jueves, 6 de abril de 2017

Revolvendo (Verderón 2)

  Taba Naya sentada nel poyo da casa acabando un helado coa gatía al pé sin quitar os oyos del que fía a nena, esperando saboriar os restos que quedasen pegados nel palo, condo el xiprido xa conocido veu espabilallas.
Axina chegóu tamén a voz cantarina de Sara:
- ¡Hola ¿Viche? ¡Hoi el paxarín veu comigo verte! – xipróu el verderón desde úa cana da roseira xunto a ellas. - ¿Qué fais? ¿Vamos dar úa volta por ei? ¿Llevaranos a outro llao hoi el paxarín?
- Coye aire, nía. ¿Qués un helado? – respondéu aspacio el outra nena, deixando qu’a gata llambese el palo hasta deixallo ben llimpo.
- Non, gracias. ¿Vamos? – xa volvía montar na bici, vendo que tamén Naya s’erguía pra ir al cabanón, condo s’acordóu de algo y soltóu el maniyar deixando que coyese: - Espera. ¿Qué vas fer tú coa pedra d’ayer? Eu traigo as nosas aquí – sacóulas del bolso dos calzóis: - Igual podíamos mirar se furan pra colgallas...
Quedárase parada Naya mirando qué se y’ocurrira al amiga pra írseye a presa por marchar de golpe.
- Pos nun penséi nada. Pero miyor vamos dar úa volta por ei qu’agora Bulito ta inda durmindo a sesta y, sin qu’él me deixe, nun vou andarye coas ferramentas.
Aprobóu Verdi con un xiprido a salida da nena, enalando hasta el camín, unde se pousóu esperar por ellas mentras Naya avisaba que marchaba y sacaba a bici, inda pensando se contarye ou non al amiga el qu’aprendera das pedras esas na clase de ciencias. Ocurríraseye perguntarye al maestro y puxéralos a buscar cos ordenadores todo el que que se dicía d’ellas, peró seguro qu’a Sara eso nun y’importaba miga así que encoyéuse d’hombros y montóu na bici, salindo al camín.
Inda nun botara a volar Verdi delantre d’ellas condo sentiron chillar úa curuxa y al punto víronla salir da casa veya frente a ellas.
- Dice mía bola – arrepióuse toda Sara, persinándose al tempo: - que se a curuxa sale de día e que vei chamar a un morto. Vamos: que daquén del vecindario vei morrer axina – volvéu persinarse.
- Pos a mía dice que se un bicho cambia el paso, daquén anda agoirándolo – respondéuye el outra, coyendo el camín pr’hacia casa da que viran salir á curuxa.
Por medo que ye desen os contos da bola, conforme vío el rumbo que coyía el amiga, botóu Sara detrás d’ella, sin acordarse ningúa das dúas del bon del páxaro verde, que xa taba buscando acomodo entre os artos que subían por úa das paredes da casa.
Axina viron as nenas que, sin quitarye a razón a ningua, era a bola de Naya a más acertada naquel caso: a curuxa fórase por acio da xente qu’andaba entrando y salindo da casa, sacando trastos. Deixaron as bicicletas unde nun estorbasen y foron ver se yes deixaban mirar qué taban fendo.
Sabían qu’a casa, zarrada desde fía tempo, era d’úa parenta dos padres de Sara, así que nun yes estrañóu encontrar allí a parte da familia, y algún vecín, valleirando n’ella.
- ¿Podemos entrar mirar? – preguntóuye Sara á madre, ocupada en revisar el qu’iban sacando.
- Se nun estorbáis... ¡Y tede cuidado únde pisades, que nun sei cómo tarán os pisos! – berróuyes condo xa desaparecían dentro da casa as dúas nenas.
Ningúa das dúas tía memoria de ver aquella casa ocupada, pos á tía del padre, el ama, conocéranla toda a vida vivindo na casa de Sara, coa que compartía nome y, según súa bola, ermá del outra Sara, abondas rarezas. Mentras se valira sola, inda iba de condo en vez abrir a casa, “revolver cotra” dicía súa ermá, quen ye quitara de llevar pral outra casa nin un pano del que deixara allí; con tales puntos na cabeza das nenas tomara xeito el idea de que n’aquella casa había algo ruin que se pegaba a todo conto n’ella entraba y nunca antes se yes ocurrira asomarse dentro. Aquella tarde, con tanta xente alredor, entrando y salindo, sacando todo conto quedaba dentro, parecíayes que xa nun había a qué ter medo.
Según entraron, topáronse col primer chasco: a porta de fora abríase na cocía; úa cocía pouco más ou menos como as das súas casas, pisada de terrazo, cúa cocía de lleña y as mesetas como todas; na más tía diferente un conqueiro aberto y un escano con mesa, que nunca tal viran. Al outro llao, un cuarto valleiro y al fondo el escaleira y outra porta.
- Ei tá a cuadra. Con sorte igual vedes algún rato... – ríose el ermao de Sara, salindo con un percheiro.
Detrás d’él iba sou padre con más tarecos y al vellas esperando que despexase el escaleira, avisóu:
- Se vais subir, mirái d’ir pisando tablas distintas, nun vayáis baxar sin ascensor...
Nel piso había más xente desmontando camas y armarios qeu tiraban pol balcón. Siguiron subido y al chegar á porta del desván llevaron el allegría de ver qu’allí inda nun empezaran a sacar as cousas. Desde el entrada podían distinguir a lo menos tres arcóis y úa maletúa que seguro que se taban allí guardados nun iban tar valleiros, además d’un armario con espeyo na porta y úa cama desmontada: aquello era a cova del tesouro. Sempre que yes deixasen tempo pra revolver n’ella.
Pouco sabían ningúa das dúas da vida de Sara, a veya; peró inda chegaran a sentir que, ou fora, ou tuvera a piques d’embarcarse pr’América; que nun se poñían d’acordo se nas versióis que yes tocara ouguir de refilón cuntaban que se fora y volvera al pouco ou se nun chegara a irse, porque el home, ou mozo, según a versión, desaparecera n’aquellos mundos tan grandes y raros y de tan llonxe. El caso era que n’aquellos arcóis y maletas tía que haber guardada parte del historia d’aquel viaxe, fose feito ou na más planiado.
Tamén pesaba nel maxín das nenas a condición de nun llevar nada d’esa casa pral outra que toda seria ye puxera un ermá al outra condo la llevara vivir con ella. Acordáronse del medo que tuveran sempre a que n’aquella casa houbese algún mal vivo que puidese cambiar de casa coas cousas, peró, xa dentro del desván, puido más a gana de revolver que todo conto de más pequenas yes daba medo.
Así y todo, inda quedaban trazas d’aquel medo, más na nena da casa qu’en Naya, y nun l’acompañóu nel avance dentro del desván:
- ¿Nun haberá muitas arañas? – disculpóuse inda desde a porta.
- Igual te comen... – río el amiga, botando mao á tapa del arcón que taba más cerca.
Pol vano d’a ventá rota, por unde seguro qu’entraba y salía a cotío a curuxa que se fora espantanda, entróu xiprando Verdi, dándoye un bon susto a Sara, qu’inda nun chegara xunto al outra nena, tan aspacio y con tento iba entrando. Acomodóuse el páxaro na soleira da galería, atento al que fía Naya, abrindo os pasadores del arcón.
- Tarán zarrados de chave – quixo pensar Sara, buscando outra disculpa pra marchar.
- Este non – tiróu por a tapa Naya.
Nos caxóis del pico encontraron cousas de coser y panos bordados y xa dentro del arcón roupa de cama. Pecharon este y foron abrir el segundo, mentras el verderón xipraba brincando na soleira como si yes tuvese metendo presa. Este taba chen de roupía pra neno, mantellas, sayas y culeiros y todo conto se vei xuntando condo se ta esperando. Miráronse as nenas un pouco asombradas porque nunca sentiran que Sara fose ter familia ou la chegase a ter.
- ¿Nun sería el axuar pra marchar? – supuxo Naya.
- Sería...
Abriron el último, xa sin muito agayo, esperando encontrar outro montón de roupa veya, pasada de tar guardada sin estrenar siquera, pero nun yes deu tempo a mirar:
- ¡Nenas! ¿Qué andades revolvendo por ei? – deixaron cayer a tapa del susto al sentir á madre de Sara ás costas: - ¡Vaya! Pos nun desordenastis muito pral tempo que llevades aquí...
- ¡Boh! Nun hai más que roupa veya... – respondéu axina a fiya, a ver se volvía irse y yes deixaba esplorar el arcón y a maleta que yes quedaban por mirar. El armario xa viran que taba valleiro por a rendixa que deixaban abrir nas portas os cabeceiros da cama desarmada apoyados n’él.
- Si deixades todo guardado, podedes siguir mirando – concedéu, abrindo el arcón que taba más cerca pra botar tamén ella un oyada: - Condo los baxen haberá que repasallos ben a ver se hai daqué de provecho.
- ¿Nun s’enfadará Bulita? – acordóuse Sara del aviso que sempre ye daba al outra Sara condo vía á súa casa.
Encoyéu os hombros súa madre, tal como fía a fiya condo quería salir coa súa:
- Con nun deixarye sabello aforramos el sermón – zarróu a tapa y empezóu a baxar as escaleiras, peró inda se volvéu antias de marchar: - Se encontrades algo que vos guste, podedes quedarvos con él, peró deixái todo recoyido pra poder baxallo todo xunto.
Foise al fin y poderon as nenas sabichar nel arcón que tían delantre, contentas de poder coyer el que quixesen sin ter que diciryo a naide, se e qu’encontraban daqué prestoso.
Volveron erguer a tapa y empezaron a abrir os caxóis. Xa nel primeiro encontraron sorpresas: úa caxía mui guapa de lata, como de polvos dos qu’usaban antias as muyeres, con algo dentro que ruxía. Miráronse as nenas un momento y al fin Naya, qu’era a que tía a caxa na mao, propuxo:
- Miyor acabamos de ver qué hai y despós miramos el que vayamos encontrando xa embaxo, nun vaya ser que suban vaciar esto y nun teñamos tempos de revisallo todo.
Dixo que sí coa cabeza el amiga y siguiron revolvendo nel arcón: outra caxa de lata tamén con cousas dentro, un atado con cartas, úa cartera de mallas... Aquello iba ser el equipaxe da tíabola de Sara: roupa y cousas de muyer y paquetíos qu’abrir con calma que foron poñendo na soleira da galería, ben vixilados pol páxaro que, dacondo en vez, yes recordaba que siguía allí con us xipridos suaves, soltando d’úa viga a outra y volta pr’a ventá. Abriron despós a maleta y dentro d’ella deron coas chaves dos arcóis, da misma maleta y outra de ferro más pequena que tamén axina souperon d’únde era. Entre a roupa del fondo da maleta atoparon úa caxía de ferro, esta sí zarrada, na que dicía a chavía; deixaron todo na soleira y volveron revisar a maleta con calma.
Foran xuntando un peteiro de caxas, paquetíos y atados variados que xa nun se vían quén de baxallos nas maos sin ir regándolos pol camín. Quedáronse mirando pra ellos y déuyes ás dúas el mismo acordo: nel arcón da roupa de casa viran úa bolsa muy guapa que ben yes podía valir pra baxar todo aquello y foron buscalla. Xa iban baxar condo Verdi yes xipróu desde el pico da maleta; miráronse ás nenas y sacóu Sara del bolso as chaves. Xipróu otra vez el páxaro, saltando pra un arcón:
- Igual é miyor que yes pasemos as chaves pra que nun se yes abran condo los ten baxando... – propuxo Naya: - Saca a pequena y déixaye as outras a túa madre pra que los revise ella.
Nun parecía mui d’acordo con deixallas Sara, peró foi zarrando os arcóis como dicía el amiga. Pechóu a maleta y volvéuse pral escaleira unde esperaba Naya coa bolsa xunto a ella. Colóuse Verdi por a ventá, xiprándoyes un adiós, y empezaron ellas a baxar.
Al chegar al piso, volveron encontrar al ermáo de Sara, recoyendo as cordas qu’usaran pra baxar pol balcón os mobles grandes.
- Quedaría ben revolto aquello... ¿Y qué llevades ei? ¡Cómo s’entere Bola que metes en casa algo d’aquí...! ¡Bótate fora a ti y el que lleves!
- Deixóume Ma. Y quedóu todo recoyido. ¡Hasta zarrados con chave pra que nun vos caiga nada pol camín!
Miróulas desconfiado el neno:
- ¿Y as chaves?
- Vou daryas a mamá.

martes, 28 de marzo de 2017

Verderón

  1. Verderón
El primer día sin clase de tarde y xa nun sabía qué fer. Despós de pasar as últimas semás ansiando por escapar pra fora, de aballarse toda a mañá pra que nun ye quedasen tareas pra casa y d’aproveitar el hora da sesta dos mayores pra estudar el que tocaba, que xa era pouco y llevadeiro, tuvera súa madre qu’acabar botándola fora, cansada de tella dándoye voltas alredor.
Tendo llibertá pra tar unde quixese xa nun chamaba tando el solín del bon tempo, que codo taba nel escola nun ye deixaba quitar os oyos da ventá, vendo enalar paxaríos, mariposas ou hasta moscas calentándose na soleira y querendo escapar con ellos. Agora molestábala el calor; nun tía gana d’ir de paseo, como ye dixera a madre, nin andando nin na bicicleta.
- ¿Inda tas ei? Llarga pra fora se nun qués que te poña eu a fer algo de proveito – asomóu súa madre na porta del cabanón.
Salía arrastrando os pés pral frente da casa, condo soubo de golpe qué quería fer aquella tarde souriúa. Deu a volta y salío correndo pral horto: allí iba tar fresca y seguro que Bolito ye colgara el abalancio da cana gorda del maceiro. Ríose al vello allí colgado, acordándose das tardes que pasaran féndolo.
Sou bolo sempre fora mui arteiro y gustábaye fer trabayíos pr’a casa, así que fora xuntando úa porción de ferramentas que nun tía dolo en deixarye á neta, mostrándoye cómo trabayar con ellas, y aquel inverno pasáranlo fendo cousías pra qu’a nena fose manexando os tarecos; despós de fer trebeyos más sencillos, puxéranse col abalancio, qu’hasta entoncias fora na más úa tabla atada con úas cordas á cana, pr’acabar sendo pouco menos qu’un trono, pintado y todo.
Sentóuse con tento con medo d’estropiar el trabayo, peró xa col primer impulso vío que yes quedara ben seguro y hasta cómodo pr’abalanciarse tan alto como ye deixaba a corda. Despós del estreno, foi deixándoye parar un pouco, disfrutando da brisa fresca que ye revolvía el pelo, hasta que chegóu a ella el suave miagar da súa gatía preferida, reclamándoye a ración de mimos da tarde. Inda nun parara de todo y xa ye saltara al collo, acomodándoseye pra que la rascase a placer al tempo qu’empezaba a ronroniar antias xa de que la tocase.
Nestas taban a gata y a nena condo al pé d’ellas sentiron un xiprido que suspendéu as caricias y el ronroneo, pendentes as dúas d’encontrar entre as follas al xiprador. Volvéu xiprar el páxaro y axina lo viron: verde, redondín y pequeño entre as canías novas del maceiro. Na más botarye os oyos enriba, enalóu el paxarín, mostrando un rabo llargo de rayas negras y blancas que chocaba col resto del sou corpo, para pousarse noutra cana más alta. Deu un par de saltíos, xipróu outra vez y quedóuse mirando pr’as del abalancio con un oyín mouro y brillante como se esperase que ye responderán dalgún xeito.
- Tate quieta que lo espantas y vas pillallo condo él che diga – acomodóu á gatía outra vez nel collo condo parecía qu’iba saltar pra ir cazar el paxarín.
Xipróu outra vez sin cambiar de cana, confiado nas súas mañas pra escapar si el gato chegaba a ser un amenaza, y empezóu a espicorar as plumas, revolvéndolas como se tuvese un bicho féndoye ciyergas. Véndolo tan ocupado, probóu outra vez a gata a coyer postura pra saltarye enriba, peró víoye el intención a nena y fíxoye acomodar outra vez nel collo:
- Díxenche que parases.
Xipróu el páxaro, miagóu a gata y un refolgón d’aire alborotóuye el pelo á nena, féndoye zarrar os oyos. Pasóu el golpe d’aire como vira y, mentras quitaba el pelo da cara inda cos oyos zarraos, sentío falar a daquén:
- Deixa d’incordiar que por muito que te poñas nin vas cazarme nin vas ferme marchar…
- Vaya si vou: deixa tranquila á nena que nun vei ir contigo a nayundes – falóu outra voz al tempo qu’a gata saltaba al tarrén condo a nena la soltóu para quitar el pelo dos oyos.
Eran dúas voces que nun sentira nunca; a primeira que falara parecía cantar, fina y alegre. El outra sonaba más ronca y sin gracia.
- Eso xa lo veremos – silbóu a más cantarina.
Abrío al fin os oyos a nena, con algo de medo del que podese ver, peró nel horto nun había nada novo: taban ella, el paxarín verde na misma cana d’antias y a gata debaxo d’ella, mirando con toda el atención pral páxaro.
- ¿Quén fala? – preguntóu al fin, mirando alredor, contando con qu’igual daquén taba gastándoye úa broma.
- ¡Vaya! Parece que podes entendernos.
- A mín enténdeme de sempre – volvéuse a gata pra ella col rabo estirado, fregándoseye nas pernas.
- Sí, claro, como teis tanta conversación… - brincóu el páxaro, cambiándose a úa cana más cerca del abalancio.
- Nun fai falta tar falando sempre se nun hay qué dicir – replicóu a gata con un funguido.
- Coa túa voz, nun m’estraña que prefiras tar callada. Agoiras a calquera que te sinta muito tempo – cantóu el páxaro: - Y agora calla, que teño que presentarme como é debido. Soy un verderón y chámanme Verdi. ¿Ques vir comigo? Nun vamos llonxe nin vas tardar muito. É por aquí – enalóu el páxaro sin esperar resposta.
Axina volvéu á cana, mirando col sou oyín brillante pr’a nena qu’inda nun apestañiara desqu’empezara a falarye.
- ¿Vas vir ou non? Que parece que che deu un aire – botóu un trino que parecéu úa risada: - Dar deuche, peró tampouco era pra tanto… - volvéu trinar, mentras a nena s’erguía del abalancio.
- Iréi, pro déixame avisar na casa y coyer a bici, que tú teis alas pro eu teño qu’ir pollos camíos y nun corro tanto como tú enalas.
Xa salía escopetada pr’a casa condo s’acordóu da gata y das intencióis que mostraba y volvéu por ella antias qu’acabase por espantar al paxarín.
- Tú ven comigo, a ver se encontras úa solana unde nun incordies.
Ronronióu a gata xa contenta con qu’a nena la coyese outra vez, rascándoye a cabeza, y por pouco iba dormida condo la pousóu nel poyo calente xunto á porta del cabanón. Abrío un oyo pra ver qué fía a nena, sin moverse más al vella entrar na casa chamando á madre:
- Má: vou dar úa volta na bici.
Perdéuse a resposta da madre al pechar outra vez a porta, sabidas xa as recomendacióis que llevaba: lleva chaqueta ou gorra, ven pra merendar y nun vayas cayer; y el sí acostumbrado condo xa volaba pral camín coa bici, otiando nas veiras por ver al paxarín, qu’axina enalóu delante d’ella. De tanto en tanto, pousábase n’algúa herba alta hasta que chegaba cerca a nena y con un xiprido volvía volar outro tramo.
Iba cos sentidos tan postos en nun perder de vista el paxarín que tardóu un pedazo en sentir que la chamaban. Frenóu a bici pra ver quén vía detrás berrando.
- É outra nena – sentío cantar desde un salgueiro que medraba entrás pedras cayidas da parede del camín.
- ¡Hola, Sara! – saludóu á que chegaba xa xunto a ella.
- ¡Por pouco nun te piyo y nun me sentías! – alentóu el outra nena, botando el pé al tarrén. - ¿Unde vas con tanta presa?
- Dar úa volta por ei – respondéu, esperando algúa seña de Verdi pra siguirye ou non el camín con más compaña.
Xipróu el páxaro, saltando pra úa cana más alta:
- ¡Mira que paxarín más guapo! – asombróuse Sara, descubrindo al que cantara non mui llonxe d’ella.
- É un verderón – miróula el amiga rebixindo el focico d’aquel xeito qu’as dúas sabían que dicía: “xa tá a que todo lo sabe” y botaron al tempo úa cacarada de risa. Volvéu xiprar Verdi y añadío: - Vía siguíndolo desd’el horto de casa. Mira, ¿ves?, parece que nos chama pra que ye vayamos detrás.
- Pos vamos, a ver qué fai.
Montaron outra vez nas bicis y volvéu el páxaro a mostraryes el camín que quería que llevasen, encontrando sempre un poyeiro unde esperallas pra que nun chegasen a perdello de vista, peró tampouco mui á vista que s’aburrisen de siguillo. Foi llevándolas pr’hacia el monte veyo que baxaba al regueiro dos molíos.
Al chegar a un carreiro, pousóuse el páxaro entre as canas d’un acebro y allí tuvo xiprando un bon pedazo, saltando d’úa cana a outra, enalando, abrindo y zarrando el rabo blanco y negro, como se tuvese mandando señas coa súa bandeira.
Paráronse as nenas mirar pra él, pras súas acrobacias entre as follas chías de pinchos del acebro, úa bolía verde claro movendo el rabo blanco entre el verde oscuro del árbol. Antias que cansaran ellas, parecéu cansar él y botóu un enalada hasta úa vidureira pegada al carreiro que baxaba al molín. Xipróu outra vez y quedóuse quieto como se tuvese esperando por ellas.
- Xa que chegamos hasta aquí, nun vamos agora perderye el rumbo por un paseo más – pousóu a bici Sara nel empezo del carreiro, disposta a siguir al páxaro a unde quera que tuvese indo.
Aparcóu tamén el outra nena a súa y botaron a andar monte abaxo detrás del páxaro que, al volar entre os troncos y as canas gordas d’aquellos árboles veyos, iba indicándoyes que siguisen xiprándoyes cada bocadín d’un llao y outro del carreiro aberto pollos pescadores pra chegar a os pozos unde se criaban truitas.
As nenas iban baxando con cuidado, esquivando artos y erguendo ben os pés pra nun enzarabeyar nos fuletos que medraban por mui pisados que tuvesen; inda así y todo tían que parar pra soltar a roupa d’un arto atravesado ou pra sacar el pé d’un llazo de folgueira. Que fosen aspacio y procurando nun fer muito ruido déuyes ocasión de descubrir un esquío que saltaba de cana a cana al son qu’ellas avanzaban, como se tamén fose siguindo el xiprar del páxaro; un pouco más cerca del molín sentiron berrar un gazapo; al punto, víronlo pasar por riba dos árboles y pousarse na copa d’úa bidureira na veira del río.
Inda iba el verderón xiprándoyes desd’el carreiro que viraba al pé del molín, siguindo despós el río hasta os pozos, condo enalóu el gazapo hasta el curumen, berrando outra vez:
- ¿Y traes dúas nenías? – entendéu asombrada el amiga de Verdi.
Quedáronse as nenas encoyidas entre a ganza vendo cómo el verderón iba pousarse n’ua cana de lloureiro a ús palmos del ave, xiprando sin medo:
- Fixen el que me mandaron y ésto é lo que hai.
- Naya – bisbisóu Sara, coyendo al amiga pol brazo, esmolida al ver cómo el paxarín se poñía farruco contra el ave.
- Sh... – mandóuye callar el outra, apretándoye a mao.
- Pos tendrán que valer – grayóu úa pega, pasando entre el lloureiro y el molín y por riba das cabezas das nenas.
Botóu a volar el gazapo pol medio del monte, mentras el verderón volvía baxar al pé del carreiro, a pega foise río abaxo y el esquío, escondido entre as foyas d’un castañeiro, deixóu cayer algo entre os gouños qu’a forza del río condo baxaba chen apilaba na volta debaxo del molín. Enalóu el verderón hasta el talud, abrindo y zarrando el rabo al son que xipraba pr’acabar pousándose nun salgueiro que deixaba colgar as canas por riba del xogaral.
- ¿Vamos ver qué tiróu el esquío? – propuxo Naya, soltándose da mao de Sara.
- ¿Ois, nía? ¿Nun acaban de fer algo mui raro estos páxaros? – preguntóu con algo de medo Sara, coyendo da mao al amiga.
- Pos nun sei, nun acostumbro a mirar muito pra ellos nel miedo d’un monte – encoyéuse d’hombros, tirando por ella pral pedreiro.
Baxaron con tento de nun esbarar nel mofo nin rodar muitos gouños condo chegaron a ellos, que nun foran daryes nos nouguellos. Tuveron que mirar de qué cana del castañeiro deixara cayer el esquío aquello que tría con él pra nun ter que revisar todo el xogaral, que desde riba parecía pequeno peró, xa n’él, viron qu’eran un bon montón de pedras hasta chegar al río y el verderón nun fía más que mirar pra ellas desde el sou salgueiro, nin siquera xipraryes como vera fendo todo el camín; miróu pra él Naya, esperando algúa seña, peró Verdi nun fixo más que xiprarye:
- Se vos axudo, é trampa – con un tono qu’á nena quixo parecerye de broma.
- Boh, era úa noz valleira – coyéula Sara, tirándola al río y dando a volta pra volver al carreiro.
Quedóuse Naya mirando pral sito unde el amiga encontrara a noz, sin querer deixar inda el xogo y volver pra casa:
- ¡Espera! ¡Mira qué hai aquí! – agachóuse coyer daqué entre as xógaras.
Xa volvía Sara xunto a ella condo úa voz desde el camín fíxoye respingar:
- ¿Qué andaréis fendo por ei? ¿Ou vais metervos pescadoras de truitas? ¡Anda que como vos sala úa culobra d’augua! – acabóu ríndose ún dos ermaos de Sara, el qu’iba antias qu’ella.
- ¡Serás fato! ¡Qué susto nos diche! – berróuye el ermá.
- Dirás a ti, que Naya nin se movéu. ¿Qué encontrache? ¿Un tesoro?
Miróu a nena pral que tía na mao y despós pral verderón que se dispidía con un xiprido votando a volar entre os árboles del outra veira:
- ¡Hasta outra a os tres!
Volvéu mirar prá mao y espurríola pr’hacia os outros dous: na palma tía tres pedras, ou medias pedras, das que se vían nos mercados d’artesanía da zona.
- ¡Anda! ¡Pedras de San Pedro! Pos é raro encontrallas por aquí y así de fácil. ¿Dasme úa? Total: tú teis tres...
- Sí, toma úa y tú, outra, Sara. Y vamos pra casa que xa debe ser tarde y llougo van esmolerse por nosoutros.
- Pos sí, a eso vía: buscarvos. Menos mal que vin as bicicletas, que xa nun sabía únde buscar a ésta.

martes, 21 de febrero de 2017

Antroido

Iba chegando el día que más ye prestaba del ano. Como decía él: el día del sou santo. Y el que más ye prestaba era poder tomaryes el pelo a os vecíos más repunantes, entraryes na casa, tomaryes un café ou lo que quixeran darye, sentiryes as cavilacióis querendo saber quén era el antroido que tían sentado na cocía con ellos sin dicir palabra. A vez que más cerca tuveran de descubrillo fora condo úa vecía reconocera a chambra d’un tío que tía él.
Xa lo tía todo preparado coa vecía, costureira ella, y as fiyas que taban con ella: este ano iba vestirse de negra, como as cubanas que vían retratadas nas postales que mandaban os emigrantes. Case se ría solo camín da casa da vecía, indo por volta llarga por se daquén taba taliándolo, acordándose de conto se riran preparando el traxe de mázcara y pensando en todo conto iba rirse despós sin que naide lo vise, porque lo más gracioso de todo era a fama que tía de paisano serio y formal en toda a contornada, que tamén por eso nun daban nel condo fían cábalas sobre a mázcara que los embromaba todos os anos.
Chegóu al fin vestirse y xa ye tían preparado el traxe con todos os atributos na mesa da sala. Mentras a madre siguía sentada trabayando coa máquina de coser, as fiyas revolotiaban alredor sou poñéndoye os atributos da mázcara, mortas todas de risa a cada volta que daban.
- ¡…ñó! ¡Menuda espeteira me puxestes! – botóu a rir condo ye plantaron delante el espeyo.
- Pos espera a ver el cul – respondeúye úa das nenas, mostrándoye el enagua con un almuada ben chía cosida nella. – A todo esto: ¿trouxiche el toxo?
- Trouxen, nía. ¡Barredoiro: vei buscallo debaxo del escano, que allí lo deixéi ayer!
Salío el hermá pequena escopetada buscar el que ye mandaban, volvendo nun amén col toxo coyido coa punta dos didos y ríndose del ocurrencia que tuvera el bon del vecín, que ben sabía que más d’un iba querer tentarye el cul y el toxo iba darye un bon escarmento.
Esmerárase en pelar ben un llao del toxo pr’asentallo debaxo da saya y poder sentarse sin pincharse él; y discurriron as nenas de poñello nel sito con imperdibles para que nun se ye movese por muito que se sacudise.
Acabaron de vestillo y foron con muito secreto buscar a un dos cuartos el que ye prepararan pra tapar a cabeza. Sácaronye primeiro a peluca que ye fixeran con llá moura enroscada en rizos y cosida a un pañolón feito turbante y despós, inda con más misterio, sacaron úa tela moura.
- Senta aquí y cerra os oyos mentras ch’atamos a mázcara – dixéronye, tratando de cortar a risa.
Fíxoyes caso, xa ríndose antes de ver qué ye pintaran pra tapar a cara. Inda tardaron un pedacín en poñerye ben el pano da cara pra que podese ver, alentar y usar a boca pra convidarse; pintáranye nel pano us oyos grandes, papos rosas y ús llabios ben colorados; antes de deixarye verse, colocáronye a peluca con un feixe d’orquiyas y acercáronye outra vez el espeyo.
- Espera, qu’inda che falta úa cousa – baxóu outra vez ás carreiras a nena más nova y volvéu cargando col esporta del mercado con úas berzas y úa boteya de ron asomando entr’as asas.
Erguéu a vista da costura a madre y botóu úa das súas cacaradas de risa al ver el antroido que tía delante.
- Bueno’ día’, mamasita. ¿Se convida conmigo a un ronsito? – sacóu a boteya ofrecéndoya, falando como pensaba que falaría úa mulata de verdá y fendo que todas se botasen a rir sin tasa.
- É úa pena que nun podas falar pra que nun te conozan – apuntóu case chorando a madre condo déu recuperado el alento.
- Pos sí, peró é miyor ir callado a que me descubran despós de tanto tempo… É úa pena que nun podades vir conmigo, qu’ibáis rirvos abondo. Y vóume xa, que me pasa el santo sin embromar a naide – quedóuse mirando pras escaleiras y añadío: - ¿Qué tal si baxa algúa delante de mín? Teño medo a nun maniobrar ben con tanto bulto que me medróu alredor de sopetón.
Baxaron todas con él, inda ríndose, y quedáronse mirando cómo se iba por detrás da casa hasta chegar al camín del fondo, todo estirado y arrollando el cul pra disimular os andares.

Inda nun se quitaran da cancella condo viron que se cruzaba con dous vecíos camín del herba, silbándoye, y, tal como él vaticinara, un d’ellos foi darye úa cachuada y apartóu a mao sacudíndola, mentras a negra siguía el camín, arrollando inda más el pandeiro.

martes, 3 de enero de 2017

Corvos y pegas (conto popular)

Corvos y pegas (conto popular)
Taba un corvo mostrándoye a úa pega cómo fer un nío. Iba decíndoye:
- Primerio teis que buscar un bon árbol, vite y forte, que nun lo vaya tirar el primer vendaval que veña…
- Ya sé – contestóu al punto a pega.
- Despós escoye nél úa cruz de canas unde asentar el nío…
- Ya sé – volvéu dicir a pega.
- Mira que nun ten mui baxas que chegue fácil a bichería que rouba ovos ou pitíos…
- Ya sé – repitío a pega.
- Escoye despós ús garabuyos fortes pr’asentar ben el nío…
- Ya sé – insistío a pega.
- Busca despós palíos más finos…
- Ya sé.
Abrío as alas el corvo y enalóu fora del árbol, dicindo:
- Pos si xa sabes, acábalo tú.

Y por eso inda hoy vemos os níos das pegas nel pico dos árboles malfeitos con garabuyos llargos y ás pegas recolocándolos a todas horas pra que nun se yes desfaigan.

miércoles, 14 de diciembre de 2016

Santos y payasos

SANTOS Y PAYASOS
Nel última noite del ano nus sitos, el día dos Inocentes n’outros, xuntábanse vecíos, novos y non tanto, n’algúa casa unde case sempre había mozas solteiras y ganas de risa. Preparaban dous saquetos, que solían ser gorras dos presentes, cos nomes dos homes solteiros y viudos nún, y os das muyeres solteiras y viudas nel outro; iban sacando ún de cada, fendo parexas; envolvíanlos xuntos y despós tirábanlos por algún dos camíos más concurridos.
Nel llugar del que soi, antes de fello, preparaban outro saqueto cos santos del iglesia, tantos como xente fora sacar os payasos, y sacaban ún por cabeza, como se buscasen protección pr’a trasnada qu’iban fer. Como se fía nel última noite del ano, tiraban os papelíos camín del iglesia pra qu’a xente los recoyese daque volvía de misa.
Todo esto nun buscaba más que botar úas risas cos vecíos, inda que sempre había daquén que tomaba a mal a broma.

Condo chegaron á casa xa se sintían desde fora as voces de risa cantando villancicos. Tuveron qu’esperar a chamar a que callasen un pouco pra que sentisen os golpes y salise daquén abriryes, que nin petándoyes na ventana s’enteraba naide.
- Ben podestes pasar… Mirái a ver se tedes unde colgar as zamarras, que na cocía xa hay tanta xente que cocemos solos. Y ma nun deixa de tizar el fougo…
- Toma. Trouxemos úa botellía pra que nun poñáis todo vosoutros.
- Bo. Nun tiades que trer nada, qu’este ano parece que vos puxestéis todos d’acordo y vamos ter que fer festa d’aquí a Ramos pr’acabar as botellas.
Despós del barullo que tían armado fía un bocadín, os da cocía quedaran callados esperando ver quén chegaba. Inda qu’aquella cocía era ben grande, fíala pequena el peteiro de vecíos que se xuntara cos da casa, que xa nun eran poucos; pro axina yes fixeron sito a os que chegaban y saliron vasos llimpos y café inda fervendo.
Ún dos que chegaron botóu un oyada alredor antias de sentarse, mirando a ver quén taba y únde, buscando un sito con compaña del sou agrado. Sou hermáo miróulo divertido, sabendo ben xunto a quén quería sentarse, y más vendo que nun taba el pretendente rival. Peró, con esas y todas, nun iba tello fácil: a moza en discordia taba sentada nel medio del escano ben escoltada por outro vecín y el hermá pequena, que xa empezaba a dar cabezadas de sono, acocorada contra ella.
Circulaban el café y as gotas y, al son d’ellos, as novas y os contos, xa foran de risa ou de medo, callaban bocas ou abríanlas de cuarta en cacaradas, que nun era raro qu’acabasen en llágrimas, y naide tía prisa por marchar. Nun esquina da mesa botábase un tute y noutra volvían comentarse as trasnadas dos Inocentes, condo daquén chamóu al ama:
- Ah, nía, vei trendo papel y algo pra escribir… Vamos ver quén vei emparexar pral ano qu’empeza…
Nun bocadín amañaron de fer os papelíos ben igualados y os de miyor lletra escribiron nellos os nomes qu’iban decíndoyes, nun fora quedar algún fora, qu’eso, según dicían, nun osmaba cousa búa pral solteiro ou viudo que nun aparecía entre os payasos. Y bon cuidado poñían os interesados en atopar a parexa del papelín col sou nome, conto más axina miyor, pra que menos xente lo vise.
- Ei, esperái un pouco, que primeiro haberá que sacar os santos, nun vayamos ofender a daquén con maloyo y nos amole por ferye a broma…
Cuntáronse os presentes y foron repasando os santos del iglesia y, como nun chegaban, buscaron nas capiyas y as devocióis de cada ún hasta ter el número adecuado. Requisáronye a gorra al más cabezón del grupo y botaron nella os santos.
- Ala, toma, nun te queixes, que deixas a pucha, peró tamén es el primeiro que saca santo.
Foron pasando a gorra alredor da cocía pra que cada ún tuvese cuberto polla sombra d’un santo y xa eso, como todos os anos, deo pra búas risadas: al más toupo salíoye santa Lucía y al más cabrito san José; santa Bárbara a ún que nun sabía únde meterse cada vez qu’había tronada y san Pedro al que nunca s’acordaba de zarrar a porta; tamén ye salío san Antón al que menos ye gustaban os bichos y santa Rita al hermá da casa que menos ye gustaba deixar as cousas, nin ás hermás nin a os de fora… Despós das risas cos santos acabaron de fer os papelíos dos payasos y pediron silencio pra repasallos mentras iban meténdolos nas gorras. Como solía pasar, iban quedar varias muyeres desparexadas así que decidiron meter algún solteiro coñecido dos alredores.
- Non, se nunca d’ún bon vos acordáis… - tercióu el ama da casa vendo os qu’iban añadindo de fora.
- Nun s’enfade, señora, - replicóuye con sorna sou home: - e que salen os que todos coñocemos y, xa se sabe: os célebres nun avezan a ser os más formales…
Acabaron el repaso y pasáronye a gorra dos homes á nena pequena, que, por sello, inda nun iba nel saqueto, y a das muyeres a Paco, el único vecín presente casado y cos fiyos todos tamén casados, pra que tampouco llevase parte nel sorteo, inda que tuvese un hermá solteira que sempre salía das gorras con bon mozo y nunca lo daba encontrado.

- A ver se d’esta sacamos pra Malia ún ben grande, qu’ella lo vexa, y cegato, pra qu’él nun la vexa a ella, y tropecen de vez – ríose el hermao al coyer a gorra que y’apurrían.

miércoles, 12 de octubre de 2016

Naranxas del mar

“A la mar fui por naranjas,
cosa que la mar no tiene…”
Canción tradicional
Hay nel horto un naranxeiro c’un historia ben curiosa, pero que comparte coa mayor parte dos naranxeiros del pueblo.
Houbo un ocasión, fai más de sesenta anos, qu’a playa del Barco aparecéu chía das maulas más raras que se viran hasta entoncias: naranxas. Naranxas grandes, brillantes, frescas…, que tamén resultaron ser sabrosas, dulces como pouca xente d’aquí probara nunca.
Y, como sempre n’estos casos, foron úa ou dúas muyeres curiosas as que decidiron probar a chantar n’algúa taza ou conco desportillado as poucas pepitas gordas que tían aquellas naranxas y cuidar con mimo as plantías que foron nacendo hasta poder plantallas na terra ben cuitada d’un esquina del horto. Esperaron con pacencia qu’aquella plantía froxa fose medrando hasta ferse árbol y con más pacencia inda que botase flor.

Nel caso del naranxeiro del que falo inda tuvo que pasar abondo tempo hasta qu’un albañil curioso contóuye el secreto que fía qu’os naranxeiros y llimueiros botasen flor y fruto: “hay qu’inxertallos”, dixo con misterio pra, de seguido, coyer el martello y úas puntas de ferro y chantallas nel tronco. Nun tardóu muito en cubrirse de flor y pral ano cayeron as primeiras naranxas tamén dulces, frescas,…, como aquellas qu’apareceran na playa.