puidemos fer nada pra restañar el mal.
Nun daba a basto Sara a mirar pra ús y pra outros, sin entender nada y menos inda condo vío qu'el páxaro verde aquel enalaba outra vez pra ir pousarse nel poyo al pé dos bolos da súa amiga que, sin entender más qu'ella de qué falaban os bolos, nun parecía estrañarse miga das confianzas del verderón coa xente.
- ¿Tédeslo amaestrado y nun me dixiche nada? - preguntóu sin atreverse a arrimarse al páxaro.
Miráronse os bolos de Naya, miraron despós pras nenas y acabóu por responder Pacho:
- Nun tá, non. Peró entendémonos abondo ben.
- Sentái as dúas que temos que contarvos úa cousía...

jueves, 6 de abril de 2017

Revolvendo (Verderón 2)

  Taba Naya sentada nel poyo da casa acabando un helado coa gatía al pé sin quitar os oyos del que fía a nena, esperando saboriar os restos que quedasen pegados nel palo, condo el xiprido xa conocido veu espabilallas.
Axina chegóu tamén a voz cantarina de Sara:
- ¡Hola ¿Viche? ¡Hoi el paxarín veu comigo verte! – xipróu el verderón desde úa cana da roseira xunto a ellas. - ¿Qué fais? ¿Vamos dar úa volta por ei? ¿Llevaranos a outro llao hoi el paxarín?
- Coye aire, nía. ¿Qués un helado? – respondéu aspacio el outra nena, deixando qu’a gata llambese el palo hasta deixallo ben llimpo.
- Non, gracias. ¿Vamos? – xa volvía montar na bici, vendo que tamén Naya s’erguía pra ir al cabanón, condo s’acordóu de algo y soltóu el maniyar deixando que coyese: - Espera. ¿Qué vas fer tú coa pedra d’ayer? Eu traigo as nosas aquí – sacóulas del bolso dos calzóis: - Igual podíamos mirar se furan pra colgallas...
Quedárase parada Naya mirando qué se y’ocurrira al amiga pra írseye a presa por marchar de golpe.
- Pos nun penséi nada. Pero miyor vamos dar úa volta por ei qu’agora Bulito ta inda durmindo a sesta y, sin qu’él me deixe, nun vou andarye coas ferramentas.
Aprobóu Verdi con un xiprido a salida da nena, enalando hasta el camín, unde se pousóu esperar por ellas mentras Naya avisaba que marchaba y sacaba a bici, inda pensando se contarye ou non al amiga el qu’aprendera das pedras esas na clase de ciencias. Ocurríraseye perguntarye al maestro y puxéralos a buscar cos ordenadores todo el que que se dicía d’ellas, peró seguro qu’a Sara eso nun y’importaba miga así que encoyéuse d’hombros y montóu na bici, salindo al camín.
Inda nun botara a volar Verdi delantre d’ellas condo sentiron chillar úa curuxa y al punto víronla salir da casa veya frente a ellas.
- Dice mía bola – arrepióuse toda Sara, persinándose al tempo: - que se a curuxa sale de día e que vei chamar a un morto. Vamos: que daquén del vecindario vei morrer axina – volvéu persinarse.
- Pos a mía dice que se un bicho cambia el paso, daquén anda agoirándolo – respondéuye el outra, coyendo el camín pr’hacia casa da que viran salir á curuxa.
Por medo que ye desen os contos da bola, conforme vío el rumbo que coyía el amiga, botóu Sara detrás d’ella, sin acordarse ningúa das dúas del bon del páxaro verde, que xa taba buscando acomodo entre os artos que subían por úa das paredes da casa.
Axina viron as nenas que, sin quitarye a razón a ningua, era a bola de Naya a más acertada naquel caso: a curuxa fórase por acio da xente qu’andaba entrando y salindo da casa, sacando trastos. Deixaron as bicicletas unde nun estorbasen y foron ver se yes deixaban mirar qué taban fendo.
Sabían qu’a casa, zarrada desde fía tempo, era d’úa parenta dos padres de Sara, así que nun yes estrañóu encontrar allí a parte da familia, y algún vecín, valleirando n’ella.
- ¿Podemos entrar mirar? – preguntóuye Sara á madre, ocupada en revisar el qu’iban sacando.
- Se nun estorbáis... ¡Y tede cuidado únde pisades, que nun sei cómo tarán os pisos! – berróuyes condo xa desaparecían dentro da casa as dúas nenas.
Ningúa das dúas tía memoria de ver aquella casa ocupada, pos á tía del padre, el ama, conocéranla toda a vida vivindo na casa de Sara, coa que compartía nome y, según súa bola, ermá del outra Sara, abondas rarezas. Mentras se valira sola, inda iba de condo en vez abrir a casa, “revolver cotra” dicía súa ermá, quen ye quitara de llevar pral outra casa nin un pano del que deixara allí; con tales puntos na cabeza das nenas tomara xeito el idea de que n’aquella casa había algo ruin que se pegaba a todo conto n’ella entraba y nunca antes se yes ocurrira asomarse dentro. Aquella tarde, con tanta xente alredor, entrando y salindo, sacando todo conto quedaba dentro, parecíayes que xa nun había a qué ter medo.
Según entraron, topáronse col primer chasco: a porta de fora abríase na cocía; úa cocía pouco más ou menos como as das súas casas, pisada de terrazo, cúa cocía de lleña y as mesetas como todas; na más tía diferente un conqueiro aberto y un escano con mesa, que nunca tal viran. Al outro llao, un cuarto valleiro y al fondo el escaleira y outra porta.
- Ei tá a cuadra. Con sorte igual vedes algún rato... – ríose el ermao de Sara, salindo con un percheiro.
Detrás d’él iba sou padre con más tarecos y al vellas esperando que despexase el escaleira, avisóu:
- Se vais subir, mirái d’ir pisando tablas distintas, nun vayáis baxar sin ascensor...
Nel piso había más xente desmontando camas y armarios qeu tiraban pol balcón. Siguiron subido y al chegar á porta del desván llevaron el allegría de ver qu’allí inda nun empezaran a sacar as cousas. Desde el entrada podían distinguir a lo menos tres arcóis y úa maletúa que seguro que se taban allí guardados nun iban tar valleiros, además d’un armario con espeyo na porta y úa cama desmontada: aquello era a cova del tesouro. Sempre que yes deixasen tempo pra revolver n’ella.
Pouco sabían ningúa das dúas da vida de Sara, a veya; peró inda chegaran a sentir que, ou fora, ou tuvera a piques d’embarcarse pr’América; que nun se poñían d’acordo se nas versióis que yes tocara ouguir de refilón cuntaban que se fora y volvera al pouco ou se nun chegara a irse, porque el home, ou mozo, según a versión, desaparecera n’aquellos mundos tan grandes y raros y de tan llonxe. El caso era que n’aquellos arcóis y maletas tía que haber guardada parte del historia d’aquel viaxe, fose feito ou na más planiado.
Tamén pesaba nel maxín das nenas a condición de nun llevar nada d’esa casa pral outra que toda seria ye puxera un ermá al outra condo la llevara vivir con ella. Acordáronse del medo que tuveran sempre a que n’aquella casa houbese algún mal vivo que puidese cambiar de casa coas cousas, peró, xa dentro del desván, puido más a gana de revolver que todo conto de más pequenas yes daba medo.
Así y todo, inda quedaban trazas d’aquel medo, más na nena da casa qu’en Naya, y nun l’acompañóu nel avance dentro del desván:
- ¿Nun haberá muitas arañas? – disculpóuse inda desde a porta.
- Igual te comen... – río el amiga, botando mao á tapa del arcón que taba más cerca.
Pol vano d’a ventá rota, por unde seguro qu’entraba y salía a cotío a curuxa que se fora espantanda, entróu xiprando Verdi, dándoye un bon susto a Sara, qu’inda nun chegara xunto al outra nena, tan aspacio y con tento iba entrando. Acomodóuse el páxaro na soleira da galería, atento al que fía Naya, abrindo os pasadores del arcón.
- Tarán zarrados de chave – quixo pensar Sara, buscando outra disculpa pra marchar.
- Este non – tiróu por a tapa Naya.
Nos caxóis del pico encontraron cousas de coser y panos bordados y xa dentro del arcón roupa de cama. Pecharon este y foron abrir el segundo, mentras el verderón xipraba brincando na soleira como si yes tuvese metendo presa. Este taba chen de roupía pra neno, mantellas, sayas y culeiros y todo conto se vei xuntando condo se ta esperando. Miráronse as nenas un pouco asombradas porque nunca sentiran que Sara fose ter familia ou la chegase a ter.
- ¿Nun sería el axuar pra marchar? – supuxo Naya.
- Sería...
Abriron el último, xa sin muito agayo, esperando encontrar outro montón de roupa veya, pasada de tar guardada sin estrenar siquera, pero nun yes deu tempo a mirar:
- ¡Nenas! ¿Qué andades revolvendo por ei? – deixaron cayer a tapa del susto al sentir á madre de Sara ás costas: - ¡Vaya! Pos nun desordenastis muito pral tempo que llevades aquí...
- ¡Boh! Nun hai más que roupa veya... – respondéu axina a fiya, a ver se volvía irse y yes deixaba esplorar el arcón y a maleta que yes quedaban por mirar. El armario xa viran que taba valleiro por a rendixa que deixaban abrir nas portas os cabeceiros da cama desarmada apoyados n’él.
- Si deixades todo guardado, podedes siguir mirando – concedéu, abrindo el arcón que taba más cerca pra botar tamén ella un oyada: - Condo los baxen haberá que repasallos ben a ver se hai daqué de provecho.
- ¿Nun s’enfadará Bulita? – acordóuse Sara del aviso que sempre ye daba al outra Sara condo vía á súa casa.
Encoyéu os hombros súa madre, tal como fía a fiya condo quería salir coa súa:
- Con nun deixarye sabello aforramos el sermón – zarróu a tapa y empezóu a baxar as escaleiras, peró inda se volvéu antias de marchar: - Se encontrades algo que vos guste, podedes quedarvos con él, peró deixái todo recoyido pra poder baxallo todo xunto.
Foise al fin y poderon as nenas sabichar nel arcón que tían delantre, contentas de poder coyer el que quixesen sin ter que diciryo a naide, se e qu’encontraban daqué prestoso.
Volveron erguer a tapa y empezaron a abrir os caxóis. Xa nel primeiro encontraron sorpresas: úa caxía mui guapa de lata, como de polvos dos qu’usaban antias as muyeres, con algo dentro que ruxía. Miráronse as nenas un momento y al fin Naya, qu’era a que tía a caxa na mao, propuxo:
- Miyor acabamos de ver qué hai y despós miramos el que vayamos encontrando xa embaxo, nun vaya ser que suban vaciar esto y nun teñamos tempos de revisallo todo.
Dixo que sí coa cabeza el amiga y siguiron revolvendo nel arcón: outra caxa de lata tamén con cousas dentro, un atado con cartas, úa cartera de mallas... Aquello iba ser el equipaxe da tíabola de Sara: roupa y cousas de muyer y paquetíos qu’abrir con calma que foron poñendo na soleira da galería, ben vixilados pol páxaro que, dacondo en vez, yes recordaba que siguía allí con us xipridos suaves, soltando d’úa viga a outra y volta pr’a ventá. Abriron despós a maleta y dentro d’ella deron coas chaves dos arcóis, da misma maleta y outra de ferro más pequena que tamén axina souperon d’únde era. Entre a roupa del fondo da maleta atoparon úa caxía de ferro, esta sí zarrada, na que dicía a chavía; deixaron todo na soleira y volveron revisar a maleta con calma.
Foran xuntando un peteiro de caxas, paquetíos y atados variados que xa nun se vían quén de baxallos nas maos sin ir regándolos pol camín. Quedáronse mirando pra ellos y déuyes ás dúas el mismo acordo: nel arcón da roupa de casa viran úa bolsa muy guapa que ben yes podía valir pra baxar todo aquello y foron buscalla. Xa iban baxar condo Verdi yes xipróu desde el pico da maleta; miráronse ás nenas y sacóu Sara del bolso as chaves. Xipróu otra vez el páxaro, saltando pra un arcón:
- Igual é miyor que yes pasemos as chaves pra que nun se yes abran condo los ten baxando... – propuxo Naya: - Saca a pequena y déixaye as outras a túa madre pra que los revise ella.
Nun parecía mui d’acordo con deixallas Sara, peró foi zarrando os arcóis como dicía el amiga. Pechóu a maleta y volvéuse pral escaleira unde esperaba Naya coa bolsa xunto a ella. Colóuse Verdi por a ventá, xiprándoyes un adiós, y empezaron ellas a baxar.
Al chegar al piso, volveron encontrar al ermáo de Sara, recoyendo as cordas qu’usaran pra baxar pol balcón os mobles grandes.
- Quedaría ben revolto aquello... ¿Y qué llevades ei? ¡Cómo s’entere Bola que metes en casa algo d’aquí...! ¡Bótate fora a ti y el que lleves!
- Deixóume Ma. Y quedóu todo recoyido. ¡Hasta zarrados con chave pra que nun vos caiga nada pol camín!
Miróulas desconfiado el neno:
- ¿Y as chaves?
- Vou daryas a mamá.

martes, 28 de marzo de 2017

Verderón

  1. Verderón
El primer día sin clase de tarde y xa nun sabía qué fer. Despós de pasar as últimas semás ansiando por escapar pra fora, de aballarse toda a mañá pra que nun ye quedasen tareas pra casa y d’aproveitar el hora da sesta dos mayores pra estudar el que tocaba, que xa era pouco y llevadeiro, tuvera súa madre qu’acabar botándola fora, cansada de tella dándoye voltas alredor.
Tendo llibertá pra tar unde quixese xa nun chamaba tando el solín del bon tempo, que codo taba nel escola nun ye deixaba quitar os oyos da ventá, vendo enalar paxaríos, mariposas ou hasta moscas calentándose na soleira y querendo escapar con ellos. Agora molestábala el calor; nun tía gana d’ir de paseo, como ye dixera a madre, nin andando nin na bicicleta.
- ¿Inda tas ei? Llarga pra fora se nun qués que te poña eu a fer algo de proveito – asomóu súa madre na porta del cabanón.
Salía arrastrando os pés pral frente da casa, condo soubo de golpe qué quería fer aquella tarde souriúa. Deu a volta y salío correndo pral horto: allí iba tar fresca y seguro que Bolito ye colgara el abalancio da cana gorda del maceiro. Ríose al vello allí colgado, acordándose das tardes que pasaran féndolo.
Sou bolo sempre fora mui arteiro y gustábaye fer trabayíos pr’a casa, así que fora xuntando úa porción de ferramentas que nun tía dolo en deixarye á neta, mostrándoye cómo trabayar con ellas, y aquel inverno pasáranlo fendo cousías pra qu’a nena fose manexando os tarecos; despós de fer trebeyos más sencillos, puxéranse col abalancio, qu’hasta entoncias fora na más úa tabla atada con úas cordas á cana, pr’acabar sendo pouco menos qu’un trono, pintado y todo.
Sentóuse con tento con medo d’estropiar el trabayo, peró xa col primer impulso vío que yes quedara ben seguro y hasta cómodo pr’abalanciarse tan alto como ye deixaba a corda. Despós del estreno, foi deixándoye parar un pouco, disfrutando da brisa fresca que ye revolvía el pelo, hasta que chegóu a ella el suave miagar da súa gatía preferida, reclamándoye a ración de mimos da tarde. Inda nun parara de todo y xa ye saltara al collo, acomodándoseye pra que la rascase a placer al tempo qu’empezaba a ronroniar antias xa de que la tocase.
Nestas taban a gata y a nena condo al pé d’ellas sentiron un xiprido que suspendéu as caricias y el ronroneo, pendentes as dúas d’encontrar entre as follas al xiprador. Volvéu xiprar el páxaro y axina lo viron: verde, redondín y pequeño entre as canías novas del maceiro. Na más botarye os oyos enriba, enalóu el paxarín, mostrando un rabo llargo de rayas negras y blancas que chocaba col resto del sou corpo, para pousarse noutra cana más alta. Deu un par de saltíos, xipróu outra vez y quedóuse mirando pr’as del abalancio con un oyín mouro y brillante como se esperase que ye responderán dalgún xeito.
- Tate quieta que lo espantas y vas pillallo condo él che diga – acomodóu á gatía outra vez nel collo condo parecía qu’iba saltar pra ir cazar el paxarín.
Xipróu outra vez sin cambiar de cana, confiado nas súas mañas pra escapar si el gato chegaba a ser un amenaza, y empezóu a espicorar as plumas, revolvéndolas como se tuvese un bicho féndoye ciyergas. Véndolo tan ocupado, probóu outra vez a gata a coyer postura pra saltarye enriba, peró víoye el intención a nena y fíxoye acomodar outra vez nel collo:
- Díxenche que parases.
Xipróu el páxaro, miagóu a gata y un refolgón d’aire alborotóuye el pelo á nena, féndoye zarrar os oyos. Pasóu el golpe d’aire como vira y, mentras quitaba el pelo da cara inda cos oyos zarraos, sentío falar a daquén:
- Deixa d’incordiar que por muito que te poñas nin vas cazarme nin vas ferme marchar…
- Vaya si vou: deixa tranquila á nena que nun vei ir contigo a nayundes – falóu outra voz al tempo qu’a gata saltaba al tarrén condo a nena la soltóu para quitar el pelo dos oyos.
Eran dúas voces que nun sentira nunca; a primeira que falara parecía cantar, fina y alegre. El outra sonaba más ronca y sin gracia.
- Eso xa lo veremos – silbóu a más cantarina.
Abrío al fin os oyos a nena, con algo de medo del que podese ver, peró nel horto nun había nada novo: taban ella, el paxarín verde na misma cana d’antias y a gata debaxo d’ella, mirando con toda el atención pral páxaro.
- ¿Quén fala? – preguntóu al fin, mirando alredor, contando con qu’igual daquén taba gastándoye úa broma.
- ¡Vaya! Parece que podes entendernos.
- A mín enténdeme de sempre – volvéuse a gata pra ella col rabo estirado, fregándoseye nas pernas.
- Sí, claro, como teis tanta conversación… - brincóu el páxaro, cambiándose a úa cana más cerca del abalancio.
- Nun fai falta tar falando sempre se nun hay qué dicir – replicóu a gata con un funguido.
- Coa túa voz, nun m’estraña que prefiras tar callada. Agoiras a calquera que te sinta muito tempo – cantóu el páxaro: - Y agora calla, que teño que presentarme como é debido. Soy un verderón y chámanme Verdi. ¿Ques vir comigo? Nun vamos llonxe nin vas tardar muito. É por aquí – enalóu el páxaro sin esperar resposta.
Axina volvéu á cana, mirando col sou oyín brillante pr’a nena qu’inda nun apestañiara desqu’empezara a falarye.
- ¿Vas vir ou non? Que parece que che deu un aire – botóu un trino que parecéu úa risada: - Dar deuche, peró tampouco era pra tanto… - volvéu trinar, mentras a nena s’erguía del abalancio.
- Iréi, pro déixame avisar na casa y coyer a bici, que tú teis alas pro eu teño qu’ir pollos camíos y nun corro tanto como tú enalas.
Xa salía escopetada pr’a casa condo s’acordóu da gata y das intencióis que mostraba y volvéu por ella antias qu’acabase por espantar al paxarín.
- Tú ven comigo, a ver se encontras úa solana unde nun incordies.
Ronronióu a gata xa contenta con qu’a nena la coyese outra vez, rascándoye a cabeza, y por pouco iba dormida condo la pousóu nel poyo calente xunto á porta del cabanón. Abrío un oyo pra ver qué fía a nena, sin moverse más al vella entrar na casa chamando á madre:
- Má: vou dar úa volta na bici.
Perdéuse a resposta da madre al pechar outra vez a porta, sabidas xa as recomendacióis que llevaba: lleva chaqueta ou gorra, ven pra merendar y nun vayas cayer; y el sí acostumbrado condo xa volaba pral camín coa bici, otiando nas veiras por ver al paxarín, qu’axina enalóu delante d’ella. De tanto en tanto, pousábase n’algúa herba alta hasta que chegaba cerca a nena y con un xiprido volvía volar outro tramo.
Iba cos sentidos tan postos en nun perder de vista el paxarín que tardóu un pedazo en sentir que la chamaban. Frenóu a bici pra ver quén vía detrás berrando.
- É outra nena – sentío cantar desde un salgueiro que medraba entrás pedras cayidas da parede del camín.
- ¡Hola, Sara! – saludóu á que chegaba xa xunto a ella.
- ¡Por pouco nun te piyo y nun me sentías! – alentóu el outra nena, botando el pé al tarrén. - ¿Unde vas con tanta presa?
- Dar úa volta por ei – respondéu, esperando algúa seña de Verdi pra siguirye ou non el camín con más compaña.
Xipróu el páxaro, saltando pra úa cana más alta:
- ¡Mira que paxarín más guapo! – asombróuse Sara, descubrindo al que cantara non mui llonxe d’ella.
- É un verderón – miróula el amiga rebixindo el focico d’aquel xeito qu’as dúas sabían que dicía: “xa tá a que todo lo sabe” y botaron al tempo úa cacarada de risa. Volvéu xiprar Verdi y añadío: - Vía siguíndolo desd’el horto de casa. Mira, ¿ves?, parece que nos chama pra que ye vayamos detrás.
- Pos vamos, a ver qué fai.
Montaron outra vez nas bicis y volvéu el páxaro a mostraryes el camín que quería que llevasen, encontrando sempre un poyeiro unde esperallas pra que nun chegasen a perdello de vista, peró tampouco mui á vista que s’aburrisen de siguillo. Foi llevándolas pr’hacia el monte veyo que baxaba al regueiro dos molíos.
Al chegar a un carreiro, pousóuse el páxaro entre as canas d’un acebro y allí tuvo xiprando un bon pedazo, saltando d’úa cana a outra, enalando, abrindo y zarrando el rabo blanco y negro, como se tuvese mandando señas coa súa bandeira.
Paráronse as nenas mirar pra él, pras súas acrobacias entre as follas chías de pinchos del acebro, úa bolía verde claro movendo el rabo blanco entre el verde oscuro del árbol. Antias que cansaran ellas, parecéu cansar él y botóu un enalada hasta úa vidureira pegada al carreiro que baxaba al molín. Xipróu outra vez y quedóuse quieto como se tuvese esperando por ellas.
- Xa que chegamos hasta aquí, nun vamos agora perderye el rumbo por un paseo más – pousóu a bici Sara nel empezo del carreiro, disposta a siguir al páxaro a unde quera que tuvese indo.
Aparcóu tamén el outra nena a súa y botaron a andar monte abaxo detrás del páxaro que, al volar entre os troncos y as canas gordas d’aquellos árboles veyos, iba indicándoyes que siguisen xiprándoyes cada bocadín d’un llao y outro del carreiro aberto pollos pescadores pra chegar a os pozos unde se criaban truitas.
As nenas iban baxando con cuidado, esquivando artos y erguendo ben os pés pra nun enzarabeyar nos fuletos que medraban por mui pisados que tuvesen; inda así y todo tían que parar pra soltar a roupa d’un arto atravesado ou pra sacar el pé d’un llazo de folgueira. Que fosen aspacio y procurando nun fer muito ruido déuyes ocasión de descubrir un esquío que saltaba de cana a cana al son qu’ellas avanzaban, como se tamén fose siguindo el xiprar del páxaro; un pouco más cerca del molín sentiron berrar un gazapo; al punto, víronlo pasar por riba dos árboles y pousarse na copa d’úa bidureira na veira del río.
Inda iba el verderón xiprándoyes desd’el carreiro que viraba al pé del molín, siguindo despós el río hasta os pozos, condo enalóu el gazapo hasta el curumen, berrando outra vez:
- ¿Y traes dúas nenías? – entendéu asombrada el amiga de Verdi.
Quedáronse as nenas encoyidas entre a ganza vendo cómo el verderón iba pousarse n’ua cana de lloureiro a ús palmos del ave, xiprando sin medo:
- Fixen el que me mandaron y ésto é lo que hai.
- Naya – bisbisóu Sara, coyendo al amiga pol brazo, esmolida al ver cómo el paxarín se poñía farruco contra el ave.
- Sh... – mandóuye callar el outra, apretándoye a mao.
- Pos tendrán que valer – grayóu úa pega, pasando entre el lloureiro y el molín y por riba das cabezas das nenas.
Botóu a volar el gazapo pol medio del monte, mentras el verderón volvía baxar al pé del carreiro, a pega foise río abaxo y el esquío, escondido entre as foyas d’un castañeiro, deixóu cayer algo entre os gouños qu’a forza del río condo baxaba chen apilaba na volta debaxo del molín. Enalóu el verderón hasta el talud, abrindo y zarrando el rabo al son que xipraba pr’acabar pousándose nun salgueiro que deixaba colgar as canas por riba del xogaral.
- ¿Vamos ver qué tiróu el esquío? – propuxo Naya, soltándose da mao de Sara.
- ¿Ois, nía? ¿Nun acaban de fer algo mui raro estos páxaros? – preguntóu con algo de medo Sara, coyendo da mao al amiga.
- Pos nun sei, nun acostumbro a mirar muito pra ellos nel miedo d’un monte – encoyéuse d’hombros, tirando por ella pral pedreiro.
Baxaron con tento de nun esbarar nel mofo nin rodar muitos gouños condo chegaron a ellos, que nun foran daryes nos nouguellos. Tuveron que mirar de qué cana del castañeiro deixara cayer el esquío aquello que tría con él pra nun ter que revisar todo el xogaral, que desde riba parecía pequeno peró, xa n’él, viron qu’eran un bon montón de pedras hasta chegar al río y el verderón nun fía más que mirar pra ellas desde el sou salgueiro, nin siquera xipraryes como vera fendo todo el camín; miróu pra él Naya, esperando algúa seña, peró Verdi nun fixo más que xiprarye:
- Se vos axudo, é trampa – con un tono qu’á nena quixo parecerye de broma.
- Boh, era úa noz valleira – coyéula Sara, tirándola al río y dando a volta pra volver al carreiro.
Quedóuse Naya mirando pral sito unde el amiga encontrara a noz, sin querer deixar inda el xogo y volver pra casa:
- ¡Espera! ¡Mira qué hai aquí! – agachóuse coyer daqué entre as xógaras.
Xa volvía Sara xunto a ella condo úa voz desde el camín fíxoye respingar:
- ¿Qué andaréis fendo por ei? ¿Ou vais metervos pescadoras de truitas? ¡Anda que como vos sala úa culobra d’augua! – acabóu ríndose ún dos ermaos de Sara, el qu’iba antias qu’ella.
- ¡Serás fato! ¡Qué susto nos diche! – berróuye el ermá.
- Dirás a ti, que Naya nin se movéu. ¿Qué encontrache? ¿Un tesoro?
Miróu a nena pral que tía na mao y despós pral verderón que se dispidía con un xiprido votando a volar entre os árboles del outra veira:
- ¡Hasta outra a os tres!
Volvéu mirar prá mao y espurríola pr’hacia os outros dous: na palma tía tres pedras, ou medias pedras, das que se vían nos mercados d’artesanía da zona.
- ¡Anda! ¡Pedras de San Pedro! Pos é raro encontrallas por aquí y así de fácil. ¿Dasme úa? Total: tú teis tres...
- Sí, toma úa y tú, outra, Sara. Y vamos pra casa que xa debe ser tarde y llougo van esmolerse por nosoutros.
- Pos sí, a eso vía: buscarvos. Menos mal que vin as bicicletas, que xa nun sabía únde buscar a ésta.

martes, 21 de febrero de 2017

Antroido

Iba chegando el día que más ye prestaba del ano. Como decía él: el día del sou santo. Y el que más ye prestaba era poder tomaryes el pelo a os vecíos más repunantes, entraryes na casa, tomaryes un café ou lo que quixeran darye, sentiryes as cavilacióis querendo saber quén era el antroido que tían sentado na cocía con ellos sin dicir palabra. A vez que más cerca tuveran de descubrillo fora condo úa vecía reconocera a chambra d’un tío que tía él.
Xa lo tía todo preparado coa vecía, costureira ella, y as fiyas que taban con ella: este ano iba vestirse de negra, como as cubanas que vían retratadas nas postales que mandaban os emigrantes. Case se ría solo camín da casa da vecía, indo por volta llarga por se daquén taba taliándolo, acordándose de conto se riran preparando el traxe de mázcara y pensando en todo conto iba rirse despós sin que naide lo vise, porque lo más gracioso de todo era a fama que tía de paisano serio y formal en toda a contornada, que tamén por eso nun daban nel condo fían cábalas sobre a mázcara que los embromaba todos os anos.
Chegóu al fin vestirse y xa ye tían preparado el traxe con todos os atributos na mesa da sala. Mentras a madre siguía sentada trabayando coa máquina de coser, as fiyas revolotiaban alredor sou poñéndoye os atributos da mázcara, mortas todas de risa a cada volta que daban.
- ¡…ñó! ¡Menuda espeteira me puxestes! – botóu a rir condo ye plantaron delante el espeyo.
- Pos espera a ver el cul – respondeúye úa das nenas, mostrándoye el enagua con un almuada ben chía cosida nella. – A todo esto: ¿trouxiche el toxo?
- Trouxen, nía. ¡Barredoiro: vei buscallo debaxo del escano, que allí lo deixéi ayer!
Salío el hermá pequena escopetada buscar el que ye mandaban, volvendo nun amén col toxo coyido coa punta dos didos y ríndose del ocurrencia que tuvera el bon del vecín, que ben sabía que más d’un iba querer tentarye el cul y el toxo iba darye un bon escarmento.
Esmerárase en pelar ben un llao del toxo pr’asentallo debaxo da saya y poder sentarse sin pincharse él; y discurriron as nenas de poñello nel sito con imperdibles para que nun se ye movese por muito que se sacudise.
Acabaron de vestillo y foron con muito secreto buscar a un dos cuartos el que ye prepararan pra tapar a cabeza. Sácaronye primeiro a peluca que ye fixeran con llá moura enroscada en rizos y cosida a un pañolón feito turbante y despós, inda con más misterio, sacaron úa tela moura.
- Senta aquí y cerra os oyos mentras ch’atamos a mázcara – dixéronye, tratando de cortar a risa.
Fíxoyes caso, xa ríndose antes de ver qué ye pintaran pra tapar a cara. Inda tardaron un pedacín en poñerye ben el pano da cara pra que podese ver, alentar y usar a boca pra convidarse; pintáranye nel pano us oyos grandes, papos rosas y ús llabios ben colorados; antes de deixarye verse, colocáronye a peluca con un feixe d’orquiyas y acercáronye outra vez el espeyo.
- Espera, qu’inda che falta úa cousa – baxóu outra vez ás carreiras a nena más nova y volvéu cargando col esporta del mercado con úas berzas y úa boteya de ron asomando entr’as asas.
Erguéu a vista da costura a madre y botóu úa das súas cacaradas de risa al ver el antroido que tía delante.
- Bueno’ día’, mamasita. ¿Se convida conmigo a un ronsito? – sacóu a boteya ofrecéndoya, falando como pensaba que falaría úa mulata de verdá y fendo que todas se botasen a rir sin tasa.
- É úa pena que nun podas falar pra que nun te conozan – apuntóu case chorando a madre condo déu recuperado el alento.
- Pos sí, peró é miyor ir callado a que me descubran despós de tanto tempo… É úa pena que nun podades vir conmigo, qu’ibáis rirvos abondo. Y vóume xa, que me pasa el santo sin embromar a naide – quedóuse mirando pras escaleiras y añadío: - ¿Qué tal si baxa algúa delante de mín? Teño medo a nun maniobrar ben con tanto bulto que me medróu alredor de sopetón.
Baxaron todas con él, inda ríndose, y quedáronse mirando cómo se iba por detrás da casa hasta chegar al camín del fondo, todo estirado y arrollando el cul pra disimular os andares.

Inda nun se quitaran da cancella condo viron que se cruzaba con dous vecíos camín del herba, silbándoye, y, tal como él vaticinara, un d’ellos foi darye úa cachuada y apartóu a mao sacudíndola, mentras a negra siguía el camín, arrollando inda más el pandeiro.